Nomeamento de Ricardo Cao Abad como Editor Xefe Electo da revista Journal of Nonparametric Statistics

O Consello de Administración da American Statistical Association (ASA) ven de aprobar por unanimidade e con entusiasmo o nomeamento do Dr. D. Ricardo Cao Abad, Catedrático da Universidade da Coruña e insigne socio da SGAPEIO, como Editor Xefe Electo da revista Journal of Nonparametric Statistics, para o período comprendido entre os anos 2019 e 2021. Como é sabido, Journal of Nonparametric Statistics é unha revista científica de gran prestixio no mundo da publicación académica, en particular no ámbito da estatística. A Sociedade felicita efusivamente ao Dr. D. Ricardo Cao Abad polo seu nomeamento e importante recoñecemento no eido da estatística non paramétrica a nivel internacional.

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates