

1.- II Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Amplíase o prazo para enviar os traballos do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos ata o 15 de maio de 2012.
2.- Curso "Deseño e validación de cuestionarios"
A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza un curso de 30 horas sobre Deseño e validación de cuestionarios, a principal e máis importante ferramenta empregada nas enquisas. O curso ten o seguinte programa:
- Introdución á investigación por enquisa.
- Deseño de cuestionarios: tipos de preguntas e regras para a súa formulación.
- Validación de cuestionarios: conceptos de validez e fiabilidade.
- Análise estatística de datos para a estimación da validez e a fiabilidade (programa R). Outros datos:
- Lugar: Granada
- Datas: 18 a 22 de xuño de 2012.
- Inscrición: ata o 5 de maio de 2012.
- Matrícula: 580 €.
Máis información: http://www.easp.es/cursos?idCurso=314301NA12
3.- Seminarios do Máster en Técnicas Estatísticas
O Máster en Técnicas Estatísticas organiza os seguintes seminarios:
Día 23/04/2012:
18:00-19:00: “Nuevas aplicaciones de ideas geométricas en Estadística y Probabilidad”. Antonio Cuevas (Universidad Autónoma de Madrid).
O seminario será na sala de xuntas da Facultade de Matemáticas e poderá seguirse por video conferencia.
Día 25/04/2012:
13:00-14:00: “Una propuesta para selección de variables en problemas de clasificación funcional”. Antonio Cuevas (Universidad Autónoma de Madrid).
O seminario será na aula 0 da Facultade de Matemáticas e poderá seguirse por video conferencia.
1.- Curso "Estatística con R para investigadores"
Lembramos que ata o 20 de abril de 2012 está aberto o prazo de preinscrición na segunda edición do curso virtual "Estatística con R para investigadores" que organiza a Universidade de Vigo. Aínda quedan algunhas vacantes neste curso non presencial que terá lugar do 1 ao 31 de maio de 2012.
Máis información na web da SGAPEIO.
2.- Curso "Ferramentas bioestatísticas e epidemiolóxicas para a investigación en cancro"
A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza un curso semipresencial sobre Ferramentas bioestatísticas e epidemiolóxicas para a investigación en cancro. Este curso ten como obxectivo capacitar aos participantes no uso de ferramentas epidemiolóxicas e bioestatísticas aplicadas á investigación en cancro, e ten o seguinte programa:
- Introdución á epidemioloxía, prevención e control do cancro.
- Estatística básica aplicada á epidemioloxía do cancro.
- Deseño e interpretación de estudos epidemiolóxicos.
- Elementos clave para a lectura crítica de artigos científicos.
Outros datos:
- Lugar: Granada
- Datas: 28 e 29 de maio as sesións presenciais, e ata o 7 de xullo as non presenciais.
- Inscripción: ata o 20 de abril de 2012.
- Matrícula: 680 €.
Máis información: http://www.easp.edu.es/ProgramaDocente/
3.- Oferta de 3 prazas de profesor en Chile
O Departamento de Estatística da Facultade de Ciencias da Universidade de Valparaíso (Chile) oferta 3 prazas de profesores a xornada completa. Os requisitos son os seguentes:
1. Contar co grao de doutor en estatística (ou en algunha área afín) no momento de presentar a solicitude.
2. Ter formación en estudos de pregrao en estatística (ou en algunha área afín).
3. Posuír experiencia docente universitaria.
4. Mostrar un manexo fluído do idioma español.
5. Ter algunha productividade científica na súa área de especialización.
6. Estar capacitado para traballar en grupos multidisciplinarios.
Presentación de solicitudes: ata o 20 de abril.
Máis información: http://www.deuv.cl/attachments/article/142/llamado_2012_2.pdf
4.- Teses, tesiñas, conferencias e traballos sobre estatística en Galicia
Inauguramos unha sección nas novas da SGAPEIO que se publicará unha vez ao mes cunha reseña das teses, tesiñas, conferencias ou traballos sobre estatística que se presenten nas universidades galegas ou en centros de Educación Secundaria.
Tesiña na USC
O día 21 de marzo de 2012, tivo lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago a defensa pública da tesiña para optar ao Grao de Licenciada “Estimación núcleo da densidade con datos circulares”, presentada pola licenciada María Oliveira Pérez, e realizada baixo a dirección dos profesores Alberto Rodríguez Casal e Rosa M.ª Crujeiras Casais do departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC.
Dispoñible o resumo da tesiña na páxina web da SGAPEIO.
1.- Bolsas no Instituto de Estudios Fiscales
O Instituto de Estudios Ficales convoca 10 bolsas de formación para titulados universitarios, a fin de contribuír á formación de novos titulados universitarios no exercicio da actividade investigadora en materias relacionadas coa actividade presupostaria e fiscal da Facenda Pública. Dúas das bolsas están dirixidas a licenciados universitarios, ou titulación equivalente, en materias relacionadas Economía, Estatística e Informática. As bolsas concédense por un período de 12 meses, do 9 de xullo de 2012 ata o 8 de xullo de 2013, e poden ser prorrogadas por dous períodos mais de igual duración.
