Feliz 200 aniversario de Florence Nightningale

Un 12 de maio de 1820, hai xa 200 anos, nacía en Florencia Florence Nightningale, unha muller que revolucionaria non só a enfermería se non tamén o tratamento de datos e a súa utilización para a mellora da saúde pública.

Neste último campo, Florence foi unha pioneira utilizando datos e visualizándoos, nun gráfico coñecido como a “Rosa de Nightingale”, dando lugar á redacción dun informe que levo ao goberno inglés a cambiar a situación do seu sistema de saúde. Este feito valeulle ser a primeira muller en formar parte da Royal Statistical Society (1858).

É por iso que este 12 de Maio, conmemorando o 2º centenario do seu nacemento dáse inicio ao ano da muller en Estatística e na Ciencia de Datos (IYWSDS).

https://www.isi2021.org/international-year-of-women-in-statistics-and-data-science.html

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates