Os tres traballos gañadores do I Concurso AVATAR Galicia participaron na fase nacional do certame, celebrada en Las Palmas de Gran Canaria do 25 ao 27 de xuño de 2026. O elevado nivel dos proxectos presentados fixo que o xurado concedese dous premios ex aequo en cada categoría.

Galicia acadou un dos premios da categoría B (3º e 4º da ESO e FP Básica) co traballo "No hay aceite que cien años dure", realizado por alumnado do CPR Divina Pastora Franciscanas de Ourense baixo a titoría de Pilar Rodríguez López. O recoñecemento supón un importante éxito para a representación galega nesta edición do concurso. Máis información sobre o proxecto AVATAR e a fase nacional na web da SEIO: https://www.seio.es/avatar-incubadora/.