

1.- Número 42 de INFORMEST
Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, apartado de PUBLICACIÓNS, o número 42 de INFORMEST. Este número ten o seguinte sumario:
- Colaboración: Algunhas alternativas á Lei Electoral española.
- Recensión bibliográfica: Vitaminas Matemáticas, de Claudi Alsina.
- Actividades da SGAPEIO:
- Xornada de formación para elaborar proxectos de Estatística.
- Asemblea Xeral da SGAPEIO de outubro 2015: un resumo.
- Novas do IGE: Últimas novidades en publicacións e documentos do IGE.
- Traballos de Estatística no SUG: Teses e traballos fin de Grao e Máster.
- Coñecendo a unha socia da SGAPEIO: María Martín Vila.
- Sabías qué?: Esperanza de vida.
Máis información: www.sgapeio.es
2.- VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 17 de abril de 2016.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es
3.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)
Queremos facer unha corrección á circular que enviamos o pasado martes con información sobre BIOAPP2016: a data límite para o envío de comunicacións é o 31 de marzo, non o 30 de marzo.
Aproveitamos tamén para anunciar que a Cátedra Luis de Camoens Universidad Carlos III de Madrid-Banco de Santander patrocina un PREMIO, dotado con 500 €, á mellor comunicación sobre aplicacións en Ecoloxía ou Ciencias do Medio Ambiente entre as presentadas neste II Encontro Galaico-Portugués de Biometría por un investigador/a novo/a.
En breve publicaremos as bases do premio na páxina web do congreso: http://biometria.sgapeio.es
4.- II Xornadas Científicas de Estudantes da SEB
A Sociedad Española de Biometría organiza as II Xornadas Científicas de Estudantes, que se celebrarán os días 8 e 9 de setembro de 2016 no Parque de Investigación Biomédica de Barcelona.
- Inscrición gratuíta e con certificado de asistencia.
- Todas as sesións son plenarias, incluída unha de pósteres.
- Curso gratuíto, de aproximadamente 2 horas de duración, e con certificado: Introdución a Shiny R Studio.
- Mesa redonda: Os retos da SEB.
Para participar hai que enviar un resumo dun máximo de 300 palabras antes do 30 de xuño de 2016, e ser socios da SEB.
Máis información: http://www.biometricsociety.net/ii-jornadas-cientificas-de-estudiantes-de-la-seb/
5.- V edición do concurso Explícoche Matemáticas 2.0.
Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo) e a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia.
Organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración coa Fundación Barrié e o SNL, o obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.
Para concursar no Proxecto Explícoche Matemáticas 2.0, cada participante ou grupo participante debe preparar un vídeo de 2 minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas e onde a lingua empregada sexa o galego.
Os proxectos deberán remitirse ata o 22 de abril de 2016.
Máis información: http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/CNL/explicoche_matematicas_2_0_2016/bases2016.html
6.- ASA releases statement on statistical significance and p-values
The American Statistical Association (ASA) has released a “Statement on Statistical Significance and P-Values” with six principles underlying the proper use and interpretation of the p-value The ASA releases this guidance on p-values to improve the conduct and interpretation of quantitative science and inform the growing emphasis on reproducibility of science research. The statement also notes that the increased quantification of scientific research and a proliferation of large, complex data sets has expanded the scope for statistics and the importance of appropriately chosen techniques, properly conducted analyses, and correct interpretation.
The statement’s six principles, many of which address misconceptions and misuse of the pvalue, are the following:
1. P-values can indicate how incompatible the data are with a specified statistical model.
2. P-values do not measure the probability that the studied hypothesis is true, or the probability that the data were produced by random chance alone.
3. Scientific conclusions and business or policy decisions should not be based only on whether a p-value passes a specific threshold.
4. Proper inference requires full reporting and transparency.
5. A p-value, or statistical significance, does not measure the size of an effect or the importance of a result.
6. By itself, a p-value does not provide a good measure of evidence regarding a model or hypothesis.
The statement has short paragraphs elaborating on each principle: http://amstat.tandfonline.com/doi/abs/10.1080/00031305.2016.1154108#.Vt2XIOaE2MN
7.- Bolsa para graduados en Estatística
A empresa Enagás oferta unha bolsa para realizar tarefas de apoio nos procesos e nos sistemas de información implicados no cálculo da retribución, na xestión da tramitación dos ingresos regulados e da obtención dos mesmos a través do sistema de liquidacións. Requisitos:
- Licenciatura en Estatística/Matemáticas.
- Nivel de Ofimática alto.
- Imprescindible nivel alto de inglés.
Máis información: https://goo.gl/AGP9pz
1.- VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 17 de abril de 2016.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.
2.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)
Durante os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo celebraremos en Santiago de Compostela o II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016), con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, organizado conxuntamente pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) e pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE).
Envía a túa comunicación AQUÍ antes do 30 de marzo para presentala no congreso como comunicación oral ou póster. A decisión sobre a aceptación comunicarase antes do 20 de abril.
Os traballos presentados no congreso poderán optar a ser publicados nun número especial de Spatial Statistics (Spatio-temporal Statistical Methods in Environmental and Biometrical Problems) ou nun número especial de Biometrical Journal (Joint Modelling and Beyond).
Máis información: http://biometria.sgapeio.es
3.- X Feira Matemática 2016
A Feira Matemática, organizada por AGAPEMA, é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Formación Profesional así como ao profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral. O propósito co que se formula esta cita é a de crear un espazo educativo no ámbito matemático.
Este ano celébrase a X edición da Feira Matemática, que terá lugar o sábado 23 de abril de 2016 no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/208
4.- Curso de Estatística avanzada con R para profesionais da saúde
A Universidade de Vigo, en colaboración coa Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, organiza o curso de formación “Estatística avanzada con R para profesionais da saúde”. O curso é totalmente non presencial para que os titulados do ámbito biosanitario (ou estudantes universitarios de último curso) poidan seguilo en horario libre e dende calquera lugar de modo compatible coa súa actividade.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados e membros da Fundación Biomédica).
- Período de matrícula: do 1 ao 28 de marzo de 2016.
- Período de docencia: do 1 de abril ao 15 de maio de 2016.
O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica (análise de supervivencia, deseños de investigación, meta-análise, regresión de Cox, regresión de Poisson, regresión ordinal, regresión loxística multinomial), con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. O curso é eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de tele docencia da Universidade de Vigo.
Este curso está recoñecido polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia coa asignación de 5,3 créditos para todos os profesionais sanitarios titulados.
Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/2659
5.- Congreso RSME 2017
O vindeiro congreso bienal da Real Sociedad Matemática Española (RSME) terá lugar do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017 en Zaragoza.
Estará organizado por matemáticos da Universidad de Zaragoza e as actividades desenvolveranse no Campus de San Francisco, en concreto na nova sede da Facultade de Educación contigua á Facultade de Ciencias.
Como en edicións anteriores, está prevista a celebración de sesións especiais, polo que o Comité Científico do congreso invita a todos os interesados en organizar unha sesión a presentar a súa proposta antes do 20 de marzo de 2016.
Máis información: http://www.rsme.es/content/view/1718/91/
6.- 119th European Study Group with Industry
The 119th European Study Group with Industry will take place from June 27th to July 1st 2016 in Porto, Portugal.
This meeting is one of the European Study Groups with Industry and will bring together several academics with a large experience in industrial mathematics to tackle problems that the leading industries are facing.
These events provide the industry with the insights, expertise and input of researchers from different disciplines and with various experiences.
Using mathematical modeling, the participants work collaboratively in addressing the problems posed by the companies and suggesting techniques of their expertise that may lead to a solution and therefore contribute to the technological progress.
Program
The meeting begins on Monday morning, when Industrial Problems are presented by the companies’ representative. This is followed by academic researchers forming brainstorming groups for each problem. During the week, the groups work on each problem. Mathematical models are formulated, analytical and computational techniques applied and recommendations formulated. On Friday morning, problem-solving teams make presentations of their models and results to all participants and companies. Afterwards, each team prepares a short written report of their progress, with special emphasis on enduser applications.
Further information: http://www2.estgf.ipp.pt/esgi/
7.- Estadías de investigación en Chile
A Comisión Nacional de Investigación Científica y Tecnológica de Chile (CONICYT), a través do seu Programa de Atracción e Inserción de Capital Humano Avanzado (PAI) convoca o Concurso de Atracción de Capital Humano Avanzado do Estranxeiro, Modalidade Estadías Cortas (MEC), para o ano 2016.
Este concurso está destinado a financiar estadías de corta duración de científicos/as de excelencia en universidades acreditadas rexionais de Chile, a fin de fortalecer en especial o postgrao e a investigación, en colaboración directa con investigadores/as e estudantes chilenos/as.
As estadías terán unha duración mínima de sesenta (60) días e unha máxima de trescentos (300) días, e deberán comezar entre marzo e decembro de 2017.
Presentación de solicitudes: ata o 19 de abril de 2016.
Máis información: http://www.conicyt.cl/pai/2016/02/01/concurso-atraccion-de-capitalhumano- avanzado-del-extranjero-modalidad-estadias-cortas-mec-convocatoria-2016/
8.- Premios de investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2016
A Real Academia Galega de Ciencias fai pública a convocatoria dos seus Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo correspondentes ao ano 2016, que teñen como obxectivo promover a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento integradas na Academia, a través do recoñecemento académico e social do esforzo dos investigadores.
Convócanse dous premios:
- Un de 6.000 euros, para un Traballo de Investigación realizado por investigadores sénior.
- Un de 2.000 euros, para incentivar a Promoción de Novos Investigadores menores de 28 anos.
Poderán presentarse traballos realizados en Galicia. Os traballos tratarán temas ou aspectos relacionados coas áreas temáticas seguintes: Matemáticas, Física, Física do Cosmos, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Farmacia, Ciencias Sociais, Económicas e Ciencias Técnicas.
En ambas as modalidades poderanse presentar traballos publicados a partir do 1 de xaneiro de 2015, traballos aceptados para a súa publicación ou traballos inéditos. En todos os casos os traballos adoptarán a forma utilizada para publicacións en revistas científicas e terán unha extensión máxima de 75 páxinas, escritas por unha soa cara, incluíndo figuras e táboas.
O prazo da convocatoria finalizará ás 13.00 horas do 30 de Xuño de 2016.
Máis información: http://www.ragc.cesga.gal/es/actividades/premios-de-investigacion
9.- Posto de Data Scientist en GRADIANT
O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT) busca candidatos con experiencia e especial interese en Data Science e con ganas de aportar nun equipo de traballo que realmente intenta mellorar a educación usando tecnoloxía. No persoal, busca persoas responsables e motivadas.
Máis información: http://www.gradiant.org/images/stories/files/OF0216.pdf
1.- VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 17 de abril de 2016.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.
2.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)
Durante os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo celebraremos en Santiago de Compostela o II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016), con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, organizado conxuntamente pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) e pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE).
Envía a túa comunicación AQUÍ antes do 30 de marzo para presentala no congreso como comunicación oral ou póster. A decisión sobre a aceptación comunicarase antes do 20 de abril. Para os autores que precisen coñecer antes a decisión, habilitouse a avaliación rápida: todas as comunicacións recibidas antes do 29 de febreiro serán avaliadas antes do 15 de marzo.
Os traballos presentados no congreso poderán optar a ser publicados nun número especial de Spatial Statistics (Spatio-temporal Statistical Methods in Environmental and Biometrical Problems) ou nun número especial de Biometrical Journal (Joint Modelling and Beyond).
Máis información: http://biometria.sgapeio.es
3.- XXXVI Congreso da SEIO
O XXXVI Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa e das X Jornadas de Estadística Pública terá lugar en Toledo, do 5 ao 7 de setembro de 2016.
Este congreso ten como obxectivo proporcionar un foro para que académicos, investigadores e profesionais da Estatística e da Investigación de Operacións poidan intercambiar ideas e experiencias en todos os ámbitos das dúas disciplinas. O Comité Organizador convida a todos aqueles vinculados coa Estatística, a Investigación Operativa e a Estatística Pública, tanto do mundo académico como da administración pública e a empresa, a participar nestas reunións achegando os seus resultados máis recentes, de xeito que podamos contribuír a poñer de relevo o bo momento destas disciplinas en España e mostrar a importancia das mesmas para o progreso da sociedade do século XXI.
Datas importantes:
- Inscrición con tarifa súper reducida: do 18 de xaneiro ao 1 de maio de 2016.
- Inscrición con tarifa reducida: do 2 de maio ao 1 de xullo de 2016.
- Inscrición con tarifa normal: do 2 de xullo ao 7 de setembro de 2016.
- Envío de traballos: do 22 de xaneiro ao 1 de abril de 2016.
Máis información: http://seio2016.com/es/
4.- 4th International Workshop on Functional and Operational Statistics
The Fourth International Workshop on Functional and Operational Statistics (IWFOS 2017) will be held in A Coruña, SPAIN, from 15th to 17th June 2017.
The treated topics (Functional Data Analysis and Operator-based Statistics) and the format (5 sessions in 2.5 days) of this workshop will follow the ones of the previous successful three editions held in Toulouse-France (2008), Santander-Spain (2011) and Stresa-Italy (2014). The scientific program will include invited talks, contributed talks and contributed posters.
Invited speakers (confirmed):
- John ASTON (University of Cambridge, United Kingdom).
- Alexander AUE (University of California, Davis, USA).
- Antonio CUEVAS (Universidad Autónoma de Madrid, Spain).
- Aurore DELAIGLE (University of Melbourne, Australia).
- Jeff GOLDSMITH (Columbia University, USA).
- Stephan HUCKEMANN (Institut für Mathematische Stochastik, Göttingen, Germany).
- Victor PANARETOS (École Polytechnique Fédérale de Lausanne, Switzerland).
- Beatriz PATEIRO (Universidad de Santiago de Compostela, Spain).
- Laura SANGALLI (Politecnico di Milano, Italy).
Further information: http://iwfos2017.udc.es/
5.- Curso online de comunicación estatística
O Instituto Nacional de Estadística organiza un curso online de comunicación estatística orientada aos usuarios. Este curso está dirixido aos profesionais das Administracións Públicas Españolas con intereses na difusión e comunicación de datos estatísticos oficiais.
O curso consta de dous módulos:
- Módulo I: Estratexias e instrumentos adecuados para unha comunicación orientada aos usuarios.
- Módulo II: Como construír mensaxes eficaces e produtos atractivos con datos estatísticos oficiais.
Datas:
- Inscrición: do 15 de febreiro ao 9 de marzo de 2016.
- Docencia: do 31 de marzo ao 18 de abril de 2016.
Máis información: http://www.ine.es/ine/eeaapp/sem12015cur_online03.pdf
6.- Cursos do Servei d'Estadística Aplicada da UAB
O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza o seguinte curso:
- Cómo crear aplicacións con Shiny: 7, 8 e 9 de marzo de 2016, de 9:30 a 13:00 horas.
Máis información: Curso1
- Curso de programación con SAS®: Sintaxis avanzada: 29, 30, 31 de marzo e 1 de abril de 2016 de 9:30 a 13:30 horas.
Máis información: Curso2
- Curso de Modelización Estatística Básica con R mediante RStudio: 4, 5 e 6 de abril de 2016 de 9:30 a 13:30 horas.
Máis información: Curso3
7.- Matemáticas na Raia 2016
AGAPEMA e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocan a segunda edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º de ESO (9º ano en Portugal). A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.
A proba terá lugar o día 13 de abril e as inscricións están abertas ata o día 15 de marzo.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/362
8.- Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento (2016)
Está aberta a convocatoria da IX edición dos Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento (2016). Estes Premios queren recoñecer e incentivar a investigación e creación cultural de excelencia, en especial aquelas contribucións de amplo impacto pola súa orixinalidade e significado teórico. A denominación destes premios quere significar tanto o traballo de investigación capaz de ampliar o ámbito do coñecemento -desprazando cara a diante a fronteira do coñecido-, canto o encontro e solapamento entre áreas disciplinares.
Categorías:
- Ciencias Básicas (Física, Química, Matemáticas)
- Biomediciña
- Ecoloxía e Bioloxía da Conservación
- Cambio Climático
- Tecnoloxías da Información e da Comunicación
- Economía, Finanzas e Xestión de Empresas
- Cooperación ao Desenvolvemento
- Música Contemporánea
Presentación de solicitudes: ata o 30 de xuño de 2016.
Máis información: Bases
9.- Axudas á investigación científica da Fundación Banco Sabadell
A Fundación Banco Sabadell convoca dez axudas á investigación científica para aspirantes predoutorais de nacionalidade española, que estean en proceso de realización da tese doutoral en calquera universidade española ou estranxeira, destinadas á promoción e ao desenvolvemento de traballos científicos ou estadías en universidades ou outros centros de investigación españois ou estranxeiros, preferentemente en campos do coñecemento económico, empresarial e social.
A contía individual das axudas é de 6.000 euros, importe que pode variar en atención ao presuposto e ás circunstancias de cada proposta.
Presentación de solicitudes: ata o 1 de marzo de 2016.
Máis información: Bases
1.- Asemblea Xeral da SGAPEIO 2015
Está dispoñible na web da SGAPEIO, no apartado de “A SOCIEDADE – Actas e informes” que ten acceso restrinxido a socios e socias, a seguinte acta:
- Acta da Asemblea Xeral da SGAPEIO 2015 celebrada o 24 de outubro de 2015 no Pazo de San Marcos, sede da Deputación Provincial de Lugo.
2.- VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da VI Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 17 de abril de 2016.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.
3.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)
O II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016), con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, terá lugar os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo de 2016 na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Este encontro temático está organizado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) e pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE. O programa do encontro inclúe 4 sesións plenarias, 4 sesións invitadas, unha mesa redonda, e sesións de comunicacións orais e posters, ademais de un minicurso sobre análise de supervivencia.
Datas importantes:
- Data límite de envío de resumos: 31 de marzo de 2016.
- Notificación da decisión: 20 de abril de 2016.
- Data límite de inscrición a prezo reducido: 30 de abril de 2016.
Publicación dos traballos:
A revista Spatial Statistics vai publicar un número especial titulado “Spatio-temporal statistical methods in environmental and biometrical problems” con traballos do II Encontro Galaico-Portugués de Biometría e do 8th International Workshop on Spatio-Temporal Modelling (METMA VIII), que terá lugar en Valencia os días 1, 2 e 3 de xuño de 2016.
Tamén se vai editar un número especial de Biometrical Journal sobre “Joint Modelling and Beyond” relacionado co II Encontro Galaico-Portugués de Biometría e co Workshop Joint Modelling and Beyond 2016, que terá lugar os días 14 e 15 de abril de 2016 na Universidade de Hasselt (Bélgica).
Máis información: http://biometria.sgapeio.es
4.- VII Congreso ApS Universitario
O Grupo de Investigación Esculca, a Rede RIES e a Asociación Galega de ApS (ApSGa) están organizando o VII Congreso Nacional e II Internacional de Aprendizaxe-Servizo Universitario Aps(U)7, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 13, 14 e 15 de outubro de 2016.
Datas importantes:
- Inscrición reducida: do 1 de febreiro ao 31 de maio de 2016.
- Inscrición ordinaria: do 1 de xuño ao 1 de outubro de 2016.
- Envío de resumos: do 15 de xaneiro ao 15 de marzo de 2016.
- Envío de traballos completos: do 1 de abril ao 31 de maio de 2016.
Proximamente estará activa a páxina web do evento: www.usc.es/congresos/ApSU7
5.- Axudas para realizar estadías no estranxeiro
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca subvencións para o Subprograma de Movilidad dentro do Programa Estatal de Promoción del Talento y su Empleabilidad, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016.
- Modalidade A: estadías de profesores e investigadores sénior en centros estranxeiros, incluído o programa “Salvador de Madariaga”. Convócanse ata un máximo de 400 axudas.
- Modalidade B: estadías de mobilidade no estranxeiro “José Castillejo” para novos doutores. Convócanse ata un máximo de 260 axudas.
Presentación de solicitudes: ata o 4 de febreiro de 2016 ás 14:00 h.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2015/12/29/pdfs/BOE-A-2015-14236.pdf
6.- Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles
A Fundación BBVA e a Real Sociedad Matemática Española colaboran na convocatoria e adxudicación da segunda edición dos Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles.
Nesta convocatoria concederanse seis premios, cada un cunha dotación bruta de 2.000 euros, e todos eles na mesma modalidade de Investigación Matemática. Os Premios están dirixidos a investigadores en matemáticas de nacionalidade española, ou doutra nacionalidade que realizasen o seu traballo de investigación nunha universidade ou centro científico de España, cuxa idade non exceda os 30 anos ao finalizar o ano 2016 (salvo o disposto no Art. 6 da convocatoria).
Máis información: http://www.fbbva.es/TLFU/dat/Bases_Premios_Vicent_Caselles_RSMEB-FBBVA_2016.pdf
7.- Praza de técnico con experiencia en Bioestatística
Con motivo da publicación da convocatoria do Subprograma de Persoal Técnico de Apoio á I+D+i do Ministerio de Economía e Competitividade (Subprograma Estatal de Incorporación para o ano 2015 - Resolución de 2 de decembro de 2015, BOE de 7 de decembro) a Vicerreitoría de Investigación e Transferencia precisa seleccionar candidatos/as para solicitar na dita convocatoria a seguinte praza:
Ref. PRAZA 9 – Técnico con experiencia en Bioestadística– CINBIO
Requerimentos:
- Non ter vinculación laboral coa Universidade de Vigo na data de presentación da solicitude (xaneiro-febreiro 2016).
- Ter a titulación de licenciatura ou grao en Matemáticas ou Estatística con experiencia na aplicación de métodos estatísticos á resolución de problemas do ámbito das Ciencias da Vida e da Saúde.
- Experiencia: valorarase formación xustificada documentalmente en modelos e métodos estatísticos avanzados para a resolución de problemas complexos e no manexo de software estatístico libre.
Os/As interesados/as deberán enviar á dirección de correo electrónico
- Datos persoais e de contacto do/a interesado/a, e referencia da praza que solicita.
- Curriculum vitae.
- Copia do expediente académico.
- Xustificantes da experiencia que se indica en cada caso.
É imprescindible indicar no asunto do correo a referencia da praza solicitada.
8.- Bolsas de prácticas Santander CRUE CEPYME 2016
Estas bolsas están integradas dentro dun programa orientado a complementar a formación dos estudantes de universidades españolas, acercándoos á realidade do ámbito profesional, ampliando os seus coñecementos e favorecendo o seu contacto con empresas que poderían facilitarlles a súa posterior inserción laboral.
Destinatarios:
- Candidatos: estudantes matriculados en universidades españolas participantes.
- Empresas: autónomos, microempresas, e pequenas e medianas empresas (PYME), ubicadas no territorio español.
As bolsas teñen unha remuneración de 1.800 euros, e a súa duración está en función de que sexa realizada a tempo parcial (20 horas semanais durante 6 meses), ou a tempo completo (40 horas semanais durante 3 meses).
Presentación de solicitudes: ata o 31 de xaneiro de 2016.
Máis información: https://www.agora-santander.com/profil/527a41dfe04ecc1d6c8e39cb