SGAPEIO
  • A SOCIEDADE
    • Que é a sociedade?
    • Consello Executivo
    • Consello Asesor
    • Membros Institucionais
    • Estatutos
    • Actas e Informes
    • Asociarse
    • Actualizar datos
    • Acordos reciprocidade
    • Convenios
    • IDENTIDADE CORPORATIVA
  • FORMACION / ACTIVIDADES
    • Cursos, xornadas e másters
    • Congresos da SGAPEIO
    • Outros congresos
    • Premios SGAPEIO
    • Outros premios
    • Recreo Estatístico
    • Outras actividades
    • Biometría
  • ESTATISTICA NO ENSINO
    • Ensino secundario
    • Universidade
  • PUBLICACIÓNS
    • Boletín INFORMEST
    • INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
    • Á estatística ¡en caricaturas!
  • NOVAS
    • NOVAS
    • Ofertas de Emprego e bolsas
    • Boletín de novas
  • LIGAZÓNS
  • CONTACTA

Concurso Incubadora

ÚLTIMAS NOVAS

  • Novas da SGAPEIO, 20 de outubro de 2026
  • Dúas Bolsas de Investigación na Universidade do Algarve
  • Novas da SGAPEIO, 28 de setembro de 2026
  • Curso de Cálculo do tamaño da mostra en estudos de investigación (3.ª edición)
  • Curso de Análise estatística de datos para estudos científicos con SPSS, RStudio e Intelixencia Artificial

Asóciate

Acceso socios

  • Esqueceu súa clave?
  • Esqueceu seu nome de usuario?

Novas da SGAPEIO 28 de outubro 2015

1.- II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016)
O II Encontro Galaico-Portugués de Biometría (BIOAPP2016), con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, terá lugar os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo de 2016 na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Este encontro temático está organizado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) e pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) como continuación de dous encontros previos organizados polas dúas sociedades: o I Encontro Luso-Galaico de Biometría, que se celebrou en Braga (Portugal) do 14 ao 16 de xullo de 2013, e o I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía (EES2014), que se celebrou en Vila Real (Portugal) do 6 ao 8 de novembro de 2014.
O programa do encontro inclúe 4 sesións plenarias, 4 sesións invitadas, unha mesa redonda, e sesións de comunicacións orais e posters, ademáis de un minicurso sobre análise de supervivencia.
Datas importantes:
- Data límite de envío de resumos: 31 de marzo de 2016.
- Notificación da decisión: 20 de abril de 2016.
- Data límite de inscrición a prezo reducido: 30 de abril de 2016.
Máis información: http://biometria.sgapeio.es

2.- Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística
Lembramos que a SGAPEIO e AGAPEMA organizan unha Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada, que da continuidade á xornada celebrada en novembro de 2014, está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.
- Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.
- Datas: 14 de novembro de 2015.
- Horario: 9:30 - 14:00 e 15:30 - 19:30.
O programa detallado e o formulario de inscrición están na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es) . O prazo de inscrición remata o 8 de novembro de 2015.

3.- Exposición de Estatística “Explorística”
Dende o día 29 de outubro ata o día 14 de novembro de 2015 estará dispoñible para a súa visita a exposición de estatística "Explorística" no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela (C/San Lázaro, 107). Esta exposición está concibida para ilustrar experimentalmente algúns conceptos da Estatística e de Probabilidades aos alumnos de ESO/Bacharelato. É unha iniciativa da Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE), coa que SGAPEIO colabora de xeito habitual, e Ciencia Viva. O obxectivo principal desta exposición é achegar ao profesorado ideas innovadoras de investigacións estatísticas sinxelas e amenas para levar á aula.
Esta actividade divulgativa está cofinanciada pola SGAPEIO, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Rede Inbioest: Novas ferramentas estatisticas e computacionais aplicadas a investigación en Saúde, Deporte e Medio Ambiente", así coma polo proxecto “Bioestadística para Vivir y cómo Vivir de la Estadística” da Fundación para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) –Ministerio de Economía y Competitividad”
Os profesores interesados en visitar a exposición cos seus alumnos de ESO/Bacharelato deben enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. especificando o día e a hora no que lle interesa facer a visita. O resto das persoas interesadas poden visitar a exposición gratuitamente nos horarios de visita do MUPEGA: http://www.edu.xunta.es/mupega/taxonomy/term/16
Máis información: http://www.exploristica.com

4.-VIII Congreso Iberoamericano de Educación Matemática
Dende o 1 de outubro está aberto o prazo de inscrición e presentación de traballos para o VIII CIBEM (Congreso Iberoamericano de Educación Matemática), que se celebrará en Madrid do 10 ao 14 de xullo de 2017. Este congreso engloba tamén as XVIII JAEM.
O CIBEM é convocado pola FISEM (Federación Iberoamericana de Sociedades de Educación Matemática), correspondendo a organización desta oitava edición á FESPM e á Sociedade Madrileña de Profesores de Matemáticas "Emma Castellnuovo".
Máis información: http://www.cibem.org/index.php/es/

