

1.- X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ten aberta a convocatoria do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado para estudantes de ESO, Bacharelato, FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2019-2020. Con esta iniciativa académica preténdese que o estudantado se inicie no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que vivimos.
Desde a SGAPEIO queremos salientar que, debido aos condicionantes da actual crise provocada polo COVID-19, se veñen de modificar os prazos de inscripción, entrega de traballos e resolución do concurso segundo se indica no enlace https://www.sgapeio.es/descargas/formacion/Nota_Bases_X_Incubadora.pdf.
Datas importantes:
Máis información en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3298-x-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos
2.- Publicación do Nº54 do Informest
A SGAPEIO informa a todos os seus socios que xa está dispoñible para todos os socios o Nº 54 do INFORMEST, incluíndo os seguintes contidos:
Enlace: https://www.sgapeio.es/INFORMEST/Informest54.pdf
3.- Ferramentas web para visualización e predición na crise do coronavirus desenvolvidas na UDC e na USC
Seguidamente se mostran unha serie de aplicacións web para describir, resumir, visualizar e predecir as variables críticas que caracterizan á situación provocada pola actual crise do coronavirus.
Enlace: http://modestya.securized.net/covid19prediction/.
Enlace: https://covid19.citic.udc.es/
4.- Acción Matemática contra o coronavirus desde o CEMat: Predición cooperativa
Co obxectivo de construír un meta-predictor para facilitar ás autoridades información do comportamento a curto prazo de variables de gran interese na expansión do virus COVID-19, faise un chamamento a todos aqueles investigadores-profesionais no ámbito da comunidade Matemática/Estatística/Ciencia de Datos que desenvolvesen modelos preditivos para o devandito fin. Para iso utilizaranse as predicións achegadas polos investigadores participantes para construír un meta-predictor ou “predictor cooperativo”, baseado en combinacións optimizadas de predicións dos diferentes modelos/algoritmos.
Para este fin faise un chamamento a todos os investigadores interesados en participar neste labor de intelixencia colectiva e loita contra a pandemia a que proporcionen un arquivo coas súas predicións conforme ás pautas que se indican no documento http://matematicas.uclm.es/cemat/covid19/wp-content/uploads/sites/2/2020/04/Prediccion_cooperativa.pdf.
Solicítase a toda a comunidade que envíen as súas aportacións, xa sexan modelos simples, tradicionais, como aqueles froito do propio traballo dos investigadores.
Máis información en http://matematicas.uclm.es/cemat/covid19/
5.- Curso non presencial de DATA MINING CON R: Universidade de Vigo
Está aberta ata o 25 de ABRIL a inscrición no Curso de Formación da Universidade de Vigo Data Mining con " R", de carácter totalmente non presencial, que se impartirá desde a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (Faitic) do 1 ao 31 de maio de 2020. Dirixido fundamentalmente a investigadores, doctorandos, e técnicos de análises de datos en calquera ámbito de actividade. O contido do curso consiste nos métodos de Minería de Datos máis empregados e útiles ( CHAID, K- MEANS, SVM, PAGERANK, ADABOOST, KNN, NAIVE BAYES, CART, RANDOMFOREST...). É un curso eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Faitic. O alumno pode elixir o día e hora de acceso aos materiais docentes, debendo unicamente cumprir cos prazos máximos de envío de informes de prácticas e cuestionarios de avaliación. O criterio de admisión é a orde cronolóxica de solicitude, e o custo da matrícula 125 euros (estudantes e parados 90 euros).
Máis información (inscrición, contidos, profesorado, etc) na web da Universidade de Vigo: https://bubela.uvigo.es/curso/4558
6.- Curso de estatística en liña mediante vídeos e reunións en vivo: Introdución aos modelos de efectos lineais mixtos e GLMM con R-INLA
A tarifa do curso inclúe un vídeo chats de 1 hora cun ou ambos os instrutores. Levarase a cabo no intervalo comprendido entre o 22 de xuño e o 10 de xullo de 2020. As clases se impartirán mediante a aplicación Zoom atendendo a distintas zonas horarias.
Flyer: http://highstat.com/Courses/Flyers/2020/Flyer2020_06_GLMMINLA_Online.pdf
Sitio web: http://highstat.com/index.php/courses-upcoming
7.- FedCSIS 2020 - Concurso de minería de datos - premio máximo de 1500 dólares
O FedCSIS 2020 Data Mining Challenge: Network Device Workload Prediction é a sétima competencia de minería de datos organizada en asociación co Conference on Computer Science and Information Systems (https://fedcsis.org/). Desta volta, a tarefa considerada está relacionada co monitorizado de grandes infraestruturas de IT e a estimación da súa asignación de recursos. O desafío está patrocinado por EMCA Software e a Sociedade Polaca de Procesamento da Información (PTI).
Máis información en https://knowledgepit.ml/fedcsis20-challenge/.
8.- International Conference and Demographics 2020 Workshop (SMTDA2020)
Infórmase que o congreso SMTDA2020 International Conference and Demographics 2020 Workshop, que tiña por lugar de celebración Barcelona, finalmente levarase a cabo on-line no formato web-conference, mantendo fixas as mesmas datas e o mesmo programa, pero en formato de evento virtual.
As datas límite para rexistro con prezos reducidos e para envío de resumos e artigos fixarase para o 25 de abril de 2020:
http://www.smtda.net/registrfeesexcursions.html
http://www.smtda.net/abstractsubmission.html
Máis información en www.smtda.net.
9.- Oferta PostDoc de 2.5 anos en Inventario Forestal e Estatística de Mostraxe
O Equipo de Modelización e Inventario Forestal da Unidade de Xestión Forestal e Ambiental Sostible (UXAFORES, https://www.uxafores.com/) da Universidade de Santiago de Compostela (Lugo, España) está a procurar candidatos independentes, creativos e con fortes habilidades de colaboración cun doutoramento en inventario forestal ou estatística de mostraxe, con experiencia en inventario forestal e/ou deseño e implementación de mostraxes a gran escala, teledetección e programación. Idealmente, o candidato debería ter Grao (Diplomatura ou Enxeñería Técnica) ou Máster (Licenciatura ou Enxeñería Superior) en Ciencias Forestais, Matemáticas, Estatística, Xeografía ou disciplinas relacionadas.
Buscamos candidatos PostDoc creativos e altamente motivados para unirse ao Equipo de Modelización e Inventario Forestal da Unidade de Xestión Forestal e Ambiental Sostible (UXAFORES, https://www.uxafores.com/) da Universidade de Santiago de Compostela (Lugo, España). Dátaa tentativa de incorporación é agosto de 2020, aínda que hai certa flexibilidade.
Establécese un contrato de proba de 6 meses, prorrogable ata 2.5 anos.
Os candidatos interesados deberán enviar os seguintes documentos á dirección de correo
Data límite para as solicitudes: 30 de abril de 2020.
A solicitude completarase mediante o portal de oferta de emprego da USC, para o que serán necesarios trámites e documentación adicionais ao descrito anteriormente.
1.- X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ten aberta a convocatoria do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado para estudantes de ESO, Bacharelato, FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2019-2020. Con esta iniciativa académica preténdese que o estudantado se inicie no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que vivimos.
Máis información en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3298-x-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos
2.- Identificación de capacidades do Sistema galego de Innovación na loita contra o COVID-19
Dende a Xunta de Galicia, no contexto da emerxencia sanitaria actual provocada pola pandemia do COVID-19, queremos dar respostas a través da investigación, o desenvolvemento e a innovación. Para elo, lanzamos unha chamada para identificar todas as capacidades do Sistema Galego de Innovación na loita contra o novo coronavirus.
Consulta sobre as capacidades do sistema galego de innovación
A través dun formulario web que se habilitou na páxina web da Axencia Galega de Innovacion, recóllense propostas do Sistema galego de I+D+i para a loita contra o COVID-19. Esta consulta está dirixida a empresas ou centros de coñecemento que dispoñan de solucións innovadoras maduras que axuden a loitar contra o COVID-19.
Estas solucions innovadoras teñen que poder implementarse nun prazo de tempo moi curto, en ámbitos directamente relaciados co brote de COVID-19, por exemplo:
Trátase de achegar solucións innovadoras que poidan ser útiles ás autoridades sanitarias para loitar contra o coronavirus.
A Axencia Galega de Innovacion realizará un filtro das propostas que se reciban e achegará financiamento para as que resulten de interese.
O prazo límite para achegar as solucións innovadoras é o venres 27 de marzo.
Enlace ao formulario: http://xornadas.galiciainnovacion.es/covid19/index.php
3.- Convocatoria de proxectos de investigación sobre o SARS-COV-2 e a enfermidade COVID19 do Instituto de Salud Carlos III
O Instituto de Salud Carlos III tamén vén de abrir un programa de axudas para proxectos que teñan como obxectivo xerar coñecemento sobre a infección, dotado con 24 millóns de euros e que ten actualmente aberta unha chamada de expresións de interese.
