Non son correctos. As probabilidades calculadas en cada paso son condicionadas ao feito de que non teña aparecido xa a sorpresa con anterioridade, e non é certo que Gael teña unha probabilidade máis pequena de gañar a sorpresa. Se n é par, o procedemento acordado é equivalente a dividir o conxunto de n anacos do roscón en dúas partes iguais, (1,3,5, …n-1) e (2,4,6, …n). A probabilidade de que a sorpresa estea en calquera delas é 1/2, a mesma para os dous irmáns. Se pola contra n é impar, o subconxunto do que empeza ten unha unidade máis, e a probabilidade de que lle toque a sorpresa a Gael será (n+1)/2n, maior que a de Iria (n-1)/2n.

En canto ao boli de 7 caras, a trampa de Iria funcionou, e Gael non debería ter aceptado sen máis á primeira intuición. A probabilidade de que quede para arriba a cara coa marca do boli é cero (sendo 7 impar, na parte de arriba non hai unha cara, senón unha aresta), ou se consideramos que as dúas caras adxacentes a esa aresta están “cara arriba”, a probabilidade sería 2/7.

Volver