XXXIX Congreso da SEIO – Sesión Especial da SGAPEIO

Infórmase a todos os socios que, no próximo congreso da SEIO, a celebrarse en Granada, entre o 7 e o 10 de xuño de 2022, terá lugar una sesión especial convidada dedicada á nosa Sociedade, e que ten por título “SGAPEIO-SEIO: Aplicacións estatísticas desde Galicia”.

O obxectivo desta sesión é mostrar traballos realizados en Galicia, no ámbito da estatística aplicada, en temáticas como a loita contraincendios, o control da calidade, a Saúde ou o medio ambiente, constando das seguintes ponencias: 

  • Relator: Isabel Fuentes Santos (CSIC-Instituto de Investigacións Mariñas). Título: Datos xeorreferenciados e procesos puntuais na loita contra incendios forestais.
  • Relator: Salvador Naya Fernández (Universidade da Coruña). Título: De Galicia a Ecuador: datos, Estatística, e máis…
  • Relator: Javier Roca Pardiñas ( Universidade de Vigo). Título: Modelos  Bivariantes de regresión de localización e escala: Aplicacións en  medioambiente e saúde.
  • Relator: Ángel Manuel González Rueda (Universidade da Coruña). Título:  Development of a tool for the optimal scheduling of oncology patients in a galician hospital.
  • Moderador da sesión convidada: Salvador Naya Fernández.

Infórmase igualmente que as datas de pago reducido foron recentemente estendidas, podéndose atopar no seguinte enlace: https://seio2022.com/es/c/cuotas 

Máis información: https://seio2022.com/es/ 

 

2022  SGAPEIO   globbers joomla templates