SGAPEIO
  • A SOCIEDADE
    • Que é a sociedade?
    • Consello Executivo
    • Consello Asesor
    • Membros Institucionais
    • Estatutos
    • Actas e Informes
    • Asociarse
    • Actualizar datos
    • Acordos reciprocidade
    • Convenios
    • IDENTIDADE CORPORATIVA
  • FORMACION / ACTIVIDADES
    • Cursos, xornadas e másters
    • Congresos da SGAPEIO
    • Outros congresos
    • Premios SGAPEIO
    • Outros premios
    • Recreo Estatístico
    • Outras actividades
    • Biometría
  • ESTATISTICA NO ENSINO
    • Ensino secundario
    • Universidade
  • PUBLICACIÓNS
    • Boletín INFORMEST
    • INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
    • Á estatística ¡en caricaturas!
  • NOVAS
    • NOVAS
    • Ofertas de Emprego e bolsas
    • Boletín de novas
  • LIGAZÓNS
  • CONTACTA

Concurso Incubadora

ÚLTIMAS NOVAS

  • Novas da SGAPEIO, 20 de outubro de 2026
  • Dúas Bolsas de Investigación na Universidade do Algarve
  • Novas da SGAPEIO, 28 de setembro de 2026
  • Curso de Cálculo do tamaño da mostra en estudos de investigación (3.ª edición)
  • Curso de Análise estatística de datos para estudos científicos con SPSS, RStudio e Intelixencia Artificial

Asóciate

Acceso socios

  • Esqueceu súa clave?
  • Esqueceu seu nome de usuario?

Novas da SGAPEIO, 5 de decembro 2019

1.- Novo número do Boletín da Sgapeio: INFORMEST
O número 53 do boletín INFORMEST da Sgapeio (Novembro, 2019) vén de ser publicado nos últimos días.
Máis información en: https://sgapeio.gal/index.php/2-uncategorised/3286-numero-53-de-informest

2.- Novo número do Boletín de Estadística e Investigación Operativa: BEIO
A Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO) informa da publicación do novo número da revista.
Máis información en: http://www.seio.es/BBEIO/BEIOVol35Num3/files/assets/basic-html/page-1.html

3.- Busca de investigadores posdoutorais para o Grupo MODES da UDC
O Grupo MODES da Universidade da Coruña (UDC) busca de maneira preliminar candidatos posdoutorais na área da Estatística e a Investigación de Operacións de cara a próximas convocatorias.
Persoa de contacto na UDC: Ricardo Cao (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

4.- Emprego: candidatos para Doutoramento industrial
A Generalitat de Cataluña ofrece, dentro dun programa de doutoramento industrial (nos eidos da Matemática, Enxeñaría Informática ou Física, entre outros) tres postos para iniciar os seus estudos de posgrao. As liñas de investigación a tratar enmárcanse dentro do ámbito socio-sanitario, coa colaboración doutras entidades como o Ajuntament de Barcelona, o Hospital del Mar e a Universitat Pompeu Fabra.
Máis información en: http://doctoratsindustrials.gencat.cat/en
Persoa de contacto: Daniel Serra (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

5.- Emprego: un contrato de Profesor Axudante Doutor na Universidad Complutense de Madrid
A Universidad Complutense de Madrid convoca o concurso Público para a adxudicación dun contrato de Profesor Axudante Doctor para o curso 2019-2020 na Área de Estadística e Investigación Operativa.
Máis información en: https://bouc.ucm.es/pdf/3477.pdf

6.- Workshop Innpar2D
O departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago organiza o Workshop Innpar2D que terá lugar o día 10/12/2019 no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas.
Máis información en: http://eio.usc.es/index.php/es/los-seminarios/317-workshop-innpar2d-10-12-2019

7.- METMA: 10th International Workshop on Spatio-temporal modelling
A próxima edición do workshop METMA terá lugar en Lleida (España) do 3 ó 5 de xuño de 2020. O principal propósito do encontro e a promoción e o desenvolvemento de metodoloxía estatística para datos espaciais, temporais e espacio-temporais en diferentes ámbitos.
Máis información en: http://www.metma-x.udl.cat/home

