SGAPEIO
  • A SOCIEDADE
    • Que é a sociedade?
    • Consello Executivo
    • Consello Asesor
    • Membros Institucionais
    • Estatutos
    • Actas e Informes
    • Asociarse
    • Actualizar datos
    • Acordos reciprocidade
    • Convenios
    • IDENTIDADE CORPORATIVA
  • FORMACION / ACTIVIDADES
    • Cursos, xornadas e másters
    • Congresos da SGAPEIO
    • Outros congresos
    • Premios SGAPEIO
    • Outros premios
    • Recreo Estatístico
    • Outras actividades
    • Biometría
  • ESTATISTICA NO ENSINO
    • Ensino secundario
    • Universidade
  • PUBLICACIÓNS
    • Boletín INFORMEST
    • INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
    • Á estatística ¡en caricaturas!
  • NOVAS
    • NOVAS
    • Ofertas de Emprego e bolsas
    • Boletín de novas
  • LIGAZÓNS
  • CONTACTA

Concurso Incubadora

ÚLTIMAS NOVAS

  • Novas da SGAPEIO, 20 de outubro de 2026
  • Dúas Bolsas de Investigación na Universidade do Algarve
  • Novas da SGAPEIO, 28 de setembro de 2026
  • Curso de Cálculo do tamaño da mostra en estudos de investigación (3.ª edición)
  • Curso de Análise estatística de datos para estudos científicos con SPSS, RStudio e Intelixencia Artificial

Asóciate

Acceso socios

  • Esqueceu súa clave?
  • Esqueceu seu nome de usuario?

Novas da SGAPEIO, 14 de xuño 2017

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
Como sabedes, o o XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións celebrarase en Ferrol do 26 ao 28 de outubro de 2017, organizado polo departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña. Como en edicións anteriores, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e comunicacións, ademais de actividades de carácter cultural coas que procuramos facer máis atractiva a participación.
Datas importantes:
- Data límite para o envío de traballos: 30 de xuño de 2017.
- Data límite para a notificación de aceptación ou rexeitamento: 30 de xullo de 2017.
- Data límite para inscrición a prezo reducido: 15 de setembro de 2017.
Máis información: http://sgapeio2017.udc.es/

2.- Seminario na Facultade de Matemáticas
O departamento de Estatística, Análise Matemático e Optimización de Santiago organiza un seminario sobre “Predicción Estatística en variables relacionadas coa producción de Enerxía” que terá lugar o día 29 de xuño de 2017 no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas.
12:00 – 13:00 Manuel Oviedo de la Fuente (Universidade de Santiago de Compostela e ITMATI). “Selección de variables aplicada á predicción da demanda e o precio da enerxía”
13:00 – 14:00 Jairo Cugliari (Universidad de Lyon 2). “Non parametric forecasting and functional clustering using wavelets. Application to electricity demand”

3.- IX Xornadas de Usuarios de R
A Asociación R-Hispano anuncia a celebración das IX Xornadas de Usuarios de R. Nesta ocasión, as Xornadas celebraranse na ETS de Enxeñerías Informática e de Telecomunicación da Universidade de Granada os días 16 e 17 de novembro de 2017.
O obxectivo das Xornadas é proporcionar un punto de encontro á diversidade de usuarios de R polo que, independentemente da filiación ou da área de traballo ou investigación, todo usuario de R é benvido.
Como en anos anteriores, a presentación de traballos nas Xornadas pode ser en forma de Presentación oral, en distintas sesións paralelas, en forma de Póster, nunha sesión específica, ou coma un Obradoiro que permita profundizar en aspectos interesantes e menos coñecidos de R.
Nesta edición das Xornadas tamén se outorgará un premio ao mellor traballo presentado por un investigador novo (ver bases na web das Xornadas).
Datas importantes:
- Envío de comunicacións (presentación/póster/obradoiro): do 15/04/2017 ao 15/06/2017.
- Decisión sobre envíos: 01/07/2017
Máis información: http://r-es.org/9jornadasR/

4.- Curso de Estadística Avanzada co software R
O IGE organiza un curso de Estatística avanzada co software R para o Persoal ao servizo da Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da Dirección Xeral de Función Pública.
O obxectivo do curso é proporcionar formación no uso de técnicas estatísticas avanzadas empregando o software R. É preciso ter coñecementos previos do software R e de estatística.
Programa
1. Introdución. Repaso das nocións básicas do software R
2. Modelos lineais xeralizados con R.
3. Análises de compoñentes principais con R.
4. Análises de series temporais con R.
5. Creación de programas feitos a medida con R. Creación de novas función
Máis información: http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s6/cursos/cursos_EGAP_2017/FC17045.pdf