O alcance destas propostas poderá ser:
As expresións de interese presentaranse mediante correo electrónico na dirección
Máis información en: https://www.isciii.es/QueHacemos/Financiacion/Paginas
4.- Acción Matemática contra o coronavirus desde o CEMat
Vense de publicar o protocolo de actuación da Acción Matemática contra o coronavirus do CEMat:
O comité COVID19 – CEMat estará formado polas seguintes persoas, sendo presidente o noso colega e insigne membro da SGAPEIO Ricardo Cao. O Comité Científico está integrado por:
Como Presidente de CEMat, Alfonso Gordaliza actuará como Coordinador.
Actuarán baixo as seguintes premisas:
5.- 35th International Workshop on Statistical Modelling (IWSM 2020)
A 35.ª edición do Workshop on Statistical Modelling terá lugar en Bilbao, País Vasco (España) desde o 19 ao 24 xullo de 2020, sendo organizado polo Centro vasco para Matemáticas Aplicadas (BCAM) e a Universidade do País Vasco (EHU/de UPV). Tamén se organizará un curso titulado "Bayesian spatio-temporal modeling" e impartido por Virgilio Gómez Rubio.
A data límite pide presentación resumos para póster é o 1 de abril, mentres que a data límite para o envío do manuscrito final é o 30 de abril de 2020.
Máis información en: https://wp.bcamath.org/iwsm2020/
6.- 2020 Electronic Conference on Teaching Statistics
A 2020 Electronic Conference on Teaching Statistics terá lugar do 18 de maio ao 22 de maio de 2020, en formato on-line. A conferencia inclúe conferencias plenarias, workshops on-line, conferencias de 30 minutos, e sesión de pósteres virtual.
Máis información en: https://www.causeweb.org/cause/ecots/ecots20/
7.- XXXVIII Reunión Científica de la SEE y el XV Congresso da APE | Bilbao 2020
La Sociedad Española de Epidemiología (SEE) e a Asociación Portuguesa de Epidemiología (APE) acollerán na súa XXXVIII e XV Reunión Científica, respectivamente, o lema de “ Epidemioloxía, Sustentabilidade e Responsabilidade Social”, nun contexto idóneo, como é a cidade de Bilbao (29-30 de setembro e 1-2 de outubro de 2020). Este lema inspírase, en parte, na novo paradigma científico da “Ciencia da Sustentabilidade”, que pon o foco nas contornas nos que viven as poboacións e que conecta a investigación e a educación co desenvolvemento de novos coñecementos, tecnoloxías, estratexias e explicacións holísticas que nos poden axudar a afrontar mellor os problemas mundiais e locais relacionados coa sustentabilidade social
Máis información en: https://www.reunionanualsee.org
1.- X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ten aberta a convocatoria do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado para estudantes de ESO, Bacharelato, FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2019-2020. Con esta iniciativa académica preténdese que o estudantado se inicie no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que vivimos.
Máis información en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3298-x-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos
2.- Game Theory and Management 2020 (GTM2020)
O Game Theory and Management 2020 (GTM2020) terá lugar en San Petersburgo (Rusia) do 24 ó 26 de xuño de 2020. A data límite de envío de traballos é 20 de marzo de 2020. Máis información: https://gsom.spbu.ru/en/gsom/research/conferences/gtm2020/
3.- ASEPELT 2020
A XXXIV Edición do Congreso Internacional de Economía Aplicada (ASEPELT 2020) terá lugar en Xaén, do 24 ó 27 de xullo de 2020.
Máis información en: http://www.asepelt2020.com/
4.- ISCB 2020
A 41st Annual Conference of the International Society for Clinical Biostatistics (ISCB), terá lugar do 23 ó 27 de agosto de 2020 en Cracovia (Polonia). O prazo de envío de traballos está aberto ata o 16 de marzo.
Máis información: www.iscb2020.info
5.- V edición do curso de doctorado de Teoría de Xogos da SEIO
A Universitat de Barcelona, o instituto de investigación BEAT e o grupo de investigación Game Theory and Assignment Markets organizan a V edición do curso de doctorado do grupo de Teoría de Xogos da SEIO.
Formulario de inscrición aquí.
Persoa de contacto: Mikel Álvarez Mozos (
6.- Curso non presencial de Control Estatístico de Calidade con R
A Universidade de Vigo organiza Curso de Formación “Control Estadístico de Calidad con R”, impartido polo Catedrático da Universidade de Vigo Antonio Vaamonde, dun mes de duración e dirixido a enxeñeiros, profesionais do control de calidade, estatísticos, e persoas interesadas no programa R ou no control de calidade. O importe da matrícula é 125 euros (parados/estudiantes 90 euros).
