PRESENTACIÓN
DE COMUNICACIÓNS
No congreso
poderán participar todas as persoas especialistas en
Estatística e Investigación de Operacións así
como os profesionais do ensino, da administración e
da empresa que empreguen na súa actividade as
técnicas Estatísticas ou de Investigación de
Operacións, tendo a posibilidade de presentar
comunicacións orais ou en forma de póster, sobre
áreas temáticas relacionadas cos métodos
estatísticos e de investigación de operacións, as
súas aplicacións nos diversos eidos así como os
aspectos didácticos no ensino da Estatística e da
Investigación de Operacións.
As persoas que
desexen presentar algunha comunicación deberán
remitir ó comité organizador, antes do día 31
de maio de 2001, un resumo impreso da mesma
(aproximadamente 100 palabras) e o traballo completo
antes do 30 de xuño de 2001. As persoas que
presenten algunha comunicación deberán enviar ó
comité organizador, antes do 30 de xuño de 2001
dúas copias do traballo completo: unha impresa e
outra en disco de 3.5 pulgadas ou por correo
electrónico como anexo ("attachment") ó
enderezo:
v_sgapeio@udc.es
O comité
organizador non garantiza a publicación nas actas do
Congreso dos traballos que se reciban con
posterioridade ó 30 de xuño de 2001, nin daqueles
dos que ningún dos autores estea inscrito no
congreso nesa data.