

Con motivo do período estival a SGAPEIO suspenderá o envío de noticias ata o mes de setembro. Aproveitamos para facer balance das principais actividades realizadas pola Sociedade dende setembro de 2011 ata xullo de 2012:
- Mantemento da páxina web
- Envío de novas semanais
- Organización do X Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
- Organización do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
1.- II Fase Nacional do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Os días 4 e 5 de xullo de 2012 celebrouse, na Facultad de Ciencias da Universidad de Valladolid, a II Fase Nacional do concurso tipo “Incubadora de Sondeos y Experimentos”, organizada pola Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) e a Universidad de Valladolid.
Na categoría de Bacharelato resultou gañador o grupo representante da fase galega co traballo titulado ¿Existe o cine de autor?, dos estudantes Marta Barandela Álvarez, Mateo Fernández Torreiro, Laura García Rueda e Sabela Rey Cao, titorizados por Enrique Pujales Martínez do IES Fernando Wirtz Suarez.
Na categoría de ESO o premio foi para o traballo titulado “Salida a la luz”, do IES Sant Quirze del Vallés, Barcelona.
Máis información: http://www.seio.es/Noticias-inicio/II-Fase-Nacional-del-Concurso-Tipo-Incubadora-de-Sondeos-y-Experimentos.html
2.- Ano Internacional da Estatística
A organización do Ano Internacional da Estatística informounos, a finais de xuño, de que xa había 515 organizacións de 81 países que se inscribiron como participantes nesta celebración. Delas, 90 son sociedades profesionais, 184 universidades, 83 axencias gobernamentais, 47 empresas, 30 centros de educación secundaria, 15 institutos de investigación e 57 subgrupos da American Statistical Society (ASA). Se desexas recibir directamente estas informacións podes inscribirte na páxina web http://statistics2013.org, no enlace “Get the newsletter”.
Por outra banda, a organización convoca un concurso internacional de vídeos cortos, de 4 minutos ou menos, que mostren como a estatística impacta nas nosas vidas, contribúe a mellorar a sociedade ou, en xeral, fai do mundo un lugar mellor. Os premios para os mellores vídeos van dende 250 ata os 1.000 $, e hai un premio especial para os menores de 19 anos, e para vídeos en lingua non inglesa. Os vídeos deben poñerse en YouTube, enviando o enlace a Tom Short (
Páxina web: http://statistics2013.org
3.- Estancias de mobilidade no estranxeiro 2012
A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades convoca as axudas do subprograma de estancias de mobilidade de profesores e investigadores en centros estranxeiros (BOE nº 157 do 2 de xullo de 2012).
Este subprograma persigue estimular a mobilidade do profesorado universitario e investigadores dos organismos e centros de I+D, en centros de ensinanza superior e de investigación estranxeiros, para propiciar a actualización dos seus coñecementos e a aprendizaxe de novas técnicas e métodos.
Dentro do subprograma existen dúas modalidades:
Modalidade A (300 axudas): Estancias de mobilidade de profesores e investigadores sénior en centros estranxeiros de ensinanza superior e investigación, ou excepcionalmente españois. Modalidade B (240 axudas): Estancias de mobilidade no estranxeiro "José Castillejo" para doutores novos/as.
Presentación de solicitudes: do 11 ao 31 de xullo de 2012.
Mais información:
http://www.educacion.gob.es/educacion/universidades/convocatorias/titulados-doctores-profesores/estancias-profesores-centros-extranjeros.html#convo
4.- Conferencia 2012 da IAOS
A conferencia bianual da Asociación Internacional de Estatística Oficial (IAOS: International Association for Official Statistics) terá lugar em Kiev (Ukraine), do 12 ao 14 de setembro de 2012. Este ano, a conferencia está enfocada aos métodos para lograr unha maior difusión das estatísticas oficiais.
Máis información: http://iaos2012.ukrstat.gov.ua/
1.- II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O pasado 21 de xuño entregáronse na Facultade de Matemáticas os premios do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. Os gañadores das categorías de 3º-4º de ESO e 1º-2º de Bacharelato e Ciclos Formativos representarán a Galicia na Fase Nacional do concurso, que terá lugar en Valladolid os días 4 e 5 de xullo de 2012.
