

1.- I Encontro Portugués de Biometría e o I Encontro Luso-Galaico de Biometría
A Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) organizan conxuntamente o I Encontro Portugués de Biometría e o I Encontro Luso-Galaico de Biometría, que se celebrarán do 14 ao 16 de xullo de 2013 na Escola de Ciências da Universidade do Minho en Braga. Estes encontros están dirixidos a profesionais e usuarios da estatística, académicos, investigadores e estudantes.
Mais información: http://biometria2013-ga.weebly.com/
2.- Desafío Extraordinario de Nadal de El País
Con motivo do sorteo da Lotería de Nadal, o xornal El País e a Real Sociedad Matemática Española (RSME) recuperan a iniciativa coa que celebraron o ano pasado o centenario desta institución e presentan un desafío extraordinario: o "Desafío Extraordinario de Nadal". Entre os acertantes vaise sortear unha biblioteca matemática e o libro 'Desafíos Matemáticos', que recolle os 40 desafíos matemáticos publicados semanalmente en El País. Para participar no sorteo hai que enviar a resposta ao enderezo
Máis información:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/12/13/actualidad/1355418532_921805.html
3.-Curso de Metaanálise aplicado á avaliación das tecnoloxías sanitarias A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza, para o mes de febreiro, un curso sobre metaanálise aplicado á avaliación das tecnoloxías sanitarias. O prazo de preinscrición finaliza o 25 de xaneiro de 2013.
Máis información: http://www.easp.es/cursos?idCurso=202P01NA12
1.- XXXIV Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa
O Departamento de Matemáticas da Universitat Jaume I e a Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) anuncian a celebración do XXXIV Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa e das VIII Jornadas de Estadística Pública. Este congreso vaise celebrar no Palacio de Congresos de Castellón, do 11 ao 13 de setembro de 2013.
Máis información: www.seio2013.com
2.-Bolsas de posgrao da Obra Social “La Caixa”
A Obra Social "la Caixa" convoca 145 bolsas para cursar estudos de postgrao en España, Europa, América do Norte e Asia. O obxectivo do programa de bolsas é fomentar a mobilidade e facilitar ao beneficiario unha subvención suficiente, que permita que os mellores estudantes non teñan impedimentos económicos para acceder aos mellores centros de ensino nacionais e internacionais.
Máis información: http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/becasdeposgrado_es.html
3.-XVI edición de JAEM
A Societat Balear de Matemàtiques (SBM-XEIX) organiza a XVI edición das Jornadas para el aprendizaje y la Enseñanza de las Matemáticas (JAEM), que terán lugar en Palma entre o 2 e o 5 de xullo de 2013.
Máis información: http://xvi.jaem.es/spip.php?lang=es
4.-InvestigArte: concurso de arte visual e tecnolóxico
InvestigArte é un concurso de arte visual científico e tecnolóxico dirixido a dous perfís específicos:
• Grupos de investigación.
• Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación profesional.
Este concurso está organizado por educaBarrié (o canal de comunicación coa comunidada educativa da Fundación Barrié), Campus Vida (o Campus de Excelencia Internacional Liderado pola Universidade de Santiago de Compostela), e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS) co obxectivo de acercar a ciencia e a tecnoloxía á nosa sociedade.
Máis información: http://www.investigarte.es/
1.-Oposicións do IGE
Está previsto que no próximo ano 2013 se convoque novo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de estatísticos, correspondente á oferta de emprego público de 2011:
http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s6/oposicions2011/OfertaEmpleo2011Xunta_Ga.pdf Na seguinte ligazón pódese acceder á proposta de temario que previsiblemente rexerá este proceso selectivo:
http://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=006017004001&idioma=gl
2.-Bolsas de posgrao en AEMET
A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) convoca 6 bolsas de formación de posgraduados relacionadas coas actividades da axencia para 2013-2014. Estas bolsas, que teñen como finalidade a formación en proxectos de AEMET, están destinadas a licenciados, enxeñeiros, arquitectos ou graduados (BOE nº 276 do 16 de novembro de 2012). Tres dos seis proxectos inclúen a licenciatura de Matemáticas nos requisitos de titulación.
