SGAPEIO
  • A SOCIEDADE
    • Que é a sociedade?
    • Consello Executivo
    • Consello Asesor
    • Membros Institucionais
    • Estatutos
    • Actas e Informes
    • Asociarse
    • Actualizar datos
    • Acordos reciprocidade
    • Convenios
    • IDENTIDADE CORPORATIVA
  • FORMACION / ACTIVIDADES
    • Cursos, xornadas e másters
    • Congresos da SGAPEIO
    • Outros congresos
    • Premios SGAPEIO
    • Outros premios
    • Recreo Estatístico
    • Outras actividades
    • Biometría
  • ESTATISTICA NO ENSINO
    • Ensino secundario
    • Universidade
  • PUBLICACIÓNS
    • Boletín INFORMEST
    • INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
    • Á estatística ¡en caricaturas!
  • NOVAS
    • NOVAS
    • Ofertas de Emprego e bolsas
    • Boletín de novas
  • LIGAZÓNS
  • CONTACTA

Concurso Incubadora

ÚLTIMAS NOVAS

  • Novas da SGAPEIO, 20 de outubro de 2026
  • Dúas Bolsas de Investigación na Universidade do Algarve
  • Novas da SGAPEIO, 28 de setembro de 2026
  • Curso de Cálculo do tamaño da mostra en estudos de investigación (3.ª edición)
  • Curso de Análise estatística de datos para estudos científicos con SPSS, RStudio e Intelixencia Artificial

Asóciate

Acceso socios

  • Esqueceu súa clave?
  • Esqueceu seu nome de usuario?

Novas da SGAPEIO, 27 de xullo 2018

1.- Curso de Estatística aplicada con R (4ª edición)
Descrición: A Facultade de Ciencias da Universidad Autónoma de Madrid (UAM), en colaboración co Departamento de Bioestadística de GEICAM, organiza a 4º Edición do programa de formación continua en "Estadística Aplicada con R" que se impartirá en Madrid en 2018 de forma presencial.
Programa: O programa está composto por 6 módulos que poden ser cursados de forma independente.

  • Introdución a R (Opción A): 6, 7 de setembro
  • Introdución a R (Opción B): 20, 21 de setembro
  • Métodos de Regresión e Análise Multivariante con R: 3, 4, 5 de outubro
  • Métodos de Regresión Avanzados para a Investigación en Ciencias Naturais con R: 16, 17, 18 de outubro
  • Estatística Aplicada á Investigación Biomédica con R: 24, 25, 26 de outubro
  • Modelos Mixtos / Xerárquicos / Multinivel con R: 20, 21, 22 Novembro
  • Técnicas Estatísticas de Minería de Datos con R: 26, 27, 28, 29, 30 de Novembro

Lugar: Todos os módulos impartiránse na Facultade de Ciencias da UAM.
Sitio web: https://goo.gl/d41Uje

2.- V Xornada de Usuarios de R en Galicia
25 de outubro de 2018
Santiago de Compostela, España
Descrición: A V Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, o día 25 de outubro de 2018. Organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG, e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), incluirá relatorios e talleres co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.
Se queres presentar unha charla sobre algún tema que che interese ou organizar un taller, tes toda a infomación no apartado call for papers. Se prefires enviarnos calquera outra suxestión tamén podes contactar con nós a través do formulario de contacto.
Dentro da programación da Xornada de Usuarios R vaise organizar un Taller Introdutorio do Paquete Estatístico R e outro taller de contidos avanzandos de R (o contido específico deste taller indicarase no apartado de programa da sesión).
Como os talleres son prácticos, é recomendable levar un ordenador portátil. Esta actividade enmárcase dentro do Sistema Titorial da Facultade de Matemáticas da USC e no convenio de colaboración asinado entre a Amtega e o CIXUG para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia. A inscrición é de balde, e de libre acceso.
Sitio web: https://www.r-users.gal/

3.- 62nd ISI World Statistics Congress (WSC) en Kuala Lumpur
18 de agosto de 2018 – 23 de agosto de 2018
Kuala Lumpur, Malasia
Descrición: Os Congresos Mundiais de Estatística (WSC) do ISI teñen lugar unha vez cada dous anos en diferentes países e, normalmente, están organizados ou en colaboración coa Oficina Nacional de Estatística do país anfitrión. Os WSC e os seus eventos asociados son o punto máis destacado das actividades do ISI onde todas as nosas Asociacións, Comités, membros e participantes implicados na estatística provenientes de todo o mundo, xúntanse para participar nas distintas actividades do WSC durante unha semana enteira, nametres que as actividades asociadas se levan a cabo unha semana antes ou despois do congreso principal. O seguinte ISI WSC terá lugar en Kuala Lumpur, Malasia, do 18 ao 23 de agosto de 2019.
Cada WSC ten un programa científico rico que se agrupa en tres tipos de sesións: sesións invitadas (IPS), sesións de temática especial (STS) e sesións de contribucións e póster (CPS).
O programa administrativo completo inclúe as reunións das comisións executivas, das asembleas xerais e dos comités do ISI, ademais das correspondentes ás asociacións.
Os anfitrións locais fixeron un gran esforzo no Programa Social para que o WSC sexa un evento para lembrar e proporcionar aos participantes a oportunidade de experimentar o sabor da cultura do país anfitrión. O Programa Social tamén inclúe actividades diarias para acompañantes.
É de salientar a organización de diversas Reunións Satélite e Cursos Curtos asociados ao WSC e organizados polo ISI e as súas diversas Asociacións. Estes teñen lugar en ou preto da cidade anfitrioa antes e despois da semana principal do WSC e se combinan co WSC para proporcionar un excelente e excepcional evento estatístico internacional, memorable en todos os sentidos.
Sitio web: http://www.isi2019.org/

4.- Workshop on Data Science (IMUS)
13 de setembro de 2018 - 14 de setembro de 2018
Sevilla, España
Descrición: O Workshop on Data Science, que se celebrará no IMUS (Instituto de Matemáticas da Universidad de Sevilla) os días 13 e 14 de setembro (2018), pretende proporcionar un foro para o intercambio de ideas entre investigadores de diferentes áreas en Investigación Operativa, Estatística e Informática. O evento será financiado pola Fundación BBVA (FBBVA), en particular polo proxecto “Clasificación con atención a los costes. Un enfoque de optimización matemática”, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade (proxecto MTM2015-65915-R):
https://www.fbbva.es/equipo/clasificacion-atencion-los-costes-enfoque-optimizacion-matematica/
Comité organizador:

  • Rafael Blanquero Bravo (U. Seville, IMUS)
  • Manuel Carrero Cámara (IMUS)
  • Pepa Ramírez Cobo (U. Cádiz, IMUS)
  • Rubén Ramírez Touro (IMUS) 

Conferenciantes invitados:

  • Cabras, Stefano University Carlos III of Madrid
  • Cao, Ricardo University of A Coruña
  • Gude, Francisco University Clinical Hospital of Santiago
  • Guerrero, Vanesa University Carlos III of Madrid
  • Guillén, Montserrat University of Barcelona
  • Marron, Stephen University of North Carolina at Chapel Hill
  • Molina, Isabel University Carlos III of Madrid
  • Morales, Juan Miguel University of Málaga
  • Olivares-Nadal, Alba University Pablo de Olavide
  • Romero, Dolores Copenhagen Business School

Contacto:

  • Preguntas xerais: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Preguntas administrativas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Sitio web: http://congreso.us.es/wdatascience/index.html

5.- Concurso “STUDENT de Estadística Aplicada”
Descrición: Mediante este concurso, o Servizo de Estatística da Universidade Autónoma de Barcelona xunto co Instituto de Estatística de Catalunya quere potenciar o espírito investigador e o gusto pola Estatística Aplicada entre os estudantes das universidades do Estado español, así como dar a coñecer o papel destacado da Estatística na obtención de novos coñecementos tanto na comunidade universitaria como á sociedade en xeral. Os aspirantes presentarán unha análise dun conxunto de datos, enmarcado en un problema real, para o que proporán unha solución. O contido do traballo será inédito e de temática libre.
Bases do concurso: Poderán optar ao concurso todos os estudantes de grao ou de mestrado que estean matriculados este curso 2017-18 en calquera universidade do Estado Español. Os concursantes, de forma individual ou ben en equipos de dous, presentarán un traballo que debe ser inédito. Os traballos non poderán superar as 20 páxinas e deberán ter unha estrutura similar á seguinte:

  • Título e pseudónimo.
  • Resumo (150 palabras): Texto que se publicará na páxina web do SEA se é un traballo ganador.
  • Breve introdución.
  • Planteaxamento do problema, obxectivos e hipóteses de traballo. Información a priori dispoñible.
    Análise estatística.
  • Conclusións, interpretacións e consecuencias. Analizar as repercusións que poden ter os resultados obtidos.

Solicitudes: O traballo será enviado ao Servizo de Estadística da UAB por correo electrónico, a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., en formato pdf e firmado cun pseudónimo. No texto da mensaxe deberán tamén incluírse no nome e os datos do autor/a (teléfono) así como unha imaxe escaneada do resguardo da súa matrícula universitaria correspondente a este curso.
Responsabilidades: Os estudantes ganadores deberán facer unha presentación do traballo no Día da Estatística de Cataluña de uns 8-10 minutos.
Data límite para o envío dos traballos: 10 de setembro de 2018.
Sitio web:
http://sct.uab.cat/estadistica/es/content/concurso-student-de-estad%C3%ADstica-aplicada

6.- Contratos para investigadores en ciencia de datos e investigación de operacións na Escola de Negocios IESE de Barcelona
Descrición: A partir do mes de outubro de 2018 estarán dispoñibles dous empregos de investigación a tempo completo no IESE Business School (Universidade de Navarra) de Barcelona. O traballo desenvolverase en proxectos interesantes que buscan modelar e predicir patróns de consumo e mobilidade, ademáis de aconsellar a toma de mellores decisións para comerciantes e cidades. Estes proxectos non son illados, senón que estenden investigacións previas.
Para máis información, consúltese:
http://blog.iese.edu/martinezdealbeniz/research/
Perfil: O posto é ideal para candidatos recentemente titulados en matemáticas, enxeñería ou economía que estean interesados en seguir unha carreira na investigación en investigación operativa (ciencia da información ou matemática aplicada) ou xestión de operacións. Os candidatos potenciais deben estar familiarizados coas técnicas básicas de ciencia da información (econometría, aprendizaxe automática, R/python), modelización e optimización (programación matemática).
Prégase aos interesados que envíen o seu CV a Victor Martínez-de-Albéniz a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

7.- Dous contratos de profesor lector en Estatística e Investigación de Operacións na Universitat Politécnica de Catalunya
Descrición: O Programa Serra-Húnter do Sistema Universitario de Cataluña
(http://serrahunter.gencat.cat/en) oferta dous contratos temporais como profesor lector en Estatística e Investigación Operativa (en principio, un en Estatística e outro en Investigación Operativa) na Universitat Politécnica de Catalunya (UPC, BarcelonaTech). Prazo: A convocatoria internacional está aberta desde o 6 de xullo ata o 16 de setembro de 2018.
Máis información da convocatoria:
http://serrahunter.gencat.cat/en/convocatoria_juliol_2018/

8.- Investigador/a para proxecto “Rich Stimulation Daily Living (RISING)”
Descrición xeral do proxecto: Estudo de investigación sobre a efectividade de terapias cognitivas baseadas en actividades cotiás, a través da monitoraxe non invasiva dos usuarios: Rich Stimulation Daily Living (RISING).
Descrición do posto: 1 contrato a tempo completo como investigador/a en o proxecto de investigación arriba mencionado para a realización dun estudo sobre a efectividade de terapias cognitivas baseadas en actividades cotiás, no marco dun contrato entre o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e unha empresa do sector TIC.
Investigador principal: Profesor Dr. Manuel Febreiro Bande, Catedrático de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela, e investigador adscrito a ITMATI.
Perfís dos candidatos: Graduados/ as, licenciados/ as, diplomados/ as, másteres e doutores/ as en matemáticas e/ou estatística.
Méritos e requisitos a valorar:

  • Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
  • Expediente académico do grao, licenciatura, diplomatura, máster e/ou doutoramento. Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato/a con a área de estatística e investigación operativa.
    Coñecementos avanzados en estatística.
  • Experiencia previa en análise e programación de algoritmos matemáticos e/ou estatísticos. ou Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso da linguaxe de programación R. Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (35 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
  • Coñecementos e experiencia previa no uso de metodoloxías relativas ao control estatístico da calidade, especialmente ao control por atributos.
  • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso do paquete Shiny de R e de R Markdown.
  • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de LaTeX.
  • Entrevista persoal (25 puntos).
  • Os candidatos/ as seleccionados/ as de acordo cos criterios anteriores serán convocados/ as a unha entrevista persoal. Entrevistarase polo menos aos tres candidatos/ as mellor valorados/ as. 

Traballos a realizar: Análise estatística dos datos recompilados no marco do proxecto.
Elaboración de informes en R, usando o paquete Shiny de R e R Markdown.
Condicións:

  • Realizarase un contrato de obra ou servizo.
  • Retribución bruta mensual: 1.710,00 € en 12 pagas.
  • Data inicio prevista: setembro de 2018.
  • Data fin de obra prevista: 30/11/2018, sempre que a dispoñibilidade do proxecto permítao.
  • Xornada laboral: tempo completo.

Envío de solicitudes: As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 23 de xullo de 2018 ás 14:00 horas a súa solicitude, que deberá incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria da persoa solicitante (coa formación e experiencia xeral a valorar, así como os méritos adicionais que se valoran na convocatoria), un currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), e o título e o expediente académico de grao, licenciatura, diplomatura, máster e/ou doutoramento. Se os candidatos/ as estímano oportuno tamén poderán achegar á súa solicitude cartas de recomendación. Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando en “asunto” a referencia da oferta ITMATI-OT-09/2018. Unha vez recibida a solicitude, confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico.
Sitio web:
http://www.itmati.com/en/oferta-de-empleo-itmati-ot-092018-investigadora-para-proyecto-rich-stimulation-daily-living-rising

9.- Convocatoria concurso público para a elaboración dunha lista de agarda de persoal docente e investigador contratado interino na USC
Descrición: Resolución do 5 de xullo de 2018 pola que se convoca concurso público para a elaboración dunha lista de agarda de persoal docente e investigador contratado interino para cubrir as necesidades docentes de distintas áreas de coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela para o curso académico 2018/19.
Sitio web: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180718/AnuncioG2018-060718-0001_gl.html
Entre as distintas áreas de coñecemento relacionadas, están Estatística en Investigación de Operacións (Nº de concurso L022/18-19) e Análise Matemática (Nº de concurso L017/18-19).
Para máis información acerca do concurso L022/18-19, pódese consultar:
http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/prazasabertas/profesor.html?id=900291&valor=true

Novas da SGAPEIO, 17 de xullo 2018

1.- Publicación da entrega Nº49 do INFORMEST
A SGAPEIO informa a todos os seus socios que en breve estará dispoñible para todos os socios o Nº 49 do INFORMEST, incluíndo os seguintes contidos:

  • Editorial: Xubilación de José Manuel Prada Sánchez (USC).
  • O transplante cruzado de riles: unha aplicación do problema de asignación, por Leticia Lorenzo Picado.
  • Entrevista a Indalecio Cabana Leira, por Covadonga Rodríguez Moldes. Actividades da SGAPEIO.
  • Novas do IGE.
  • Traballos de Estatística e Investigación Operativa no SUG.
  • Coñecendo a unha socia da SGAPEIO: Belén Ma Fernández de Castro.
  • Estatística recreativa Euros e coins: por Antonio Vaamonde Liste.

2.- Fase Nacional da VIII Edición do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O Instituto Cántabro de Estadística (ICANE), a Sociedad Española de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) e o Gobierno de Cantabria veñen de organizar a Fase Nacional da VIII Edición do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, que tivo lugar no Centro Rural de Innovación Educativa de Cantabria (Viérnoles, Torrelavega), entre o 27 e o 29 de xuño do 2018. Os representantes de Galicia nas diversas categorías foron os respectivos gañadores da fase galego do concurso, a saber: 

  • Categoría 1º e 2º da ESO: “A diversidade da orde” das alumnas Sarai Fariña Arosa, Alba Neira Caldas, Noa Quintáns Rey e Carlota Rodríguez Rivas titorizadas pola profesora Paula Blanco Mosquera do CPI San Vicente de A Baña.
  • Categoría 3º e 4º da ESO: “Goberno por azar?” dos alumnos María Paz Varela, Alex García Rellán, Sarai Pose Fariña e Brais Martínez Lema titorizados pola profesora Milagros Diéguez Taboada do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños.
  • Categoría Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio : “Silencio! Estase a calcular” dos estudantes Raúl Corzón Mato, Lucía Senande Corzón e Luis Vázquez Lema titorizados pola profesora Luz Josefa Mouzo Rioboo do IES Maximino Romero de Lema de Baio.

Hai que salientar a alta calidade de todos os traballos presentados, destacando especialmente os dos representantes galegos, indicativo da boa saúde desta disciplina no noso sistema educativo. Desde a SGAPEIO felicítase a todos os participantes no concurso e, particularmente, aos alumnos do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, titorizados por Mila Diéguez, que resultaron gañadores na categoría de 3º e 4º da ESO co traballo titulado “Goberno por azar?”. A lista completa de premios achégase a continuación:

  • Categoría 1º e 2º ESO
    • Primeiro premio
      Título do Traballo: CARACOLES SILVESTRES VERSUS CARACOLES DE GRANJA. Titor: SÍLVIA SALVADOR FÀBREGAS. Alumnos: Pau Buscall Malé, Aran Capdevila García, Raquel Martín Breganciano y Queralt Santacreu Sánchez. Comunidade autónoma: Cataluña.
  • Categoría 3º e 4º ESO
    • Primeiro premio
      Título do Traballo: GOBIERNO POR AZAR? Titora: Milagros Diéguez Taboada. Alumnos: Alex García Rellán, Brais Martínez Lema, María Paz
      Varela y Sarai Pose Fariña. Comunidade autónoma: Galicia.
  • Categoría Bacharelato e Ciclos Formativos
    • Mención
      Título do Traballo: HARRY POTTER Y LAS RELIQUIAS DEL MUNDO CLÁSICO. Titora: Claudia González Ocaña. Alumna: Selma Soblechero Rubio. Comunidade autónoma: Madrid.
    • 1º premio ex aequo
      Título do Traballo: THE WALL: CAMBIA TU VIDA. Titor: JOSUNE AURREKOETXEA LARREACON. Alumna: Alba Hernández Costoya. Comunidade autónoma: País Vasco.
    • 1º premio ex aequo
      Título do Traballo: DISEÑO Y COMPARACIÓN ESTADÍSTICA DE DISPOSITIVOS DE MEDIDA DE EROSIÓN POR SALPICADURA. Titor: SANTIAGO ALONSO PALACIO. Alumnas: Julia Garnelo Gutiérrez y Antía Ovalle Hernández. Comunidade autónoma: Castela e León.

Para máis información, consúltense os seguintes sitios web: https://www.icane.es/seio/
http://www.seio.es/Incubadora/II-Fase-Nacional-del-Concurso-Tipo-Incubadora-de- Sondeos-y-Experimentos-4.html

3.- Nomeamento de Ricardo Cao Abad como Editor Xefe Electo da revista Journal of Nonparametric Statistics
O Consello de Administración da American Statistical Association (ASA) ven de aprobar por unanimidade e con entusiasmo o nomeamento do Dr. D. Ricardo Cao Abad, Catedrático da Universidade da Coruña e insigne socio da SGAPEIO, como Editor Xefe Electo da revista Journal of Nonparametric Statistics, para o período comprendido entre os anos 2019 e 2021. Como é sabido, Journal of Nonparametric Statistics é unha revista científica de gran prestixio no mundo da publicación académica, en particular no ámbito da estatística. A Sociedade felicita efusivamente ao Dr. D. Ricardo Cao Abad polo seu nomeamento e importante recoñecemento no eido da estatística non paramétrica a nivel internacional.

4.- Xornada e taller “Ciencia de Datos y Big Data en Salud”
Dirixido a: Profesionais da xestión, investigación e tratamento de datos no campo da saúde. Obxectivos: Xerar un espazo para a reflexión e análise, compartir experiencias e identificar futuras liñas de traballo en torno á xestión de datos de saúde.
Data: 6 de septembro de 2018
Localización e organizador: Escuela Andaluza de Salud Pública
Inscrición: Ata o 1 de setembro ou completar aforo.
Sitio web: http://bit.ly/Jornada_BigData
Prezo:

  • Xornada: 35€
  • Taller: 30€ (pazas limitadas)
  • Café e comida incluídos

5.- III Edición do Machine Learning Workshop
18 de outubro de 2018
Vigo, España
Descrición: Nos últimos anos, o interese da industria e da comunidade investigadora polas tecnoloxías asociadas ao Aprendizaxe Máquina ou Machine Learning incrementouse notablemente. Coa irrupción das tecnoloxías Big Data, a mellora nos algoritmos de aprendizaxe e a aparición do Deep Learning, esta rama da Intelixencia Artificial converteuse nun referente en case calquera campo de coñecemento. A pesar de todos os seus beneficios para a sociedade e a industria, o seu potencial máximo está aínda por explotar, polo que temos por diante un futuro cheo de novos retos e oportunidades. Logo do éxito colleitado nas edicións de 2016 e 2017, con múltiples relatorios e máis de 100 participantes entre investigadores e empresas en cada unha delas, atlanTTic asume a organización da III Edición do Machine Learning Workshop Galicia, que terá lugar o 18 de outubro de 2018 en Vigo.
Envío de traballos: Convídase aos autores, sexan da academia ou da empresa, a compartir a súa experiencia en Machine Learning durante o evento. Os interesados deben enviar un resumo a través da plataforma EasyChair, seguindo o formato esixido pola organización e que se pode descargar a través do seguinte enlace:
https://wgml.es/files/Modelo_de_abstract_WGML2018.doc
Datas importantes:
Data límite de recepción de traballos: 16/09/2018.
Apertura del rexistro de asistencia: 18/09/2018. Notificación de traballos: 01/10/2018. Publicación da axenda: 8/10/2018.
Celebración do Workshop; 18/10/2018.
Localización: Sede Afundación, Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra.
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Sitio web: https://wgml.es/

6.- 9th International Congress on Industrial and Applied Mathematics (ICIAM 2019)
14 de xullo de 2018 - 19 de xullo de 2018
Valencia, España
Descrición: O 9th International Congress on Industrial and Applied Mathematics (ICIAM 2019) pretende promover a participación da comunidade científica, tanto no eido internacional como español, dedicada á Matemática industrial e, moi especialmente a participación de conferenciantes da industria. Mediante a organización deste congreso búscase proporcionar unha panorámica da Matemática Industrial ao redor do mundo incluíndo temas tan diversos como:

  • Sectores de actividade económica.
  • Retos sociais para la investigación e a innovación.
  • Historias de éxito da Matemática Industrial desenvolvidas baixo o abeiro de contratos oy proxectos competitivos con soporte industrial.
  • Casos de Estudo en Matemática industrial que inclúan iniciativas tales como Grupos de estudo coa industria, Semanas de modelado, Días industriais, traballos fin de mestrado, teses de doutoramento, etc.
  • Formación en Matemática Industrial.
  • Infraestructuras internacionais de colaboración entre industria e academia.

Sitio web: https://iciam2019.org/index.php/about-iciam2019/iciam-2019

7.- I Conference on Transfer between Mathematics & Industry
22 de xullo de 2018 - 24 de xullo de 2018
Santiago de Compostela, España
Descrición: A I Conference on Transfer between Mathematics & Industry é un evento satélite do ICIAM 2019 que ten como obxectivo promover e difundir as Matemáticas e as súas aplicacións, promovendo a investigación en novas liñas orientadas ás necesidades da industria e da sociedade en xeral, a renovación dos currículos en este campo e en todos os niveis educativos, ademais de na internacionalización. As xorndas estruturaranse en tres días nos que se pretende mostrar experiencias de éxito no campo da transferencia de coñecementos matemáticos á industria, o comercio e as institucións desde diferentes perspectivas. Este Congreso, na súa primeira edición, será coorganizado por math-in e ITMATI e pretende ter unha edición bianual (en anos impares) que será promovida desde math-in en colaboración con un dos seus socios.

Sitio web: https://iciam2019.org/index.php/about-iciam2019/sub-venues

8.- Workshop On Advances In Statistical Inference
19 de xullo de 2018 - 20 de xullo de 2018
Vigo, España
Os próximos días 19 e 20 de xullo, terá lugar na Facultade de Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo (Aula seminario 8) un Workshop on Advances in Statistical Inference, con seguinte programa:

Xoves, 19 de xullo

Problemas de contrastes

  • 11.30 – 12.00 gBA para contrastar envejecimiento DPRL. Alba Franco Pereira, Universidad Complutense de Madrid
  • 12.00 – 12.30 A model specification test for the variance function in non-parametric regression. Juan Carlos Pardo Fernández, Universidade de Vigo
  • 12.30 – 13.00 A characterization of multinormality and corresponding tests of fit for i.i.d. and GARCH data. M.D. Jiménez Gamero, Universidad de Sevilla

Problemas de bioestadística

  • 15.30 – 16.00 Nueva medida de acuerdo nominal entre observadores: coeficiente Alfa. María Álvarez Hernández, Centro Universitario de la Defensa - Escuela Naval Militar
  • 16.00 – 16.30 The three-state progressive model under various types of censoring and truncation. Carla Moreira, Instituto de Saúde Pública da Universidade de Porto
  • 16.30 – 17.00 Studying causal efects in Cox models from observational designs. Pablo Martínez Camblor, Dartmouth Institute for Health Policy and Clinical Practice

Venres, 20 de xullo

Estimación en contrastes con condicións non estándar

  • 10.00 - 10.30 h: Comparing several multiple testing methods for discrete uniform p-values. Marta Cousido Rocha, Universidade de Vigo
  • 10.30 - 11.00 h: Tests de bondad de ajuste para la detección de trastornos en experimentos de NGS y estimación de parámetros. Norman Jiménez Otero, Universidade de Vigo
  • 11.00 - 11.30 h: Smoothing parameter selection in set estimation. Paula Saavedra Nieves, Universidade de Vigo

Avances en regresión

  • 12.30 - 13.00 Regresión restrinxida para datos altamente dependentes con restriccións de igualdade e desigualdade nos coeficientes. Aplicación a un caso real. Tomás Cotos Yáñez, Universidade de Vigo
  • 13.00 - 13.30 Modelos GAMLSS. Aplicación al cálculo de percentiles de rendimiento en remo. M Carmen Iglesias Pérez, Universidade de Vigo
  • 13.30 - 14.00 Predicting pollution incidents through semiparametric quantile regression models. Javier Roca Pardiñas, Universidade de Vigo

Sitio web:
http://sidor.uvigo.es/en/activities/workshops/1197-2018-07-19-20-workshop-on-advances-in-statistical-inference

9.- Oferta de traballo: Científico De Datos en La Voz De Galicia
Resumo das características do posto: Realizar análise estatística de grandes volumes de datos, recompilados das distintas bases de datos e fontes de información, que permitan obter coñecemento e resolución de problemas de negocio e definir índices de interese da empresa.

REQUISITOS mínimos esixibles das candidaturas:

  • Formación acreditada
  • Estar en posesión do título de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñería, mestrado e/ou doutoramento. Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato coa área de estatística.
  • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de técnicas estatísticas. Experiencia previa en análise e programación de algoritmos matemáticos e estatísticos.
  • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de linguaxes de programación.
  • Coñecementos e experiencia previa en procesamento de grandes bases de datos.
  • Coñecementos avanzados de inglés.
  • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de análise exploratorio de datos, técnicas de modelización estatística (modelos de regresión lineal e non lineal, paramétricos e non paramétricos, regresión loxística,…), análise multivariante (procedementos de redución da dimensión, técnicas de clasificación supervisada e non supervisada, análise factorial, selección de características,…) e detección de anomalías, entre outras.
  • Coñecementos e experiencia previa en computación estatística, minería de datos, Big Data e statistical learning / machine learning.
  • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso das linguaxes de programación R ou Python.
  • Coñecementos e experiencia previa no uso de Google Analytics e BigQuery.

Funcións do posto de traballo:

  • Análise estatística de grandes volumes datos recompilados a través das distintas bases de datos e fontes de información da empresa, que permitan obter coñecemento deses datos e resolver problemas de negocio.
  • Definición de índices de interese para a empresa.
  • Implementación dos índices seleccionados na infraestrutura de almacenamento de datos da empresa.
  • Construción e implementación de motor de alertas asociadas aos índices seleccionados.

Condicións de contratación:

  • Realizarase un contrato indefinido. Retribución bruta anual: 29.300,00 €. Xornada laboral: tempo completo.
  • Lugar de Traballo: Polígono Industrial de Sabón. Arteixo. Incorporación inmediata unha vez finalizado o proceso de selección.

Proceso de selección

  • A solicitudes enviaranse a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Data límite de recepción de solicitudes: 17 de agosto de 2019.
  • Os candidatos/ as seleccionados/ as de acordo cos criterios anteriores serán convocados/ as a unha entrevista persoal, na que deberán achegar a documentación acreditativa da Formación e Coñecementos que indicasen na solicitude, así como vida laboral. Garántese confidencialidade.


10.- Prácticas do 3º Programa de Talento de Ciencia da Información
Descrición: Programa de prácticas para alumnos de último ano ou recentemente titulados en Informática, Enxeñaría de Telecomunicacións, Matemáticas, Estatística, Física, entre outras titulacións afíns. Con este programa de prácticas, o Banco Santander, ademais de formar os candidatos seleccionados en calquera das súas áreas de negocio, estes serán adestrados mediante o curso dun posgrao especializado en Data Science.
Os candidatos interesados deberán rexistrarse en:
https://santander.taleo.net/careersection/career_esp/jobdetail.ftl?job=1800010W&tz =GMT%2B02%3A00

11.- Lista de agarda para prazas docentes na Universidade de Vigo
Descrición: A Universidade de Vigo abriu un concurso público para a elaboración dunha 'Lista de agarda' (Lista de espera) para cubrir prazas docentes (Profesorado Interino de Substitución) durante o curso 2018/2019. En particular, o Departamento de Estatística e Investigación Operativa (C05) da Universidade de Vigo cubrirá necesidades docentes durante o curso 2018/2019 mediante este sistema, e non serán seleccionables aqueles candidatos que non soliciten agora a súa inclusión na citada 'Lista de agarda'. Toda a información relativa a este concurso así como o acceso ao formulario telemático de solicitude atópanse dispoñibles na seguinte ligazón:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/80
Para o primeiro cuadrimestre, a praza para cubrir é a praza de referencia A1801- C05-
265- PI- TP-01. O prazo de solicitude comeza o 9 de xullo de 2018 e termina o 20 de xullo de 2018.

Novas da SGAPEIO, 27 de abril 2018

1.- “Short courses” de Modelización Bayesiana e Aprendizaxe Máquina computacionais
Profesores: Sujit Sahu (University of Southampton, Reino Unido) e Dr Sourish Das (Instituto Matemático de Chennai).
Datas: do 11 ao 15 de xuño de 2018.
Lugar: University of Southampton, Reino Unido.
Descrición do Curso 1: Introdución á Modelización e Computación Xerárquica Bayesiana, do 11 ao 12 de xuño de 2018. Dirixido a científicos aplicados que estean a pensar en utilizar métodos Bayesianos e que desexen recibir unha introducción básica cunha gran compoñente práctica mediante os programas R e WinBuGS. Non se precisa coñecemento previo de métodos bayesianos. Non obstante, asúmese a familiaridade coas distribucións estándar de probabilidade (normal, binomial, Poisson, gamma) e métodos estatísticos estándar, como por exemplo a regresión múltiple. Ás sesións maxistrais sobre o teorema de Bayes, os elementos da inferencia bayesiana, a elección das distribucións a priori e a introdución ao MCMC, seguiranlles as clases prácticas usando R e o software WinBUGS.

Descrición do Curso 2: Aprendizaxe Máquita Estatístico. Do 13 ao 15 de xuño de 2018. Este curso proporcionará unha visión xeral das ideas básicas da aprendizaxe máquina desde unha perspectiva estatística. Os temas a tratar inclúen: aprendizaxe supervisada, clasificación e algoritmos e aprendizaxe non supervisada. O curso comezará cunha discusión detallada sobre a aprendizaxe supervisada. Discutiranse os subtemas de regresión habituais de multicolinealidade, selección variable, regularización, LASSO, Ridge, Elastic Net mediante gran número de exemplos. Seguirase coa exposición da regresión no lineal para pasar a continuación ao tema de clasificación, facendo especial énfase no clasificador Bayes Naïve, a análise discriminante, regresión logística, árbores de decisión, máquinas de vector de soporte, Random Forest, perceptrón learning, redes neuronais e deep learning. A continuación comentaranse varios algoritmos de optimización populares como Gradient Descent, Stochastic Gradient Descent e o Back Propagation. Finalmente se introducirá o agrupamento de K-medias, análise de compoñentes principais e análise latente de Dirichlet.
Contacto:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Sitio web: http://www.soton.ac.uk/~sks/2018course/
Rexistro: http://go.soton.ac.uk/94y para o Curso 1.
http://go.soton.ac.uk/94x para o Curso 2.

2.- Curso virtual: como revisar un artigo orixinal (3ª edición)
Descrición: Este curso levarase a cabo a partir dunha serie de talleres de e-learning organizados pola revista Gaceta Sanitaria no marco do acordo EASP-SESPAS e impartido polos editores da revista. A revisión dun artigo científico é un paso crave no proceso de publicación e debe contribuír á validez, claridade e utilidade do que se publica. O curso está estruturado en cinco unidades:

  • Proceso de revisión por pares
  • A escrita científica e a estrutura dun artigo
  • Realización dunha revisión
  • Exercicio práctico dunha revisión
  • Como responder a editores e revisores.

Data: Do 7 de maio ao 5 de xuño de 2018. Con 5 horas de dedicación aproximada por semana. Tras a conclusión e entrega de diferentes tarefas, obterase a certificación da formación.
Requisitos:

  • Publicación de polo menos 2 artigos científicos.
  • Coñecemento da metodoloxía da investigación.

A selección será realizada polo comité editorial da revista, baseada nos requisitos e priorizando aos socios do SESPAS.
Límite de inscrición: 3 de maio de 2018
Prezo de inscrición: 80 €
Rexistro en:https://bit.ly/2JdR2uO
Información: Juan Antonio Castillo, telf: +34 958 027 400, correo electrónico:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

3.- Curso de análise e visualización de datos sanitarios con R da “Escuela Andaluza de Salud Pública”
Matrícula: de 340 €
Coordinación: Emilio Sánchez-Cantalejo Ramírez; Carmen Sánchez-Cantalejo Garrido
Duración: 20h
Lugar e datas: Granada, do 13 ao 15 de xuño de 2018
Prazo de rexistro: 16/05/02018
Organizado por: Centro de Estudios Andaluces y Escuela Andaluza de Salud Pública.
Obxectivos:

  • Importación e exportación de bases de datos desde e en calquera formato.
  • Manipular bases de datos: seleccionar tanto individuos como variables, ordenar, fusionar, recodificar, calcular, etc.
  • Construír táboas e gráficos.

Contidos:

  • Introdución ás ferramentas para a análise de bases de datos sanitarias.
  • Principais características das bases de datos sanitarias. Importación, exportación e manipulación de ficheiros.
  • Funcións máis utilizadas na análise estatística básica.
  • Gráficos avanzados e mapas en epidemioloxía e investigación sanitaria.

Sitio web:http://www.easp.es/cursos/?idCurso=311502NA18

4.- Curso de inverno en series de tempo: 2018 CRoNoS Winter Course on Time Series
Descrición: Dates: 11-12 December 2018.
Localización: Facolta di Economia, University of Pisa.
Sala: TBA
Ponentes:

  • Prof. Alessandra Luati, Universitá di Bologna, Italia.
  • Prof. Peter Winker, Justus-Liebig-Universitat Giessen, Alemaña.

Proporcionarase aos alumnos un enlace coa información e material correspondente ao curso.
Bolsas: Os estudantes de doutoramento e os doutores recentes (cuxo título se obtivera de 2011 en adiante) poderán optar a unha beca de ata 500 euros para gastos de aloxamento e viaxe, ademais da matrícula do curso. Deberá mandarse o CV a dirección de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. sendo a data límite o 15 de xullo de 2018. Os gañadores serán informados por correo.
Organización: CRoNos COST Action IC1408, representada por Erricos J. Kontoghiorghes e Ana Colubi.
Sitio web e rexistro:http://cfenetwork.org/CFE2018/wintercourse.php

5.- Congresos CMStatistics 2018 (ERCIM 2018) e “12th International Conference on Computational and Financial Econometrics” (CFE 2018)
14 de decembro de 2018 – 16 de decembro de 2018
Pisa, Italia
Descrición: O “11th International Conference of the ERCIM WG on Computational and Methodological Statistics” (CMStatistics 2018) terá lugar na Universidade de Pisa, Italia, do 14 ao 16 decembro de 2018. Os cursos tutoriais impartiranse o xoves 13 de decembro mentres que o curso de inverno Cronos Winter Course terá lugar do 11 ao 12 decembro de 2018. Este cogreso está organizado polo grupode traballo ERCIM de eEstatística Computacional e metodoloxica (CMStatistics) ademais da Universidade de Pisa. A nova revista Econometrics and Statistics (EcoSta) e o seu suplemento, Annals of Computational and Financial Econometrics, son os principais patrocinadores do congreso. As revistas Econometrics and Statistics e Computational Statistics and Data Analysis publicarán aqueles traballos seleccionados en números especiais unha vez pasen a correspondente revisión por pares. Este congreso terá lugar conxuntamente coa “12th International Conference on Computational and Financial Econometrics” (CFE 2018). Es congreso ven avalado pola alta calidade das presentacións e a alta participación, de feito a última edición reuniu máis de 1.600 participantes.
Temas: Métodos robustos, algoritmos e software estatístico, análise de datos de alta dimensión, estatísticas de datos imprecisos, modelado de valores extremos, regresión cuantil e métodos semiparamétricos, validación de modelos, análise de datos funcionais, métodos Bayesianos, heurística de optimización para a estimación e o modelizado, econometría computacional, finanzas cuantitativas, extracción e filtrado de sinais, estimación de áreas pequenas, modelos de ecuacións estruturais e variables latentes, modelos de mesturas, cálculos matriciais en estatística, modelado e computación de series temporais, algoritmos de deseño óptimos e estatística computacional para a investigación clínica.
Sitios web:
http://cmstatistics.org/CMStatistics2018/index.php
http://cfenetwork.org/CFE2018/

6.- 11th International Statistics Days Conference (11th ISDC)
3 de outubro de 2018 – 7 de outubro de 2018
Bodrum (antiga Halicarnaso), Turquía
Descrición: O Departamento de Estatística da Universidade de Muğla Sıtkı Koçman comprácese en informar a todos os membros da SGAPEIO que recentemente se abriu o prazo para a presentación de resumos correspondente ó "11th International Statistics Days Conference" que se ha celebrar no nomeado e sobranceiro Kefaluka Resort Hotel (consultar http://www.kefaluka.com/) ao abrazo de azul profundo do Mar Exeo, en Turquía. O congreso ofrece unha oportunidade única de intercambiar ideas e discutir novas cuestións tanto teóricas como prácticas en calquera dos campos da estatística, ademais de establecer novas colaboracións que sirvan de semente a proxectos e investigacións de carácter global. O Comité Científico avaliará as súas contribucións mediante un proceso de revisión por pares. As presentacións aceptadas publicaranse nos Proceedings do Congreso, accesibles vía web, tendo ademais a posibilidade de seren seleccionadas para a súa publicación en diversas revistas de contrastada calidade. O comité organizador comprométese a investir todo o seu esforzo para xerar un ambiente óptimo para partillar coñecementos e experiencias.
Sitio web:http://www.igs2018.mu.edu.tr/

7.- Prazas De Axudante Doutor Na Universidade Politécnica De Madrid
Descrición: No Departamento de Matemática Aplicada da UPM publicouse a convocatoria de dúas prazas (prazas 006 e 042 do anexo I) de axudante doutor. O departamento é transversal, imparten clase en 4 escolas, e as prazas saen vinculadas a dúas delas, ARQUITECTURA e ENXEÑERÍA AGRONÓMICA. Aínda que o perfil da praza é nas materias de Matemática Aplicada desas seccións, o candidato pode dar clase en calquera das seccións, polo que, aínda que non figure, os perfís en Estatística e Investigación Operativa será tamén benvidos.
Prazo de envío de solicitudes: 4 de maio, inclusive.
Sitio web:
http://www.upm.es/personal/pdi/concursos/profesorescontratados/ayudantesdoctores?ide=4984 abfea73d2610 VgnVCM10000009 c7648a____& fmt= detail

8.- Concurso para prazas de Axudante Doutor e Profesor Asociado na Universidade de Santiago de Compostela
Descrición: Concurso 1009 e 1068/18-19 de prazas de profesor axudante doutor e profesor asociado na área de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela.
Concurso 1009/18-19. Área de Estatística e Investigación Operativa

  • Número de concurso: 1009/18-19
  • Dedicación: T
  • Localidade: Santiago de Compostela
  • Perfil: Bioestatística (G2051108)
  • Número de prazas: 1
  • Código/s posto/s: FX0363
  • Departamento: Estatística, Análise Matem. e Optim
  • Área: Estatística e Investigación Operativa
  • Centro*: Fac. de Medicina e Odontoloxía

Concurso 1068/18-19. Área de Estatística e Investigación Operativa

  • Número de concurso: 1068/18-19
  • Dedicación: P3
  • Localidade: Lugo
  • Perfil: Materias da área
  • Número de prazas: 2
  • Código/s posto/s: HX1362, HX1363
  • Departamento: Estatística, Análise Matem. e Optim
  • Área: Estatística e Investigación Operativa
  • Centro*: Esc. Politec. Superior Enxeñaría

Data de publicación de Resolución Reitoral/DOG/BOE: 20.04.2018
Data límite de entrega de solicitudes: 15.05.2018. A guía docente (profesor axudante doutor) e o proxecto de actividades docentes (profesor asociado) pódense entregar ata o 20.06.2018.
Sitio web:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/profesorado/descargas/1_concurso_18-19/AnuncioG2018-110418-0001_es.pdf

9.- Premios da “Association of European Operational Research Societies” (EURO)
The EURO Gold Medal (EGM) e a máis alta distinción en OR en Europa. Se concede tato a persoas coma equipos ou institucións polo seu sobranceiro e destacado traballo no eido da OR. O premio entrégase oficialmente na sesión inaugural do Congreso EURO-k sempre no caso de que haxa un candidato adecuado.
The EURO Distinguished Service Medal Award (EDSM) confírese polos servicios prestados á EURO e polo exercicio distinguido da profesión no ámbito da investigación de operacións. A decisión do xurado faise pública en cada EURO-k Conference. O premio entrégase oficialmente na sesión inaugural do Congreso EURO-k sempre no caso de que haxa un candidato adecuado.
The Excellence in Practice Award (EEPA) recoñece destacados traballos prácticos na área da investigación de operacións. Todos os autores interesados están invitados a enviar os seus traballos, facendo especial énfase no seu impacto práctico. Un reducido grupo de finalistas será convidado a presentar os seus traballos nunha sesión especial do Congreso EURO-k. O gañador será anunciado na sesión de peche do citado congreso.
The EURO Doctoral Dissertation Award (EDDA) premia as contribucións correspondentes a teses de doutoramento lidas nos últimos dous anos. Tres finalistas serán convidados a presentar os seus traballos nunha sesión especial do Congreso EURO-k. O gañador será anunciado na sesión de peche do citado congreso.
The EURO Award for the Best EJOR Papers. Os mellores artigos de revisión, aplicación, e teórico/metodolóxicos publicados en EJOR no último ano serán seleccionados por un xurado, recibindo un premio de €1000 de dotación, sendo outorgado na cerimonia de clausura do EURO-k ou do IFOR.
Sitio web:https://www.euro-online.org/web/pages/104/prizes-and-awards

Novas da SGAPEIO, 12 de abril 2018

1.- Convocatoria da asemblea Xeral da SGAPEIO
Por orde do Presidente da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións convócase a Asemblea Xeral da Sociedade para o vindeiro día 13 de abril de 2018 ás 17:00 h na aula magna da facultade de Matemáticas, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral do 28/10/2017.
2. Informes varios.

  • Estado do número de socios.
  • Outros informes.

3. Actividades previstas en 2018.

  • VIII Concurso de "Incubadora de Sondaxes e Experimentos". Fase Local
  • III Encontro Galaico-Portugués de Biometría (EBio2018), Aveiro, xuño 2018.
  • Xornada de Formación a Profesores de Ensino Secundario en colaboración con AGAPEMA, Santiago de Compostela, novembro 2018.
  • XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación Operativa, Vigo 2019.
  • Outras actividades.

4. Balance do ano 2017 e orzamento do ano 2018.
5. Rogos e preguntas. Nota: na páxina web da SGAPEIO, no apartado A SOCIEDADE/Actas e informes atópase a convocatoria da Asemblea e o resto de informes aos que fan referencia os puntos da acta.

2.- Seminario “Unha revisión das achegas de José Manuel Prada Sánchez á Estatística e á Investigación Operativa”
Infórmase a todos os socios que ás 18:30 do vindeiro 13 de abril terá lugar na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela o seminario titulado “Unha revisión das achegas de José Manuel Prada Sánchez á Estatística e á Investigación Operativa”, con motivo da recente xubilación do profesor José Manuel Prada Sánchez.

3.- VIII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Ata o 15 de abril está aberta a fase de inscrición no VIII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos que organiza a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) para estudantes de ESO, Bacharelato, FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2017-18.
Para participar é necesario que o/a profesor/a titor/a do traballo cubra o formulario de inscrición incluíndo os datos das persoas participantes ou membros do grupo.
Datas importantes:

  • Inscrición, do 3 ao 15 de abril.
  • Presentación de traballos, remata o 29 de abril.

A seguir, o xurado seleccionará os traballos finalistas.
O acto de entrega de premios celebrarase do 28 de maio ao 3 de xuño, e nel os finalistas deberán expor os seus proxectos. O fallo do xurado darase a coñecer despois da exposición. Toda a información sobre esta convocatoria atópase na páxina web da SGAPEIO: https://i.gal/incubadora
Agradecémosche moi sinceramente a túa colaboración na difusión do noso Concurso, e esperamos contar de novo coa túa participación.

4.- Curso “Uso estendido de modelos de regresión para novos deseños e análises epidemiolóxicos”
Descrición: O obxectivo xeral deste curso é presentar enfoques de deseño e análise estatísticos que permitan aos investigadores elaborar estudos epidemiolóxicos máis eficientes e utilizar mellor os datos dispoñibles a partir de cohortes derivadas dos rexistros sanitarios nacionais, rexistros médicos electrónicos ou estudos clínicos. Este curso comparará e contrastará os diferentes deseños de mostraxe e a estimación de parámetros que poida xerar cunha coidadosa "reconstrución" da cohorte subxacente ou extensións aos modelos de regresión empregados. En particular, o curso mostrará como as variacións no deseño de estudos caso-control poden producir estimacións eficientes e anesgadas da proporción de risco e outras cantidades, ademais de estudar como os conceptos clásicos dos estudos epidemiolóxicos poden estenderse a estudos con resposta continua. O curso mostrará a aplicabilidade destes métodos no deseño de estudos para facer un uso eficiente de datos de difícil realizando a súa vez unha análise máis flexible e informativa.
As sesións se combinarán con tutoriais consistentes en exercicios, sesións "journal club" e talleres. Nos talleres, os participantes poden (i) desenvolver e perfeccionar un deseño de estudo para abordar unha pregunta de investigación clínica/epidemiolóxica ou (ii) implementar algún método(s) nos seus propios datos nunha sesión de laboratorio supervisada.
Bolsas: A Escola de Doutoramento da Universidade de Milano-Bicocca ofrecerá unha beca para a participación dun estudante de doutoramento. Para solicitala, envíe o seu CV e unha carta curta (máximo 200 palabras) que describa o seu proxecto de doutoramento e como se relaciona co tema do curso, sendo a data límite o 15 de maio de 2018.
Localización: Ponte di Legno, Italia - Hotel Mirella (4 estrelas).
Público ao que vai destinado: Epidemioloxistas e bioestadísticos.
Prazo de solicitude: 31 de maio de 2018.
Requisitos previos: Coñecemento de proxectos epidemiolóxicos, regresión logística e análise de supervivencia.
Prezos (en euros): inclúe materiais do curso, autobús, aloxamento en hotel e comidas (do 9 ao 14 de setembro, inclusive).

  • 1400 ticipantes xerais.
  • 1300 membro do IBS / SISMEC.
  • 1100 estudantes de doutoramento.

Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Sitio web e rexistro: http://www.summerschoolbicocca.com/statisticalps2018.php

5.- EMR-IBS 2018: X Conferencia da Rexión Mediterránea Oriental organizada pola Sociedade Biométrica Internacional (EMR-IBS)
17 de decembro de 2018 – 20 de decembro de 2018
Xerusalén, Israel
Descrición: Este evento inclúe un simposio dun día en homenaxe ao 70 aniversario do profesor Yoav Benjamini, da Universidade de Tel Aviv, seguido da X Conferencia da Rexión do Mediterráneo Oriental da Sociedade Internacional de Biometría (EMR-IBS), que terá lugar en Xerusalén, Israel, do 17 ao 20 de decembro de 2018. Os resumos deben enviarse a través do seguinte enlace: https://www.emr2018.com/abstract-submission
Todos os resumos deben presentarse en inglés. Os resumos non deben ter máis de 500 palabras, sen incluír o título, os nomes dos autores e as afiliacións. Na ligazón de envío en liña, seleccione ata 5 temas que sexan relevantes para o seu resumo.
Temas: Análise de datos de gran dimensión; Erro de medición; Regresión cuantil; Métodos semiparamétricos; Estatística non paramétrica; Análise de datos funcionais; Métodos bayesianos; Estimación de áreas pequena; Variables latentes; Inferencia causal; Modelos de mestura; Series de tempo; comparacións múltiples; Análise de supervivencia; Métodos computacionais; Aprendizaxe máquinas; Métodos de regularización; Modelos gráficos; Análise secuencial grupal; Xenética estatística e xenómica; Datos lonxitudinais; Predición de risco; Meta análise; Datos perdidos; Modelos lineais xeneralizados; Medicina personalizada; Inferencia estatística; Ensaios clínicos; Selección de variables; Redución de dimensión; Estudos caso-control; Inferencia de selección; Visualización; Outros.
Sitio web: http://www.emr2018.com

6.- Cátedra UDC-EVERIS en transformación dixital: Intelixencia artificial para a transformación dixital das empresas
Descrición: A Cátedra UDC-EVERIS en transformación dixital convída a asistir á presentación da Cátedra que terá lugar o venres 13 de abril ás 11:30 na aula de Graos da Facultade de Informática da UDC, coa charla “Intelixencia artificial para a transformación dixital das empresas” impartida por David Pereira Paz (Everis Europa). Para participar é necesario apuntarse en
https://catedra-udc-everis-transformacion-digital.eventbrite.es

7.- Conference on Statistical Learning and Data Science/Nonparametric Statistics
4 de xuño de 2018 – 6 de xuño de 2018
Nova York, EEUU
Descrición: A “Conference on Statistical Learning and Data Science/Nonparametric Statistics” terá lugar na Universidade de Columbia, do 4 ao 6 de xuño de 2018. O principal obxectivo do congreso é reunir investigadores adicados á minería de datos e ao Statistical Learning da academia, industria e goberno nun ambiente distendido e estimulante para concentrarse no desenvolvemento da teoría, métodos e aplicacións da aprendizaxe estatística. Os temas inclúen, entre outros, a análise de Big Data, clasificación, bioloxía computacional, a estimación de modelos gráficos, datos de alta dimensión, teoría da aprendizaxe, selección de modelos, análise de redes, precisión médica e procesamento de sinais e imaxes. O evento será patrocinado por Google, o Simons Foundation, a Universidade de Illinois en Urbana-Champaign, a Universidade de Michigan, a Universidade de Rutgers, a Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, a Universidade de Duke, e o Departamento de Estatística e Departamento de Bioestatística da Universidade de Columbia.
Coordinadores do programa: Annie Qu (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) e Cynthia Rudin (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).
Data límite de rexistro: 24 de Maio de 2018
https://publish.illinois.edu/sldsc2018/

8.- Three-day ATSM Workshop: Multi- and high-dimensional statistics - Copulas - Survival analysis - Model selection
Descrición: A comunidade de investigación científica (WOG) invita cordialmente a este workshop internacional de tres días, centrado na "teoría asintótica para a estatística multidimensional", e organizada pola Universidade de Hasselt e a KU de Lovaina.
Conferenciantes: J. Bradic (Universidade de California, San Diego), R. Cao (Universidade da Coruña), C. Czado (Universidade Técnica de Múnich), V. Patilea (ENSAI, Rennes), U. Schneider (TU Viena), A. Verhasselt (Universidade de Hasselt).
Lugar: Louvain, Grande Beguinage, Cuarto 'Willem van Croy', Convento de Chievres.
Rexistro: A inscrición (120 euros) inclúe o xantar, pausas e cea de xuntanza no Clube da Facultade o 23 de agosto.
Prazo: 8 de xullo de 2018.
Para máis información pode contactar co prof. Dr. Gerda Claeskens ou Ann Van Espen.
Organizadores: Gerda Claeskens (KU Leuven), Irène Gijbels (KU Leuven), Maarten Jansen (ULB), Paul Janssen (UHasselt), Ingrid Van Keilegom (KU Leuven).
Sitio web: https://feb.kuleuven.be/drc/ORSTAT/misc/2018atms

9.- Rollo honoris causa/celebración 30 años del “Master of Statistcis at UHasselt”
Descrición: En celebración dos:

  • 30 anos de Mestrado de Estatística na Universidade de Hasselt,
  • 30 anos do L-BioStat en KU Leuven,
  • 25 anos do Mestrado de Estatística na KU de Lovaina,
  • 25 anos do ICP na Universidade de Hasselt,
  • 20 anos do CenStat e os 45 anos de investigación en estatística na Universidade de Hasselt,
  • 10 anos do I-BioStat da Universidade de Hasselt e da KU de Lovaina, terán lugar os seguintes eventos entre o 18 de maio de 2018 na Universidade de Hasselt:
    • Aniversario da Sesión académica.
    • Doutor Honoris Causa para o profesor Thomas Louis.
    • Conferencia inaugural do profesor Peter Diggle correspondente á Cátedra Francqui.

Entre o 22 de maio ao 24 de maio 2018 na Universidade de Hasselt:

  • Conferencias, ao abeiro da Fundación Francqui, ao cargo do profesor Peter Diggle.

O 25 de maio de 2018 en na KU de Lovaina:

  • Sesión académica de Aniversario.
  • Sesión de clausura do evento ao cargo do Profesor Peter Diggle.

Inscripción: Está aberta ata o 30 de abril de 2018.
Sitio web:https://ibiostat.be/seminar/celebrations2018/

10.- Contratos: Procesos de selección abertos na “Universidad Carlos III” de Madrid
O Departamento de Estatística da Universidade Carlos III de Madrid ten varios procesos de selección abertos neste momento:

  • 1 Contrato de Post-doc no Área de Estatística, Investigación Operativa ou Probabilidade. Solicitudes ata o 15 de maio de 2018
  • 1 Contrato Post-doc no Área de Econometría. Solicitudes ata o 15 de maio de 2018
  • 1 Asistencia completa ao estudo do Máster en Enxeñaría Matemática.Solicitudes a partir do 9 de abril.
  • 6 Subvencións para o Mestrado en Enxeñaría Matemática. Solicitudes ata o 31 de maio de 2018.

Sitio web: www.uc3m.es/departamento.estadistica

11.- Contratos De Apoio Á Investigación do grupo SiDOR
O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo ofrece dous contratos para realizar tarefas de apoio á investigación na área de Estatística e Investigación de Operacións. As tarefas a realizar corresponden a dúas liñas:

  • Liña A: Desenvolvemento de metodoloxía relacionada coa investigación básica do grupo SIDOR. Estudo das propiedades dos métodos propostos
  • Liña B: Resolución de problemas específicos doutras áreas de coñecemento (medicina, oceanografía, bioloxía, enxeñería, economía, etc) en colaboración con outros grupos de investigación, aplicando e/ou desenvolvendo a metodoloxía estatística adecuada

Requisitos:

  • Grao en Matemáticas ou Estatística, ou grao noutras titulacións con formación específica na área de Estatística e Investigación Operativa a nivel de posgrado
  • Manexo de software estatístico. Coñecementos de programación
  • Bo nivel de inglés falado he escrito

Criterios de valoración:

  • Expediente académico do grao
  • Expediente académico de máster, no seu caso
  • Curriculum vitae
  • Entrevista persoal

Descrición do traballo:

  • Salario bruto: 1250 euros/mes
  • Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana
  • Duración do contrato: 4 meses prorrogables
  • Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario As Lagoas-Marcosende (Vigo)
  • No caso de alumnos de posgrao, a investigación a realizar poderá motivar un Traballo Fin de Máster (TFM)

Presentación de solicitudes e prazo:

  • Mediante correo electrónico dirixido a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co seguinte asunto: Praza apoio á investigación SiDOR
  • Achegar expediente académico de grao/máster e CV

Prazo: ata as 14:00 horas do 20 de abril de 2018

Entrevistas persoais e resolución:

  • Os candidatos preseleccionados serán convocados a unha entrevista persoal.
  • Data estimada de resolución para a provisión da praza: 27 de abril de 2018
  • Data prevista de inicio do contrato: entre 15 de maio e o 15 de xuño de 2018

Páxina 13 de 50

  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17

Copyright © 2026 SGAPEIO. Todos los derechos reservados.