XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións

24 de outubro de 2019 – 26 de outubro de 2019
Vigo, España

O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo organiza, respondendo á petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.

Invítase a tódolos colectivos a participar nestas xornadas e a que envíen os seus traballos, tanto teóricos coma aplicados, para a súa presentación durante o congreso, que terá lugar na Escola Universitaria de Enxeñería Industrial de Vigo do 24 ao 26 de outubro de 2019. Desde a SGAPEIO anímase a todos os socios a participar neste evento de referencia para a Sociedade.

Máis información: www.sgapeio2019.webs.uvigo.es/.

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates