SEDE DO
CONGRESO
A Sociedade
Galega para a Promoción da Estatística e da
Investigación de Operacións, na súa Asemblea Xeral
celebrada en Santiago durante o último Congreso,
decidiu encargar a organización do V Congreso Galego
de Estatística e Investigación de Operacións ó
Departamento de Matemáticas da Universidade da
Coruña.
O Congreso, por
acordo do comité organizador, terá lugar en Ferrol,
no Centro de Innovación e Servicios de Galicia (http://www.cis.igape.es/), os días 12,
13 e 14 de setembro de 2001.
Na páxina web
do CIS atopará indicacións de como chegar ata a
Sede do Congreso.