5.- Curso de Estadística Aplicada con R
A Unidade de Bioestatística do Instituto IMDEA Alimentación e a Facultade de Ciencias da Universidade Autónoma de Madrid (UAM) organizaron conxuntamente a II Edición do programa de formación continua en “Estatística Aplicada con R” que se vai impartir en Madrid en 2017 de forma presencial. O programa está composto por 6 módulos que poden ser cursados de forma independente:
Módulos e Datas 2017
1. Introducción a R (Opción A) : 7, 8 de setembro.
1. Introducción a R (Opción B) : 21, 22 de setembro.
2. Métodos de Regresión e Análise Multivariante con R : 4, 5, 6 de outubro.
3. Métodos de Regresión Avanzados. Investigación en Ciencias Naturais con R : 18, 19, 20 de outubro.
4. Esttdística Aplicada á Investigación Biomédica con R : 25, 26, 27 de outubro.
5. Modelos Mixtos / Xerárquicos / Multinivel con R : 21, 22, 23 de novembro.
6. Técnicas Estatísticas de Data Mining con R : 27, 28, 29, 30 de novembro e 1 de decembro.
Todos os módulos vanse impartir na Facultade de Ciencias da UAM.
Máis información: http://www.alimentacion.imdea.org/noticias/2015/curso-de-estadistica-aplicada-con-r

6.- Corbi Data Summit 2017
The Data analysis and computation initiative (DACI) is one of the main scientific objectives of CorBI. The aim of this initiative is to promote synergies between different disciplines in order to develop new strategies in computation which will allow to analyse and get the most out of the large data sets (Big Data) which are currently being generated in the experimental, clinical and social sciences. For that, it is fundamental to combine the power of mathematics and theory with the latest technical advances in computer simulations.
More info: http://corbifoundation.org/course/corbi-data-summit-2017/#more-1664

7.- Cursos de Extensión Universitaria
O Departamento de Xenética, Microbioloxía e Estatística da Universitat de Barcelona, organiza uns cursos de extensión universitaria (sen requisitos previos) na Sección de Estatística da Universitat de Barcelona (Facultade de Bioloxía).

Títulos dos cursos:
- Xestión de datos, programación e gráficos con R (do 11 ao 19 de xullo de 16:00 a 20:00).
- Análise de datos e deseño de experimentos con R (do 3 ao 7 de xullo de 15:00 a 19:30).
Son dous cursos de introducción a R de 20 horas cada un. O primeiro está orientado a empezar a traballar con R e RStudio, e o segundo para analizar datos con R.
Máis información: Secretaría da sección de Estatística. Tel. 934021560, e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

8.- Oferta de emprego: consultor Data Science
Empresa: Management Solutions
Requisitos:
- Estudantes de último curso ou recién graduados en Matemáticas, Físicas, Estatística, Econometría, Enxeñería ou otros estudos con forte componente cuantitativo.
- Valorable a realización de estudos específicos de postgrao, en especial Data Science, Finanzas Cuantitativas ou similar.
- Valorable coñecemento de técnicas de modelización (logit, GLM, series temporais, árbores de decisión, clustering, etc.), linguaxes de programación estatística (SAS, R, Python, Matlab, etc.) e ferramentas e plataformas de big data (Hadoop, MongoDB, Cassandra, Pig, Hive, etc.).
- Nivel alto de inglés. Valorarase o coñecemento de outros idiomas.
- Dispoñibilidade para viaxar.
Funcións:
- Tratamento estatístico de datos (data mining).
- Modelización predictiva mediante técnicas de machine learning e data science.
- Modelización de eventos temporais (series temporais, modelos ARIMA).
- Desenvolvemento de modelos de simulación (Monte Carlo).
- Revisión e validación de modelos de rating e scoring, RAROC e parámetros de risco.
- Apoio matemático ao negocio: desenvolvemento de algoritmos, estatística e probabilidade.
- Proxectos de I+D.
Máis información: http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/modules/jobs/job_0101.html

Read more: Novas da SGAPEIO, 14 de xuño 2017

Novas da SGAPEIO, 16 de maio 2017

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
O departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña, a petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), organiza o XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Nesta ocasión, o congreso celebrarase en Ferrol do 26 ao 28 de outubro de 2017. É a segunda ocasión en que a SGAPEIO celebra en Ferrol o seu congreso bienal, despois de que en 2001 tivese lugar nesta mesma cidade o V Congreso. Como en edicións anteriores, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e comunicacións, ademais de actividades de carácter cultural coas que procuramos facer máis atractiva a participación.
Datas importantes:
- Data límite para o envío de traballos: 30 de xuño de 2017.
- Data límite para a notificación de aceptación ou rexeitamento: 30 de xullo de 2017.
- Data límite para inscrición a prezo reducido: 15 de setembro de 2017.
Máis información: http://sgapeio2017.udc.es/

2.- Wenceslao González Manteiga , novo membro do IMS
O Institute of Mathematical Statistics (IMS) acaba de elixir como novo membro ao catedrático de Estatística e Investigación Operativa da USC Wenceslao González Manteiga, unha designación reservada a investigadores de recoñecido prestixio no ámbito da estatística e a probabilidade. Este recoñecemento será entregado no Joint Statistics Meeting que se celebrará en Baltimore (EEUU) a finais do vindeiro mes de xullo e que está considerado como un dos eventos máis importantes do mundo no ámbito da estatística
Más información: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_05/noticia_0027.html

3.- Convenio entre a USC e a RSME
O presidente da Real Sociedad Matemática Española (RSME), Francisco Marcellán, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Viaño, firmaron en Santiago de Compostela un convenio que supón a inclusión da USC entre as institucións colaboradoras da Sociedade para a promoción das matemáticas nas súas vertentes culturais, científicas e académicas.
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/2284/1/

4.- II DataBeers Galiza
Estás interesado en coñecer como os datos están a cambiar a nosa economía e a sociedade? Usas a análise de datos na túa actividade profesional? Participaches nalgún proxecto onde o uso dos datos fose relevante? E por último, gústache a cervexa?
Se che obsesionan os datos e queres discutir sobre estes temas nun ambiente informal e con persoas e historias interesantes, tes un novo punto de encontro en Santiago de Compostela o 18 de maio ás 19:30 na Nave de Vidán.
Consigue a túa entrada en: https://www.eventbrite.es/e/entradas-ii-databeers-galiza-33971690240
Máis información en: https://databeersglz.tumblr.com/

5.- Décima Reunión Española de Usuarios de Stata
A 10ª Reunión Española de Usuarios de Stata terá lugar en Madrid o xoves 19 de outubro de 2017. O obxectivo desta reunión é facilitar aos usuarios de Stata a oportunidade de intercambiar ideas, experiencias e información en novas aplicacións do programa. Todas aquelas persoas con interese no uso de Stata son benvidas.
Os invitados de StataCorpLP que asistirán á reunión son:
- Enrique Pinzón, Senior Econometrician en StataCorp.
- Isabel Cañete, Principal Mathematician and Statistician en StataCorp. A data límite para enviar ponencias é o 14 de xullo de 2017, e as ponencias poden referirse aos seguintes temas:
- Programas desenvolvidos polo propio usuario ou o seu equipo.
- Casos prácticos de investigación ou docencia usando Stata.
- Discusión sobre temas relacionados co manexo dos datos.
- Revisión de temas analíticos.
- Críticas ou estudios das aplicacións de Stata en campos específicos.
Máis información: http://www.timberlake.es/ (pendente de publicar)

6.- Oferta de emprego de math-in
Entidade: Red Española Matemática Industria (math-in).
Lugar de traballo: Facultade de Matemáticas, Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Posto: 1 contrato como Xestor de Transferencia de Tecnoloxía.
Perfil: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as, con experiencia previa contrastada de a lo menos un ano en xestión de transferencia de tecnoloxía e innovación, relacionada co ámbito das ciencias experimentais ou a enxeñería.
Data de inicio prevista: 1 de xuño de 2017.
Envío de solicitudes: As persoas interesadas poderán remitir o seu CV e unha carta de presentación ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no “asunto” a referencia da oferta “Oferta emprego math-in”. (Data límite: 22 de maio de 2017 ás 14:00h).
Máis información: http://www.math-in.net/?q=es/content/oferta-empleo-gestor-transferencia-tecnolog

7.- Oferta de emprego ITMATI
Referencia: ITMATI-OT-03/2017.
Título: “Unidade de transferencia da ciencia e da tecnoloxía matemática á industria”. Esta contratación realizase no marco do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial para consolidar a Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria.
Descripción do posto: 1 contrato como xestor de transferencia e tradutor de tecnoloxía na área da Simulación Numérica para a Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria de ITMATI.
Perfil: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Másteres, con experiencia previa contrastada de a lo menos seis meses en xestión de transferencia de tecnoloxía e innovación, relacionada co ámbito das ciencias experimentais ou a enxeñería, e de a lo menos seis meses na execución de proxectos de transferencia no ámbito da simulación numérica.
Máis información: http://www.itmati.com/oferta-de-empleo-gestor-de-transferencia-y-traductor-de-tecnolog%C3%ADa-en-el-%C3%A1rea-de-simulaci%C3%B3n-num%C3%A9rica

8.- Praza de investigador bioestatístico senior
Entidade: Instituto IMDEA Alimentación (Instituto Madrileño de Estudios Avanzados en Alimentación).
Posto: Investigacdor bioestatístico senior.
Perfil: Doutor, Licenciado ou Graduado con máster en Bioestatística ou Estatística. Con base de formación en Estatística ou Matemáticas. Requírese experiencia demostrable na análise de datos epidemiolóxicos e clínicos
Presentación de solicitudes: ata as 17:00 horas do día 25 de maio de 2017.
Máis información: http://www.alimentacion.imdea.org/trabaja-con-nosotros/investigador-senior

Novas da SGAPEIO, 4 de maio 2017

1.- Curso de estatística avanzada con R para profesionais da saúde
A Universidade de Vigo organiza o curso de formación “Estatística avanzada con R para profesionais da saúde”. O curso é totalmente non presencial para que os titulados do ámbito biosanitario (ou estudantes universitarios de último curso) poidan seguilo en horario libre e dende calquera lugar de modo compatible coa súa actividade.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados e membros da Fundación Biomédica de Vigo).
- Período de matrícula: do 1 ao 28 de maio de 2017.
- Período de docencia: do 1 de xuño ao 15 de xullo de 2017.
O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica (análise de supervivencia, deseños de investigación, meta-análise, regresión de Cox, regresión de Poisson, regresión ordinal, regresión loxística multinomial), con datos e exemplos paso a paso, alcanzables para usuarios non expertos. O curso é eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de tele docencia da Universidade de Vigo. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R.
Este curso está recoñecido polo Sistema Nacional de Saúde (a través da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia) como actividade de formación continua (5,3 créditos) para todos os profesionais sanitarios titulados.
Más información: https://bubela.uvigo.es/curso/3027

2.- XII Foro de Interacción Matemática Industria
O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) organiza o vindeiro 9 de xuño de 2017 o XII Foro de Interacción Matemática Industria, que terá lugar na Escola de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
No Foro, as empresas e institucións invitadas presentarán os seus ámbitos de actuación, as súas actividades de I+D+i, e se utilizan ou están interesadas en empezar a usar métodos matemáticos. En caso afirmativo, exporán problemas que xorden no seu ámbito e que son susceptibles de ser tratados mediante métodos matemáticos e numéricos: Simulación Numérica (CAD & CAE), Estatística e Big Data, e Investigación Operativa. Nesta ocasión, as empresas e institucións invitadas son Efacec, CTAG, CITEVE, Iberian Nanotechnology Laboratory, Tesla Technologies e Pharmamodelling.
Máis información: http://www.itmati.com/XII_FORO_MATEMATICA_INDUSTRIA

3.- Curso de Modelos de Investigación Operativa en Teoría de Xogos
O grupo de Teoría de Xogos da SEIO organiza un curso de Modelos de Investigación Operativa en Teoría de Xogos, que terá lugar os días 13 e 14 de outubro de 2017 en Pontevedra.
O curso ten como obxectivos dar a coñecer a Teoría de Xogos como ferramenta de utilidade en diversos ámbitos económicos e empresariais, contribuír a que se afiancen as relacións entre estudantes de doutoramento que realicen as súas teses en España en temas próximos á Teoría de Xogos, e favorecer o intercambio de ideas entre estudantes de doutoramento e investigadores que poida dar lugar a novas perspectivas de investigación.
Este curso está dirixido a estudantes de doutoramento para os que a Teoría de Xogos poida ser de utilidade nas súas liñas de investigación, tanto a nivel teórico como práctico. Isto inclúe alumnado de cursos de Economía, Administración de Empresas, Investigación Operativa, Matemáticas, Enxeñeira, Loxística, Ciencias Políticas e Dirección Pública, entre outras.
Máis información: http://docjuegos.webs.uvigo.es/

4.- Curso de Metanálise en rede
O Centro Cochrane Iberoamericano (IIB Sant Pau) organiza un curso de Comparacións indirectas e Metanálise en rede (Network Meta-Analysis) que terá lugar os días 25 e 26 de maio de 2017 en Barcelona.
O curso está dirixido a profesionais sanitarios, persoal de investigación en ciencias da saúde, ciencias sociais ou economía, con coñecementos básicos de revisións sistemáticas e/ou metanálise, e con interese na aplicación das comparacións indirectas e a súa extensión ao metanálise en rede. Os alumnos precisan ter unha base de coñecementos ou experiencia en metaanálise de comparacións indirectas.
- Datas e horario: 25 e 26 de maio de 9:00 a 18:00 (16 horas)
- Lugar: Barcelona
- Importe da matrícula: 250 €
- Período de inscrición: a partir do 18 de abril de 2017
Máis información: http://es.cochrane.org/es/news/curso-de-comparaciones-indirectas-y-metanálisis-en-red-network-meta-analysis-en-barcelona

5.- Curso de Investigación Reproducible con R e RStudio
A Fundación para el Fomento de la Investigación Sanitaria y Biomédica da Comunitat Valenciana (FISABIO), en colaboración coa Sociedad Española de Biometría (SEB) e a Sociedad Española de Epidemiología (SEE) organiza un curso de “Investigación Reproducible con R e RStudio” que terá lugar do 5 ao 9 de xuño de 2017 (25 horas lectivas), na biblioteca de FISABIO. Este curso aborda a problemática da reproducibilidade na investigación científica dende o enfoque dos analistas de datos.
O curso está dirixido a profesionais da análise de datos con experiencia en R e, a ser posible, en RStudio.
Máis información: https://fisabio.github.io/investigacion_reproducible/

6.- MESIO UPC-UB Summer School 2017
The MESIO UPC-UB Summer School is a specialized training program that increases the supply of both professional and research training in the Interuniversity Master in Statistics and Operations Research (MESIO UPC-UB), the 2nd cycle studies, the Degree in Statistical Science and Techniques, and the PhD in Statistics and Operations Research of the UPC, Statistics of the UB and Economy of the UB.
This academic year 2016-2017, it will be held the eleventh edition of the MESIO Summer School. These courses are open to all members of the FME, UPC, UB, and to the university, scientist and professionals in general.
In this edition, 12 activities will be held, including R courses (V SummeR School 2017), Big Data (IV Big Data School).
The courses will be taught from June 19 to July 7, 2017.
Further information: https://mesioupcub.masters.upc.edu/en/xi-summer-school-2017

7.- Symposium on Big Data in Finance, Retail and Commerce
Symposium on Big Data in Finance, Retail and Commerce. Statistical and Computational Challenges.
- Date: 2-3 November 2017
- Local: Jupiter Lisboa Hotel. Lisboa (Portugal)
CALL FOR PAPERS
- Abstracts submission 16th June 2017
- Notification of Acceptance within 2 weeks after submission
The objective of the symposium is to present new approaches to deal with Big Data Applications in finance, retail and commerce bringing together professionals from companies in these areas and researchers who generate sound methods and tools to handle such data. It is hoped that such an interaction may help in understanding the new needs and trends in the emerging field of Data Sciences. Although the main theme of the Symposium is on applications to finance, retail and commerce, participants are welcome to submit papers on other areas of applications of Big Data and Data Sciences.
Invited Speakers:
- Cristina San José, Banco Santander, España
- João Marques da SIlva, Universidade de Lisboa, Portugal
- Marc Hallin, Université Libre de Bruxelles, Belgium
- Nuno Crato, University of Lisbon, Portugal, and European Commission Joint Research Center, Italy
- Peter Diggle, Lancaster University, UK
- Tiago Pereira Durão, Deloitte, Portugal
- Vicente Calzado, El Corte Inglés, España
More informations on http://symposiumbigdata2017.weebly.com/

8.- VI Encuentro Iberoamericano de Biometría
O VI Encontro Iberoamericano de Biometría, organizado pola Carreira de Enxeñería Agropecuaria (IASA) da Universidad de las Fuerzas Armadas (ESPE), terá lugar no Campus Central da ESPE na cidade de Quito, Ecuador, os días 15, 16 e 17 de novembro de 2017.
Datas importantes:
- Data límite de envío de traballos: 15 de xullo de 2017
- Data límite de notificación da aceptación: 15 de agosto de 2017
- Data límite para a inscrición en cota reducida: 30 de setembro de 2017
Más información: http://www.biometriaecuador2017.com/

9.- 5th International Joint Conference New Challenges for Statistical Software
The 5th International Joint Conference New Challenges for Statistical Software - The Use of R in Official Statistics will be held in Bucharest-ROMANIA, on 6-7 November, 2017.
The purpose of the conference is to provide a public forum for researchers from academia and institutes of statistics to present, exchange ideas and discuss developments in state-of-the-art statistical software commonly used in applied economics and statistics. The most focused debates are expected to be the use of R in official Statistics.
Important dates:
- Conference Date – 6-7 November, 2017
- Abstract submission – 26 July, 2017
- Notification of acceptance – 07 August, 2017
- Complete paper due – 25 September, 2017
- Registration deadline – 1 October, 2017
Further information: http://r-project.ro/conference2017/

10.- Statistical Methods for Rare Diseases and Special Populations
The eighth European Statistical Forum:“Statistical Methods for Rare Diseases and Special Populations”, will be held in Barcelona on 13th of November.
The one-day event will include presentations focused on:
- Innovative statistical methods for rare diseases and special populations.
- Clinical trials designs, endpoints as well as approaches to evidence synthesis and extrapolation.
- Regulatory views on statistical approaches.
- Practical examples and case studies.
The Scientific Board of the event will lead a panel of experts, to share best practices, knowledge and experience, coming from statistics, medicine, regulatory and academia interested in the field of rare diseases and special populations.
Early bird registration deadline: 13 October 2017
Further information: https://esf-2017.eventify.it/

11.- Convocatoria de Contrato no Hospital Universitario 12 de Octubre
Convocatoria de Contrato: Unidade de Investigación e Soporte Científico do Hospital Universitario 12 de Octubre.
- Proxecto de Investigación: Plataforma de Unidades de Investigación Clínica e Ensaios Clínicos (SCReN).
- Orixe dos fondos: Instituto de Salud Carlos III.
- Investigador Responsable: Dr. Agustín Gómez de la Cámara
Requisitos:
- Licenciatura ou doutoramento en Ciencias e Técnicas Estatísticas
Méritos:
Formación específica:
- Metodoloxía en investigación clínica.
- Bases metodolóxicas da investigación biomédica.
Experiencia:
- Experiencia investigadora en proxectos de investigación nacionais e internacionais.
- Experiencia como técnico-bioestatístico de apoio á investigación.
- Formación en ensaios clínicos.
Outros méritos curriculares. Valorarase:
- A participación en publicacións e/ou comunicacións a congresos.
- Experiencia en programas estatísticos: SAS, SPSS, Stata e R.
- Manexo de bases de datos.
- Alto nivel de inglés.
Presentación de solicitudes: ata o 31 de maio de 2017.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/1498-2017-04-26-15-20-14

12.- Praza de profesor axudante doutor na Universidade de Málaga
A Universidade de Málaga oferta unha praza de Profesor Axudante Doutor na área de Estatística e Investigación Operativa (Código 027AYD16). O prazo de presentación de solicitudes remata o día 9 de maio de 2017.
Máis información: http://www.juntadeandalucia.es/eboja/2017/73/BOJA17-073-00026-6587-01_00111902.pdf

13.- Oferta de contrato predoutoral
O grupo de investigación interuniversitario en Deseño de Experimentos (OED) oferta un contrato predoutoral para a formación de doutores (4 anos) vinculado ao proxecto de investigación “Deseño Óptimo de Experimentos Aplicado á Saúde e á Investigación en Seguridade (2017-2020)” financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad.

Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/descargas/CallforapplicationsFPI.pdf

Novas da SGAPEIO, 17 de abril 2017

1.- VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberto o período de envío de traballos na VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

2.- Solución á Estatística Recreativa do Informest 45
No apartado “Formación e actividades – Recreo Estatístico” da nosa páxina web está dispoñible a solución do problema de Estatística recreativa “Sobe ou baixa?” que se publicou no número 45 do Informest.
Máis información: http://www.sgapeio.es/index.php/formacion-y-actividades/recreo-estatistico

3.- Curso de introdución á teoría de Le Cam
Os días 22, 23 e 24 de maio vaise celebrar no Departamento de Estatística da UC3M o curso-workshop monográfico:
An Introduction to Le Cam's Asymptotic Theory of Statistical Experiments que será impartido polo profesor Marc Hallin, actual cátedra de excelencia da UC3M.
A poderosa teoría de Le Cam é complexa de abordar mediante o autoestudio. Ademáis, é relativamente descoñecida na escola estatística española. Por iso, o curso preséntase como unha oportunidade única para introducirse no seu estudo dun xeito accesible e da man dun dos maiores expertos no eido.
A duración do curso é de 12 horas e a inscrición é gratuita, pero é necesario rexistrarse antes do 10 de maio.
Máis información: http://www.est.uc3m.es/lecam/

4.- Curso online de introdución á programación con R
A Universidade de Évora organiza un curso de introdución á programación con R na modalidade de e-learning. O curso, que comeza o día 8 de maio de 2017, ten por obxectivo introducir aos alumnos no entorno de R, cunha abordaxe práctica, dotándoos da capacidade de programar coa linguaxe R. Este curso está dirixido a todos os interesados na programación en R, sendo bastante útil para quen nunca tivo unha aprendizaxe formal en programación.
Máis información: http://we-move.uevora.pt/Cursos-e-learning/Cursos-curtos-e-Formacao-Continua/Curso-de-Programacao-em-R

5.- Curso de control estatístico da calidade con R
A Universidade de Vigo organiza unha nova edición do curso virtual "Control Estatístico da Calidade con R", dirixido a enxeñeiros, profesionais do control da calidade, estatísticos e persoas interesadas no programa R ou no control da calidade.
O curso inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de control de calidade máis empregadas, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. Non é imprescindible ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que estes coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno.
O curso é fundamentalmente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Faitic.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados).
- Período de matrícula: do 1 ao 27 de abril de 2017.
- Período de docencia: do 1 ao 31 de maio de 2017.
Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/3047

6.- Curso: Investigación Reproducible con R e R-studio
A Sociedad Española de Biometría (SEB), conxuntamente coa Fundación para o Fomento da Inv. Sanitaria e Biomédica (FISABIO) e a Sociedad Española de Epidemiología (SEE), organiza un curso de “Investigación Reproducible con R e R-studio”. O curso terá lugar nas instalacións de FISABIO en Valencia, do 5 ao 9 de xuño de 2017, e será impartido por personal da Área de Desigualdades da devandita Fundación e da Universidade de Castilla la Mancha.
Máis información: https://fisabio.github.io/investigacion_reproducible/

7.- VIII Xornadas de Ensinanza e Aprendizaxe da EIO
O Grupo de Ensinanza e Aprendizaxe da Estatística e a Investigación de Operacións (GENAEIO) da Sociedad Española de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) organiza as súas VIII Xornadas, que terán lugar os días 21 e 22 de xuño de 2017 na Universidade de Girona.
Máis información: http://imae.udg.edu/genaeio2017

8.- XVIII Congresso da APDIO
O XVIII Congresso da Associação Portuguesa de Investigação Operacional (APDIO) terá lugar na Escola Superior de Ciências Empresariais (Valença, Portugal) do Instituto Politécnico de Viana do Castelo, do 28 ao 30 de xuño de 2017.
Este Encontro é a XVIII edición dunha serie de congresos da Associação Portuguesa de Investigação Operacional, e ten por obxectivo reunir profesionais, investigadores, educadores e estudantes interesados na Investigación de Operacións, ou que simplemente desexen aprender máis sobre esta área.
Os resumos do IO2017 vanse publicar en "Springer Proceedings in Mathematics and Statistics series", que están indexadas en SCOPUS.
Máis información: http://apdio.pt/web/io2017

9.- Bayes Pharma 2017
The Bayes Pharma 2017 conference is scheduled for 22-25 of May 2017 and will take place at the Faculty of Pharmacy, University of Castilla-La Mancha, Albacete, Spain. The conference is supported by the International Society for Bayesian Analysis (ISBA), Royal Statistical Society (RSS) and the Adolphe Quetelet Society.
As in previous conferences, the program will consist of a one-day course followed by two and a half days of invited and contributed talks and posters. The course will take place on the 22 of May, with the talks scheduled for the 23, 24 and 25 (morning) of May.
Further information: http://www.bayes-pharma.org/?page_id=12

10.- IV Congreso de Jóvenes Investigadores en Estadística
O grupo de investigación de Deseño óptimo de Experimentos organiza o cuarto encontro de Novos Investigadores en Estatística (JEDE2017) que se celebrará na Facultade de Ciencias da Universidade de Salamanca os días 20 e 21 de xullo de 2017.
A finalidade principal deste congreso é o intercambio de coñecementos e experiencias entre investigadores novos en bioestatística e deseño de experimentos e as súas aplicacións (entendendo por novos os pre-doutorais ou doutores con experiencia inferior a 2 anos, menores de 35 anos) das universidades españolas, estranxeiras e de profesionais das devanditas áreas de coñecemento mediante a participación activa nun encontro especialmente pensado para eles.
Datas importantes:
- Envío de resumos: 30 de maio de 2017
Máis información: https://jede2017.usal.es/index.html

