SGAPEIO
  • A SOCIEDADE
    • Que é a sociedade?
    • Consello Executivo
    • Consello Asesor
    • Membros Institucionais
    • Estatutos
    • Actas e Informes
    • Asociarse
    • Actualizar datos
    • Acordos reciprocidade
    • Convenios
    • IDENTIDADE CORPORATIVA
  • FORMACION / ACTIVIDADES
    • Cursos, xornadas e másters
    • Congresos da SGAPEIO
    • Outros congresos
    • Premios SGAPEIO
    • Outros premios
    • Recreo Estatístico
    • Outras actividades
    • Biometría
  • ESTATISTICA NO ENSINO
    • Ensino secundario
    • Universidade
  • PUBLICACIÓNS
    • Boletín INFORMEST
    • INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
    • Á estatística ¡en caricaturas!
  • NOVAS
    • NOVAS
    • Ofertas de Emprego e bolsas
    • Boletín de novas
  • LIGAZÓNS
  • CONTACTA

Concurso Incubadora

ÚLTIMAS NOVAS

  • Novas da SGAPEIO, 20 de outubro de 2026
  • Dúas Bolsas de Investigación na Universidade do Algarve
  • Novas da SGAPEIO, 28 de setembro de 2026
  • Curso de Cálculo do tamaño da mostra en estudos de investigación (3.ª edición)
  • Curso de Análise estatística de datos para estudos científicos con SPSS, RStudio e Intelixencia Artificial

Asóciate

Acceso socios

  • Esqueceu súa clave?
  • Esqueceu seu nome de usuario?

Novas da SGAPEIO, 29 de xullo 2020

1.- Número 55 De Informest
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ven de publicar o número 55 da súa revista Informest. Aparte das habituais seccións Colaboración, Actividades, Novas do IGE, Traballos de Estatística e IO e Coñecéndonos, inclúese unha escolma dos traballos que os profesionais da estatística e a investigación operativa en Galicia, socios da SGAPEIO, veñen realizando en relación a actual crise da COVID-19. Desde a SGAPEIO agradecemos vivamente a todos os investigadores a súa participación.
Máis información: https://www.sgapeio.es/INFORMEST/Informest55.pdf

2.- Curso de Introdución á estatística bayesiana para científicos que utilizan R
3-4 de novembro de 2020
Curso organizado polo Statistical Services Centre Ltd, de dous días de duración, que se impartirá en liña, en modo síncrono, mediante Zoom, en horario de 09:00 a 17:30 (GMT).
O prezo da matrícula será de 468 £ (incluído o 20% do IVE). O rexistro farase a través da ligazón https://www.ssc-training.co.uk/.
Máis información: https://www.ssc-training.co.uk/introduction-to-bayesian-statistics-for-scientists-using-r.html

3.- Autumn School on Bilevel Optimization
12-14 de outubro de 2020
Na escola de outono ALOP (Algorithmic Optimization - Universität Trier) sobre a Optimización Binivel, daranse charlas introductorias sobre temas relacionados con problemas tanto lineales como aqueles denominados como mixed-integer, ademais de tratar a relación entre a optimización binive, MPEC e as desigualdades variacionais. Os oradores confirmados son Martine Labbé (Université Libre de Bruxelles), Ivana Ljubic (ESSEC Business School of Paris) e Didier Aussel (Université de Perpignan).
Debido ás circunstancias actuais, a escola de outono terá lugar en liña a través da aplicación Zoom. O rexistro e a participación son de balde, proporcionando a todos os participantes certificados de asistencia. A data límite de inscrición é o 28 de setembro de 2020. Tamén se está estudando organizar unha sesión onde todos os participantes poidan presentar a súa investigación actual en breves charlas de 3 minutos.
Máis información: https://alop.uni-trier.de/event/autumn-school-on-bilevel-optimization/

4.- XVIII Concurso Student de Estatística Aplicada
O Servei d’Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona ten o pracer de anunciarvos a próxima edición do XVIII Concurso STUDENT de Estatística Aplicada.
Mediante este concurso, o Servei d’Estadística Aplicada e o Institut d’Estadística de Catalunya queren potenciar o espírito investigador e o gusto pola Estatística Aplicada entre os estudantes das diferentes universidades do Estado español, así como dar a coñecer o papel destacado da Estatística na obtención de novos coñecementos tanto á comunidade universitaria como á sociedade en xeral.
Os aspirantes deberán afrontar a análise dun conxunto de datos, enmarcado nun problema real, para o cal terán que propoñer unha solución. A base de datos así como o contido do traballo deberán ser inéditos e de temática libre.
Poderán optar ao concurso todos os estudantes de grado ou de mestrado que estean matriculados este curso académico 2019-20 en calquera universidade do Estado español.
Outorgaranse tres premios:

  • Premio Idescat ao mellor traballo de mestrado: dotación económica de 500 euros.
  • Premio SEA - Anna Espinal ao mellor traballo de grao: dotación económica de 500 euros.
  • Premio Almirall ao mellor traballo en bioestatística: dotación económica de 500 euros.

Data límite para enviar os traballos: 6 de Setembro de 2020.
Entrega de premios: Dia de d’Estadística a Catalunya (20 de outubro de 2020).
Máis información: https://sct.uab.cat/estadistica/es/content/concurso-student-de-estad%c3%adstica-aplicada

5.- Concurso de análise de datos “200 anos de Florence Nightingale”
O colectivo Rladies España (nodos de Barcelona, Madrid e Bilbao) en colaboración coa Sociedade Española de Biometría e a Sociedade Catalá de Estatística comprácense en anunciar o concurso 200 anos de Florence Nightingale no que propón analizar os datos que Florence recompilou durante a Guerra de Crimea (1853-1856).
Máis información: https://github.com/rladies/spain_nightingale/blob/master/README.md

6.- I Congreso Virtual da Sociedad Española de Epidemiología (SEE) e da Associação Portuguesa de Epidemiologia (APE)
21-23 e 29-30 de outubro de 2020
A Sociedad Española de Epidemiología, xunto á Associação Portuguesa de Epidemiologia, celebrará a súa Reunión Científica anual en FORMATO VIRTUAL, trasladando ao 2021 a próxima Reunión presencial de Bilbao, prevista para ese ano co fin de garantir a seguridade de todos os nosos socios e socias, poñentes e participantes.
Celebrarase durante cinco xornadas, en horario de tarde, repartidas en dúas semanas, para así facilitar un aproveitamento adecuado de todos os seus contidos. Reducíronse as cotas de inscrición para facilitar a participación, mantendo o programa científico e facilitando unha distribución de sesións que permita a participación e interacción entre os/as asistentes, poñentes e comunicantes.
Máis información: https://www.reunionanualsee.org/

6.- Contrato de investigador en innovación tecnolóxica en Bahia Software
O candidato participará na definición, implementación e desenvolvemento de proxectos transversais de ámbito europeo e de base tecnolóxica no sector sanitario:

  • Encargarase da execución de proxectos de innovación en marcha garantindo a súa viabilidade técnica, cumprimento de fitos, corrección de desviacións, asegurando a calidade e o progreso do plan de traballo fixado e a execución correcta dos entregables acordados.
  • Participará reunións de consorcios de proxectos.
  • Elaborará dos principais entregables dos proxectos.
  • Colaborará na definición de proxectos de innovación colaborando con socios funcionais (médicos, radiólogos, patólogos, etc) e tecnolóxicos participando na preparación de propostas nacionais e europeas para a consecución de financiamento público para a execución destes proxectos.

Estudos requiridos:

  • Grao de doutor en ciencias da saúde
  • Licenciatura en bioinformática, matemáticas, enxeñería, bioloxía Experiencia e capacidades desexadas
  • Experiencia en desenvolvemento de modelos multimodales de intelixencia artificial
  • Experiencia no manexo de datos ómicos (xenómica, proteómica, etc)
  • Experiencia na resolución de problemas empregando técnicas baseadas en datos.
  • Experiencia en uso de linguaxes de programación ( SAS, R, Python…)
  • Experiencia no uso de ferramentas de recoñecemento de patróns, preparación e visualización de datos, manexo de datos non estruturados.
  • Experiencia en investigación en saúde Idiomas, actitudes, inquietudes etc.
  • Español e inglés avanzado.

Proxectos asociados á candidatura

  • O proxecto HUTER (Human Uterus Cell Atlas) finánciase través do programa Horizon 2020 e ten como obxectivo a creación dun mapa celular do útero humano para comprender, célula a célula, todas as relacións e cambios xenéticos e proteómicos, incluíndo información espacial, involucrados neste importante órgano.
    O proxecto CHAIMELEON tamén se financia a través do programa Horizon 2020 e ten como obxectivo a creación dun gran repositorio de imaxes médica oncolóxicas (máis de 10 millóns de entradas) para o desenvolvemento de biomarcadores dixitais e algoritmos de IA destinados a ciberseguridade. Baía Software encárgase da a harmonización do repositorio e o desenvolvemento de ferramentas de apoio á investigación baseada nun motor de simulación multimodal que permita relacionar variables relacionadas co cancro.

Contacto e candidaturas:
Envío de CVs a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., Departamento de RRHH, +34 981 555 315, www.bahiasoftware.es, Rúa das Hedras 4, Local 1, Polígono Novo Milladoiro | 15895 | AMES (A Coruña).

7.- Oferta de traballo para matemático (optimización, aprendizaxe automática)

  • Oferta para matemático: algoritmos, optimización e aprendizaxe automática. Vigo, España. € 32k - € 38k.
    • Actividades do posto:
      • Colaborar nun proxecto multidisciplinario de I+D, a tempo completo (participación mínima de 1 ano, opción de estender indefinidamente).
      • A partir da primavera de 2021.
      • Traballar baixo o Director Técnico da compañía.
      • Apoio e coordinación de esforzos nos equipos de Enxeñaría e Desenvolvemento de Software.
      • Proporcionar información de alto nivel sobre a estrutura dos métodos de análises.
      • Axudar a desenvolver novos algoritmos de cálculo optimizados.
      • Explorar novas formas de optimización topolóxica mediante GPU, Machine Learning e AI.
      • Axudar a desenvolver a estrutura xeral de datos abertos, incluído un novo tipo de arquivo.
      • Preparación de artigos científicos.
    • Perfil do candidato:
      • Que estea en disposición dos títulos académicos requiridos, como por exemplo o Doutoramento en Matemáticas – Optimización.
      • Dominio de inglés nativo español profesional (ou ao revés).
      • Máis de 3 anos de experiencia en algoritmos/investigación en optimización de topoloxía.
      • Competencia en ferramentas de software matemático
      • Experiencia en programación
      • Organizado pero práctico, enxeñoso e cunha mentalidade flexible
      • Compromiso coa sostenibilidade e a loita contra o cambio climático
    • Outras características altamente valoradas:
    • Interese/experiencia en enxeñaría.
    • Ofrecemos:
      • Salario competitivo.
      • Horario flexible, poidéndose levar unha parte a cabo de forma remota.
      • Axudar a presentar importantes avances en sostenibilidad global contra o cambio climático.
    • A compañia:
      • Startup de enxeñaría situada en Vigo, comprometida coa I+D e a sostenibilidade.
      • Pequeno pero crecente equipo que reúne a profesionais novos e especializados de todo o mundo.

