SGAPEIO
  • A SOCIEDADE
    • Que é a sociedade?
    • Consello Executivo
    • Consello Asesor
    • Membros Institucionais
    • Estatutos
    • Actas e Informes
    • Asociarse
    • Actualizar datos
    • Acordos reciprocidade
    • Convenios
    • IDENTIDADE CORPORATIVA
  • FORMACION / ACTIVIDADES
    • Cursos, xornadas e másters
    • Congresos da SGAPEIO
    • Outros congresos
    • Premios SGAPEIO
    • Outros premios
    • Recreo Estatístico
    • Outras actividades
    • Biometría
  • ESTATISTICA NO ENSINO
    • Ensino secundario
    • Universidade
  • PUBLICACIÓNS
    • Boletín INFORMEST
    • INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
    • Á estatística ¡en caricaturas!
  • NOVAS
    • NOVAS
    • Ofertas de Emprego e bolsas
    • Boletín de novas
  • LIGAZÓNS
  • CONTACTA

Concurso Incubadora

ÚLTIMAS NOVAS

  • Novas da SGAPEIO, 20 de outubro de 2026
  • Dúas Bolsas de Investigación na Universidade do Algarve
  • Novas da SGAPEIO, 28 de setembro de 2026
  • Curso de Cálculo do tamaño da mostra en estudos de investigación (3.ª edición)
  • Curso de Análise estatística de datos para estudos científicos con SPSS, RStudio e Intelixencia Artificial

Asóciate

Acceso socios

  • Esqueceu súa clave?
  • Esqueceu seu nome de usuario?

Novas da SGAPEIO, 22 de marzo 2017

1.- Número 45 de INFORMEST
Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, apartado de PUBLICACIÓNS, o número 45 de INFORMEST. Este número ten o seguinte sumario:
- Editorial: Xubilación de José Luis Otero Cepeda (USC)
- Colaboración: Clasificación de publicacións científicas.
- Recensión bibliográfica: Spatial and Spatio-Temporal bayesian Models with R-INLA.
- Actividades da SGAPEIO: Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística.
- Actividades da SGAPEIO: Xornada conmemorativa do 25 aniversario da SGAPEIO.
- Novas do IGE: Novidades na información estatística publicada.
- Traballos de Estatística e Investigación Operativa no SUG: Teses, Traballos Fin de Grao e Traballos fin de Máster.
- Coñecendo a un socio da SGAPEIO: Pedro Faraldo Roca.
- Estatística recreativa: Sobe ou baixa?
Máis información: http://www.sgapeio.es

2.- VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 16 de abril de 2017.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

3.- Seminario na Facultade de Matemáticas
O departamento de Estatística, Análise Matemático e Optimización de Santiago organiza un seminario sobre “Statistical inference on curves”, que terá lugar o día 27 de abril de 2017 no salón de graos da Facultade de Matemáticas.

16:30- 17:30 Juan Carlos Pardo Fernández (Universidade de Vigo) “Robust testing for superiority between two regression curves”.
This is joint work with Graciela Boente (Universidad de Buenos Aires).
17:30- 18:30 Ingrid Van Keilegom (Université Catholique de Louvain) “Estimation in measurement error problems under minimal conditions on the distribution of the signal and the noise”.
18:30- 19:30 Marc Hallin (Université libre de Bruxelles) “Dynamic Principal Components and Optimal Dimension Reduction in Functional Time Series”.
Based on joint work with Siegfried Hörmann and Lukasz Kidzinski (2015) Dynamic functional principal components. Journal of the Royal Statistical Society Series B 77, 319-348.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/innpar/index.php/es/noticias-/6-seminarios/83-statistical-inference-on-curves

4.- Aplicación web statfda para análise de datos funcionais
No eido do proxecto de investigación P11-FQM-8068 “Métodos Estatísticos de Análise de Datos Funcionais. Desenvolvemento dun Interfaz Web para a súa Aplicación” da Consellería de Innovación Ciencia e Empresa da Junta de Andalucía, o grupo de Modelización e Predicción con datos Funcionais da Universidade de Granada desenvolveu a aplicación web Statfda para a análise de datos funcionais.
O uso da aplicación é libre a través da web: www.statfda.com. Para estar ao día das últimas novas e informacion útil sobre esta aplicación pódense seguir os perfís statfda de facebook e twitter.

5.- Bolsa / contrato no CTAG
Empresa: Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Porriño, Pontevedra.
- Tarefa a realizar: Cálculo estatístico e explotación de Key Performance Indicators (KPIs)
- Duración: Polo menos 12 meses.
- Data de incorporación: Inmediata.
- Horario: 8 horas e media de luns a xoves e 6 horas os venres (con entrada flexible entre as 07:30h e as 09:30h.)
- Requisitos: Formación cuantitativa (estatística) a nivel de grao ou máster. Coñecementos de Python e MySQL. Valórase positivamente o coñecemento de inglés.
Os interesados deben enviar o seu CV a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Novas da SGAPEIO, 7 de marzo 2017

1.- VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 16 de abril de 2017.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

2.- XI Feira Matemática 2017
A Feira Matemática, organizada por AGAPEMA, é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Formación Profesional así como ao profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral. O propósito co que se formula esta cita é a de crear un espazo educativo no ámbito matemático.
Este ano celébrase a XI edición da Feira Matemática, que terá lugar o sábado 22 de abril de 2017 no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h.
Convócanse tamén tres concursos: de Fotografía Matemática, de Matmonólogos e de Esopías. Para participar nestes concursos, hai que entrar no MATEBLOG (http://mateblog.fundacionbarrie.org/), feito en colaboración coa Fundación Barrié. Os concursos están abertos a todos os que queiran participar, sexan estudantes de calquer nivel, profesores ou calqueira que o desexe.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/377

3.- II Día GeoGebra de Galicia
O Instituto GeoGebra de Galicia (IGG) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) convocan o II Día GeoGebra de Galicia (2DGG), unha xornada de traballo sobre o programa de xeometría dinámica GeoGebra, que se celebrará o sábado 25 de marzo de 2017 na Facultade de Ciencias da Educación, Campus de Elviña, A Coruña.
Esta xornada está aberta a todo o profesorado de calquera nivel educativo, que queira iniciarse ou afondar no coñecemento desta ferramenta que permite traballar calquera contido de matemáticas, non soamente a xeometría.
Así mesmo invítase a que se presenten experiencias ou ideas para desenvolver co GeoGebra nos diferentes niveis educativos. Para as comunicacións disporase de 20 minutos máis outros 5 para coloquio.
Haberá dous obradoiros, un de iniciación e outro de afianzamento, que se desenvolverán en sesións de mañá e tarde.
Participarán dous poñentes invitados, Agustín Carrillo de Albornoz (do I.G. de Andalucía) e Francisco Botana (do I.G. de Galicia).
A inscrición estará aberta ata o día 19 de marzo de 2017 e é gratuíta.

4.- Matemáticas na Raia 2017
AGAPEMA e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocan unha nova edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.
A proba terá lugar o día 20 de abril de 2017 e as inscricións están abertas ata o día 24 de marzo de 2017.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/373

5.- Olimpíada Matemática Galega 2017
Está aberta a convocatoria da Olimpíada Matemática Galega 2017 de 2º da ESO, un evento organizado por AGAPEMA e dirixido á procura dun ensino das Matemáticas máis orientado á resolución de problemas, á creatividade e á reflexión. A fase final terá lugar na cidade de Lugo.
Este ano, como novidade, elimínase a fase de inscrición de centros, polo que se inscribirán os alumnos directamente.
As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:
- Inscrición do alumnado: ata o 23 de marzo de 2017.
- Fase de zona: 27 de abril de 2017.
- Fase final galega: 18 de maio de 2017.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/372

6.- O Pi Day
A Real Sociedad Matemática Española (RSME), a Consellería de Economía e Coñecemento (CEC) da Junta de Andalucía, a Fundación Descubre, a Sociedade Andaluza de Educación Matemática Thales (Thales) e a Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) organizan, por primeira vez en España, o vinceiro 14 de marzo o Pi Day, considerado o Día Internacional de Pi, seguindo a tradición anglosaxona.
Baixo o título de “Sen p non son nada”, a iniciativa é froito da colaboración entre a RSME, Descubre, Thales e a FESPM para celebrar o Día de Pi, inédito en España. Neste senso, o 14 de marzo organízase a festa das Matemáticas co obxectivo dobre da popularización e a divulgación desta ciencia na sociedade.
Este primeiro ano o evento celebrarase en Sevilla, na sede do Centro de Profesorado desta cidade, en horario de 10:00 a 13:30.
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/2219/1/

7.- Campaña da RSME para dar visibilidade ás mulleres matemáticas
A Comisión Mulleres e Matemáticas da Real Sociedad Matemática Española (RSME) lanzou a campaña “As matemáticas somos nos”, co obxectivo de dar visibilidade tanto ás profesionais como ás estudantes da disciplina e espertar as vocacións matemáticas entre las mozas.
Así, con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o pasado 11 de febreiro, púxose en marcha un canal de YouTube no que se publicarán os vídeos, tanto individuais como colectivos, de todas aquelas mulleres e mozas que queiran compartir en aproximadamente un minuto os motivos polos que decidiron estudar matemáticas e a qué se adican na actualidade.
A campaña “As matemáticas somos nos” permanecerá aberta dende o 11 de febreiro ata o 11 de marzo de 2017. Todas as interesadas en participar poden enviar un correo electrónico ao enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., no que deben incluir unha ligazón ao vídeo.
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/2198/101/

8.- Bioinformatics 2018
19-21 January 2018, Madeira (Portugal)
The purpose of the International Conference on Bioinformatics Models, Methods and Algorithms is to bring together researchers and practitioners interested in the application of computational systems, algorithmic concepts and information technologies to address challenging problems in Biomedical research with a particular focus on the emerging problems in Bioinformatics and computational biology. There is a tremendous need to explore how mathematical, statistical and computational models can be used to better understand biological processes and systems, while developing new methodologies and tools to analysis the massive currently-available biological data. Areas of interest to this community include systems biology, sequence analysis, biostatistics, image analysis, network and graph models, scientific data management and data mining, machine learning, pattern recognition, computational evolutionary biology, computational genomics and proteomics, and related areas.
Upcoming Deadlines:
- Regular Paper Submission: July 31, 2017
- Regular Paper Authors Notification: October 16, 2017
- Regular Paper Camera Ready and Registration: October 30, 2017
Further information: http://www.bioinformatics.biostec.org/?y=2018

9.- IBS Channel Network Conference 2017
24-26 April, Hasselt (Belgium)
The 2017 Channel Network Conference of the International Biometric Society (IBS) will take place at Hasselt University, Campus Diepenbeek, Belgium. This biennual conference is organized by the IBS regions Belgium, France, Great-Britain/Ireland and the Netherlands. This conference aims at gathering biostatisticians to discuss the newest statistical methodology for the analysis of biological and medical data. It is a 3-day conference with 2 courses, invited and contributed sessions. Usually, around 150 researchers from both academia and industry participate in the conference.
Important deadlines:
- Early bird registration: 7 March 2017
- Final registration: 14 April 2017
Further information: http://www.uhasselt.be/channel-network-conference-2017

10.- II International Workshop on Advances in Functional Data Analysis
23-24 March, 2017. Getafe (Spain)
This workshop is the seventh meeting of the FDA working group of the Spanish Society of Statistics and Operations Research (S.E.I.O.) (http://FDA.seio.es).
This meeting is co-organised with the Instituto Flores de Lemus (UC3M). There will be a plenary talk by Professor Jeff Goldsmith (Columbia University) followed by shorter related presentations and a panel discussion. Also, there will be two applied tutorials. The first is an introduction to FDA with the online application statfda and it will be provided by Manuel Escabias (University of Granada) and M. Carmen Aguilera (UC3M). The second one is based on variable selection in functional regression and it will be provided by Jeff
Further information: http://www.est.uc3m.es/iwafda2/

11.- CoDaCourse 2017
3-7 July 2017, Girona (Spain)
The fifth edition of the CoDaCourse will be held in Girona from July 3 to 7, 2017. The registration is now OPEN. To apply and for more information visit the website: http://www.compositionaldata.com/codacourses.php

12.- Premios de investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2017
A Real Academia Galega de Ciencias fai pública a convocatoria dos seus Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo correspondentes ao ano 2017, que teñen como obxectivo promover a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento integradas na Academia, a través do recoñecemento académico e social do esforzo dos investigadores.
Convócanse dous premios:
- Un de 6.000 euros, para un Traballo de Investigación realizado por investigadores sénior.
- Un de 2.000 euros, para incentivar a Promoción de Novos Investigadores menores de 28 anos.
Poderán presentarse traballos realizados en Galicia. Os traballos tratarán temas ou aspectos relacionados coas áreas temáticas seguintes: Matemáticas, Física, Física do Cosmos, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Farmacia, Ciencias Sociais, Económicas e Ciencias Técnicas.
En ambas as modalidades poderanse presentar traballos publicados a partir do 1 de xaneiro de 2017, traballos aceptados para a súa publicación ou traballos inéditos. En todos os casos os traballos adoptarán a forma utilizada para publicacións en revistas científicas e terán unha extensión máxima de 75 páxinas, escritas por unha soa cara, incluíndo figuras e táboas.
O prazo da convocatoria finalizará ás 13.00 horas do 3 de Xullo de 2017.
Máis información: http://www.ragc.gal/es/actividades/premios-de-investigacion

13.- Concurso Explícoche Matemáticas 2.0 (edición 2017)
Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido ao alumnado das universidades públicas do estado español, procedentes de titulacións de grao ou máster e a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato e ciclos de Formación Profesional dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes.
Organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC, o obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático Para concursar no Concurso Explícoche Matemáticas 2.0, cada participante ou grupo participante debe preparar un vídeo de 2 minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas e onde a lingua empregada sexa o galego.
O Concurso Explícoche Matemáticas 2.0 ten dúas categorías:
- Categoría A: 2º Ciclo da ESO e Bacharelato e ciclos de Formación Profesional.
- Categoría B: Universidade.
Outorgarase un premio de 300 euros en cada categoría.
Os proxectos poden remitirse ata o 22 de abril de 2017.
Máis información: http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/CNL/Explicoche_matematicas_2_0_2017/bases2017.html

14.- Call for Candidates. ICS Project Name: Statistical Design and Data Analysis
Nome do proxecto: Statistical Design and Data Analysis (StatData).
Descrición do proxecto: Investigación metodolóxica en Deseño de experimentos para diferentes modelos aplicados ás Ciencias Sociais. Precísanse coñecementos de estatística sobre deseño de experimentos, mostraxe e modelización, e tamén aptitudes de comunicación.
Requisitos: Doutoramento en Estatística ou cunha base estatística forte. Tamén se valorarán estudantes de doutoramento.
Presentación de solicitudes: ata o 15 de marzo de 2017.
Máis información: https://www.unav.edu/web/instituto-cultura-y-sociedad/unidad-de-estadistica/ofertas-de-empleo

15.- Contratación de investigadores en formación
Convocatoria de 8 contratos predoutorais ofertados polo CITIC (UDC) que serán financiados con cargo ás axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do SUG, da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Entre as liñas de investigación ofertadas, as numeradas con 21 e 22 corresponden a temas de Estatística e Investigación Operativa, e o responsable das mesmas é o grupo MODES. Cada solicitude debe estar referida a un máximo de TRES das liñas do anuncio, ordenadas por prioridade.
Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles dende a publicación (20/02/2017).
Máis información: https://goo.gl/icX5GZ

Novas da SGAPEIO, 7 de febreiro 2017

1.- Conmemoración do 25 aniversario da SGAPEIO
Como xa anunciamos, para celebrar o 25 aniversario da fundación de SGAPEIO, o sábado 11 de febreiro de 2017 terá lugar na Facultade de Matemáticas unha xornada conmemorativa que inclúe unha conferencia, unha mesa redonda e a Asemblea Xeral da SGAPEIO do ano 2016. O programa detallado da xornada pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: http://www.sgapeio.es/index.php/formacion-y-actividades/outras-actividades/1346-asemblea-xeral-da-sgapeio-2016

A participación na xornada é gratuíta, pero é preciso inscribirse. O prazo de inscrición estará aberto ata o 7 de febreiro de 2017.
Trala Asemblea celebraremos unha comida de confraternidade. Contamos coa asistencia de todos os socios e socias para celebrar estes 25 anos de Sociedade.
Anímate!

2.- VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 16 de abril de 2017.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

3.- Premio BBVA Fronteiras do Coñecemento 2016
O Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento na categoría de Ciencias Básicas foi concedido na súa novena edición aos matemáticos David Cox e Bradley Efron, por desenvolver métodos estatísticos “pioneiros e enormemente influentes”, que resultaron imprescindibles para obter resultados fiables nun amplísimo rango de áreas, dende a medicina á astrofísica, a xenómica ou a física de partículas.
Máis información: http://www.fbbva.es/TLFU/tlfu/esp/microsites/premios/fronteras/galardonados/2016/ciencias.jsp

4.- Eighth European Statistical Forum
The eighth European Statistical Forum: “Statistical Methods for Rare Diseases and Special Populations” will be held on Monday, November 13th 2017 in Barcelona.
The one-day event will include presentations focused on:
- Innovative statistical methods for rare diseases and special populations
- Clinical trials designs, endpoints as well as approaches to evidence synthesis and extrapolation
- Regulatory views on statistical approaches
- Practical examples and case studies
The Scientific Board of the event will lead a panel of experts, to share best practices, knowledge and experience, coming from statistics, medicine, regulatory and academia interested in the field of rare diseases and special populations.
For further information: www.esforum.eu

5.- International postdoctoral program 2017 - USC
The Group of Biostatistics at the USC (GRIDECMB) launches one postdoc position under the research line titled “Advanced flexible regression for multi-state and time-space modelling”.
This research line title includes the following topics for research:
i) Generalized Additive Models and Structured Additive Regression Models (STAR): multivariate responses, spatial-temporal effects, and functional effects; ii) Survival analysis: joint modelling of time-to-event data and longitudinal data, multi-state or competing risks models, and particularly in those characterized by the study of the individual progression of a number of disease stages; iii) ROC curve in the presence of covariates, choice of optimal cut points: In general, ROC curves obtained by flexible methods for studies of diagnosis, prognosis and/or classification by means of diagnostic tests; and iv) Software development (mainly in R).
Detailed information about this call: http://www.usc.es/cimus/en/jobs/postdoc2017
The application must contain information of research background and work experience, including:
- A detailed CV (the use of this CV template is highly recommended) including personal contact information, education, list of publications and any other relevant information (projects, awards…)
- A motivation letter (max. 2 pages) outlining: (1) research background, work experience and (2) a brief research proposal. Please check the Call for more information. For the preparation of the research proposal, candidates must select one of the eligible research topics and contact the prospective group leaders/researchers for guidance.
- Two reference letters, or the names and contact addresses of at least two referees.
Deadline for submission: 12.03.17 at 23h59 CET (UCT + 01:00). Applications must be submitted by e-mail to Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicating in the subject: POSTDOC-CIMUS.

6.- ICMAT PostDoc 2017
The Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT-Institute of Mathematical Sciences) offers postdoctoral appointments for researchers in Mathematics with an excellent curriculum who wish to pursue their research career at the ICMAT. The salary will be 27.000€ per year with an additional financial support of 3.000€ per year to cover expenses related to the development of the research project. The duration of the contract will be 2 years with starting date from September 1, 2017. Preselected applicants could be interviewed individually in due course.
Further information: https://www.icmat.es/severo-ochoa/HumanResources/ICMat_Postdoc2017

7.- Bolsas Fulbright 2018-2019 para ampliación de estudos en EEUU
Está aberta a convocatoria de Bolsas Fulbright para ampliación de estudos en EEUU no curso 2018-2019. Estas bolsas están destinadas a titulados superiores que estean interesados en programas de Master, Ph.D. ou, excepcionalmente, en proxectos de investigación predoutoral nunha universidade estadounidense durante o curso académico 2018-2019.
Presentación de solicitudes: ata o 16 de marzo de 2017.
Máis información: http://www.fulbright.es/convocatorias/ver/1527/ampliacion-de-estudios/2018-2019

8.- Bolsas do Instituto Vasco de Estatística
O Instituto Vasco de Estatística, EUSTAT, convoca dúas bolsas de formación e investigación no campo das metodoloxías estatístico-matemáticas da produción estatística oficial.
Presentación de solicitudes: ata o 9 de febreiro de 2017.
Máis información: http://www.euskadi.eus/gobierno-vasco/-/ayuda_subvencion/2016/becas-eustat/

9.- Convocatoria de contrato para estatístico
Convocatoria de contrato do grupo de investigación de epidemioloxía clínica:
Requisitos:
- Licenciatura ou Doutorado en Ciencias e Técnicas Estatísticas.
Méritos:
- Formación específica en metodoloxía da investigación clínica e bases metodolóxicas da investigación biomédica.
- Experiencia investigadora en proxectos de investigación nacionais e internacionais.
- Experiencia como técnico de apoio á investigación.
- Formación en bioestatística e bioinformática avanzada.
Valorarase:
- A participación en publicacións e/ou comunicacións a congresos.
Experiencia en programas estatísticos: SAS, SPSS, Stata e R.
- Manexo de bases de datos.
- Alto nivel de inglés.
Presentación de solicitudes: ata o 10 de febreiro de 2017.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/1405-convocatoria-de-contrato-grupo-de-investigacion-epidemiologia-clinica

10.- Científico de datos
Perfil:
- Licenciatura en Matemáticas, Estatística, Físicas, Informática ou Enxeñerías.
- Experiencia en creación de modelos preditivos e explicativos con técnicas estatísticas e/ou de intelixencia artificial.
-Experiencia en utilización de suites de modelización como IBM Modeler, Enterprise Miner SAS, R e similares.
- Coñecemento avanzado de SQL e BIG DATA.
- Experiencia en análise da huella dixital e o uso de canles de relación.
- Explotación de fontes desestruturadas (Webcrawling, websraping e texmining).
- Visión de negocio e orientación a resultados pragmáticos.
- Valorarase moi positivamente a experiencia no sector da banca e os coñecementos de ferramentas de xeomarketing, xestión de campañas e/ou business intelligence (Geostats,TCRM, ARM, OBIEE, Business objects, Microstrategy ).
Máis información: https://www.robertwalters.es/it-tecnologia/ofertas-empleo/basededatos/1060113-datascientist.html

11.- Revista de divulgación matemática – TEMat
TEMat – revista electrónica de divulgación de traballos de estudantes de Matemáticas.
TEMat é una nova revista promovida pola Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas co obxectivo de publicar artigos breves escritos por estudantes sobre calquera tema relacionado coas matemáticas que consideren de interese.
TEMat pretende publicar artigos escritos nunha linguaxe sinxela e didáctica que permita comprender facilmente algunhas das ideas que se presentan. Os artigos poden versar sobre calquera área das matemáticas: álxebra, análise, ciencias da computación, combinatoria, educación matemática, estatística, xeometría, teoría de números e calquera outra área, así como aplicacións científicas ou tecnolóxicas nas que as matemáticas xoguen un papel central.
Máis información: http://temat.anemat.com/

Novas da SGAPEIO, 24 de xaneiro 2017

1.- Conmemoración do 25 aniversario da SGAPEIO
Neste ano 2017 fanse 25 anos dende a fundación da nosa sociedade, a SGAPEIO. Para celebrar este 25 aniversario, o sábado 11 de febreiro de 2017 terá lugar na Facultade de Matemáticas unha xornada conmemorativa que inclúe unha conferencia, unha mesa redonda e a Asemblea Xeral da SGAPEIO do ano 2016. O programa detallado da xornada pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: http://www.sgapeio.es/index.php/formacion-y-actividades/outras-actividades/1346-asemblea-xeral-da-sgapeio-2016
A participación na xornada é gratuita, pero é preciso inscribirse. O prazo de inscrición estará aberto ata o 7 de febreiro de 2017.
Trala Asemblea celebraremos unha comida de confraternidade. Próximamente poñeremos na páxina web toda a información sobre esta comida. Contamos coa asistencia de todos os socios e socias para celebrar estes 25 anos de Sociedade. Ánimate!

2.- VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da VII Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 16 de abril de 2017.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

3.- Olimpíada Matemática Galega 2017
Está aberta a convocatoria da Olimpíada Matemática Galega 2017 de 2º da ESO, un evento organizado por AGAPEMA e dirixido á procura dun ensino das Matemáticas máis orientado á resolución de problemas, á creatividade e á reflexión. A fase final terá lugar na cidade de Lugo.
As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:
- Inscrición do alumnado: ata o 23 de marzo de 2017.
- Fase de zona: 27 de abril de 2017.
- Fase final galega: 18 de maio de 2017.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/372

4.- IV Congreso de Jóvenes Investigadores RSME
Do 4 ao 8 setembro de 2017 terá lugar en Valencia o Cuarto Congreso de Jóvenes Investigadores (4CJI 2017) da RSME. Trátase da cuarta edición deste congreso consolidado da RSME, despois das exitosas edicións previas que tiveron lugar en Soria en 2011, en Sevilla en 2013 e en Murcia en 2015.
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/1925/91/

5.- Workshop Métodos Bayesianos 2017
O Grupo de Métodos Bayesianos da Universidade Complutense de Madrid organiza un Workshop internacional sobre métodos Bayesianos que ten como principal obxectivo destacar as aplicacións prácticas da inferencia Bayesiana. O Workshop terá lugar en Madrid, os días 8 e 9 de novembro de 2017.
Datas importantes:
- Envío de resumos: 15 de febreiro de 2017.
- Notificación sobre os resumos: 31 de marzo de 2017.
- Inscrición a prezo reducido: 31 de maio de 2017.
Máis información: http://www.mat.ucm.es/imi/Metodosbayesianos17/

6.- Bolsas da Axencia Turismo de Galicia
A Axencia Turismo de Galicia convoca nove (9) bolsas de formación práctica en diversas áreas da Axencia durante os anos 2017-2018. Estas bolsas están distribuídas da seguinte maneira:
– Oito (8) bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia.
– Unha (1) bolsa de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística. O lugar de realización das prácticas tuteladas desta bolsa será na sede da Área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela). Ten unha duración dun ano e é para un perfil de estatístico / programador de R.
Presentación de solicitudes: ata o 17 de febreiro de 2017.
Máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170117/AnuncioG0256-020117-0003_gl.pdf

7.- Oferta de emprego de Biostatech
Biostatech, S. L., empresa de bioestatística (spin-off da Universidade de Santiago de Compostela) busca un profesional con experiencia en actividades de asesoramento e formación en estatística. Perfil:
Doutor, licenciado ou graduado con Máster en Estatística ou Bioestatística. Preferiblemente con base de formación en Matemáticas, Bioloxía ou Informática.
Descrición do posto:
- Realización de asesoramento estatístico en traballos de investigación, ou estudos para empresas.
- De xeito puntual, impartición de cursos de formación en ferramentas estatísticas (R), e técnicas estatísticas a distintos niveis.
- No caso de seren doutor, o candidato poderá valorar a opción de solicitar unha Torres Quevedo, e potenciar algunha das liñas de investigación desenvolvidas dende Biostatech.
Envío de solicitudes: ata o 31 de xaneiro de 2017.
Máis información: http://biostatech.com/2017/01/13/oferta-de-empleo-en-biostatech/

8.- Oferta de emprego postdoutoral
A Universidade Autónoma de Madrid convoca un posto de investigador postdoutoral en bioloxía computacional, bioinformática e estatística para a programación, simulación e análise estatístico de modelos evolutivos de cancro.

Requisitos:
- Postdoutoral menor de 30 anos.
- Estar inscrito no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e estar en situación de beneficiario no devandito ficheiro na data da sinatura do contrato (ver http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesoJovenes.html).
- Estar empadroado na Comunidade de Madrid.
- Experiencia/interese nalgunha das áreas sobre as que trata o proxecto e nas ferramentas que emprega.
Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/1389-oferta-empleo-postdoc

Páxina 18 de 50

  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22

Copyright © 2026 SGAPEIO. Todos los derechos reservados.