SGAPEIO
  • A SOCIEDADE
    • Que é a sociedade?
    • Consello Executivo
    • Consello Asesor
    • Membros Institucionais
    • Estatutos
    • Actas e Informes
    • Asociarse
    • Actualizar datos
    • Acordos reciprocidade
    • Convenios
    • IDENTIDADE CORPORATIVA
  • FORMACION / ACTIVIDADES
    • Cursos, xornadas e másters
    • Congresos da SGAPEIO
    • Outros congresos
    • Premios SGAPEIO
    • Outros premios
    • Recreo Estatístico
    • Outras actividades
    • Biometría
  • ESTATISTICA NO ENSINO
    • Ensino secundario
    • Universidade
  • PUBLICACIÓNS
    • Boletín INFORMEST
    • INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
    • Á estatística ¡en caricaturas!
  • NOVAS
    • NOVAS
    • Ofertas de Emprego e bolsas
    • Boletín de novas
  • LIGAZÓNS
  • CONTACTA

Concurso Incubadora

ÚLTIMAS NOVAS

  • Novas da SGAPEIO, 20 de outubro de 2026
  • Dúas Bolsas de Investigación na Universidade do Algarve
  • Novas da SGAPEIO, 28 de setembro de 2026
  • Curso de Cálculo do tamaño da mostra en estudos de investigación (3.ª edición)
  • Curso de Análise estatística de datos para estudos científicos con SPSS, RStudio e Intelixencia Artificial

Asóciate

Acceso socios

  • Esqueceu súa clave?
  • Esqueceu seu nome de usuario?

Novas da SGAPEIO, 18 de maio 2016

1.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)

Como sabedes, durante os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo celebraremos en Santiago de Compostela o II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016), con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, organizado conxuntamente pola SGAPEIO e pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE).

Queremos informarvos de varias cuestións:

- O prazo de inscrición a prezo reducido ampliouse ata o día 20 de maio.

- RENFE e IBERIA ofrecen descontos aos participantes para asistir ao Encontro: http://biometria.sgapeio.es/index.php/gl/como-chegar

- En canto ao aloxamento, a organización do Encontro dispón de prazas reservadas para congresistas, a prezos especiais, en varios hoteis da cidade: http://biometria.sgapeio.es/index.php/gl/aloxamento

Máis información: http://biometria.sgapeio.es

 

2.- Galician Seminar of Nonparametric Statistical Inference

Lembramos que o Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Galician Seminar of Nonparametric Statistical Inference (GSNSI) os días 8 e 9 de Xuño do 2016.

A inscrición é gratuíta e realizarase antes do 31 de maio na seguinte ligazón: http://eio.usc.es/pub/gsnsi/index.php/gl/inscricion

Máis información: http://eio.usc.es/pub/gsnsi

 

3.- XVII Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas

O Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas (ENEM) é o congreso da ANEM (Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas), que é a asociación sectorial deste colectivo en España. É un congreso aberto a todos os estudantes de Matemáticas e Estatística das universidades españolas. A súa primeira edición celebrouse en Granada no ano 2000 (con motivo do Ano Internacional das Matemáticas), e desde entón celébrase anualmente en diversas cidades do Estado.

O ENEM reúne cada ano a mozos de todo o país, e é unha oportunidade moi boa para coñecer a estudantes de Matemáticas de diversas universidades e poñer en común ideas e desenvolver proxectos. Por iso, converteuse nun punto de encontro de ámbito nacional, chegando a superar os 200 participantes nalgunha das súas edicións.

Este ano, e por primeira vez desde que se empezou a celebrar o ENEM, vaise celebrar en Cataluña, concretamente en Barcelona do 25 ao 30 de xullo de 2016, e estará organizado conxuntamente por estudantes das tres universidades catalás que contan con estudos de grao de Matemáticas. Estas son a Universitat Autònoma de Barcelona, a Universitat de Barcelona, e a Universitat Politècnica de Catalunya.

Máis información: http://enembcn.anemat.com/

 

4.- VI Encontro Ibérico de Matemáticas RSME-SPM

A Real Sociedade Matemática Española (RSME) e a Sociedade Portuguesa de Matemática (SPM) organizan cada dous anos o Encontro Ibérico de Matemáticas RSME-SPM, a sexta de cuxas edicións se celebrará na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela do 6 ao 8 de outubro de 2016.

As edicións anteriores do Encontro Ibérico de Matemáticas leváronse a cabo en Lisboa (2007), Badaxoz (2008), Braga (2010), Valladolid (2012) e Aveiro (2014).

Seguindo a tradición das reunións anteriores, o Encontro estrutúrase ao redor de tres áreas científicas, que nesta ocasión son: Álxebra e Combinatoria, Ecuacións Diferenciais Parciais aplicadas en Fluídos e Materiais, e Informática Teórica / Ciencias da Computación.

O Comité Científico, integrado por Jorge Almeida, Luís Caires, Henar Ferreiro, Narciso Martí, Julian Pfeifle, Adélia Sequeira e presidido por Manuel Ladra, encargarase das tres sesións do Encontro organizadas ao redor de cada un dos temas. Nelas, ademais de conferencias por invitación, hai cabida para a presentación de charlas e pósteres.

Complétase o encontro con seis conferencias plenarias a cargo de Pedro V. Silva (Universidade de Porto), Rafael Sendra (Universidade de Alcalá), Ana Leonor Silvestre (Universidade de Lisboa), Pablo Pedregal (Universidade de Castela-A Mancha), Antónia Lopes (Universidade de Lisboa) e Salvador Lucas (Universidade Politécnica de Valencia).

Máis información: http://www.usc.es/congresos/iberomat

 

5.- Novena Reunión Española de Usuarios de Stata

A Reunión Española de Usuarios de Stata terá lugar na Universidade Pompeu Fabra o xoves 20 de Outubro de 2016. O obxectivo desta reunión é facilitar aos usuarios de Stata a oportunidade de intercambiar ideas, experiencias e información en novas aplicacións do programa. Todas aquelas persoas con interese no uso de Stata son benvidas.

Os invitados de StataCorpLP que asistirán á reunión son:

- Enrique Pinzón, Senior Econometrician en StataCorp.

- Isabel Cañete, Principal Mathematician and Statistician en StataCorp.

A data límite para enviar ponencias é o 26 de xuño de 2016, e as ponencias poden referirse aos seguintes temas:

- Programas desenvolvidos polo propio usuario ou o seu equipo.

- Casos prácticos de investigación ou docencia usando Stata.

- Discusión sobre temas relacionados co manexo dos datos.

- Revisión de temas analíticos.

- Críticas ou estudios das aplicacións de Stata en campos específicos.

Máis información: http://www.stata.com/meeting/spain16/

 

6.- 8º Encontro de Bioestatísticos na Complutense (ebc2016)

O día 6 de xuño de 2016 terá lugar na Facultade de Estudos Estatísticos da Universidad Complutense de Madrid, o 8º Encontro de Bioestatísticos na Complutense, titulado:

“Meta-análise: Metodoloxía Estatística”.

Os ponentes invitados son: Rafael Perera, da Universidad de Oxford e Javier Zamora e Alfonso Muriel do Hospital Ramón y Cajal.

Máis información: http://estudiosestadisticos.ucm.es/ebc

 

7.- Bolsa de iniciación á investigación

O grupo de investigación MODES (UDC) oferta unha bolsa de iniciación á investigación que vai dirixida a estudantes que desexen matricularse no Máster en Técnicas Estatísticas no vindeiro curso 2016-17, con vocación de realizar unha futura tese de doutoramento no marco dos temas de investigación que se desenvolven polo grupo, ben no ámbito da Estatística, ben no ámbito da Investigación de Operacións.

Presentación de solicitudes: ata o 6 de xullo de 2016.

Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/descargas/Anuncio_Bolsa.pdf

 

8.- Oferta de emprego da USC

A Universidade de Santiago de Compostela convoca concurso público para o seguinte contrato:

Soft computing para soporte a la Inteligencia de Negocio en social workflows.- RETOS 2014 (Subproyecto coordinador.

- Centro de traballo: CITIUS.

- Investigador principal: Manuel Lama Penín.

- Traballo a realizar: Deseño e desenvolvemento de algoritmos de recomendación baseados en modelos de utilidade aleatorios.

- Retribución bruta mensual: 1.300 €.

- Duración do contrato: 4 meses e 6 días.

- Xornada laboral: tempo parcial.

- Categoría: Investigador/a asociado/a.

- Requisitos: Doutor en Estatística e Investigación Operativa.

Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1802_gl.pdf

 

9.- Vacante de científico de datos en DeustoTech

DeustoTech, o Instituto Tecnolóxico da Facultade de Enxeñería da Universidade de Deusto, oferta unha praza de “Científico de datos”.

Requisitos:

- Coñecementos de Estatística e Intelixencia Artificial. Valoraranse positivamente os cursos de estatística e probabilidade que se teñan realizado.

- Necesario dominar algunha linguaxe de programación. Valorarase positivamente os coñecementos de R.

- Nivel de inglés alto, tanto falado como escrito.

Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/index.php/es/noticias/1221-2016-05-11-17-52-47

 

10.- Premios INE, Eduardo García España

O Instituto Nacional de Estadística convoca o Premio en Estatística Oficial 2016 “Premio INE, Eduardo García España” (BOE do 3 de maio de 2016), destinado a estimular a investigación científica, a innovación e o estudo no ámbito da estatística oficial entre académicos, investigadores e profesionais dos sectores público e privado.

O INE convoca este premio en colaboración coa Sociedad Española de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) no marco do Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa e as Jornadas de Estadística Pública que se celebrarán conxuntamente dentro das actividades da SEIO e que este ano se celebra en Toledo do 5 ao 7 de setembro de 2016.

Máis información: http://seio2016.com/es/c/premios-ine-e-garcia-espana

Novas da SGAPEIO, 6 de maio 2016

1.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)

Como sabedes, durante os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo celebraremos en Santiago de Compostela o II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016), con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, organizado conxuntamente pola SGAPEIO e pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE).

Queremos recordar que o día 15 de maio remata o período de inscrición a prezo reducido.

Ademais, lembramos que están convocados DOUS PREMIOS, de 500 € cada un, ás mellores comunicacións presentadas no Encontro por un investigador/a novo/a. Para optar a un destes premios, ademais de cumprir os requisitos establecidos nas BASES, hai que enviar unha mensaxe ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., co asunto "Premio BIOAPP2016-Ciencias da Saúde" ou "Premio BIOAPP2016-Ecoloxía-MedioAmbiente". O prazo para presentarse aos premios remata o día 15 de maio.

Máis información: http://biometria.sgapeio.es

 

2.- Galician Seminar of Nonparametric Statistical Inference

O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Galician Seminar of Nonparametric Statistical Inference (GSNSI) os días 8 e 9 de Xuño do 2016.

Con motivo do 60 aniversario do profesor Wenceslao González Manteiga, director ata a actualidade de 30 teses doutorais, organízase este evento coa idea de mostrar nunha serie de conferencias os avances que se deron ao longo destes anos e na actualidade nos diferentes grupos de investigación de Estatística en Galicia. Á súa vez estes relatorios compleméntanse con outras de investigadores que mostraron ao longo dos anos unha frutífera colaboración cos investigadores galegos.

A inscrición é gratuíta e realizarase antes do 31 de maio na seguinte ligazón: http://eio.usc.es/pub/gsnsi/index.php/gl/inscricion

Máis información: http://eio.usc.es/pub/gsnsi

 

3.- Oposicións ao IGE

A Consellería de Facenda convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos (DOG nº 84 do 3 de maio de 2016).

O obxecto do proceso selectivo será cubrir (catro) 4 prazas do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, polas quendas de promoción interna e acceso libre. O sistema selectivo será o de oposición.

O número de vacantes reservadas á quenda de promoción interna ascende a dúas (2) prazas. O número de vacantes reservadas á quenda de acceso libre ascende a dúas (2) prazas.

Máis información: http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s6/oposicions2016/ConvocatoriaProcesoSelectivoEscalaSuperiorEstatisticos_ga.pdf

 

4.- Curso de Control estatístico da calidade con R (V edición)

A Universidade de Vigo organiza a V edición do curso virtual "Control Estatístico da Calidade con R", dirixido a enxeñeiros e profesionais (responsables e técnicos) do control da calidade nas empresas.

O curso inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de control de calidade máis empregadas, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. Non é imprescindible ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que estes coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno.

O curso é fundamentalmente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Faitic.

- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados).

- Período de matrícula: do 1 ao 25 de maio de 2016.

- Período de docencia: do 1 ao 30 de xuño de 2016.

Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/2726

 

5.- Curso de Estatística Aplicada con R

A Unidade de Bioestatística do Instituto IMDEA Alimentación e a Facultade de Ciencias da Universidad Autónoma de Madrid (UAM) organizaron conxuntamente a II Edición do programa de formación continua en “Estatística Aplicada con R” que se vai impartir en Madrid en 2016 de forma presencial. O programa está composto por 7 módulos que poden ser cursados de forma independente:

  1. Introdución a R: 22 e 23 de setembro.
  2. Métodos de Regresión con R: 6 e 7 de outubro.
  3. Métodos de Regresión Avanzados para a Investigación en Ciencias Naturais con R: 19, 20 e 21 de outubro.
  4. Estatística Aplicada á Investigación Biomédica con R: 24, 25 e 26 de outubro.
  5. Modelos Mixtos / Xerárquicos / Multinivel con R: 16, 17, 18 de novembro.
  6. Estatística Multivariante con R: 24 e 25 de novembro.
  7. Técnicas Estatísticas de Data Mining con R: 12, 13, 14, 15 de decembro.

Máis información: http://www.alimentacion.imdea.org/sites/default/files/Formacion/Programa_Curso_Estad%C3%ADstica_Aplicada_con_R_2015.pdf

 

6.- 7th Annual Financial Market Liquidity Conference

The Financial Research Centre, Department of Finance, Corvinus Business School, Corvinus University of Budapest and the Game Theory Research Group, Centre for Economic and Regional Studies, Hungarian Academy of Sciences are organizing the 7th Annual Financial Market Liquidity Conference that will be held at the Corvinus University of Budapest (Hungary), 17th-18th November, 2016.

The aim of the conference is to bring together academics and practitioners to discuss state-of-the-art results in the field of financial market liquidity. These topics include:

Market Liquidity and Funding Liquidity; Liquidity Aspects of Systemic Risk; Game Theoretic Aspects of Liquidity and Financial Markets; Global Liquidity (both Public and Private) and Regulations; Leverage and Macroeconomic Determinants; Market Microstructure with Emphasis on Liquidity; Asset Pricing and Management with Illiquid Assets; Illiquid Alternative Investments and Asset Innovations.

Further information: http://liquidityconference.uni-corvinus.hu/

 

7.- X Premio Francisco Cobos 2016

A Fundación Francisco Cobos convoca o X Premio Francisco Cobos, dotado con 50.000 Euros, co obxectivo de premiar o labor dun investigador español ben establecido que, tendo realizado achegas relevantes de investigación biomédica nos cinco últimos anos, poida reforzar a súa actividade investigadora e potenciar a súa proxección científica cos recursos obtidos mediante este Premio.

O xurado designado polo Padroado da Fundación para outorgar o devandito Premio estará composto por 6 profesores de recoñecido prestixio no campo da Biomedicina.

A data límite de presentación de candidaturas será o próximo 25 de Maio de 2016, e o fallo do xurado coñecerase non máis tarde do 10 de Xullo de 2016 e será publicado na páxina web desta Fundación.

Máis información: http://fundacionfranciscocobos.org/convocatorias-y-actividades-programadas/

 

8.- Bolsas Eduardo Gallego 2016

A Fundación Francisco Cobos convoca 2 bolsas, denominadas “Eduardo Gallego” e dotadas con 24.000 Euros cada unha, para apoiar a continuidade na carreira científica de investigadores postdoutorais destacados no campo da Biomedicina e que sexan beneficiarios no último ano dunha axuda de investigación institucional de excelencia.

O xurado designado polo Padroado da Fundación para outorgar as devanditas Bolsas estará composto por dous profesores de recoñecido prestixio no campo da Biomedicina.

A data límite de presentación de candidaturas será o próximo 25 de Maio de 2016. O fallo do xurado coñecerase non máis tarde do 25 de Xuño de 2016 e será publicado na páxina web desta Fundación.

Máis información: http://fundacionfranciscocobos.org/convocatorias-y-actividades-programadas/

 

9.- Oferta de emprego público para o INE

Na Oferta de Emprego Público para o ano 2016 (BOE Nº 70 do 22 de marzo) apróbaronse 26 prazas para o Corpo Superior de Estatísticos do Estado e 40 para o Corpo de Diplomados en Estatística do Estado, na quenda de acceso libre. O Instituto Nacional de Estadística (INE) espera convocar as correspondentes oposicións ao longo deste ano 2016.

Unha vez convocadas as oposicións, o INE realizará unhas sesións informativas, nas que se detallará o proceso da oposición e as condicións de acceso ao Organismo. Toda a información relacionada con este tema irase publicando na súa páxina web: www.ine.es.

 

10.- Two years post doc position and PhD fellowship in statistical methods

A two years post doc position and a PhD fellowship in statistical methods for data from electronic health records at Department of Statistics, University of Leeds, UK

You will develop statistical methods aiming to obtain insight in mechanisms underlying human diseases and health and to define patient subgroups with specific risk profiles. The methodological challenges are to integrate various data sources (e.g. imaging, omics, genetics, family history, electronic health records) while taking into account the differences between these datasets: scale, measurement error, incompleteness, size and heterogeneity etc. Various datasets are available that motivate the research questions and can be used as illustration for method development. Finally, you will develop user friendly tools to enhance the use of the methods in practical settings.

For more information, contact Prof Jeanine Houwing-Duistermaat Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Novas da SGAPEIO, 12 de abril 2016

1.- VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Ata o día 17 de abril de 2016 está aberto o período de inscrición na VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

 

2.- Conferencia na Universidade de Vigo

- Título: Avaliación e xestión de pesquerías: estatísticas e técnicas usadas no Centro Oceanográfico de Vigo (IEO).

- Ponente: Diana González Troncoso (ex-alumna do programa de doutoramento en Estatística e Investigación de Operacións). Centro Oceanográfico de Vigo - Instituto Español de Oceanografía.

- Data: Xoves 14 de abril de 2016 ás 13 horas.

- Lugar: Salón de Actos da Facultade de Ciencias.

Máis información: http://goo.gl/Q5Y9Uv

 

3.- Big Data Coruña 2016

Os días 25 e 26 de abril de 2016 celebrarase na Facultade de Informática da Universidade da Coruña o evento internacional Big Data Coruña 2016.

- Organización: David Martínez, UCL; Amparo Alonso-Betanzos, UDC.

- Colaboran:

- Rede Galega de Tecnologías Cloud e Big Data para HPC, R2014/041.

- Red Española de Big Data y Análisis de datos escalable, TIN2014-56425-REDT.

- CITIC – Centro Investigacións en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

É obrigatorio rexistrarse mediante formulario electrónico: https://goo.gl/vRLpJG

Prazo de inscrición: ata o 20 de abril de 2016. Inscricións por orde de solicitude. Prazas limitadas.

Taxas: 200€ para empresas ou entidades alleas á comunidade universitaria e ás entidades colaboradoras. É preciso enviar a copia do xustificante de pago, transferencia bancaria, por correo electrónico ao enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Máis información: www.citic-research.org

 

4.- Curso de Estatística e Epidemioloxía na EASP

A Escuela Andaluza de Salud Pública (EASP) organiza un curso semipresencial de Estatística e Epidemioloxía:

- Horas totais: 90

- Datas: 3 de maio a 22 de xullo de 2016.

- Sesións presenciais: Granada, 22 a 24 de xuño e 4 a 8 de xullo de 2016.

- Matrícula: 800 €

Dirixido a:

Profesionais sen formación previa en Estatística ou Epidemioloxía, interesados en coñecer e aplicar os métodos estatísticos básicos para a análise de datos e o deseño dos estudos epidemiolóxicos máis frecuentes. É un curso de iniciación que pretende capacitar aos asistentes para a análise estatística de datos e a lectura crítica de publicacións especializadas, sendo de especial interese para persoas que desexen desenvolver competencias neste campo. É o inicio dun itinerario formativo en análise estatística de datos que continúa co curso “Modelos de Regresión Multivariante” e “Análise Multinivel”.

Inscrición: ata o 18 de abril de 2016.

Máis información: http://www.easp.edu.es/programadocente/

 

5.- Third Research Summer School in Statistical Omics

The Third Research Summer School, Workshop, and Conference in Statistical Omics (RSSSO2016) will be held at the Mediterranean Institute for Life Sciences, Split, Croatia, from August 7 to 21, 2016.

The aim of the School is project based training through research of a new generation of the Statistical Omics scientists. It is expected that projects started in the School will lead to scientific publications, may become a part of your qualification works (e.g. MSci or PhD thesis), and will pave your future career in biomedicine.

Further information: http://school2016.statisticalomics.org/

 

6.- MESIO UPC-UB Summer School 2016

The MESIO UPC-UB Summer School is a specialized training program that increases the supply of both professional and research training in the Interuniversity Master in Statistics and Operations Research (MESIO UPC-UB), the 2nd cycle studies, the Degree in Statistical Science and Techniques, and the PhD in Statistics and Operations Research of the UPC, Statistics of the UB and Economy of the UB.

This academic year 2015-2016 the tenth edition of the MESIO Summer School will be held. These courses are open to all members of the FME, UPC, UB, and to the university, scientist and professionals in general.

In this edition 11 activities will be held, including R courses (IV SummeR_logo.png School 2016), Big Data (III Big Data School).

The courses will be taught from June 13 to July 22, 2016.

Further information: https://mesioupcub.masters.upc.edu/en/x-summer-school-2016/x-summer-school-2016

 

7.- Bolsas de introdución á investigación do CSIC

A Presidencia da Axencia Estatal do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), convoca 100 bolsas de introdución á investigación e iniciación á carreira científica, co fin de dar a coñecer no ámbito universitario as posibilidades profesionais que ofrecen os Institutos e Centros de investigación do CSIC nas diferentes áreas científicas.

As bolsas están destinadas a graduados ou licenciados que estean matriculados nun Máster universitario oficial no curso académico 2015-2016, ou que realizaran a inscrición ou pre-inscrición nun Máster universitario oficial para o curso 2016-2017.

A contía será de 2.000€, e as bolsas terán unha duración de 2 meses consecutivos: setembro-outubro ou outubro-novembro de 2016.

Presentación de solicitudes: do 11 de abril ao 2 de maio de 2016, ambos incluídos.

Máis información: https://sede.csic.gob.es/intro2016

 

8.- Oferta de emprego

A empresa Kabel Sistemas de Información SL busca titulados/as en Matemáticas ou Estatística para traballar sobre grandes conxuntos de datos (Hadoop/Spark) aplicando algoritmos de Machine learning, desenvolvendo modelos preditivos e entendendo a lóxica que teñen detrás para poder interpretar e explicar axeitadamente o comportamento do modelo en linguaxe natural a usuarios finais.

Máis información: https://goo.gl/AUl5m0

 

9.- Postos de Data Scientist

Ofertas de emprego como Científico de datos (Data Scientist):

- Kabel: https://goo.gl/3qSqN5

- Experis España (Madrid): https://goo.gl/3qSqN5

- GMV (Madrid): https://goo.gl/if4y8O

- Teradata (Madrid): https://goo.gl/8WPl15

 

Novas da SGAPEIO, 29 de marzo 2016

1.- VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos

O vindeiro día 1 de abril de 2016 ábrese o período de inscrición na VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O período de inscrición no concurso finaliza o 17 de abril de 2016.

Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

 

2.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)

O Comité Organizador do II Encontro Galaico-Portugués de Biometría comunica que se amplía o prazo para o envío de comunicacións. Novas datas:

-        Data límite para o envío de comunicacións: 17 de abril (antes 31 de maio).

-        Data límite para a notificación de aceptación: 6 de maio (antes 20 de abril).

-        Data límite para a inscrición reducida: 15 de maio (antes 30 de abril).

Lembramos que os traballos presentados neste Encontro poderán optar a ser publicados nun número especial de Biometrical Journal ou nun número especial de Spatial Statistics.

Ademais están convocados DOUS PREMIOS:

-        Premio de 500 € á mellor comunicación sobre aplicacións en Ciencias da Saúde entre as presentadas en BIOAPP2016 por un investigador/a novo/a. Patrocinado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

-        Premio de 500 € á mellor comunicación sobre aplicacións en Ecoloxía ou Ciencias do Medio Ambiente entre as presentadas en BIOAPP2016 por un investigador/a novo/a. Patrocinado pola Cátedra Luis de Camoens Universidad Carlos III de Madrid-Banco de Santander.

Máis información na páxina web do congreso: http://biometria.sgapeio.es

 

3.- Seminarios en Vigo

O vindeiro xoves, 31 de marzo, de 12 a 14 hrs. terán lugar os seguintes seminarios na Aula Seminario 8 (fronte ao Salón de graos) da Facultade de Económicas e Empresariais de Vigo:

- 12.00 hrs. - "Robust inference procedures in functional data analysis" - Graciela Boente, da Fac. de Cc. Exactas e Naturais da Universidad de Buenos Aires.

- 13.00 hrs. - "Method of maximum combination for simultaneous inferences" - María Álvarez, da E.U. Enxeñería Técnica Industrial, da Universidade de Vigo.

Máis información: http://sidor.webs.uvigo.es/index.php?option=com_content&view=article&id=2&Itemid=3

 

4.- Publicada a versión 3.0 de BioStatFLOSS

BioStatFLOSS é unha recopilación de software para Windows. Trátase dunha "colección" de programas de utilidade para a realización de estudos estatísticos en xeral (e bioestatísticos/epidemiolóxicos en particular). A principal característica é que son versións portables (non é necesario instalalas), independentes unhas de outras e cun lanzador común para facilitar a tarefa de executalas.

Para descargar BioStatFLOSS hai que acceder á sección de DESCARGA da web do Proxecto. Unha vez realizada a descarga (ben no disco duro ou nunha unidade externa de disco ou pendrive), descomprímese o ficheiro e xa está listo para usar. Hai que entrar na carpeta resultante e executar o ficheiro BioStatFLOSS.EXE.

Máis información: http://www.sergas.es/Saude-publica/BioStatFLOSS

 

5.- Curso de Metaanálise en rede

Os días 25 e 26 de maio de 2016 vaise celebrar unha nova edición do curso "Comparacións indirectas e metaanálise en rede" no Centro Cochrane Iberoamericano, en Barcelona.

Este curso, de 16 horas, está dirixido a profesionais sanitarios, persoal de investigación en ciencias da saúde, ciencias sociais e/ou economía, con coñecementos básicos de revisións sistemáticas e/ou metaanálise con interese na aplicación das comparacións indirectas e a súa extensión ao metaanálise en rede.

O curso é teórico-práctico, complementado con exercicios prácticos, utilizando Stata v.14.

Máis información: http://es.cochrane.org/es/news/curso-de-comparaciones-indirectas-y-metaanálisis-en-red-network-meta-analysis-en-barcelona

 

6.- Advanced Statistics and Data Mining Summer School

A Universidad Politécnica de Madrid organiza a XI edición da escola de verán “Advanced Statistics and Data Mining”, que terá lugar en Boadilla del Monte, preto de Madrid, dende o 27 de xuño ata o 8 de xullo de 2016. A edición deste ano inclúe 12 cursos, de 15 horas cada un, que pretenden ofrecer aos asistentes unha introdución aos fundamentos teóricos e ás aplicacións prácticas dalgunhas das técnicas de análise estatístico actuais. Os asistentes poden inscribirse en cada curso de xeito independente. Non hai limitacións, salvo as impostas polos horarios, no número de cursos nos que se pode inscribir un asistente.

Máis información: http://www.dia.fi.upm.es/?q=en/ASDM

 

7.- Bolsas da Axencia Galega de Turismo

A Axencia Galega de Turismo convoca varias bolsas de formación práctica en diversas áreas, unha delas na área de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística (DOG nº 37 do 23 de marzo de 2016).

- Especialidade: estatística

- Número: 1 bolsa

- Duración: 6 meses

- Período realización: 2016

- Dotación: 7.000€

- Prazo presentación: 23/04/2016

Máis información: http://eio.usc.es/pub/mte/descargas/AnuncioG0256-140316-0002_gl.pdf

 

8.- Oferta de emprego

Data de publicación: 18 de marzo de 2016.

Convoca: Fundació Institut d’Investigació en Ciències de la Salut Germans Trias i Pujol (IGTP).

Tipo de contrato: temporal para substitución por baixa maternal, cunha duración de 7/8 meses aproximadamente.

Requisitos:

-        Grao, Licenciatura ou Máster en Estatística (finalizado o último curso).

-        Dominio de SPSS e R.

-        Coñecementos de inglés.

Valoraranse os coñecementos en bioestatística e análise de supervivencia.

Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/content/borsa-de-treball

Páxina 21 de 50

  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25

Copyright © 2026 SGAPEIO. Todos los derechos reservados.