8.- IWSM2020: 35th International Workshop on Statistical Modelling
A próxima edición do workshop IWSM terá lugar en Bilbao (España) do 19 ó 24 de xullo de 2020. O principal propósito do encontro e a promoción e o desenvolvemento de metodoloxía estatística, orientado fundamentalmente ás innovacións que surxan neste sentido tanto no mundo académico coma empresarial.
Máis información en: https://wp.bcamath.org/iwsm2020/

9.- OPTIMIZATION 2020
Este encontro correspóndese coa 10ª edición dunha serie de conferencias internacionais no eido da Optimización que se celebran cada 3 ou 4 anos en Portugal. Esta edición, que conta co apoio da Sociedade Portuguesa de Investigación de Operacións, terá lugar en Aveiro (Portugal) do 27 ó 29 de xuño de 2020.
Máis información en: https://optimization2020.web.ua.pt/

10.- GTM2020: International Conference "Game Theory and Management"
O 14th International Conference on Game Theory and Management terá lugar en San Petersburgo (Rusia) do 1 ó 3 de xullo de 2020.
Máis información en: https://gsom.spbu.ru/en/gsom/research/conferences/gtm2020/

Novas da SGAPEIO, 23 de novembro 2019

1.- Sesión de Biometría no XXIV Congresso da Sociedade Portuguesa de Estatística
O sábado 9 de novembro tivo lugar a Sesión de Biometría no XXIV Congresso da SPE organizada pola SGAPEIO e a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e a Sociedad Española de Biometría (SEB).
Os conferenciantes convidados foron:

  • Andrea Meilán Vila da Universidade de A Coruña
  • Paula Saavedra Nieves da Universidade de Santiago de Compostela
  • Nuno Sepúlveda da London School of Hygiene and Tropical Medicine
  • Juan Ramón Gonzalez da Universidad Autónoma de Barcelona

Máis información na páxina web: https://spe2019.estg.ipp.pt/

2.- Primeiro Concurso de MeLiSA con R
A Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), organiza o Primeiro Concurso de MeLiSA con R. O obxectivo é tratar unha serie de datos (que serán os mesmos para todas as persoas participantes) con R do xeito que estimen máis interesante.
Data límite de presentación: 30 de novembro de 2019.
Máis información na páxina web: https://www.r-users.gal/concurso-R

3.- Xornada de Formación SGAPEIO – AGAPEMA (2019)
A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizaronn a VI XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA. Esta xornada estivo dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e impartiuse nunha única edición o pasado 9 de novembro na Facultade de Matemáticas (Santiago de Compostela).
Materiais e máis información no seguinte link: https://www.sgapeio.es/index.php/estatistica-no-ensino/3261-xornada-de-formacion-sgapeio-agapema-2019

4.- Libro IX Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O libro IX Incubadora de Sondaxes e Experimentos recolle todos os traballos premiados, así coma finalistas con mención e os finalistas con mencións especiais que foron presentados ao IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.
Máis información: https://www.sgapeio.es/index.php/listado-novas/3279-libro-ix-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

5.- IFORS 2020 - Korea
O 22th Conference of the International Federation of Operational Research Societies (IFORS 2020) terá lugar en Seoul (Korea) do 21 ó 26 de xuño de 2020.
Máis información no seguinte link: http://www.ifors2020.kr/

6.- 19th International Symposium on Dynamic Games and Applications
O 19th International Symposium on Dynamic Games and Applications, centrado no ámbito da Teoría de Xogos, terá lugar en Porto (Portugal) do 16 ó 19 de xuño de 2020.
Máis información en: https://www.gerad.ca/colloques/isdg2020/index.html

7.- EURO PhD School ‘Data Driven Decision Making and Optimization’
O EURO PhD School on ‘Data Driven Decision Making and Optimization’ terá lugar do 10 ó 19 de xullo do 2020 en Sevilla e será organizado polo Instituto de Matemáticas da Universidad de Sevilla (IMUS). A formación metodolóxica sobre o papel da Optimización Matemática nas Ciencias da Información impartirase en forma de conferencias e talleres informáticos. As conferencias destacarán o modelado matemático e estatístico e a optimización numérica detrás das ferramentas de análise e visualización de datos.
Máis información en: https://congreso.us.es/epsdata/

8.- Contratos no Computational Intelligence Group (Universidad Politécnica de Madrid)
O Computational Intelligence Group (Universidad Politécnica de Madrid) ofrece dous postos de traballo. Os candidatos deben ter coñecementos de Enxeñaría Informatica ou Matemáticas e experiencia acreditada no uso de linguaxes como R e Python, entre outros.
Máis información nos links: http://cig.fi.upm.es/sites/default/files/job_offers/tablon_repsol.pdf http://cig.fi.upm.es/sites/default/files/job_offers/tablon_informatico.pdf

9.- Axudas da SEIO para o CoDaCOURSE’20 e EURO PhD School
A SEIO ten aberto o prazo de solicitudes de axudas para asistir a:

  • CoDaCOURSE’20 Universitat de Girona (UdG), do 6 ó 10 de xullo de 2020. Máis información en: http://www.seio.es/Noticias-inicio/SEIO-CONVOCATORIA-DOS-AYUDAS-ASISTENCIA-CoDaCOURSE-20.html
  • EURO PhD School, Sevilla, do 10 ó 19 de xullo de 2020. Máis información en: http://www.seio.es/Noticias-inicio/Call-for-participation-in-EURO-PhD-School.html

Novas da SGAPEIO, 7 de novembro 2019

1.- Prazas de profesor visitante no Departamento de Estatística da Universidad Carlos III de Madrid
O Departamento de Estatística da Universidad Carlos III de Madrid (UC3M) oferta dúas prazas a tempo completo de Profesor Visitante (Visiting Assistant Professor - non-tenure-track positions) para a docencia de materias específicas de Estatística e demáis materias dentro das liñas de investigación do departamento. A data esperada de inicio é o 15 de xaneiro de 2020.
Salario bruto aproximado: 24000€ anuais.
Data límite de solicitudes: 1 de decembro de 2019.
Máis información na páxina web do departamento:
http://www.uc3m.es/departamento.estadistica

2.- Praza de técnico de apoio na Rede tecnolóxica de Matemática Industrial
A Rede tecnolóxica de Matemática Industrial (Rede TMATI) ofrece un posto como técnico de apoio na consolidación e na xestión para fomentar a transferencia de tecnoloxía á industria, no ámbito da simulación numérica, estatística e optimización.
Entre os obxectivos marcados está o estreitamento de lazos de cooperación entre a Universidade e a Empresa, a xestión da actividade de transferencia e valorización dos resultados de investigación, o desenvolvemento de actividades de transferencia tecnolóxica dirixidas ao sector empresarial e industrial, así coma captar novas colaboracións para o desenvolvemento de accións de transferencia con distintos sectores productivos industriais.
Salario bruto mensual: 1555,96€
Duración do contrato: 6 meses.
Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2703_gl.pdf

3.- Contrato predoutoral na Universidade de Vigo para a realización dunha tese no campo do Procesado da linguaxe Natural
O COLE research group (http://grupocole.org/) da Universidade de Vigo convoca unha praza predoutoral a tempo completo para a realización dunha tese no campo do Procesado da linguaxe Natural.
Salario: 13000€ anuais.
Máis información en: https://jobs.grupocole.org/

4.- Contrato de Técnico Superior de Investigación en Temas de Estadística Multivariante
A Universitat Politécnica de València ofrece un contrato de técnico superior de investigación en temas de estatística multivariante.
Duración: ata febreiro de 2022.
Salario mensual: 1700€ + 2 pagas extraordinarias
Para máis información, contactar co profesor Manuel Zarzo (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) ou no link http://www.upv.es/entidades/SRH/conypi/U0830982.pdf

5.- Prazas de profesores asociados na Tilburg University
O Department of Econometrics and OR da Tilburg University (https://bit.ly/31Ltfug) ofrece dúas prazas de profesor asociado (two Tenure-Track Assistant or Associate Professors) no campo da economía, das finanzas e da estatística.
Máis información: https://econjobmarket.org/positions/6243

6.- CXXVIII Curso de Posgrao (2019-2020) de Formación de Especialistas en Investigación Social Aplicada e Análise de Datos
O Curso de Posgrao ten como fin contribuír á formación de titulados universitarios superiores en técnicas de investigación social, profundizando na recollida de datos e á análise, interpretación e presentación dos mesmos, desde un punto de vista práctico.
O curso é presencial e estrutúrase en dous módulos:
• Módulo 1. Metodoloxía de investigación en ciencias sociais.
• Módulo 2. Análise e interpretación de datos de enquisas.
As ensinanzas de cada módulo inclúen clases teóricas e prácticas tutorizadas por membros do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).
Número de prazas: 24
Máis información en: http://www.cis.es/cis/opencms/ES/6_formacion/CursoPosgrado/

7.- V Congreso “Numerical Analysis and Optimization”
O V Congreso trianual “Numerical Analysis and Optimization” (NAOV-2020), celebrarase na Sultan Qaboos University (Muscat, Oman) do 6 ó 9 de xaneiro de 2020.
Máis información: http://conferences.squ.edu.om/NAOV-2020/home

8.- X International Workshop on Locational Analysis and Related Problems
A décima edición do workshop IWOLOCA terá lugar os días 23-24 de xaneiro de 2020 en Sevilla. Está organizado pola Red "Localización y Problemas Afines" e o grupo de traballo de Localización da SEIO (GELOCA).
Máis información en: http://redloca.ulpgc.es/en/redloca20.html

9.- CodaCourse’20: a course on compositional data
O CodaCourse’2020 (CoDa) é un curso dunha semana de duración sobre a análise de datos composicionais que se celebrarará na Universidade de Girona (UdG) do 6 ó 10 de xullo de 2020. Está organizado polo grupo de datos composicionais da UdG e acreditado pola IAMG (https://www.iamg.org) e a CoDa-Association (https://www.coda-association.org/en/).
Máis información en: http://www.compositionaldata.com/codacourses.php

Novas da SGAPEIO, 1 de outubro 2019

1.- XIV Congreso da SGAPEIO
24 de outubro de 2019-26 outubro de 2019
Vigo, España
Descrición: Desde o 24 ao 26 de outubro de 2019, celebrarase en Vigo o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. O congreso, organizado polo Departamento de Estatística e Investigación de Operacións da Universidade de Vigo en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), forma parte dos congresos bianuais promovidos por esta sociedade. O congreso terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo (sede cidade).
Informamos que aínda está aberto o prazo de inscrición, animando a todos os interesados a participar deste especial evento. A información relativa ao congreso irase actualizando na páxina da internet http://sgapeio2019.webs.uvigo.es/

2.- Escola de inverno da rede HEUR
6 de novembro de 2019-8 de novembro de 2019
Móstoles, España
Descrición: A segunda edición da ESCOLA DE INVERNO DA REDE HEUR celebrarase os días 6-7-8 de Novembro na Universidade Rey Juan Carlos (Campus de Móstoles, Madrid). Seguiremos o mesmo deseño que na primeira edición, con dous tipos de actividades. En primeiro lugar, os seguintes titoriais:

  • Métodos de Contorna Variable (Abraham Duarte, Univ. Rey Juan Carlos).
  • Mateheurísticos (Francisco Parreño, Univ. Castilla-La Mancha).
  • Historia dos Metaheurísticos ( Kenneth Sörensen, Univ. Antwerpen - Bélxica).
  • Aplicacións Comerciais da Procura Local Iterada (Helena Ramalhinho, Univ. Pompeu Fabra).

O segundo tipo de actividade consistirá nos Talleres Formativos, onde os estudantes expoñerán os seus problemas para discutilos conxuntamente. As actividades comezarán o mércores, día 6 pola tarde (deixando así a mañá para chegar a Madrid), e finalizarán o venres 8 ao mediodía. Esta é unha chamada á participación para convidar a todos os estudantes que estean a traballar nun problema de optimización a vir expoñer os seus traballos e recibir recomendacións dun panel de expertos que estará encabezado polo profesor Marc Sevaux (Univ. Bretagne Sud - Francia) e contará con moitos dos coordinadores dos nodos da rede como na primeira edición.
A rede conta con financiamento para axudar aos estudantes na súa estancia en Madrid, pagando o hotel as noites do 6 e o 7. Os interesados escribide un correo ao coordinador (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) cos seguintes datos: nome completo, número de DNI, universidade e título da charla. A idea é que que os gastos de desprazamento sexan sufragados polas institucións de orixe dos solicitantes, namentres que as axudas deste evento incluirían o aloxamento.
Máis información: http://heuristicas.seio.es/escuelas.html

3.- Curso Estatística con "R" para Investigadores
Descrición: Está aberta ata o 5 de outubro a inscrición na novena edición do Curso de Formación da Universidade de Vigo Estatística con "R" para Investigadores, de carácter totalmente non presencial, que se impartirá desde a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (Faitic) do 10 de outubro ao 9 de novembro de 2019.
O curso utiliza o programa estatístico "R", totalmente gratuíto e accesible, que ten unha potencia de análise moi superior á de calquera outro programa estatístico. O curso pretende ensinar a utilizar "R" para o tratamento estatístico avanzado de datos a todos aqueles investigadores (doctorandos, profesores, técnicos, etc.) que puidesen necesitalo. Para os alumnos da Universidade de Vigo este curso equivale a 2 créditos de libre elección.
Contidos: Inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de análise multivariante máis utilizadas na investigación científica, con datos e exemplos paso a paso, alcanzables para usuarios da Estatística non expertos. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo. O alumno pode elixir o día e hora de acceso aos materiais docentes, debendo unicamente cumprir cos prazos máximos de envío de informes de prácticas e cuestionarios de avaliación.
O criterio de admisión é a orde cronolóxica de solicitude, e o custo da matrícula 125 euros (estudantes e parados 90 euros).
Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/3471

4.- Winter School on Network Optimization
20 de xaneiro de 2020 - 24 de xaneiro de 2020
Estoril, Portugal
Descrición: A novena edición de Winter School on Network Optimization terá lugar no Hotel Estoril-Éden, Monte Estoril, do 20 ao 24 de xaneiro de 2020.
O seu obxectivo principal é proporcionar unha oportunidade para que os estudantes de doutoramento reúnanse e asistan a cursos de alto nivel no campo da optimización de redes. Os estudantes sen doutoramento poden asistir á escola, pero o número de participantes é limitado e daráselles prioridade aos estudantes de doutoramento. Nesta edición da escola, os profesores e temas a tratar son:

  • Arie Koster (Universidade RWTH Aachen) - Optimización de rede robusta.
  • Elena Fernández (Universidade de Cádiz) - Formulacións para enrutamento de localización.
  • Hande Yaman (KU Leuven) - Problemas de localización do centro.
  • Ivana Ljubic (ESSEC Business School of Paris) - Algoritmos de corte Branch- and- Benders: implementacións modernas da descomposición de Benders.
  • Mario Ruthmair (Universidade de Viena) - Optimización en redes sociais.

A escola forma parte das actividades do ENOG ( European Network Optimization Group). O evento tamén conta co respaldo da EURO (Asociación de Sociedades Europeas) e APDIO (a sociedade portuguesa de investigación de operacións).
Os posibles participantes están convidados a enviar os seus currículos á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. como moi tarde o 31 de outubro.
Máis información: http://netopt2020.campus.ciencias.ulisboa.pt.

5.- Premio Enrique Fuentes Quintana de Teses Doutorais
Descrición: Atópase aberto o período de recepción de traballos candidatos ao Premio Enrique Fuentes Quintana de Teses Doutorais de Funcas (Convocatoria 2018-2019). Organizador: A Fundación de las Cajas de Ahorros, coñecida como Funcas, que é unha institución española sen ánimo de lucro que xestiona a obra social da Confederación Española de Cajas de Ahorros.
Categorías:
Ciencias da saúde
Ciencias sociais
Humanidades
Enxeñería, matemáticas, arquitectura ou física
Dotación do premio en cada categoría: 8.000 € e diploma
Prazo de lectura de tese: entre o 1 de setembro de 2018 e o 31 de agosto de 2019.
Prazo para a recepción de candidaturas: ata o 1 de decembro de 2019.
Os interesados poden atopar as bases e o formulario de inscrición na páxina web de Funcas www.funcas.es

6.- Second South American International Conference on Industrial Engineering and Operations Management
14 de abril de 2020 – 20 de abril de 2020
Sao Paulo, Brasil
Descrición: A IEOM Society International, unha organización profesional sen fins de lucro, organiza a Second South African International Conference on Industrial Engineering and Operations Management en Sao Paulo, Brasil, do 14 ao 20 de abril de 2020. O lugar é o Maksoud Praza Hotel, Sao Paulo. IEOM converteuse nunha plataforma e foro internacional de primeiro nivel para académicos, investigadores, científicos e profesionais co fin de intercambiar ideas e proporcionar información sobre os últimos desenvolvementos e avances nos campos de Enxeñería Industrial e Xestión de Operacións. Despois de organizar con éxito conferencias internacionais anteriores en Bangladesh (2010), Malaisia (2011), Turquía (2012), Indonesia (2014), EAU (2015), Orlando (2015), Malaisia (2016), Detroit (2016), Marrocos ( 2017), Reino Unido (2017), Bogotá (2017), Bandung (2018), París (2018), Washington DC (2018), Pretoria (2018), Bangkok (2019) e Pilsen (2019), a IEOM anima a todos os interesados a participar neste próximo evento Os autores poderán enviar traballos completos ou resumos. A Sociedade IEOM alenta a enviar traballos completos. Todos os traballos completos serán sometidos a unha dobre revisión por pares. Os documentos de IEOM están indexados en SCOPUS.
Máis información: www.ieomsociety.org/brazil2020/

7.- Bolsas de postdoutoramento da Fundación La Caixa
Descrición: Na actualidade está aberta unha convocatoria da Fundación La Caixa, na que se ofrecen 15 bolsas postdoutorais. A continuación, resúmense os aspectos máis importantes da convocatoria. En caso de tomar a decisión de participar, débese revisar ao detalle o texto completo, que podedes atopar en:
https://www.lacaixafellowships.org/_INFO/_ADMON/TextoLegales/REF00001BS196_ING.pdf.
Obxecto: 15 bolsas de postdoutoramento destinadas a investigadores de todas as nacionalidades que queiran levar a cabo a súa actividade investigadora en calquera universidade ou centro de investigación de España ou Portugal.
Duración: 3 anos.
Dotación: mínimo de 44.300€ de salario bruto anual + 38.500€/ano para a realización dun proxecto de investigación.
Prazo para a solicitude: 8 de Outubro 2019.
Requisitos:

  • Ter finalizado o doutoramento con data de a defensa comprendida entre os 2-7 anos antes do prazo para a solicitude da bolsa (especificamente: entre 8 Outubro 2017 e 8 de Outubro de 2012, ambos incluídos).
  • Residir en España máis de 12 meses nos últimos 3 anos (comprobar regra de mobilidade no texto completo da convocatoria).
  • Realizar estancias internacionais durante o período de doutoramento ou post-doutorado dun mínimo de 6 meses (de forma continua ou descontinua) antes do prazo da solicitude.
  • Os investigadores bolseiros terán que preparar un plan de desenvolvemento de carreira científica de acordo co proxecto para realizar e adaptado aos seus intereses e perspectivas.
  • É imprescindible conseguir tres cartas de recomendación en inglés (confidenciais) segundo o procedemento detallado no texto da convocatoria.
  • Deberase achegar unha declaración de interese por parte do centro receptor, que en ningún caso será vinculante para ningunha das dúas partes.

Outros aspectos relevantes:

  • A data de inicio de goce da bolsa estará comprendida entre o 1 de Abril e o 30 de Setembro de 2020.
  • Dentro da formación complementaria, os bolseiros terán que realizar unha estancia noutra institución co obxectivo de incrementar as súas habilidades transversais. Estas estancias, dunha duración entre 3 e 6 meses, deberán realizarse nunha institución internacional ou intersectorial.

8.- Convocatoria dos Proxectos JIN, para investigadores/as mozos/as sen vinculación ou con vinculación temporal
Descrición: O próximo xoves 26 de setembro abrirase a convocatoria de axudas de "Proyectos de I+D" do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, dentro das que se atopan os proxectos JIN, para investigadores/as mozos/as sen vinculación ou con vinculación temporal. A duración dos proxectos JIN será de 3 anos. Os proxectos realizaránse de xeito individual, cun ou dous IP e unha equipa de investigación.
O prazo para presentar solicitudes pechará o 17 de outubro (ás 14:00).
Requisitos:

  • Ser doutor/a.
  • Data de obtención do grao de doutor/a: 1 xaneiro 2009-31 decembro 2016 (hai varios supostos que permiten a ampliación dese prazo).
  • Non ter sido IP durante máis dun ano en proxectos de investigación das modalidades de actuación que figuran no anexo V da convocatoria
  • Non ter, no momento de peche da convocatoria, vinculación coa entidade beneficiaria, ou de ter vinculación, a data prevista de finalización da mesma non deberá ser superior a un ano a contar desde a data de peche da convocatoria.

Convocatoria 2019:
http://www.ciencia.gob.es/stfls/MICINN/Ayudas/PE_2017_2020/PE_Orientada_Retos_Sociedad/FICHEROS/Proyectos_IDI_Retos_Investigacion/RESOLUCION_CONVOCATORIA_PROYECTOS_IDi_2019.pdf
Máis información:
http://www.ciencia.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.dbc68b34d11ccbd5d52ffeb801432ea0/?vgnextoid=6ee6cda50b1bb610VgnVCM1000001d04140aRCRD

9.- Oferta de traballo para investigador postdoutoral con especialización en estatística avanzada aplicada en ciencias da saúde e epidemioloxía
Perfil do Posto: Doutor en Medicina, Estatística, Matemáticas, Bioloxía, Enxeñería biomédica ou Psicoloxía. Integrarase nas liñas de investigación do grupo, concretamente na vinculada coa harmonización e integración de cohortes de poboación xeral e clínica. Así mesmo encargarase da supervisión do desenvolvemento dos distintos proxectos europeos nos que participa o grupo baixo a supervisión directa do IP do G03 e liderará as actividades de diseminación dos mesmos. Por iso requírese dispoñibilidade para viaxar para as actividades de coordinación e de intercambio científico dos proxectos. Será requisito indispensable non ser contratado/a mediante esta modalidade postdoutoral, na mesma ou distinta entidade, por un tempo superior a cinco anos. Para a súa acreditación será imprescindible achegar INFORME VIDA LABORAL. Este contrato poderá ser financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Provincia: MADRID.
Tipo de contrato: Postdoutoral Lei da ciencia.
Salario: 31.726,86 €.
Titulación requirida: Doutor en Medicina, Estatística, Matemáticas, Bioloxía, Enxeñería biomédica ou Psicoloxía.
Perfil: Apoio metodolóxico en estatística avanzada aos membros do equipo utilizando os seguintes programas informáticos: R, SPSS, STATA. Ademais, o investigador seleccionado deberá responsabilizarse de supervisar as análises estatísticas realizadas por outros membros do equipo de investigación. Responsabilizarase de levar a cabo as análises estatísticas para os artigos que lidere, escribir artigos de investigación e preparar novas propostas de investigación para obter fondos en convocatorias públicas competitivas, tanto como investigador principal, como investigador colaborador. Supervisión de execución dos proxectos europeos nos que participa o grupo. Coordinará as actividades de diseminación do grupo.
Experiencia requirida:

