
A SGAPEIO felicita a Rosa M. Crujeiras Casais, catedrática de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela e actual reitora da USC, pola concesión da Medalla de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) na categoría Enrique Vidal Abascal, correspondente á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación.
A RAGC recoñece así unha traxectoria investigadora de referencia internacional no ámbito da Estatística, así como a súa contribución á transferencia de coñecemento, ao desenvolvemento metodolóxico e ao impulso da investigación matemática en Galicia.
Noraboa, Rosa! 🎉


