SGAPEIO
  • A SOCIEDADE
    • Que é a sociedade?
    • Consello Executivo
    • Consello Asesor
    • Membros Institucionais
    • Estatutos
    • Actas e Informes
    • Asociarse
    • Actualizar datos
    • Acordos reciprocidade
    • Convenios
    • IDENTIDADE CORPORATIVA
  • FORMACION / ACTIVIDADES
    • Cursos, xornadas e másters
    • Congresos da SGAPEIO
    • Outros congresos
    • Premios SGAPEIO
    • Outros premios
    • Recreo Estatístico
    • Outras actividades
    • Biometría
  • ESTATISTICA NO ENSINO
    • Ensino secundario
    • Universidade
  • PUBLICACIÓNS
    • Boletín INFORMEST
    • INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
    • Á estatística ¡en caricaturas!
  • NOVAS
    • NOVAS
    • Ofertas de Emprego e bolsas
    • Boletín de novas
  • LIGAZÓNS
  • CONTACTA

Concurso Incubadora

ÚLTIMAS NOVAS

  • Novas da SGAPEIO, 20 de outubro de 2026
  • Dúas Bolsas de Investigación na Universidade do Algarve
  • Novas da SGAPEIO, 28 de setembro de 2026
  • Curso de Cálculo do tamaño da mostra en estudos de investigación (3.ª edición)
  • Curso de Análise estatística de datos para estudos científicos con SPSS, RStudio e Intelixencia Artificial

Asóciate

Acceso socios

  • Esqueceu súa clave?
  • Esqueceu seu nome de usuario?

Novas SGAPEIO 14-novembro-2012

1.-Número 35 de Informest
Xa está dispoñible na web da SGAPEIO, no apartado de PUBLICACIÓNS, o número 35 do boletín Informest, que ten o seguinte sumario:
Colaboracións:
- Entrevista a Ingrid Van Keilegom
- Estudo sobre o cine de autor e as súas características utilizando a estatística
- Unha investigación sobre tamaños na ameixa babosa
- Pensamos no futuro, e ti?
- Estatística recreativa
SGAPEIO
- Incubadora de sondaxes e experimentos
- X Congreso Sgapeio
Novas
IGE

2.-XI Congreso SGAPEIO
O Departamento de Matemáticas da Universidade de A Coruña vai organizar o XI Congreso Galego de Estatística e Investigación Operativa, que se celebrará do 24 ao 26 de outubro de 2013 na sede da Fundación Barrié na cidade da Coruña. En próximas datas remitirase a tódolos membros da SGAPEO e a demais interesados información detallada acerca da organización e participación no Congreso.

3.- Segunda reunión xeral de Biostatnet
A segunda reunión xeral da Rede Nacional de Bioestatística Biostatnet terá lugar en Santiago de Compostela os días 25 e 26 de xaneiro de 2013. Esta reunión ten como obxectivo reflexionar sobre a consolidación de Biostatnet, a súa potenciación futura e a súa proxección internacional. Os Comités Científico e Organizador animan a todos os membros da Rede a participar activamente nesta reunión.
Data límite de inscrición: 9 de decembro de 2012.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/biostatnet/index.php/es/congresos-cursos-y-seminarios/140-2o-reunion-general-biostatnet

4.- Competición Internacional de Pósters para alumnos de ESO e Bacharelato O 3 de setembro de 2012, o Proyecto Internacional de Alfabetización Estadística (ISLP) abriu o prazo para a presentación de investigacións en formato póster que empreguen análise estatística de datos. Nesta segunda edición da competición, os traballos presentados deben estar relacionados coa Agricultura, e poderán participar equipos de estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. O equipo gañador da fase nacional pasará á competición internacional.
O premio ao mellor póster internacional outorgarase durante a celebración do 59 Congreso Mundial de Estatística que se celebrará en Hong Kong (China) os días 25 a 30 de agosto de 2013.
Máis información: http://www.stat.auckland.ac.nz/~iase/islp/competition-second

5.- Oferta de emprego da Sociedad Española de Reumatología
A Sociedad Española de Reumatología solicita para a súa unidade de investigación unha persoa co seguinte perfil:
- Licenciatura en Matemáticas, Estatística ou Ciencias da Saúde.
- Formación en epidemioloxía, estatística e métodos de investigación.
- Coñecementos de Medicina Baseada na Evidencia e lectura crítica da literatura científica.
- Experiencia en publicación de artigos.
- Inglés medio/alto.
- Experiencia na análise de datos lonxitudinais no ámbito da saúde.
- Imprescindible experiencia no manexo do paquete estatístico Stata.
Os interesados deberán enviar o seu CV vía e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/biostatnet/images/stories/fruit/estadser.pdf

6.- Cursos da Universitat Autònoma de Barcelona
O Servei d’Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza os seguintes cursos
Curso de modelización estatística básica con Deducer:
- Datas: 26, 27 e 29 de novembro de 2012.
- Duración: 12 horas.
- Lugar: Universitat Autònoma de Barcelona.
- Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/curso-de-modelizaci%C3%B3n-estad%C3%ADstica-b%C3%A1sica-con-deducer

Curso de técnicas estatísticas básicas con SAS:
- Datas: 10, 11, 12 e 13 de decembro de 2012.
- Duración: 16 horas.
- Lugar: Universitat Autònoma de Barcelona.
- Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/curso-de-t%C3%A9cnicas-estad%C3%ADsticas-con-sas%C2%AE

Curso de programación e sintaxe avanzada con SAS:
- Datas: 14, 15, 16 e 17 de xaneiro de 2012.
- Duración: 16 horas.
- Lugar: Universitat Autònoma de Barcelona.
- Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/curso-de-programaci%C3%B3n-con-sas%C2%AE-sintaxis-avanzada

7.- Programa de RedEmprendia
O Programa RedEmprendia nuevos emprendedores: aprendiendo a emprender ten como obxectivo axudar a novos emprendedores e empresarios a desenvolver actividades emprendedoras mediante a realización de estancias formativas en empresas xa consolidadas e vinculadas aos membros de RedEmprendia, cunha duración de entre 2 e 3 meses.
Os países nos que se pode solicitar a estancia, por estar algunha das súas universidades vinculadas a RedEmprendia, son os seguintes: Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, México e Portugal. As estancias terán lugar entre o 15 de febreiro e o 31 de outubro de 2013, e o programa subvencionará gastos de estancia e desprazamento.
O programa está aberto aos seguintes colectivos:
- Estudantes de grao ou equivalente, preferentemente do último curso.
- Graduados nos últimos anos.
- Alumnos de másteres.
- Doutorandos.
- Doutores nos primeiros anos tras a consecución do título de doutor.
- Emprendedores vinculados á universidade, con empresas creadas como máximo un ano antes da data de solicitude da axuda.
Presentación de solicitudes: ata o 21 de decembro de 2012.
Máis información: http://www.redemprendia.org/servicios/nuevos-emprendedores-aprendiendo-a-emprender/(id)/2201

Novas SGAPEIO 06-novembro-2012

1.-Actas na web da SGAPEIO
Dende hoxe están dispoñibles na web da SGAPEIO, no menú de “A Sociedade – Actas e informes”, e con acceso restrinxido a socios, as seguintes actas de Asembleas Xerais e reunións ordinarias do Consello Executivo:
- Acta da Asemblea Xeral da SGAPEIO do ano 2011, celebrada o 5 de novembro de 2011 no Pazo de Congresos de Pontevedra.
- Acta da reunión ordinaria do Consello Executivo celebrada o 15 de febrero de 2012.
- Acta da reunión ordinaria do Consello Executivo celebrada o 12 de setembro de 2012.

2.- Oferta de emprego da USC
Convocatoria Pública da Universidade de Santiago de Compostela de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado:
- Actividade: deseño de algoritmos para problemas de programación enteira e non linear.
- Centro: Facultade de Matemáticas
- Investigador principal: Julio González Díaz.
- Titulación: licenciatura, grao ou diplomatura en Matemáticas, Informática, Estatística, Física, ou Enxeñería Superior.
Presentación de solicitudes: ata o 16 de novembro de 2012.
Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1259_gl.pdf

3.- Itinerario de Investigación e Innovación Biosanitaria
O Itinerario de Investigación e Innovación Biosanitaria é unha proposta da Plataforma de Innovación Sanitaria da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde promovida dende a Sub. Xral. de Investigación, Docencia e Innovación e a FEGAS, para implementar un proxecto de innovación formativa, en construción permanente, que posibilite unha xestión efectiva da circulación do coñecemento en torno á investigación sanitaria.
O itinerario constrúese cun formato multimedia, vídeo + soporte documental, que pretende difundir coñecementos prácticos a través de pequenas pílulas formativas de 20-25 minutos de duración, e está estruturado en catro módulos:
- Metodoloxía da investigación
- Bioestatística
- Proxectos e xestión da investigación e innovación
- Xestión de resultados
Os vídeos están dispoñibles no portal do SERGAS: http://www.sergas.es/itinerario.innovacion. Ademais, a fin de mellorar a difusión do proxecto creouse un canal en YouTube:
http://www.youtube.com/user/Itinerariofegas

4.- Bolsas Iberoamérica de Santander Universidades
O Banco Santander, a través do programa “Bolsas Iberoamérica. Novos profesores e investigadores. Santander Universidades” convoca 150 bolsas dirixidas a profesores e investigadores, preferentemente menores de 35 anos, para realizar estadías de polo menos dous meses en centros de investigación e universidades iberoamericanas en países distintos ao de orixe. Entre os centros participantes neste programa está a Universidade de A Coruña.
Presentación de solicitudes: dende o 30 de outubro de 2012 ata o 3 de marzo de 2013.
Máis información: https://www.becas-santander.com

5.- Bolsas do Banco Santander para realizar prácticas en empresas
O Banco Santander, a través do programa “Bolsas Santander CRUE CEPYME. Prácticas en empresa” convoca 5.000 bolsas para a realización de prácticas en empresas dirixidas a estudantes matriculados nas universidades españolas asociadas á Conferencia de Rectores de Universidades Españolas (CRUE), entre as que se atopan as Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo.
Presentación de solicitudes: dende o 5 de novembro de 2012 ata o 31 de xaneiro de 2013.
Máis información: https://www.becas-santander.com

Novas SGAPEIO 23-outubro-2012

1.- Oferta de traballo do GRID[ECMB]
O grupo Interdisciplinar de Estatística, Computación, Medicina e Bioloxía GRID[ECMB] da Universidade de Santiago de Compostela (USC) precisa unha persoa para cubrir unha praza dentro do proxecto de investigación do grupo coas seguintes características:
- Perfil: Licenciado/Graduado con acreditación de formación en bioestatística.
- Labores a realizar: enmarcadas dentro dos proxectos do GRID[ECMB].
- Duración do contrato: 4 meses a tempo parcial.
- Temporalización: 25 horas semanais.
- Retribución: 700€/mes (inclúese neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pago dos costes sociais).
Os interesados deberán enviar un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. con Asunto: "Praza GRID[ECMB]" antes do día 29 de outubro de 2012.

2.- XIV Conferencia Española de Biometría
A área de Estatística e Investigación Operativa da Universidad de Castilla-La Mancha, a instancias da Sociedad Española de Biometría, organiza a XIV Conferencia Española de Biometría 2013, que terá lugar na Facultade de Medicina de Ciudad Real os días 22, 23 e 24 de maio de 2013.
Xa está aberto o prazo de preinscrición.
Máis información: http://areaestadistica.uclm.es/biometria2013/

3.- 18th European Young Statistician Meeting
Está aberto o prazo de selección de candidatos para participar no 18th European Young Statisticians Meeting. O Comité Organizador Internacional (IOC: International Organizing Committee) elexirá dous candidatos para participar na decimo oitava edición deste congreso organizado pola European Regional Committee of the Bernoulli Society.
Aqueles investigadores na área da Estatística ou a Probabilidade, menores de 30 anos ou que teñan entre dous e oito anos de experiencia investigadora, e que desexen participar, deberán enviar o seu CV a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.antes do 25 de Novembro de 2012 (inclusive). Darase preferencia aos investigadores que participen por primeira vez.
Web do congreso: http://www.mathos.unios.hr/eysm18/eysm.html

Novas SGAPEIO 09-outubro-2012

1.- Curso sobre Análise multinivel
A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza un curso sobre Análise multinivel, co obxectivo de capacitar aos asistentes na análise da información que posúa unha estrutura xerárquica ou grupal. O curso terá lugar en Granada do 11 ao 14 de decembro de 2012, e consistirá en clases teórico-prácticas, con análise estatística de datos e discusión de casos reais.
Programa do curso:
- Modelos Lineais Xeneralizados
- Deseños epidemiolóxicos con estrutura de datos xerárquica ou grupal
- Niveis de análise e tipos de variabilidade
- Modelos de regresión multinivel
- Análise multinivel con variable dependente continua
- Análise multinivel con variable dependente dicotómica
- Software para a estimación de modelos de regresión multinivel: MLwiN
O prazo de preinscrición remata o 15 de outubro de 2012.
Máis información: http://www.easp.edu.es/ProgramaDocente/

2.- XXV Seminario Internacional de Estatística
O Instituto Vasco de Estadística, EUSTAT, organiza o XXV Seminario Internacional de Estatística, baixo o seguinte título:
GEOESTATÍSTICA: ANÁLISE DE DATOS ESPACIAIS
- Datas: 5 e 6 de novembro de 2012
- Lugar: EHU-UPV Facultade de Letras. Gasteiz-Vitoria
- Profesora: Christine Thomas-Agnan
O prazo para realizar a matrícula remata o día 19 de outubro de 2012.
Máis información: http://www.eustat.es/idioma_c/seminario_c.asp#axzz282dQNfHb

3.- Seminario na USC
O día 6 de novembro de 2012 terá lugar, na aula 0 da Facultade de Matemáticas, o seguinte seminario:
11:00-12:00: “Calibration of stochastic volatility models by convex regularization”. Jorge Zubelli (Instituto Nacional de Matemática Pura e Aplicada — IMPA (Brasil)).

4.- Conferencia e seminario na USC
A vindeira semana, o profesor Steve Marron (University of North Carolina at Chapel Hill, EEUU) impartirá unha conferencia e un seminario na Facultade de Matemáticas.
Conferencia (organizada polo Instituto de Matemáticas):
- Día: 16 de outubro de 2012
- Hora: 18:00-19:00
- Lugar: aula magna da Facultade de Matemáticas
- Título: Object Oriented Data Analysis (OODA)
Seminario:
- Día: 19 de outubro de 2012
- Hora: 17:30-18:30
- Lugar: sala de xuntas da Facultade de Matemáticas
- Título: OODA of Tree-Structured Data Objects

Páxina 43 de 50

  • 38
  • 39
  • 40
  • 41
  • 42
  • 43
  • 44
  • 45
  • 46
  • 47

Copyright © 2026 SGAPEIO. Todos los derechos reservados.