Máis información: http://www.seio.es/Noticias-inicio/II-Fase-Nacional-del-Concurso-Tipo-Incubadora-de-Sondeos-y-Experimentos.html
2.- Oferta de traballo de NUVISAN
Nuvisan Clinical Development Solutions está buscando un estatístico/a para traballar en Madrid. O candidato debe ter experiencia previa nunha compañía farmacéutica e experiencia con SAS.
Máis información: http://www.seio.es/Ofertas-de-empleo/Oferta-de-trabajo-de-NUVISAN.html
3.- Premios do Certame Universitario "Arquímides" 2012
O Ministerio de Educación convoca os premios do XI Certame Universitario "Arquímides" 2012 de Introdución á Investigación Científica (BOE nº 128 do 29 de maio de 2012).
Requisitos: Estar cursando ou ter finalizado estudos de master, grao, licenciatura, enxeñería superior, arquitectura, diplomatura, enxeñería técnica ou arquitectura técnica nalgún dos centros españois nos que se imparten titulacións oficiais, durante o curso 2011-2012, sempre que se trate do primeiro master, grao, licenciatura, enxeñería ou diplomatura cursada.
Presentación de solicitudes: ata o 16 de xullo de 2012.
Máis información: https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/premios/premios-estudiantes/certamen-arquimedes.html
4.- Research workshop on functional data
Do 10 ao 12 de setembro de 2012 terá lugar en Bristol (UK) un obradoiro de investigación sobre "High dimensional and dependent functional data".
Máis información: http://sustain.bris.ac.uk/ws-fda/
1.- Resolución do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O xurado do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Expermientos, reunido o día 12 de xuño en Santiago de Compostela, resolveu os premios concedidos en cada unha das categorías. A lista de traballos premiados, así como a composición do xurado, pode consultarse na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es).
2.- Programa de bolsas formativas do IGAPE
O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) aprobou as bases reguladoras do Programa do Igape de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013 (DOG nº 111 do 12 de xuño de 2012).
Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120612/AnuncioO92-040612-0001_gl.pdf
3.-Conference on Computing & Statistics
A Universidad de Oviedo e a Queen Mary University of London organizan o 5th International Conference of the ERCIM Working Group on Computing & Statistics, que terá lugar en Oviedo do 1 ao 3 de decembro de 2012. Nesta conferencia, BIOSTATNET organiza unha sesión invitada adicada especialmente aos investigadores novos da Rede.
Datas importantes:
- Envío de abstracts: 5 de setembro de 2012
- Comunicación da aceptación: 15 de setembro de 2012
Máis información: http://www.cfe-csda.org/ercim12/
4.- Research Fellow positions in Statistics (UK)
The Engineering and Physical Sciences Research Council in the UK is funding a large interdisciplinary project to develop statistical methodology for the estimation of the effects of air pollution on human health. The main goal of the project is to combine spatio-temporal models for pollution and health data into a single large hierarchical Bayesian model. Two Research Fellow (RF) positions in Statistics are available as part of this collaborative project: one RF position will be within the Southampton Statistical Sciences Research Institute (S3RI) and Mathematics at the University of Southampton and the second position will be in the School of Mathematics and Statistics at the University of Glasgow. The closing date for applications is 26th June, 2012 for the Southampton position, and 29th June 2012 for the Glasgow position.
Further information:
- Southampton post : https://www.jobs.soton.ac.uk/ (reference: 119712WT).
- Glasgow post: http://www.gla.ac.uk/about/jobs/ (reference: E20219).
5.- Seminario na Facultade de Económicas de Vigo
O día 28 de xuño de 2012 terá lugar o seguinte seminario na aula de videoconferencia da Facultade de Económicas de Vigo:
12:00-13:00: “Social and demographic drivers of electoral behavior in a multi-party system:
A semiparametric analysis”. Stefan Sperlich (Université de Genève).