Si está interesado, envíe o seu CV a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (asunto: MAT1).

8.- Concurso de praza de Profesor Axudante Doutor na Universidad de Málaga
A Universidad de Málaga informa que se convoca unha praza de Profesor Axudante Doutor na área de Estatística e Investigación Operativa. O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles contados a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial de la Junta de Andalucía (20 de xullo de 2020).
Máis información: https://www.juntadeandalucia.es/boja/2020/138/43

Novas da SGAPEIO, 14 de xullo 2020

1.- Relación de gañadores do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ven de facer pública a relación de gañadores, finalistas e mencións correspondentes ao X Concurso Incubadora De Sondaxes E Experimentos. Desde a SGAPEIO queremos felicitar a todos os participantes pola calidade e orixinalidade dos estudos presentados e agradecerlles encarecidamente todo o fantástico traballo realizado, máis se cabe tendo en conta as difíciles condicións nas que o tiveron que enfrontar.

  • Gañadores:
    • Categoría 1º e 2º da ESO: ENTRE ABONOS E COLES. IES da Pontepedriña (Santiago de Compostela).
    • Categoría 3º e 4º da ESO e FP Básica: SUMANDO LETRAS. IES Cacheiras (Teo).
    • Categoría Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio: A FRONTEIRA ENTRE O PÚBLICO E O PRIVADO NASOCIEDADE DA REDE. IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela).
  • Finalistas:
    • Categoría 1º e 2º da ESO: ¿ERES SUPERSTICIOSO? EXISTE O NO LA MALA SUERTE. MARTES 13. IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).
    • Categoría 1º e 2º da ESO: HAI MÁIS MULLERES QUE HOMES NO ENSINO SECUNDARIO? MITO OU REALIDADE. IES Agra do Orzán (A Coruña).
    • Categoría 1º e 2º da ESO: FAKE NEWS CONFINADAS. IES Mestre Landín (Marín).
    • Categoría 3º e 4º da ESO e FP Básica: ESTUDIO #ENCASACONFINADOS. CPR Plurilingüe San José (Pontedeume).
  • Mencións:
    • Categoría 1º e 2º da ESO: BOOM ACADÉMICO. IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).
    • Categoría 1º e 2º da ESO: APLICACIÓN DE LA ESTADÍSTICA A LOS CIENTÍFICOS DADOS EN SECUNDARIA. IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).
    • Categoría 1º e 2º da ESO: RÉCORD EN LA HISTORIA. IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).
    • Categoría 1º e 2º da ESO: LAS REDES SOCIALES ESTÁN AFECTANDO, ¿QUÉ OPINAS TÚ? IES San Tomé de Freixeiro (Vigo).

Máis información: https://www.sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/

2.- Curso MATEMÁTICAS VS COVID-19 na UIMP
Modalidade: Streaming aberto en UIMP-TV (uimptv.es)
Matrícula: con Tarifa G se se desexa obter diploma de asistencia.
Descrición: Neste seminario presentaranse, a través de oito conferencias e unha mesa redonda, algunhas ferramentas matemáticas e estatísticas que mostraron a súa utilidade na comprensión da pandemia do COVID-19 e na loita contra a mesma. Falarase de modelos epidemiolóxicos, dos parámetros que se utilizan na súa formulación, dos datos necesarios para poder alimentalos e da utilidade de cada un deles. A partir dos resultados de diversos modelos, mostrarase como realizar unha Predición Cooperativa para tentar predicir con máis acerto a evolución das series de datos asociadas á pandemia. Por outra banda, en toda crise sanitaria xorden multitude de problemas asociados á xestión de recursos escasos, a necesidade de optimizar tempos e custos e, sobre todo, de minimizar a perda de vidas humanas. A investigación operativa é unha disciplina matemática de gran axuda nesa tarefa, que estará presente no curso. Tamén se ilustrará como as técnicas de Intelixencia Artificial poden ser extremadamente útiles na loita contra a pandemia.
Destinatarios: O curso está destinado a estudantes dos últimos cursos de grao, de máster e de doutoramento do ámbito de matemáticas e estatística, así como de disciplinas afíns.
Tamén se dirixe a todos os investigadores e profesionais interesados en aprender por que as matemáticas están a revelarse tan útiles na comprensión e na xestión dunha pandemia.
Máis información: http://www.uimp.es

3.- Curso de Programación R – Clase Virtual da Royal Statistical Society
Datas: 15, 16, 17 e 18 de setembro de 2020.
Este curso virtual, dirixido por un titor, impartido en catro días en turno de mañá, é un curso intensivo sobre principios de programación en R. Durante o curso, os participantes obterán experiencia na escritura das súas propias funcións e scripts para realizar tarefas de análises de datos en R. Outras tarefas e aspectos como é a asignación de memoria, perfil de código ou o aproveitamento da computación paralela tamén se explorán convenientemente, co obxectivo de guiar aos participantes nos principios da programación eficiente en R.
A inscrición anticipada con desconto incluído finaliza o 15 de agosto de 2020.
Máis información: https://rss.org.uk/

4.- ESCMID Conference on Coronavirus Disease (ECCVID)
O ESCMID Conference on Coronavirus Disease (ECCVID) levarase a cabo en modalidade online do mércores 23 ao venres 25 de setembro de 2020 e cubrirá todos os aspectos de COVID-19. O ECCVID presentará un programa científico integral que abarcará unha ampla gama de temas relacionados con esta ameaza emerxente.
Actualmente o COVID-19 é o máis importante problema de saúde pública a nivel mundial, traendo consigo importantes desafíos e incertezas con respecto ao diagnóstico, a terapia, a prevención e control de infeccións. Estamos nunha etapa de aprendizaxe sobre o novo virus SARS- CoV-2 e a organización dun evento científico internacional que reúna as últimas investigacións e evidencias científica é máis que oportuno, unha necesidade. O ECCVID ofrecerá excelentes oportunidades para mostrar os últimos achados, compartir experiencias e coñecementos e demostrar técnicas prácticas. Microbiólogos clínicos de renome internacional, especialistas en enfermidades infecciosas e expertos de disciplinas relacionadas (incluídas as matemáticas e especificamente a estatística e o aprendizaxe máquina) presentarán o seu traballo e as últimas contribucións sobre COVID-19 durante o evento.
Máis información:
https://www.escmid.org/

5.- 30th International Biometric Conference (IBC 2020)
Aínda que o IBC2020 foi cancelado na súa modalidade presencial, actualmente este congreso ofrece a posibilidade de rexistrarse e asistir en-liña a unha parte relevante do seu programa, a desenvolver nos meses de xullo e agosto de 2020. O rexistro é obligatorio e o pago opcional, segundo as posibilidades dos participantes, de $0 a $130.
Máis información en: www.ibc2020.org e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

6.- Ofertas de contratos de predoutoramento

  • Oferta de traballo para realizar a tese de doutoramento na Universidad de Castilla La Mancha (UCLM).
    • Prazo: 17/07/2020.
    • Máis información: https://bit.ly/2VZ8F9H
  • O Grupo de Avaliación de Determinantes de Saúde e Políticas Sanitarias da Universitat Internacional de Catalunya (UIC Barcelona) busca unha persoa para incorporarse ao seu mozo e multidisciplinar grupo de investigación para realizar a tese doutoral (incorporación en setembro-outubro de 2020). As persoas interesadas deben enviar o seu CV ao Dr. Jose M Martínez-Sánchez (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
    • Prazo: 24/07/2020.
    • Máis información: https://bit.ly/2Z7BRgI
  • Contrato Investigador de Predoutoramento na Universidad de Castilla La Mancha (UCLM). Duración: Ata 31/12/2020 (prorrogable ata final de 2021). Compromiso de realizar a tese de doutoramento no Departamento de Matemáticas da UCLM.
    • Salario: 1000 €/mes netos (aproximadamente).
    • Máis información: https://bit.ly/2Z9Sxo0
  • INRAE Centre de Lyon-Grenoble. Oferta de contrato de predoutoramento para facer a tese
    • Prazo: 31/08/2020.
    • Máis información: https://bit.ly/2BQhyvl

7.- Ofertas de traballo como estatísticos e analistas de datos

  • Biostatech, S. L., empresa de bioestatística e estatística aplicada (www.biostatech.com), procura profesionais con experiencia en actividades de asesoramento en estatística para:
    • Realizar unha substitución por maternidade durante 4 meses ( aprox. ½ agosto-½decembro de 2020). Un contrato. Prazo: 24/07/2020. Máis información: https://bit.ly/2O1K3ca
    • Formar parte do equipo da área de asesoramento, formación e I+D+i. Dous contratos indefinidos. Prazo 31/07/2020. Máis información: https://bit.ly/2O1K3ca
  • Basque Center of Applied Mathematics (BACAM) procura un técnico investigador en Aprendizaxe Máquina.
    • Prazo: 17/08/2020.
    • Máis información: http://www.bcamath.org


8.- Concurso de praza de Profesor Contrado Doutor na Universitat Politècnica de València
A dirección do Departamento de Estatística e Investigación Operativa Aplicadas e Calidade da Universitat Politècnica de València informa que se convoca unha praza de Profesor Contratado Doutor no seu departamento. O prazo de presentación de instancias será o comprendido entre os días 10 e 23 de xullo de 2020 (ambos inclusive). A convocatoria pódese consultar na páxina web do DOGV Universitat Politècnica de València Universitat Politècnica de València (http://www.dogv.gva.es/datos/2020/07/09/pdf/2020_5259.pdf) e na páxina web de Recursos Humanos da UPV Prazas de Profesorado Contratado: Servizo de Recursos Humanos (http://www.upv.es/entidades/SRH/pdi/579888normalc.html).

Novas da SGAPEIO, 22 de maio 2020

1.- X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ten aberta a convocatoria do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado para estudantes de ESO, Bacharelato, FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2019-2020. Con esta iniciativa académica preténdese que o estudantado se inicie no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que vivimos.
Desde a SGAPEIO queremos salientar que, debido aos condicionantes da actual crise provocada polo COVID-19, se veñen de modificar os prazos de inscripción, entrega de traballos e resolución do concurso segundo se indica no enlace 
https://www.sgapeio.es/descargas/formacion/Nota_Bases_X_Incubadora.pdf. 
Datas importantes:

  • Inscrición de traballos: dende o 01 de abril ata o 15 de abril 01 de maio ata o 31 de maio de 2020.
  • Entrega dos traballos finalizados: dende o 16 ata o 30 de abril 01 de maio ata o 31 de maio de 2020.
  • Do 26 ao 29 de maio de 2020 daranse a coñecer os traballos finalistas e a data do acto de entrega de premios. As datas nas que se coñecerán os traballos finalistas e a data de resolución do concurso fixaranse se é posible en maio.

Máis información en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3298-x-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

2.- Convocatoria H2020-SC1-PHE-CORONAVIRUS-2020-2
A European Commission abriu a segunda convocatoria extraordinaria H2020-SC1-PHE-CORONAVIRUS-2020-2 dentro dos "Societal Challenges: Health, Demographic Change and Well-being". O prazo para presentar propostas remata o próximo 11 de xuño.
Pode atopar toda a información no seguinte enlace: https://www.h2020.md/en/second-coronavirus-call-expression-interest-h2020-sc1-phe-coronavirus-2020-2-now-opened-funding

3.- Subvencións COVID-19 do CDTI
O Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) abriu o luns 11 de maio unha nova liña de axudas para proxectos de I+D e investimento fronte á COVID-19 dotada con 12 millóns de euros.
Máis información:
https://www.cdti.es/index.asp?MP=100&MS=917&MN=2

4.- Sitio web de recursos de información relacionados co COVID-19
En resposta á situación provocada pola pandemia de COVID-19, desenvolveouse o sitio web https://www.mathunion.org/corona que contén ligazóns a algúns recursos relacionados coa pandemia.

O sitio céntrase en tres aspectos:

  • Sitios web xerais con información sobre a pandemia de COVID-19.
  • Seminarios en liña para unha audiencia global.
  • Sitios web que se centran na investigación matemática sobre a pandemia.

Para que este sitio web sexa útil, depende dos comentarios activos da comunidade.
Por favor, solicítase o envío de ligazóns para ser incluídos na Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

5.- Curso Estatística Avanzada con ‘R’ para Profesionais da Saúde
Está aberta ata o 25 de maio a inscrición no Curso de Formación da Universidade de Vigo “Estatística Avanzada con ‘R’ para Profesionais da Saúde”, totalmente non presencial para que os titulados deste ámbito (ou estudantes universitarios de último curso) poidan seguilo en horario libre e desde calquera lugar de modo compatible coa súa actividade. O curso realizarase desde o 1 de xuño ata o 15 de xullo de 2020.
O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica: análise de supervivencia, deseños de investigación, meta-análise, regresión de Cox, regresión de Poisson, regresión ordinal, regresión loxística multinomial, con datos e exemplos paso a paso, alcanzables para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que sen dúbida eses coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas e tarefas a través de Faitic, a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
Este curso ten concedido o recoñecemento da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia como actividade de formación continua (5,3 créditos) para todos os profesionais sanitarios titulados (licenciados, diplomados, grao). Ese recoñecemento –concedido para todas as edicións anteriores e en trámite na actual- é válido para todo o sistema nacional da saúde.
Custo da matrícula 125 euros (parados/estudantes 90 euros).
Máis información e inscrición en: https://bubela.uvigo.es/curso/4562

6.- 3a Escola Internacional de Verán sobre Intelixencia Artificial: do Deep Learning á análise de datos (AI- DLDA) 2020
29 de xuño - 3 de xullo de 2020
AI-DLDA 2020 é unha escola internacional de verán para mozos investigadores e doutorandos co obxectivo principal de actualizar a formación dos participantes acerca dos avances máis recentes na área de Intelixencia Artificial, que van desde a aprendizaxe profunda ata a análise de datos. Esta escola ofrecerá unha análise en profundidade da investigación de vangarda e cubrirá un amplo espectro de actividades de investigación actuais e aplicacións industriais relacionadas co Big Data, visión por computadora, interacción humano-computadora, informática biomédica, aprendizaxe profunda e xogos.
A escola organizarase en cinco días de ensino en liña con conferencias maxistrais a cardo da academia e da industria (durante a mañá) e sesións de laboratorio (durante a tarde), ademais dunha mesa redonda. O último día tamén está reservado para o exame final para aqueles que necesitan recoñecemento de créditos.
A AI- DLDA 2020 será unha experiencia de aprendizaxe virtual e remota.
Rexistro: debe facerse a través de http://www.aidlda.it
Data límite de solicitude: 15 de xuño de 2020.

Máis información:

  • Web: http://www.aidlda.it
  • Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Organizado por: Universidade de Udine, Italia / IP4 FVG, Italia / DiTeDi, Udine

7.- Congreso XoveTIC
O Congreso XoveTIC, un evento científico que se foi consolidando ano tras ano como unha cita obrigada para o persoal investigador junior (predoctoral e posdoctoral) do ámbito TIC de universidades españolas e do norte de Portugal.
Esta terceira edición, que terá lugar os días 8 e 9 de outubro de 2020, celebrarase nun formato online debido á crise sanitaria do SARS- CoV-2.
Os interesados en participar deben enviar un abstract a través da plataforma EasyChair antes do 17 de xuño.
O obxectivo do congreso é crear un espazo de encontro para o debate científico e contribuír deste xeito á formación dos asistentes. O XoveTIC, cuxa inscrición é gratuíta, supoñerá unha oportunidade ideal para que as persoas participantes compartan as súas investigacións nun ambiente colaborativo e distendido.
Na súa pasada edición, o XoveTIC contou con preto de 100 asistentes e nel presentáronse máis de 50 comunicacións, tanto en formato oral como en póster. Máis información: https://xovetic.citic.udc.es/

8.- Oferta de traballo no BCAM
O Basque Center of Applied Mathematics (BCAM) comprácese en anunciar que ven de lanzarse unha nova convocatoria aberta de traballo. Específicamente se está a procurar un técnico de investigación para colaborar no seguinte proxecto:

  • Técnico investigador en Machine Learning aplicado ao procesamento de imaxes médicas.

Data límite para presentar solicitudes: 5 de xuño de 2020.

Máis información: http://www.bcamath.org/

9.- Oferta de contrato postdoc en Xeoestatística e vixiancia da saúde na KAUST
Os solicitantes deberán contactar coa Dra. Paula Moraga, na dirección de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., incluíndo os seguintes documentos:

  • Carta de motivación que inclúa unha descrición da experiencia de investigación e os intereses do candidato.
  • CV que inclúa unha lista de publicacións e a información de contacto de tres referees.

A revisión das solicitudes comezará de inmediato e continuará ata que se cubra o posto.
O grupo de investigación de Estatística Xeoespacial e Vixilancia da Saúde atópase enmarcado no Programa de Estatística (http://stat.kaust.edu.sa) dentro da División de Enxeñería, Electricidade, Matemáticas e Enxeñería na Universidade de Ciencia e Tecnoloxía King Abdullah (KAUST) (http://kaust.edu.sa). Situada á beira do Mar Vermello en Arabia Saudita, KAUST ofrece excelentes instalacións de investigación, xenerosos fondos de investigación e salarios competitivos a nivel internacional. A universidade fomenta a investigación fundamental e orientada a obxectivos, co fin de atopar solucións a problemas en áreas relacionadas coa saúde, a auga, os alimentos, a enerxía e o medio ambiente.
Máis información: www.paulamoraga.com

10.- Oportunidades de traballo no grupo de investigación de Optimización e Control Óptimo no Centro de Matemática Aplicada da Universidade de Bremen (Alemaña)
No grupo de traballo sobre Optimización e Control Óptimo no Centro de Matemáticas Industriais da Universidade de Bremen se ofertan 9-10 postos de traballo a tempo completo no próximo mes. As posicións abertas están vinculadas a varios temas, como:

  • Optimización non lineal.
  • Control óptimo.
  • Control preditivo modelo non lineal.
  • Computación numérica e científica.
  • Condución autónoma co noso propio vehículo de investigación.
  • Condución autónoma de maquinaria agrícola.
  • Detección de obxectos con redes neuronais profundas para maquinaria agrícola.
  • Optimización multi-obxectivo para sistemas de redes de enerxía.
  • Ferramentas de software para a parametrización automática de xemelgos dixitais.
  • Modelo de control preditivo para convertidor de alta voltaxe.
  • Optimización da xestión do tráfico para a cidade de Bremen.
  • Proxectos reais e industriais.


PreDocs e PostDocs son benvidos.
Contacto: Christof Bueskens, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., e Mitja Echim, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Novas da SGAPEIO, 4 de maio 2020

1.- X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ten aberta a convocatoria do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado para estudantes de ESO, Bacharelato, FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2019-2020. Con esta iniciativa académica preténdese que o estudantado se inicie no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que vivimos.
Desde a SGAPEIO queremos salientar que, debido aos condicionantes da actual crise provocada polo COVID-19, se veñen de modificar os prazos de inscripción, entrega de traballos e resolución do concurso segundo se indica no enlace
https://www.sgapeio.es/descargas/formacion/Nota_Bases_X_Incubadora.pdf.
Datas importantes:

  • Inscrición de traballos: dende o 01 de abril ata o 15 de abril 01 de maio ata o 31 de maio de 2020.
  • Entrega dos traballos finalizados: dende o 16 ata o 30 de abril 01 de maio ata o 31 de maio de 2020.
  • Do 26 ao 29 de maio de 2020 daranse a coñecer os traballos finalistas e a data do acto de entrega de premios. As datas nas que se coñecerán os traballos finalistas e a data de resolución do concurso fixaranse se é posible en maio.

Máis información en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3298-x-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

2.- 12 de maio, Día Internacional das Mulleres Matemáticas
A Comisión de Mulleres e Matemáticas da RSME organizou diversas actividades para conmemorar o 12 de maio, o Día Internacional das Mulleres Matemáticas. As actividades están principalmente destinadas a nenos e mozos, pero que tamén poden participar os adultos.

  • Elaboráronse dúas escape rooms virtuais, patrocinadas polo departamento de Matemáticas e o grao en matemáticas computacionais da Escola Superior de Tecnoloxía e Ciencias Experimentais da Universidade Jaume I de Castellón.
    1. O rescate do mago Omega: escape room dixital especialmente indicado para os alumnos dos primeiros anos de primaria.
    2. O corredor do esquecemento recordou: escape room dixital especialmente indicado para estudantes de secundaria.

Están dispoñibles para facerse en castelán, catalán e galego.

  • Actividades de divulgación para as mulleres matemáticas, en colaboración con WOMAT: Que lle pedirías a unha investigadora en matemáticas?


3.- Cadros de mando e ferramentas web para visualización e predición na crise do COVID-19
Seguidamente amósanse unha serie de aplicacións web para describir, resumir, visualizar e predecir as variables críticas que caracterizan á situación provocada pola actual crise do coronavirus.

  • O grupo MODESTYA da Universidade de Santiago de Compostela ven de desenvolver unha aplicación web interactiva que prognostica o avance do virus baseándose nos datos da súa evolución durante a quincena previa, facendo predicións do número de casos confirmados de infección ou número de mortes debidas ao COVID-19 para un horizonte temporal de tres días conforme a tres posibles modelos, lineal (FLM), aditivo (FSAM) e non paramétrico (FNP), e para diferentes países ou rexións.
    Enlace: http://modestya.securized.net/covid19prediction/.
  • Os grupos StatGroup-19 de Italia e StatGroup-19-SP, do que forma parte José Ameijeiras e Rosa Crujeiras veñen de desenvolver unha aplicación web interactiva que describe e prognostica a evolución do coronavirus en diferentes países (Béxica, Italia, Portugal, España, entre outros), así coma nas súas respectivas rexións, segundo diversos indicadores como son os casos confirmados, os curados, a ocupación hospitalaria e o número de falecidos.
    Enlace: https://jose-ameijeiras.shinyapps.io/StatGroup-19-SP/.
  • No marco do CITIC da Universidade da Coruña se creou unha completa aplicación web para a caracterización y visualización das variables que definen a crise do coronavirus no conxunto de España e en cada unha das súas CCAA. Os desenvolvedores son Carlos Fernández Lozano e Rubén Fernández Casal, do grupo MODES. As variables estudadas son número de casos, número de recuperados, número de falecementos, número de ingresos en UCI e incidencia acumulada, aportando gráficos interactivos para observar a tendencia acumulada, a dos novos casos e a correspondente á aplicación de logaritmos. A información se resume mediante gráficos de mapas e series de tempo totalmente configurables no rango temporal, por comunidade autónoma e por edade. Esta aplicación proporciona soporte ao plan de Predicción Cooperativa da Acción Matemática contra o coronavirus lanzada desde o CEMat. Actualmente están dispoñibles os resultados das prediccións para casos confirmados, novos casos diarios, falecidos, ocupación de UCI e hospitalizados en xeral.
    Enlace: https://covid19.citic.udc.es/

 

Aparte dos cadros de mando desenvolvidos por investigadores galegos, cabe tamén destacar:

  • A nivel de España, desde un punto de vista descritivo:
    https://canadasreche.shinyapps.io/dashboard_cvirus/
  • A nivel mundial, destaca, entre outros, o cadro de mando COVID-19 Map - Johns Hopkins Coronavirus Resource Center: https://coronavirus.jhu.edu/map.html


4.- Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento
Os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento, cuxa décimo terceira edición convócase agora, recoñecen e incentivan a investigación e creación cultural de excelencia, en especial contribucións de singular impacto pola súa orixinalidade e significado. A denominación destes premios quere denotar tanto o traballo de investigación capaz de ampliar significativamente o ámbito de coñecemento —desprazando cara adiante a fronteira do coñecido— canto o solapamento e a interacción entre diversas áreas disciplinares e a emerxencia de novos campos.
Os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento desenvólvense coa colaboración do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
CATEGORÍAS

  • Ciencias Básicas (Física, Química, Matemáticas)
  • Bioloxía e Biomedicina
  • Tecnoloxías da Información e a Comunicación
  • Ecoloxía e Bioloxía da Conservación
  • Cambio Climático
  • Economía, Finanzas e Xestión de Empresas
  • Humanidades e Ciencias Sociais
  • Música e Ópera

DOTACIÓN
A dotación dos Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento é de 400.000 €, un diploma e un símbolo artístico, en cada unha das oito categorías.

CANDIDATOS
Os/as candidatos/as serán unha ou máis persoas físicas de calquera nacionalidade, sen límite de número, que realizasen achegas independentes ou converxentes a un determinado avance, ben a través de colaboración formal (formando parte dun ou máis equipos), ben de maneira paralela. Poderán tamén ser candidatos organizacións científicas ou culturais ás que poidan atribuírse de maneira agregada contribucións excepcionais nos ámbitos do coñecemento científico, a creación cultural e as actuacións fronte ao cambio climático.
Os premios non poderán outorgarse a título póstumo.

NOMEAMENTO
Poderán nomear sociedades científicas ou artísticas, centros de I+D, departamentos universitarios ou de hospitais, conservatorios de música, orquestras, axencias públicas, e organizacións científicas, culturais e ambientais, así como outras organizacións e persoas recollidas nas bases.
Información e consultas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O prazo de nomeamentos finaliza o 30 de xuño de 2020 ás 23 horas GMT.
Máis información e bases completas: https://www.premiosfronterasdelconocimiento.es/informacion-e-bases/

5.- Cursos en liña de estatística do Centre for Applied Statistics Courses (UK)
At Os cursos programados polo CASC terán agora lugar en liña ás datas indicadas. Abaixo móstrase unha lista cos cursos ofertados para o mes de maio.

  • Intro to Regression Analysis, 11 (*optional 12) May --- £150 (*275),
    https://www.ucl.ac.uk/child-health/events/2020/may/introduction-regression-analysis
  • Sample size estimations and Power calculations, 13 May --- £175
    https://www.ucl.ac.uk/child-health/events/2020/may/sample-size-estimation-and-power-calculations-excel
  • Intro to Logistic Regression, 15 May --- £150
    https://www.ucl.ac.uk/child-health/events/2020/mar/introduction-logistic-regression
  • Dealing with Missing Data, 18 May (*optional 19) --- £150 (£225)
    https://www.ucl.ac.uk/child-health/events/2020/may/introduction-dealing-missing-data Intro to SPSS evening, 18+19 May --- £200 CASC after dark
    https://www.ucl.ac.uk/child-health/events/2020/feb/introduction-spss
  • Intro to Survival/Time-to-Event Data Analysis, 27 May --- £150
    https://www.ucl.ac.uk/child-health/events/2020/may/introduction-survivaltime-event-data-analysis
  • Intro to Meta-Analysis, 1 Jun (*optional 2) --- £150 (*£225)
    https://www.ucl.ac.uk/child-health/events/2020/mar/introduction-meta-analysis

Proporcionarase materia extenso para todos os cursos, incluíndo exemplos prácticos. O rexistro farase mediante a tenda online.
Máis información en https://www.ucl.ac.uk/stats-courses e a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

6.- Curso “Cuentas Nacionales. La Contabilidad Nacional en España”
Anúnciase a apertura do prazo de presentación de instancias para o curso EN LIÑA sobre "Cuentas Nacionales. La Contabilidad Nacional en España".
https://www.ine.es/ine/eeaapp/sem12020cur_online02.pdf

O curso está dirixido a persoal de servizos estatísticos e departamentos de análise económica da Administración General del Estado. Analistas e demais usuarios de información económica.

Terá lugar do día 13 de maio ao 8 de xuño de 2020.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 30 de abril de 2020.
Para solicitar o curso e debido ás circunstancias actuais, débense enviar ao correo da escola de estatística: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., os seguintes datos:

  • Asunto: no asunto do correo debe figurar "solicitude curso online Cuentas Nacionales. La Contabilidad Nacional en España".
  • Só se poderá solicitar devandito curso previa autorización do superior xerárquico. Por tanto, necesítase o nome e apelidos do superior xerárquico, correo electrónico e teléfono.
  • Nome e apelidos do solicitante, DNI, Organismos onde traballa, nome do posto de traballo e Subdirección, nivel e se se é funcionario ou non.
  • Correo electrónico do solicitante e teléfono.


7.- Oferta de traballo (ITMATI-OT-05/2020.) no proxecto “Desenvolvemento dun sistema de xestión avanzado para un pack de baterías para almacenamento estacionario de enerxía”
O proxecto: “Desenvolvemento dun sistema de xestión avanzado para un pack de baterías para almacenamento estacionario de enerxía”.

Descrición do posto: 1 contrato a xornada completa como investigador/a para o proxecto de investigación “modelización e simulación numérica de dispositivos de almacenamento de enerxía”, no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.

Perfís dos candidatos: Licenciados/ as, Enxeñeiros/ as, Graduados/ as, e Másteres relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática.
Data límite para o envío de sollicitudes: 8 de maio de 2020.

Máis información en http://www.itmati.com/oferta-de-empleo-itmati-ot-05-2020-proyecto-%E2%80%9Cdesarrollo-de-un-sistema-de-gesti%C3%B3n-avanzado-para-un-pa

8.- Oferta de traballo IRBLleida
Perfil profesional do/do traballador/para contratado/a:

  • Diplomado ou graduado en Ciencias Estatísticas ou Estatística aplicada.
  • Diplomado ou graduado en Matemáticas con máster en estatística.

Requisitos e características que han de cumprir:

  • Diplomado ou graduado en Ciencias Estatísticas, Estatística aplicada ou Matemáticas con máster en estatística.
  • Experiencia en aplicación da Estatística en investigación Biomédica.
  • Experiencia en xestión de datos.
  • Experiencia co programa R, SPSS e/ou outros programes estatísticos
  • Nivel intermedio de inglés, oral e escrito.

Tarefas a realizar:

  • A persoa contratada integrarase nun equipo de investigación multidisciplinar cuxa actividade se enmarca no estudo ILERVAS-O BUS DA SALUT, estudo aleatorizado lonxitudinal con 8,330 pacientes definidos por un risco cardiovascular baixo-intermedio centrado principalmente en ateromatosis subclínica, enfermidade renal, prediabetes i síndrome metabólico.

O investigador realizará as seguintes actividades:

  • Xestión e análise avanzado de datos.
  • Deseño e análise estatístico.
  • Publicación de estudos de investigación.
  • Preparación de proxectos de investigación.

Valorarase:

  • Habilidades de comunicación e capacidade de interacción nunha contorna científica de alto nivel.
  • Capacidade de traballar en equipo e de maneira autónoma.
  • Experiencia previa en estudos de investigación biomédica.

Ofrécese:

  • Incorporación Inmediata.
  • Xornada completa, flexibilidade horaria.
  • Localización: IRBLleida, Lleida. Posibilidade de teletraballo.
  • Retribución segundo franxas salariais do IRBLleida (en función do perfil candidato/a).

Documentación e prazo de presentación:

  • Carta de presentación.
  • Currículo Vitae con fotografía recente.
  • prazo de presentación, finalizará o día 23 de maio de 2020 a lles 14:00 horas.

Os interesados poden enviar o CV á dirección electrónica Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o nome da oferta á cal vos presentades e a referencia: Oferta de trabajo el bus de la salud.

9.- Oferta para doutor en estatística na Universidade do Minho
Está aberta unha convocatoria internacional (do 24 de abril ao 18 de maio) para contratar a un investigador doutor co obxectivo de levar a cabo actividades de investigación no campo da estatística espacial, dentro do alcance do Proxecto PTDC/ MATSTA/28243/2017, “ PREFERENTIAL: Improving spatial estimation and survey design through preferential sampling in fishery and biological applications”. Estas actividades incluirán aportacións ao estudo teórico de modelos estatísticos dentro do proxecto, así como á súa implementación en software estatístico e a realización de estudos de simulación.
Traballarase nas tarefas indicadas no proxecto, en coordinación cos bolseiros e outros investigadores e participarase na organización de talleres e reunións científicas asociadas ao proxecto.

As solicitudes formalizaranse a través dunha solicitude dirixida ao Reitor da Universidade de Minho. A solicitude irá acompañada dos seguintes documentos:

  • Copia do certificado ou diploma de grao.
  • Currículo vitae detallado estruturado de acordo cos puntos do punto 10.
  • Proba de experiencia profesional (se corresponde).
  • Carta de motivación.
  • Cartas de recomendación (dúas).
  • Copia das 3 publicacións máis relevantes.
  • Calquera outro documento que o solicitante considere relevante.

Os candidatos presentarán a súa solicitude e os correspondentes documentos en formato PDF, por medios electrónicos, á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., antes da data límite para a presentación das solicitudes definidas neste aviso, indicando en "Asunto" a Ref. CTTI-156/19- CBMA (1) ".

Máis información: Contáctese con Raquel Menezes Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Páxina 5 de 50

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10

Copyright © 2026 SGAPEIO. Todos los derechos reservados.