NORMAS
Primeiro autor1,
segundo autor2, etc.
1Departamento
Universidade
ou institución
2Departamento
Universidade
ou institución
RESUMO
Un resumo do
traballo non superior a 5 liñas, centrado adentrando
1 cm cada marxe lateral. Deberase escribir ó comenzo
do traballo.
Palabras
chave: incluír un máximo de seis (opcional)
Clasificación
AMS: códigos segundo clasificación da AMS
(opcional)
1.
INTRODUCCIÓN
Deberán
respectarse as normas que aparecen a seguir, co fin
de obter unha impresión homoxénea de tódalas
comunicacións nas actas do congreso.
2.
NORMAS XERAIS
Os traballos
deberán enviarse obrigatoriamente en formato
Postscript. Este formato é o resultado de imprimir o
traballo nunha impresora PostScript. O procedemento
é o seguinte:
1.- Se xa temos
unha impresora PostScript no noso sistema, pasar ó
punto 4.
2.- Se non
temos unha impresora PostScript instalada temos que
instalar unha. Recomendamos instalar a HP LaserJet
4Mplus PostScript. Os drivers para Windows 9x veñen
no CD-ROM de instalación; para outros sistemas
operativos consultade este enderezo http://www.europe.hp.com/cpso-support/
3.- Instalamos
os drivers e conectámola ó porto FILE:. Deste xeito
sempre que queiramos imprimir nesta nova impresora,
crearase un ficheiro de PostScript. A resolución
pódese axustar a 600 dpi.
4.-
Imprimiremos normalmente o noso traballo empregando
esta impresora e asegurando que a saída está
redirixida a un ficheiro que deberá ter a extensión
*.ps.
Os traballos
presentaranse en DIN A4, o tamaño desta folla,
imitando o seu estilo na medida do posible. As marxes
serán de 2'54 cm (as que toma por defecto o
procesador de textos Word).
O tipo de letra será o que toma por defecto o
procesador utilizado (Times New Roman no caso dun
documento de Word), o tamaño de 12 puntos, o
espaciado interlineal de 1'5 e a xustificación do
texto completa. Os títulos das distintas seccións
deberán escribirse en maiúsculas, centrados.
Usaremos os estilos predefinidos das plantillas.
As táboas e as
figuras deberán estar centradas, en branco e negro,
e na posición na que deban aparecer no texto, tendo
en conta que se fose necesario aplicar unha
reducción do 20%, o resultado deberá ser lexible.
Non se utilizará o subliñado de palabras nin as
notas ó pé de páxina; así mesmo os posibles
apéndices deberán incluírse dentro do texto.
A extensión do
traballo será como máximo de 4 páxinas.
En calquera
caso acompañarase unha nota á parte indicando se se
desexa comu-nicación oral ou póster, a situación
de inscrición no congreso dos autores e os seus
enderezos completos (teléfono, fax e correo
electrónico) co fin de poder solucionar calquera
problema que xurda na edición das actas.
3.
MODELO WORD OU LATEX
Para facilitar a uniformidade das actas, o comité
organizador ten á disposición dos interesados un
modelo en WORD 2000 ou anteriores, e outro en LaTeX
con tódolos formatos establecidos para escribir o
traballo (no que abonda con substituír
o texto explicativo polo propio). Este modelo pódese
solicitar por correo electrónico no enderezo:
v_sgapeio@udc.es .Tamén
se pode obter aquí:
4.
AGRADECEMENTOS
Agradecementos de patrocinio, asesoramentos, etc. (se
os houbese).
5.
REFERENCIAS
Ehrenberg, A.
C. S. (1982): Writing technical reports and
papers. Amer. Statist. 36, 326-329.