Premios da “Association of European Operational Research Societies” (EURO) 

The EURO Gold Medal (EGM) e a máis alta distinción en OR en Europa. Se concede tato a persoas coma equipos ou institucións polo seu sobranceiro e destacado traballo no eido da OR. O premio entrégase oficialmente na sesión inaugural do Congreso EURO-k sempre no caso de que haxa un candidato adecuado.
The EURO Distinguished Service Medal Award (EDSM) confírese polos servicios prestados á EURO e polo exercicio distinguido da profesión no ámbito da investigación de operacións. A decisión do xurado faise pública en cada EURO-k Conference. O premio entrégase oficialmente na sesión inaugural do Congreso EURO-k sempre no caso de que haxa un candidato adecuado.
The Excellence in Practice Award (EEPA) recoñece destacados traballos prácticos na área da investigación de operacións. Todos os autores interesados están invitados a enviar os seus traballos, facendo especial énfase no seu impacto práctico. Un reducido grupo de finalistas será convidado a presentar os seus traballos nunha sesión especial do Congreso EURO-k. O gañador será anunciado na sesión de peche do citado congreso. 
The EURO Doctoral Dissertation Award (EDDA) premia as contribucións correspondentes a teses de doutoramento lidas nos últimos dous anos. Tres finalistas serán convidados a presentar os seus traballos nunha sesión especial do Congreso EURO-k. O gañador será anunciado na sesión de peche do citado congreso. 
The EURO Award for the Best EJOR Papers. Os mellores artigos de revisión, aplicación, e teórico/metodolóxicos publicados en EJOR no último ano serán seleccionados por un xurado, recibindo un premio de €1000 de dotación, sendo outorgado na cerimonia de clausura do EURO-k ou do IFOR.
Sitio web: https://www.euro-online.org/web/pages/104/prizes-and-awards

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates