

1.- Número monográfico de Lemniscata
A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), coa colaboración da SGAPEIO, publicou un número especial monográfico da Colección Lemniscata, que foi editado por ANAYA, co título: “Estatística no ensino medio. Traballos premiados no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos”.
A SGAPEIO ten exemplares deste número monográfico de Lemniscata a disposición dos socios e socias. Se alguén desexa solicitar un exemplar debe escribir un correo electrónico a
2.- Mateblog
Mateblog é un novo blogue que recolle toda a información relativa aos concursos matemáticos abertos onde colaboran a Fundación Barrié e AGAPEMA, actualmente:
- Feira Matemática 2014
- Certame de Matmonólogos
- Concurso de fotografía matemática
- Concurso de esopías
Páxina: http://mateblog.educabarrie.org/
3.- InvestigArte 2014
InvestigArte é un concurso de arte visual científico e tecnolóxico dirixido a tres perfís específicos:
- Investigación: Universidades e centros de investigación.
- Educación: Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación profesional.
- Educación: Profesorado de ESO, Bacharelato e Formación profesional.
Este concurso está organizado por educaBarrié (o canal de comunicación coa comunidada educativa da Fundación Barrié), Campus Vida (o Campus de Excelencia Internacional Liderado pola Universidade de Santiago de Compostela), e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS), todos eles co obxectivo principal de achegar a ciencia e a tecnoloxía á nosa sociedade, a través dun concurso que pretende activar a visión artística e creativa da ciencia de alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional así como dos propios investigadores.
Data límite para participar: 3 de marzo de 2014
Máis información: www.investigarte.es
4.- II Olimpíada Estatística
O Instituto Nacional de Estadística (INE), a Facultad de Estudios Estadísticos (FEE) da Universidad Complutense de Madrid e a Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) convocan a Segunda Olimpíada Estatística para estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de grao medio. A participación neste concurso realízase por medio de equipos dun máximo de tres alumnos dirixidos por un profesor. Datas importantes:
- 8 a 29 de xaneiro (ambos inclusive): inscrición dos equipos.
- 3 a 14 de febreiro (ambos inclusive): realización das probas da primeira fase.
- 18 de febreiro: publicación e comunicación dos resultados da primeira fase.
- 19 de febreiro a 7 de marzo (ambos inclusive): realización do traballo da segunda fase.
- 31 de marzo: publicación dos equipos gañadores.
Máis información: www.ine.es/explica/olimpiada2014_inicio.htm
5.- Cursos do IGE
O Instituto Galego de Estatística convoca os seguintes cursos de formación dentro do Plan de formación do persoal ao servizo da Administración autonómica, da Administración local e da Administración de xustiza de Galicia para o ano 2014:
- Interpretación de datos estatísticos
- Aproveitamento da información estatística dispoñible no IGE: introdución ao software libre R.
Máis información: http://goo.gl/9m5T0e
6.- Cursos do INE
Está dispoñible o programa de cursos, seminarios e sesións técnicas do Instituto Nacional de Estadística para o primeiro semestre do ano 2014.
Máis información: http://goo.gl/rfLto1
7.- II Curso de Metaanálise aplicado á avaliación das tecnoloxías sanitarias
A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza a segunda edición do curso Metaanálise aplicado á avaliación das tecnoloxías sanitarias, que terá lugar os días 12, 13, e 14 de maio de 2014. O prazo de preinscrición finaliza o 25 de abril de 2014.
O curso está dirixido a profesionais sanitarios e non sanitarios, investigadores en saúde, persoal técnico de avaliación de tecnoloxías sanitarias, estatísticos, e economistas da saúde.
Máis información: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=202P01NA14
1.- Cambios nas novas e na Web da SGAPEIO
As novas da SGAPEIO, que son xa unha actividade consolidada da Sociedade, e que se viñan enviando por correo electrónico cada semana, pasan a ter periodicidade quincenal a partir de agora.
Ademais, creouse un novo apartado na Web, no menú NOVAS, no que se poderán consultar os boletíns de novas tal e como se envían por correo. Neste apartado incluíronse, con carácter retroactivo, todos os boletíns de novas enviados ao longo do ano 2013.
Por último, como xa vos anunciamos no mes de decembro, a SGAPEIO está tamén nas redes sociais (Twitter e Linkedin), e xa temos unha ligazón a elas na nosa Web.
Esperamos que estes cambios sexan do voso interese. Para calquera suxestión relacionada coas novas, ou con outros temas, podedes contactar con nós no enderezo
2.- Remata “Statistics2013” e comeza “The World of Statistics”
Como sabedes, o día 21 de decembro de 2013 celebramos na Facultade de Matemáticas o acto de clausura do Ano Internacional da Estatística (Statistics2013). Esta celebración a nivel mundial, que tiña por obxectivo promocionar a Estatística en tódolos sectores, contou coa participación de numerosas organizacións de todo o mundo e tivo unha importante repercusión. Aínda que os esforzos realizados deron excelentes resultados a corto prazo, é importante conseguir que os obxectivos do AIE repercutan a longo prazo. Por esta razón, o Comité Directivo Mundial de Statistics2013 seguirá promocionando esta disciplina a través do movemento The World of Statistics! (O Mundo da Estatística!) que arrancou en 2014 e que busca profundar aínda máis na promoción desta ciencia e as súas aplicacións. Por suposto, a SGAPEIO tamén se sumará ás organizacións comprometidas con esta nova iniciativa.
A finais de xaneiro, a Web de Statistics2013 cambiará a www.worldofstatistics.org
3.- Bolsas de posgrao de la Caixa 2014
A Obra Social "la Caixa" convoca 145 bolsas para cursar estudos de posgrao en España, Europa, América do Norte e a zona Asia-Pacífico.
Datas límite para a presentación de solicitudes:
- España (25 bolsas): 24 de febrero de 2014
- Europa (65 bolsas): 10 de febrero de 2014
- América do Norte (48 bolsas): 28 de abril de 2014
- Asia-Pacífico (7 bolsas): 24 de marzo de 2014
Máis información: http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/becasdeposgrado_es.html
4.- Bolsas de formación
O Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad convoca catro bolsas de formación no Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer para o período 2014-2015. Unha das bolsas está dirixida a licenciados ou graduados en Estatística, Socioloxía ou Economía que cumpran os seguintes requisitos:
- Experiencia na creación, xestión e explotación de bases de datos.
- Coñecementos e experiencia no uso do paquete estatístico SPSS.
- Nivel avanzado de inglés, oral e escrito.
Presentación de solicitudes: ata o 18 de xaneiro de 2014.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2013/12/24/pdfs/BOE-A-2013-13588.pdf
5.- Oferta de emprego na USC
Convocatoria pública de contratación de persoal na Universidade de Santiago de Compostela mediante contrato de obra ou servizo:
- Título: Deseño de algoritmos para problemas de programación enteira.
- Centro de traballo : Facultade de Matemáticas.
- Investigador Principal: Julio González Díaz.
- Requisitos: Licenciado/a ou Grao ou Diplomatura en Matemáticas ou Estatística.
Presentación de solicitudes: ata o 21 de xaneiro de 2014.
Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1408_gl.pdf
6.- Oferta de emprego no BCAM
Job offer: Research felloship in applied Statistics at basque center for applied mathematics (BCAM).
Topics:
- Applied Statistics
- Statistical Modelling
- Biostatistics
- Statistical applications in Epidemiology and Environmental Sciences
Deadline: January 25th.
More information:
7.- Cursos da Universitat de Girona
A Unitat d’Assessorament Estadístic da Universitat de Girona ten previsto realizar os seguintes cursos que teñen a inscrición aberta:
- Curso a distancia de introdución a R: do 23 de xaneiro ao 27 de febreiro de 2014.
- Curso presencial de introdución a SPSS: 17 e 20 de febreiro de 2014.
