

1.- Curso sobre Análise estatística de datos faltantes
A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza un curso sobre Análise estatístico de datos faltantes, co obxectivo de introducir aos asistentes nos métodos de imputación. O curso, que terá lugar en Granada os días 8, 9, 22 e 23 de novembro de 2012, ten un carácter eminentemente práctico e as prácticas vanse realizar co paquete estatístico R.
Programa do curso:
- O problema dos datos faltantes
- Mecanismos de xeración dos datos faltantes
- Métodos clásicos de imputación
- Imputación múltiple
- Outros métodos de imputación de valores faltantes
O prazo de preinscrición remata o 11 de outubro de 2012.
Máis información: http://www.easp.edu.es/ProgramaDocente/
2.- Programa de cursos da FCSCL
O Centro de Supercomputación de Castilla y León (FCSCL) organiza os seguintes cursos de formación para o outono de 2012:
- Curso de programación paralela con MPI Message Passing Interface
- Curso de programación paralela con OpenMP
- Curso de programación de GPUs con OpenAC
- Curso avanzado de programación de procesadores gráficos e arquitecturas heteroxéneas
Máis información: http://www.fcsc.es/index.php/es/formacion
3.- Prazas para doutorandos da UDC en GRADSchools
A UDC, en colaboración coas Universidades de Vigo e Santiago, a Xunta de Galicia e a Fundación Barrié, organiza un programa de Formación en Competencias dirixidos a novos investigadores que están a realizar o seu doutoramento nas Unversidades do SUG.
Máis información: http://www.udc.es/ensino/doutoramento/Anuncios/index.html
4.- Día da Estatística 2012
O venres 5 de outubro de 2012 terá lugar o Día da Estatística organizado polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universitat Politècnica de Catalunya (UPC).
Máis información: http://www.socestadistica.org/
5.- One Day Meeting on Statistics and Applications
O día 26 de outubro de 2012 terá lugar, na Universidade do Minho (Guimarães), a primeira edición dunha serie de workshops en estatística e aplicacións que pretenden promocionar o intercambio de ideas e colaboracións entre investigadores nacionais e internacionais.
Máis información: http://w3.math.uminho.pt/MSA2012/default.asp
1.- IV Xornadas de usuarios de R
As IV Xornadas de Usuarios de R terán lugar os días 15 e 16 de novembro en Barcelona, no Centro de investigación en epidemiologia ambiental (CREAL).
As xornadas están abertas a usuarios e a entusiastas de R, sexa cal sexa o seu ámbito de interese ou filiación (empresa, universidade,…).
Máis información na páxina web das xornadas: http://r-es.org/IV+Jornadas
2.- III Día da Ciencia en Galego
O día 5 de novembro de 2012 vaise celebrar o III Día da Ciencia en Galego, que este ano está adicado á Tecnoloxía, e vaise homenaxear a Leonardo da Vinci, como científico Universal e universalmente coñecido, e a Ramón Verea, como inventor galego dunha das primeiras calculadoras.
Máis información: http://www.cienciaengalego.org/drupal6/taxonomy/term/85
3.- Course on Empirical Processes
The Department of Statistics and Operations Research and the Institute of Mathematics of the University of Santiago de Compostela (USC) organize a course on EMPIRICAL PROCESSES, given by Prof. Winfried Stute (Universiteit Giessen, Germany), from 05/11/12 until 09/11/12 (from 16:00 to 20:00). The course will be held at the Faculty of Mathematics (USC), with the following program:
- Sessions 1: Empirical distributions: basic facts and first applications (I).
- Sessions 2: Empirical distributions: basic facts and first applications (II).
- Session 3: Smoothing technology: the non-adaptive and adaptive way.
- Session 4: The art of model diagnosis.
- Session 5: Applications in Survival Analysis (I).
- Session 6: Applications in Survival Analysis (II).
- Session 7: Nonparametric analysis of directional data (I).
- Session 8: Nonparametric analysis of directional data (II).
- Session 9: Empirical likelihood.
- Session 10: Statistical analysis of point processes.
Registration is free of charge, up to a maximum of 25 participants. Students should send an e-mail to the secretary of the IMAT (
Further information: http://www.usc.es/imat
1.- Ofertas de traballo para estatísticos
Accovion, multinacional adicada á investigación clínica, está buscando estatísticos e programadores estatísticos para a súa filial en España, Accovion SL.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/descargas/HR_SP_BS_1_1.pdf
2.- XXV congreso de ENCIGA
O XXV Congreso de ENCIGA terá lugar en Santiago de Compostela os días 22, 23, e 24 de novembro de 2012.
Lugar: IES Arcebispo Xelmírez I.
Datas importantes:
- Data límite para a inscrición: 16 de novembro de 2012
- Data límite para envío de resumos: 15 de outubro de 2012
- Data límite para envío de ponencias completas: 22 de outubro de 2012
Máis información: http://www.enciga.org
1.- Curso "Control Estatístico da Calidade con R"
A Universidade de Vigo organiza o curso virtual "Control Estatístico da Calidade con R", dirixido a enxeñeiros, técnicos das empresas ou da administración, ou investigadores que utilizan no seu traballo as ferramentas de control de calidade. O curso inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de control de calidade máis empregadas, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que estes coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados)
- Período de preinscrición: do 1 ao 15 de setembro de 2012.
- Período de matrícula: do 1 ao 18 de setembro de 2012.
- Período de docencia: do 20 de setembro ao 19 de outubro 2012.
Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/1719
2.- IV Seminario de Inferencia estatística en áreas pequenas
O departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña organiza o IV seminario sobre inferencia estatística en áreas pequenas, que terá lugar o luns 10 de setembro de 2012 na Aula Graos 2 da Facultade de Informática.
Programa:
9:30-10:30: Some current lines of research in small area (domain) estimation. Nikos Tzavidis. Southampton Statistical Sciences Research Institute (UK).
10:30-11:30: Estimation of labour force indicators in counties of Galicia using a multinomial mixed model with correlated time and area effects. Esther López-Vizcaíno. Instituto Galego de Estatística.
12:00-13:00: AIC-based selection criteria and testing for zero variance in Fay-Herriot Model. Domingo Morales. Universidad Miguel Hernández de Elche.
Máis información: http://dm.udc.es/matematicas/es/node/586
3.- Curso de Meta-análise en rede
O Centro Cochrane Iberoamericano organiza o curso "Meta-análise en rede (network meta-analysis) con comparacións directas e indirectas", que se vai impartir os días 13 e 14 de decembro en Barcelona.
- Duración: 16h
- Lugar: Hospital de la Santa Creu i Sant Pau, Barcelona
- Importe da matrícula: 170€
- Periodo de inscripción: a partir del 12 de Noviembre de 2012
Máis información: http://www.cochrane.es/cursonetworkmetanalysis
4.- Wiki Encyclopedia of Mathematics
Springer e a European Mathematical Society (EMS) invitan aos membros da comunidade matemática a contribuir á recente wiki Encyclopedia of Mathematics, un recurso de libre acceso que contén unhas 8.000 entradas e preto de 50.000 conceptos matemáticos. Todos os artigos son administrados por un prestixioso consello editorial, baixo a dirección da EMS.
Máis información: http://www.encyclopediaofmath.org/index.php/Main_Page