Inscrición: https://bubela.uvigo.es/bubela/publico/publico.php?funcion=ver_edicion_descripcion&tab=LC&id_edicion=4528
7.- Conferencia de Jorge Luis Vega Valle na UDC
Jorge Luis Vega Valle, subdirector adxunto de Estatística SocioDemográficas do Instituto Nacional de Estatística (INE), impartirá unha charla o vindeiro luns 9 ás 10:30 no salón de Graos da Facultade de Socioloxía da UDC.
8.- Praza de profesor Axudante Doutor na Área de Estadística e Investigación Operativa da Universidad Complutense de Madrid
A Universidad Complutense de Madrid convocou o concurso Público para a adxudicación dun contrato de Profesor Axudante Doutor para el curso 2019-2020: 1 praza na súa Área de Estadística e Investigación Operativa.
Máis información en: https://bouc.ucm.es/pdf/3558.pdf
9.- Praza de profesor Axudante Doutor na Área de Métodos Cuantitativos da Universidad de Alcalá
A Universidad de Alcalá convocou o concurso Público para a adxudicación dun contrato de Profesor Axudante Doutor para el curso 2019-2020: 1 praza na súa Área de Métodos Cuantitativos para la Economía y la Empresa.
Persoa de contacto: Eva Senra (
1.- X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) ten aberta a convocatoria do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado para estudantes de ESO, Bacharelato, FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2019-2020. Con esta iniciativa académica preténdese que o estudantado se inicie no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que vivimos.
Máis información en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3298-x-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos
2.- III Xornada de presentación de Software Libre para uso científico
A III Xornada de presentación de Software Libre para uso científico terá lugar o próximo 27 de febreiro de 2020, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC. O obxectivo principal desta actividade é o de compartir coñecementos e experiencias arredor do Software Libre de uso Científico, e coñecer ferramentas que poidan axudar nas actividades de investigación e desenvolvemento.
Inscrición: https://xornada.melisa.gal/#formulario
3.- Summer school Santaló 2020
A escola de verano Santaló 2020 celebrarase do 13 ó 17 de xullo en Santander. O tema é a distribución de puntos en conxuntos, con énfase na distribución de puntos aleatorios mediante procesos determinantales.
Máis información en: https://www.ub.edu/santalo20/
4.- Summer school on Spatial econometrics with cross section and panel data
A 20th Advanced Summer School in Economics & Econometrics celebrarase do 2 ó 9 de agosto de 2020 na Universidade de Creta. Centrarase nas novidades en "Spatial econometrics with cross section and panel data".
Máis información en: https://economics.soc.uoc.gr/en
5.- V edición do curso de doctorado de Teoría de Xogos da SEIO
A Universitat de Barcelona, o instituto de investigación BEAT e o grupo de investigación Game Theory and Assignment Markets organizan a V edición do curso de doctorado do grupo de Teoría de Xogos da SEIO.
Está orientado a estudantes de doutoramento e doutores novos que traballen na área. Persoa de contacto: Mikel Álvarez Mozos (
6.- V Congreso de Jóvenes Investigadores en Diseño de Experimentos y Bioestadística
O V Congreso de Jóvenes Investigadores en Diseño de Experimentos y Bioestadística celebrarase o 18 e 19 de xuño de 2020 en Almería. Este congreso forma parte das actividades do Grupo de Traballo Diseño de Experimentos da SEIO, coa finalidade de favorecer o intercambio de coñecementos e experiencias entre investigadores, nas áreas de deseño experimental e Bioestatística.
Máis información en: http://www2.ual.es/jede2020/Comit%C3%A9
7.- Oferta de emprego: contrato de investigación no ITMATI
O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industria (ITMATI) convoca un posto como investigador no marco do proxecto “Modelización y Optimización de redes de transporte de Gas” entre ITMATI e unha empresa do sector da enerxía.
Máis información en: http://www.itmati.com/oferta-de-empleo-itmati-ot-022020-1-contrato-como-investigadora-para-el-proyecto-de-investigaci%C3%B3n-en
8.- Oferta de emprego: contrato de investigación como responsable de unidade estatística
O Departamento de Investigación Clínica da Fundación Teófilo Hernando ofrece un contrato posdoutoral por obra e servizo na Fundación Teófilo Hernando (www.ifth.es) como responsable da unidad de estadística.
Máis información en:
https://mcyt.educa.madrid.org/empleo/inscripcionDemandaProfesional/mostrar_oferta.asp?codigo=35121
9.- Oferta de emprego: contratos de investigación no CITIC
O CITIC (https://www.citic-research.org/), centro de investigación do SUG, publicou o 6 de febreiro diversas convocatorias de emprego:
Máis información en: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2020/000521.
O prazo para presentarse a estas convocatorias é de 15 días hábiles a partir da data de publicación.