  • Valorásese especialmente coñecementos sobre metodoloxías de harmonización e de integración de cohortes.
  • Valorarase especialmente experiencia na diseminación de actividade científica.
  • Valorásese especialmente manexo do programa estatístico R.
  • Desenvolvemento e aplicación de métodos avanzados de investigación.
  • Manexo de técnicas avanzadas de estatística en epidemioloxía.

Outros coñecementos:

  • Dispoñibilidade para viaxar.
  • Inglés falado e escrito.
  • Publicacións científicas.
  • Actitude para integrarse en equipos multidisciplinares de investigación.

Horas semanais: 37,50
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

10.- Oferta de traballo no PROXECTO “Modelización e optimización de sistemas de refrixeración” en ITMATI
REFERENCIA DA OFERTA: ITMATI-OT-14/2019.
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/á media xornada para o proxecto de investigación de aplicación de técnicas matemáticas de simulación, optimización e control á mellora de sistemas de refrixeración, no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector do frío industrial e climatización.
RESPONSABLE: Profesor Dr. D. Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela, catedrático de Matemática Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela.
PERFÍS DOS CANDIDATOS: Licenciados/ as, Enxeñeiros/ as, Graduados/ as, e Másteres relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
1. Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).

  • Expediente académico do grao ou licenciatura, enxeñería, máster.
  • Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial.
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos.
  • Coñecementos de inglés.

2. Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
3. Á hora de valorar as candidaturas presentadas tamén se terá en conta a experiencia nalgúns dos seguintes campos relacionados cos ámbitos de investigación do Proxecto, non sendo necesario ter experiencia en todos eles, pero se nos dous primeiros:

  • Termodinámica dos procesos de refrixeración
  • Modelización e simulación numérica de sistemas de refrixeración.
  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais.
  • Métodos numéricos en optimización.
  • Programación en linguaxes de cálculo científico ( Python, Matlab, Fortran, C etc.).

4. Entrevista persoal e cartas de recomendación (30 puntos).
Os candidatos/ as seleccionados/ as de acordo cos criterios anteriores serán convocados a unha entrevista persoal e, no seu caso, a unha proba relativa ás funcións do posto. Nesta terceira fase teranse en conta as cartas de recomendación que cheguen para o candidato; só se admitirán 3 cartas de recomendación por candidato, que deberán ser remitidas directamente pola persoa que emita o informe e non o propio candidato. Entrevistarase polo menos aos tres candidatos/ as mellor valorados/ as e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 35 puntos.
REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS: Para ser admitidos os aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ser español ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, ou dos nacionais dalgún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que vivan ao seu cargo.
  • Así mesmo poderán participar os nacionais de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Con todo, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da/ s titulación/é válida/ s en España que se indique/ n de acordo á lexislación española.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

LUGAR DE TRABALLO: Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial ( ITMATI), Campus Vida, Santiago de Compostela.
ENVÍO DE SOLICITUDES: As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 3 de outubro de 2019 ás 00:00 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), o título e os expedientes académicos de, no seu caso, Grao/Licenciatura/Enxeñería, Máster, Doutoramento, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). As cartas de recomendación, só se admitirán se as envía directamente a persoa que informa (e non o propio candidato/a). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando en “asunto” a referencia da oferta ITMATI-OT-14/2019. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. Os candidatos que sexan convocados á fase de entrevista deberán achegar documentación orixinal dos méritos achegados. MÁIS INFORMACIÓN: http://www.itmati.com/oferta-de-empleo-itmati-ot-142019-investigadora-media-jornada-para-proyecto-%E2%80%9Cmodelizaci%C3%B3n-y-optimiza

Páxina 8 de 50

  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12

Copyright © 2026 SGAPEIO. Todos los derechos reservados.