

1.- Curso de Estatística con R
A SGAPEIO, en colaboración coa Universidade de Vigo, organiza un curso de “Estatística con R para profesorado de ensino medio”. O curso, de carácter non presencial, realizarase a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (TEMA-FAITIC).
- Datas de celebración do curso: do 1 ao 31 de outubro de 2013 (40 horas lectivas).
- Prazo de inscrición: do 5 ao 15 de setembro de 2013.
- Cota de inscrición: a cota ordinaria é de 75€, e de 25€ para socios e socias da SGAPEIO e para persoas inscritas no XI congreso de SGAPEIO.
O curso consiste en sete unidades didácticas coas súas correspondentes tarefas que os alumnos deberán realizar. A cualificación do curso será a media das obtidas nas tarefas máis un exame conceptual tipo test realizado ao final (equivalente a unha tarefa).
Está en trámite o recoñecemento da Consellería de Educación como actividade de formación continua.
Toda a información do curso está na web da SGAPEIO: www.sgapeio.es
2.- Xornada sobre o ensino da Estatística
Lembramos que está aberto a prazo de inscrición na xornada sobre o ensino da Estatística que organizan a SGAPEIO e AGAPEMA en colaboración con educaBarrié, e que terá lugar en A Coruña (9 de novembro) e en Vigo (16 de novembro).
Para inscribirse hai que cubrir un formulario que está dispoñible na páxina web da SGAPEIO: http://goo.gl/N0Pbse
3.-Curso de Meta-análise en rede
O Centro Cochrane Iberoamericano e a Fundación de Investigación Biomédica do Hospital La Princesa de Madrid organizan o curso "Meta-análise en rede (network meta-analysis)”, que se vai impartir os días 28 e 29 de novembro de 2013 en Madrid.
- Lugar: Hospital Universitario La Princesa, Madrid.
- Importe da matrícula: 250€.
- Período de inscrición: ata o 1 de novembro de 2013.
Máis información: http://www.inmusc.eu/formacioacuten.html
4.- Curso de Estatística aplicada á investigación biomédica con R A Unidade de Bioestatística do Instituto IMDEA Alimentación organiza o curso “Estatística Aplicada á Investigación Biomédica con R”, que se vai celebrar en Madrid os días 25, 26 e 27 de setembro de 2013.
O obxectivo principal deste curso é proporcionar aos alumnos os coñecementos das Técnicas Estatísticas máis utilizadas dentro do campo das ciencias da saúde, da epidemioloxía e da investigación biomédica en xeral.
Máis información: http://www.alimentacion.imdea.org/unidad-de-formacion
1.- III Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O xoves 20 de xuño de 2013 tivo lugar o acto de entrega de premios da III edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. Sobre este concurso falouse no programa Efervesciencia da Radio Galega do día 22 de xuño (minuto 2):
Ligazón: http://www.crtvg.es/rg/a-carta/efervesciencia-efervesciencia-do-dia-22-06-2013-613796.
2.- III Fase Nacional “Incubadora de Sondeos y Experimentos”
Os días 3 e 4 de xullo de 2013 celebrouse en Santiago a III Fase Nacional dos concursos tipo Incubadora de Sondeos y Experimentos, coa participación de sete fases locais. Na categoría de ESO premiáronse dous traballos:
- El sector bovino en el concejo de Valdés. IES Carmen y Severo Ochoa de Luarca (Asturias).
- Una competición estadística entre aviones de papel. IES Juan del Villar de Arjonilla (Andalucía, Ceuta y Melilla).
Na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos o traballo gañador foi:
- ¿Tienen los jóvenes hábitos saludables? IES Politécnico de Soria (Castilla y León).
3.- Concurso de análise estatístico SCE 2013
A Societat Catalana d’Estadística (SCE) convoca un Concurso de Análise Estatístico a fin de promover a actividade estatística e, ó mesmo tempo, mostrar as diferentes aplicacións e beneficios que pode aportar á sociedade en xeral o uso da estatística.
Poden participar a título individual todos os membros da SCE ou grupos de 2 persoas como máximo, con alomenos unha delas membro da SCE, independentemente da súa idade e o seu nivel de estudos. Aquelas persoas que non sexan membros da SCE e que queiran participar, necesitarán o apoio dun membro da sociedade para inscribirse.
A data límite para enviar os traballos é o 25 de setembro de 2013.
Máis información: http://www.socestadistica.org/_internal/UserFiles/Image/BasesConcursAnalisiEstadisticaSCE2013_cast.pdf
4.- Palabrario estatístico de educaBarrié
Durante os meses de xullo e agosto suspendemos o envío das novas semanais da SGAPEIO, así como a incorporación de novos termos ao Palabrario de educaBarrié. No mes de setembro retomaremos estas dúas actividades.
1.- Palabrario estatístico de educaBarrié
Os dous termos estatísticos que se engadiron esta semana ao Palabrario de educaBarrié son:
- Aleatorio, definido por María Amalia Jácome Pumar.
- Optimización, definido por Julián Costa Bouzas.
Páxina web: http://www.educabarrie.org/gl/palabrario
2.- III Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que o acto de entrega de premios da III edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos terá lugar o xoves 20 de xuño de 2013, ás 12:00 horas, na Facultade de Matemáticas. Contamos coa vosa asistencia.
3.- Xornadas sobre o Ensino da Estatística
Con motivo do Ano Internacional da Estatística, a SGAPEIO e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), en colaboración con educaBarrié organizan unha xornada sobre o Ensino da Estatistica na ESO e no Bacharelato que se impartirá en dúas edicións, unha na Coruña (9 de novembro de 2013) e outra en Vigo (16 de novembro de 2013). Toda a información sobre as xornadas está na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.
4.- Praza de axudante doutor en Zaragoza
A Universidad de Zaragoza convoca concurso público para a contratación de profesores axudantes doutores para o curso 2013-2014. Enter as prazas ofertadas atópase a seguinte:
- Departamento: Métodos estatísticos.
- Área de coñecemento: Estatística e Investigación Operativa.
- Perfil: estatística.
Presentación de solicitudes: ata o 30 de xuño de 2013.
Máis información: http://moncayo.unizar.es/info/oposicionesyconcursos.nsf/IniPdi?OpenPage
1.- Palabrario estatístico de educaBarrié
Os dous termos estatísticos que se engadiron esta semana ao Palabrario de educaBarrié son:
- Mediana, definido por Tomás R. Cotos Yáñez.
- Problemas de fluxo nas redes, definido por Balbina Casas Méndez.
Páxina web: http://www.educabarrie.org/gl/palabrario
2.- Resolución do III Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O xurado do III Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, reunido o día 6 de xuño de 2013 en Santiago de Compostela, resolveu os premios concedidos en cada unha das categorías. A lista de traballos premiados, así como a composición do xurado, pode consultarse na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es).
O acto de entrega de premios da III edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos terá lugar o xoves 20 de xuño de 2013, ás 12:00 horas, na Facultade de Matemáticas. Contamos coa vosa asistencia.