6.- Seminario na Facultade de Matemáticas de Santiago
O día 3 de xullo de 2012 terá lugar o seguinte seminario na Aula 0 da Facultade de Matemáticas:
12:00-13:00: “On the Choice of Regularization Parameters in Specification Testing: A critical Discussion”. Stefan Sperlich (Université de Genève).
1.- 2013: Ano Internacional da Estatística
A SGAPEIO únese á celebración do Ano Internacional da Estatística (“Statistics2013”) no 2013, que ten como principais obxectivos:
- Aumentar a conciencia pública sobre o impacto da Estatística en tódolos aspectos da sociedade.
- Promocionar a Estatística como unha profesión, especialmente entre a xente nova.
- Promocionar a creatividade e o desenvolvemento da Probabilidade e da Estatística.
Máis información: http://www.statistics2013.org/index.cfm
2.- Axudas para Formación de Profesorado Universitario
A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades convoca axudas para bolsas e contratos de Formación do Profesorado Universitario (FPU) co obxectivo de promover a FPU en programas de doutorado de solvencia formativa e investigadora, en calquera área de coñecemento científico, que facilite a súa futura incorporación ao sistema de educación superior e investigación científica (BOE nº 112 do 10 de maio de 2012).
Presentación de solicitudes: ata o 1 de xuño de 2012.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2012/05/10/pdfs/BOE-A-2012-6238.pdf
3.- XXV Certame “Jóvenes Investigadores”
A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades convoca os premios do XXV Certame “Jóvenes Investigadores” para 2012 (BOE nº 122 do 22 de maio de 2012).
Esta convocatoria promove a investigación entre a xente nova mediante a concesión de premios a traballos de investigación básica ou aplicada ou de deseño de prototipos relacionados con calquera das áreas do currículo da Ensinanza Secundaria Obrigatoria, o Bacharelato e a Formación Profesional.
Presentación de solicitudes: ata o 11 de xuño de 2012.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2012/05/22/pdfs/BOE-A-2012-6768.pdf
4.- PhD Position at Universitat Autónoma de Barcelona
This is a cross disciplinary collaborative PhD position funded by the UK Health Protection Agency (HPA) and registered at the Universitat Autónoma de Barcelona (UAB) in Spain. The project will provide a unique opportunity to contribute to the development of new approaches for statistical analysis of DNA-damage data for the purposes of characterising radiation dose.
- Duration: 3 years.
- Deadline for applications: Juny 15th, 2012.
Further information: http://eio.usc.es/pub/biostatnet/images/doc_general/hpa_uab.pdf
5.- Prácticas laborais en empresas europeas
A Deputación Provincial de Ourense convoca 55 bolsas individuais de estancias e prácticas laborais para titulados universitarios en empresas europeas, preferentemente en Alemaña, Austria, Italia, Reino Unido, República Checa e Portugal. Estas bolsas están enmarcadas dentro do Programa europeo Leonardo da Vinci.
Presentación de solicitudes: ata o 5 de xuño de 2012.
Máis información: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=114&fecha=20120521
6.- 5º Encontro de Bioestatísticos na Complutense (EBC2012)
O día 21 de xuño de 2012 terá lugar na Escuela Universitaria de Estadística da Universidad Complutense de Madrid o 5º Encontro de Bioestatísticos, que tratará sobre “As curvas ROC en estudios clínicos de diagnóstico. Extensión ao ámbito da supervivencia”. Este encontro está especialmente dirixido a estatísticos que actualmente desempeñan a súa labor profesional nas distintas CROs, en hospitais, na industria farmacéutica, e tamén a aqueles investigadores e docentes centrados no ámbito da bioestatística.
Prazo de inscrición: ata o 8 de xuño de 2012.
Máis información: http://www.ucm.es/info/eue/pagina/ebc/index.html
7.- Xornadas de Modelización Empresa-Universidade (JOMEU’12)
A Comisión de Relaciones con las Empresas (CORE) da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) organiza as JORNADAS DE MODELIZACIÓN EMPRESA-UNIVERSIDAD (JOMEU’12), que terán lugar do 19 ao 21 de setembro de 2012 en Elche.
Máis información: http://jomeu12.umh.es/