- Curso presencial de inferencia con SPSS: 24 e 27 de febreiro de 2014.
- Curso presencial de modelización con SPSS: 34 e 6 de marzo de 2014.
- Curso a distancia de introdución a SAS System: do 6 de marzo ao 3 de abril de 2014.
Máis información: http://www.udg.edu/UnitatdAssessoramentEstadistic/Formacio/Cursos/tabid/12542/language/ca-ES/Default.aspx
8.- II Encontro da Mocidade Investigadora
Dada a boa acollida do I Encontro da Mocidade Investigadora celebrado en decembro do pasado ano e coa finalidade de dar continuidade a esta iniciativa, a Escola de Doutoramento Internacional da USC organiza o II Encontro da Mocidade Investigadora, que terá lugar os días 29, 30 e 31 de xaneiro de 2014. Neste marco realizaranse exposicións de traballos de investigación, obradoiros de debate e terán lugar conferencias e mesas redondas sobre cuestións de interese para o persoal investigador en formación.
- Datas: 29, 30 e 31 de xaneiro de 2014.
- Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación, Campus Norte.
- Período de inscrición e envío de comunicacións: 9 ao 16 de xaneiro de 2014.
- Organiza: Escola de Doutoramento Internacional da USC.
Máis información: http://www.usc.es/gl/centros/cptf/doutoramento/Informacion_EDI.html
9.- V Conferencia Interuniversitaria sobre titulacións de Estatística
O vindeiro 31 de xaneiro terá lugar na Facultad de Ciencias Matemáticas da Universidad Complutense de Madrid a V Conferencia Interuniversitaria sobre titulacións de Estatística. Nesta conferencia tratarase sobre a situación das Ensinanzas de Estatística en España.
Máis información: http://www.seio.es/descargas/ProgramaVConferencia.pdf
10.- 29th International Workshop on Statistical Modelling
The 29th IWSM will be hosted by the Centre for Statistics of the Georg-August-Universität Göttingen (Germany) from July 14-18, 2014. As in previous years, the workshop will bring together a wide variety of international researchers, coming from all over the world and featuring different levels of experience, to encourage discussion and interchange between junior and senior scientists.
The deadline for abstract submission is January 31, 2014. The deadline for early registration is April 30, 2014.
More information: https://www.conftool.com/iwsm2014/
1.- Acto de clausura do Ano Internacional da Estatística
Lembramos que este xoves, día 19 de decembro, terá lugar o acto de clausura do Ano Internacional da Estatística organizado por SGAPEIO. Emitirase un certificado de asistencia para aquelas persoas que se inscriban. A inscrición é gratuíta e pode facerse dende a nosa páxina Web.
Máis información: http://goo.gl/ftF93r
2.- I Xornadas Virtuais de Estatística en Saúde
A Asociación Española de Estadística para la Salud organiza as I Xornadas Virtuais de Estatística en Saúde, que se celebrarán na semana do 12 ao 16 de maio de 2014.
Os temas que se tratarán nestas xornadas son os seguintes:
1. O papel do profesional da Estatística na investigación biomédica e sanitaria.
2. Situación actual e perspectivas de futuro dos profesionais da Estatística no campo das Ciencias da Saúde.
3. Situación dos estudos de grao postgrao en Estatística: perspectivas de futuro.
4. Necesidades e demandas dos profesionais da Estatística no ámbito biomédico.
5. Novos métodos estatísticos como alternativa aos enfoques clásicos.
6. Experiencias en formación de Estatística en saúde.
7. Utilización e difusión de estatísticas públicas sanitarias.
8. Aplicación da Estatística noutras disciplinas relacionadas coa saúde.
9. Divulgación da Estatística na sociedade.
Poderanse enviar comunicacións en formato presentación e póster, e contarase con ponencias invitadas en diversos temas.