- Presentación de solicitudes: ata o 20 de abril de 2012.
Mais información: http://www.boe.es/boe/dias/2012/03/28/pdfs/BOE-A-2012-4279.pdf
2.- Curso a distancia de Introducción a SAS System
A Unitat d'Assessorament Estadístic da Universitat de Girona organiza un curso a distancia de Introducción a SAS System dirixido a todas aquelas persoas interesadas en ter coñecementos deste programa.
- Datas: do 17 de maio ao 7 de xuño de 2012.
- Profesorado: Mariona Roige e Natàlia Adell.
- Requisito: dispoñer da licencia do programa SAS System 9.1 ou posterior.
- Inscripción: ata o 3 de maio de 2012.
Máis información: http://www.udg.edu/LinkClick.aspx?fileticket=jk2xLTYAwbE%3d&tabid=12542&language=es-ES
3.- Curso de Modelización estatística básica con IBM SPSS
O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza un curso de Modelización estatística básica con SPSS.
Datas: 16, 17, 18 e 19 de abril de 10.00 a 14.00.
Programa do curso:
- Introdución á modelización e modelo de regresión simple.
- ANOVA.
- Modelo Lineal Xeneral.
- Regresión loxística.
Mais información: http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/curso-de-modelizaci%C3%B3n-estad%C3%ADstica-b%C3%A1sica-con-ibm-spss%C2%AE
4.- VI International Workshop on Spatio-Temporal Modelling
O centro de Investigación de Matemáticas (Research Centre of Mathematics – CMAT) da Universidade de Miño acolle o VI International Workshop on Spatio-Temporal Modelling (METMAVI) do 12 ao 14 de setembro de 2012. O obxectivo desta reunión é promover o desenvolvemento e a aplicación de métodos estatísticos espacio-temporais en diferentes campos relacionados coas Ciencias Medioambientais e as Ciencias da Saúde.
Datas importantes:
- Inscrición reducida: ata o 15 de maio de 2012.
- Envío de resumos: ata o 15 de maio de 2012.
- Aceptación de resumos: 15 de xuño de 2012.
Máis información: http://www.metma6.com/
1.- Curso “Estatística con R para investigadores”
A Universidade de Vigo organiza a segunda edición do curso “Estatística con R para investigadores”, que ten carácter non presencial e terá lugar do 1 ao 31 de maio de 2012. O Curso é eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Faitic.
Está en trámite o recoñecemento pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia como actividade de formación permanente a efectos de acreditación do profesorado (a primeira edición do curso tivo xa ese recoñecemento).
- Período de preinscrición: do 1 ao 20 de abril de 2012.
- Criterio de admisión: orde cronolóxica de solicitude.
- Custo da matrícula: 125 euros (parados e membros de SGAPEIO: 90 euros)
Mais información: https://bubela.uvigo.es/curso/1550
2.- Oferta de emprego na Fundación Universidade da Coruña
Convocatoria dun contrato de traballo con cargo a un contrato ART 83 L.O.U xestionado pola Fundación Universidade da Coruña. As solicitudes presentaranse na Secretaría do Departamento de Matemáticas, na Facultade de Informática (Campus de Elviña) desde o 22 de marzo de 2012 ata o 18 de abril de 2012.
Máis información na web da SGAPEIO.
3.- Ofertas de emprego en Barcelona
Oferta 1:
A postdoctoral research position in Operations Management is available at IESE Business School (University of Navarra) in Barcelona, Spain. The objective is to develop research in the area of retail and fashion operations, and more specifically, to build fashion demand models and to study store and production/distribution policies that can adjust to volatile demand trends. The initial appointment will be for one year, with additional years (up to two) contingent upon satisfactory performance. The contract will start in June or September 2012.
Potential candidates should be familiar with mathematical programming (nonlinear and stochastic dynamic programming mainly, use of Matlab) and have some knowledge of data analysis (basics of econometrics). Willingness and ability to interact with industry partners (fashion firms) will be appreciated. A PhD in OR, mathematics or a relevant field is required.
If interested, please send your cv, transcripts and publications to Victor Martínez-de-Albéniz at
Oferta 2:
Two full-time research assistant positions are available at IESE Business School (University of Navarra) in Barcelona, Spain, starting June or September 2012. The positions are ideal for recent math, engineering or economics graduates that are interested in pursuing a research career in Operations Research and Operations Management. The work to be conducted supports the group's research in the area of retail and fashion operations, building optimization models for the management of store and production/distribution systems, where prices, inventory and capacities need to be set dynamically. More information on the research can be found at http://blog.iese.edu/martinezdealbeniz/research/.
Potential candidates should be familiar with mathematical programming (nonlinear and stochastic dynamic programming mainly, use of Matlab) and have some knowledge of data analysis (basics of econometrics).
If interested, please send your cv and transcripts to Victor Martínez-de-Albéniz at