Presentación de solicitudes: ata o 1 de decembro de 2012.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2012/11/16/pdfs/BOE-A-2012-14151.pdf
3.-Contratos para investigadores en formación
O grupo MODES (grupo de investigación da área de Estatística e Investigación Operativa da UDC) oferta dúas prazas para investigadores en formación con cargo a un proxecto.
Perfil do posto: os seleccionados realizarán tarefas de investigación dentro dalgunha das liñas de investigación do grupo co obxectivo de desenvolver unha tese doutoral.
Lugar de traballo: departamento de Matemáticas. Facultade de Informática. Universidade da Coruña.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/descargas/UDC-Anuncio%20Dos%20Contratos.pdf
1.-Congreso 2013 da RSME
O congreso 2013 da Real Sociedad Matemática Española (RSME) terá lugar en Santiago de Compostela os días 21 a 25 de xaneiro de 2013.
Neste congreso está prevista a celebración de vinte sesións especiais, entre as que se inclúe unha de estatística, de un mínimo de 5 horas de duración. Ademais, durante o congreso vaise desenvolver unha sesión de pósteres. As persoas interesadas en participar nesta sesión deberán enviar un resumo do seu póster á dirección
Máis información: http://www.usc.es/congresos/rsme2013/
2.-Bolsas de posgrao do INE
O Instituto Nacional de Estadística convoca 5 bolsas de posgrao en estatística coa finalidade de fomentar e promocionar a investigación estatística, así como o desenvolvemento e implantación de procesos estatísticos mediante a formación de posgraduados (BOE nº 275 do 15 de novembro de 2012).
O período de cada unha das bolsas é de doce meses. Os requisitos son: posuír o título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, ou de grao, que deberá obterse durante os últimos tres anos anteriores á data da publicación da Resolución.
Presentación de solicitudes: ata o 3 de decembro de 2012.
Máis información: http://goo.gl/AVO7D
3.- Bolsas de formación do CIS para posgraduados
O Centro de Investigaciones Sociológicas convoca sete bolsas de formación para posgraduados para o ano 2013 (BOE nº 277 do 17 de novembro de 2012). A finalidade destas bolsas, que están destinadas a titulados superiores universitarios, é contribuír á formación de posgraduados nos métodos e técnicas empregados na investigación social aplicada. Os solicitantes deberán estar en posesión do título de graduado ou licenciado, obtido dentro dos catro anos anteriores á publicación desta convocatoria.
Presentación de solicitudes: ata o 2 de decembro de 2012.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2012/11/17/pdfs/BOE-A-2012-14183.pdf
4.- High-level statistical position at NCHS
The Centers for Disease Control and Prevention's (CDC) National Center for Health Statistics (NCHS) is seeking candidates for the position of distinguished consultant (supervisory mathematical statistician).
The NCHS is part of the Department of Health and Human Services (DHHS) and is the principal health statistics agency in the United States. Its mission is to provide statistical information to guide actions and policies to improve the health of the American people. Further information and application instructions (deadline: December 11, 2012) are available at: https://www.usajobs.gov/GetJob/ViewDetails/329860900
5.- Tenure/Tenure-Track Positions in Mathematical Sciences
The Department of Mathematical Sciences at the University of Texas at Dallas invites applications for up to four tenured or tenure-track positions and up to one clinical position to begin Fall 2013. The Department seeks to hire in the following general areas:
- Up to two positions in Statistics, with a preference for biostatistics and time series analysis as specializations.
- Up to two positions in Mathematics with a preference for differential/algebraic Geometry and allied fields.
- Up to one position in Actuarial Science (clinical).
Further information and application instructions are available at: http://provost.utdallas.edu/facultyjobs/welcome/jobdetail/pnk121113#apply_now
6.- Cursos da Universitat de Girona
A Unitat d'Assessorament Estadístic da Universitat de Girona UdG ten previsto realizar os seguintes cursos:
- Curso a distancia de introducción a R (24h): do 10 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2013.
- Curso presencial de introducción a SPSS (10h): 5 e 6 de febreiro de 2013.
- Curso presencial de inferencia con SPSS (10h): 12 e 13 de febreiro de 2013.
- Curso a distancia de introducción a SAS System (21h): 28 de febrero ao 21 de marzo de 2013.
- Curso a distancia de introducción a R (24h): do 18 de abril ao 16 de maio de 2013.
Máis información: http://goo.gl/qKdff