11.- 17th International Conference on Computational Science and Applications
The 17th International Conference on Computational Science and Applications (ICCSA 2017) will be held on July 3 - 6, 2017 in Trieste, Italy in collaboration with the University of Trieste, Italy.
ICCSA 2017 is the next event in a series of highly successful International Conferences on Computational Science and Its Applications (ICCSA).
The ICCSA Conference offers a real opportunity to discuss new issues, tackle complex problems and find advanced enabling solutions able to shape new trends in Computational Science.
Open deadlines:
- April 28, 2017: Notification of Abstracts Acceptance.
- May 15, 2017: Early-bird Registration.
- May 15, 2017: Submission deadline for the final version of the Papers.
Further information: http://www.iccsa.org/

12.- European Statistical Fórum 2017
The eighth edition of the European Statistical Forum (November 13, 2017. Barcelona) will be dedicated to the topic of “Statistical Methods for Rare Diseases and Special Populations”. Presentations will focus on:
- Innovative statistical methods for rare diseases and special populations.
- Clinical trials designs, endpoints as well as approaches to evidence synthesis and extrapolation.
- Regulatory views on statistical approaches.
- Practical examples and case studies.
Thereby, the conference will promote the exchange between experts coming from statistics, medicine, regulatory and academia interested in the field of rare diseases and special populations.
Reduced Registration Fee: October 13, 2017.
Further information: https://esf-2017.eventify.it/about

13.- València International Bayesian Analysis Summer School, VIBASS
VIBASS is the first edition of the summer school on Bayesian Statistics to be held from 17th until 21st July 2017 in València (Spain). VIBASS offers an opportunity to be introduced into the Bayesian reasoning without previous knowledge in the subject.
VIBASS is organised by the VABAR research group from the University of Valencia (http://vabar.es).
Schedule
- 17-18 July 2017: Introduction to Bayesian learning (12 hours), with conceptual sessions in the morning and practical sessions on basic bayesian R packages in the afternoon. Instructors: Carmen Armero, David Conesa, Anabel Forte and Virgilio Gomez-Rubio
- 19-20 July 2017: Bayesian Inference with Stan (12 hours). Instructor: Aki Vehtari (Aalto University, Finland)
- 21 July 2017: First VIBASS Workshop, with two plenary sessions with invited speakers and a poster presentation. Invited speakers: Mark Brewer (BIOSS, Scotland), Maria Grazia Pennino (IEO, Spain)
Venue
Faculty of Mathematics, Universitat de València, Burjassot (Valencia), Spain
Important deadlines:
- Call for papers: 1 June 2017
- Registration: 14 July 2017
Further information: http://congresos.adeituv.es/VIBASS/

14.- ERCIM WG on Computational and Methodological Statistics
The 10th International Conference of the ERCIM WG on Computational and Methodological Statistics (CMStatistics 2017) will take place at the Senate House, University of London, UK, 16-18 December 2017.
Tutorials will be given on Friday 15th of December 2017 and the CRoNoS Winter Course on Copula-based modelling with R will take place the 13-14 December 2017.
This conference is organized by the ERCIM Working Group on Computational and Methodological Statistics (CMStatistics), Birkbeck University of London and King's College London. The new journal Econometrics and Statistics (EcoSta) and its supplement, the Annals of Computational and Financial Econometrics are the main sponsors of the conference. The journals Econometrics and Statistics and Computational Statistics & Data Analysis publishes selected papers in special peer-reviewed, or regular issues.
The Conference will take place jointly with the 11th International Conference on Computational and Financial Econometrics (CFE 2017).
Important dates:
- Early bird registration: until June 15th, 2017
- Standard registration: until September 15th, 2017
- Late registration: until November 25th, 2017
- Abstracts Submission: The abstract submission will be open in April 2017.
Further information: http://cmstatistics.org/CMStatistics2017/

15.- Summer school on advanced Bayesian methods
The Interuniversity Institute for Biostatistics and statistical Bioinformatics organizes for the first time a summer school on advanced Bayesian methods. During one week, two courses will be taught on specific topics in Bayesian methodology. The focus will be on Bayesian methods that are relevant for the applied statistician. Special attention will be devoted to novel statistical methodology.
In the first edition of the summer school the following two courses will be organized at KU Leuven (Belgium) from 11 to 15 September 2017:
- Three-day course (11-13 September) on nonparametric Bayesian methods by Dr. Alejandro Jara (Pontificia Universidad Católica, Chile)
- Two-day course (14-15 September) on Bayesian clinical trials by Dr. Gary Rosner (Johns Hopkins University, US)
The target audience consists of statisticians and/or epidemiologists with a sound background in statistics, but also with background in Bayesian methodology.
Registration Deadline: 15 August 2017
Further information: https://ibiostat.be/seminar/summerschool2017/Summer2017Bayesian

Páxina 17 de 50

  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21

Copyright © 2026 SGAPEIO. Todos los derechos reservados.