Máis información: http://jves.aesaweb.es
3.- 20th Conference of the International Federation of Operational Research Society (IFORS2014)
A XX Conferencia da Federación Internacional de Sociedades de Investigación de Operacións (20th Conference of the International Federation of Operational Research Society – IFORS2014) terá lugar do 13 ao 18 de xullo de 2014 na cidade de Barcelona.
Datas importantes:
Envío de resumos: 1 de novembro de 2013 - 31 de xaneiro de 2014
Notificación da aceptación: 25 de febreiro de 2014
Inscrición reducida: 1 de novembro de 2013 - 28 de febreiro de 2014
Máis información: http://ifors2014.com/home/ifors
4.- Oferta de emprego na USC
A universidade de Santiago de Compostela convoca concurso público para cubrir a seguinte praza:
- Centro de traballo: Facultade de Física
- Traballo a realizar: Seguimento do proxecto: tarefas, hitos, decisións, xustificacións, xestión de documentación, axendas, convenios, publicacións, reunións, apoio nas licitacións de equipamento, protección de resultados e transferencia.
- Titulacións: Licenciado/a ou Grao en Física,Química, Matemáticas ou Económicas. Enxeñeiro Industrial, Enxeñeiro de Telecomunicacións, Enxeñeiro Electrónico ou Enxeñeiro Informático.
Presentación de solicitudes: ata o 18 de decembro de 2013.
Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1399_gl.pdf
1.-Acta da reunión de constitución do Consello Executivo
Comunicamos que xa está dispoñible na Web da SGAPEIO, no apartado A SOCIEDADE-Actas e informes, a acta da reunión de constitución do actual Consello Executivo, que tivo lugar o pasado 21 de novembro de 2013 na Facultade de Matemáticas.
2.- Acto de clausura do Ano Internacional da Estatística
Lembramos que a vindeira semana, o xoves 19 de decembro, terá lugar o acto de clausura do Ano Internacional da Estatística organizado por SGAPEIO. Emitirase un certificado de asistencia para aquelas persoas que se inscriban. A incrición é gratuíta e pode facerse dende a nosa páxina Web.
Máis información: http://goo.gl/ftF93r
3.- Oferta de traballo do GRID[ECMB]
O Grupo Interdisciplinar de Estatística, Computación, Medicina e Bioloxía, GRID[ECMB], liderado pola IP Carmen Cadarso, convoca una oferta de traballo para unha praza de xestión na Facultade de Medicina.
Traballo a realizar:
- Xestión e coordinación de actividades de investigación do GRID[ECMB].
- Potenciación e mantemento de medios de difusión do GRID[ECMB] (webs, redes sociais...).
- Elaboración de memorias científicas e solicitude de proxectos.
Presentación de solicitudes: ata o 18 de decembro de 2013.
Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1399_gl.pdf
4.- Curso sobre o portal educativo do IGE
O Instituto Galego de Estatística organiza o curso “Recursos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística para matemáticas”.
- Datas: 13/01/2014 a 10/02/2014 (Inscrición ata o 12/12/2013).
- Lugar: Centro de formación e recursos da Coruña.
- Destinatarios: Profesores de ensino secundario. Matemáticas.
- Horas: 20
Máis información: https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54511
5.- Exposición sobre o centenario de Sixto Ríos
Dentro dos actos do Ano Internacional da Estatística 2013, a Real Academia de Ciencias realizará una exposición adicada ao centenario do nacemento de Sixto Ríos, coñecido como Pai da Estatística en España. A exposición terá lugar do 10 ao 23 de decembro de 2013 e completarase cun acto homenaxe que terá lugar o día 18 de decembro, ás 19:00 horas, na sede da Academia.
6.- XIII aniversario de AGAPEMA
A delegación de Coruña de AGAPEMA organiza unha actividade para celebrar o XIII aniversario da asociación. Haberá unha charla a cargo de Javier Méndez, profesor do CPI Dos Dices, que terá como título "Fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas a partir de competicións escolares". Este acto terá lugar o mércores 11 de decembro ás 20:00 horas no IES Otero Pedrayo de A Coruña.