5.- II edición do concurso “Ciencia en Imaxe”
Está aberto o prazo de inscrición para participar na 2ª edición do Concurso de Fotografía "A Ciencia en Imaxe", organizado polas Facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas, Química e pola Real Academia Galega de Ciencias con motivo do Día de San Alberte Magno.
O Concurso está aberto a calquera tema relacionado coas Ciencias, a Investigación e a Divulgación Científica, e concede un premio de 300 €, e dous premios de 100 € cada un.
O prazo para inscribirse estenderase dende o 21 de outubro ata o dia 9 de novembro de 2015.
Máis información:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/bioloxia/descargas/BasesConcursoFoto.pdf

6.- Cursos da Universitat Autònoma de Barcelona
O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza os seguintes cursos para os próximos meses:
- Curso de introdución ao sistema SAS® (Enterprise Guide - SAS System): 12, 13, 18 e 19 de novembro de 10:00 a 14:00 horas.
- Curso de técnicas estatísticas con SAS®: 23, 24, 25 e 26 de novembro de 10:00 a 14:00 horas.
Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/

Novas da SGAPEIO, 6 de outubro 2015

1.- Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística

Lembramos que a SGAPEIO e AGAPEMA organizan unha Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada, que da continuidade á xornada celebrada en novembro de 2014, está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.

- Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.

- Datas: 14 de novembro de 2015.

- Horario: 9:30 - 14:00 e 15:30 - 19:30.

O programa detallado e o formulario de inscrición están na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es) . O prazo de inscrición remata o 8 de novembro de 2015.

 

2.- Exposición de Estatística “Explorística”

Durante a celebración do XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións en Lugo estará dispoñible para a súa visita a exposición de Estatística "Explorística". Esta exposición está concibida para ilustrar experimentalmente algúns conceptos da Estatística e de Probabilidades aos alumnos de ESO/Bacharelato. É unha iniciativa da Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE), coa que SGAPEIO colabora de xeito habitual, e Ciencia Viva. O obxectivo principal desta exposición é achegar ao profesorado asistente ideas innovadoras de investigacións estatísticas sinxelas e amenas para levar á aula.

A exposición estará aberta ao público no Pazo de San Marcos de Lugo (sede do congreso) do 21 ao 24 de outubro en horario de 9 a 20 h.

Os profesores interesados en visitar a exposición cos seus alumnos de ESO/Bacharelato deben enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. especificando o día e a hora no que lle interesa facer a visita.

Máis información: http://www.exploristica.com

 

3.- Curso de Estatística con R para profesionais da saúde (III edición)

A Universidade de Vigo, en colaboración coa Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, organiza a terceira edición do curso de formación “Estatística con R para profesionais da saúde”. O curso é totalmente non presencial para que os titulados do ámbito biosanitario poidan seguilo en horario libre e dende calquera lugar de modo compatible coa súa actividade.

- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados e membros da Fundación Biomédica).

- Período de matrícula: do 3 ao 28 de outubro de 2015.

- Período de docencia: do 1 ao 30 de novembro de 2015.

O curso é eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de tele docencia da Universidade de Vigo.

Este curso está recoñecido polo Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia coa asignación de 5,3 créditos para todos os profesionais sanitarios titulados (licenciados e diplomados). Para os alumnos da Universidade de Vigo concédense 2 créditos de libre elección.

Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/2548

 

4.- Curso de análise multinivel

A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza un curso de análise multinivel dirixido a profesionis con coñecementos de Estatística e formación previa na aplicación e interpretación de modelos de regresión multivariante.

- Modalidade: presencial.

- Lugar e datas: Granada, 11 e 12 de novembro de 2015.

- Horas totais: 15.

- Prazo de inscrición: 9 de outubro de 2015.

Máis información: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=311501NA15

 

5- Curso “GSBPM (Generic Statistical Business Processmanagement)”

A Escuela de Estadística de las Administraciones Públicas (INE) organiza un curso de GSBPM (Generic Statistical Business Processmanagement), dirixido a todas aquelas persoas que traballen no proceso de produción estatística e teñan interese en aproximarse ao GSBPM. Este curso terá lugar os días 26 e 27 de outubro de 2015 cunha duración total de 7 horas lectivas en horario de mañá.

Prazo de inscrición: ata o 9 de outubro de 2015.

Máis información: http://www.ine.es/ine/eeaapp/sem22015_cur02.pdf

 

6.- Biostatnet Workshop on Biomedical (Big) Data

Os nodos Catalunya-BIO y Catalunya-SEA da rede Biostatnet organizan unas xornadas sobre Biomedical (Big) Data, que terán lugar os días 26 e 27 de novembro de 2015 no Centre de Recerca Matemàtica (CRM) en Bellaterra (Barcelona).

Estas xornadas son un punto de encontro para investigadores, sénior e júnior, interesados en metodoloxías, análises e problemas computacionais orixinados en problemas biomédicos con grandes e complexas bases de datos.

O programa inclúe conferencias de 5 investigadores de gran prestixio (Aedin Culhane de Harvard University, Rodrigo Dienstmann del Vall d'Hebron Institute of Oncology, Jonathan Marchini de Oxford University, Giovanni Montana de King's College London, y Simon Wood de la University of Bath) así como sesións de contribucións orais e pósters.

Máis información: http://www.crm.cat/en/Activities/Curs_2015-2016/Pages/Biostatnet2015.aspx

 

7.- Workshop on Joint Modeling and Beyond

The workshop “Joint Modelling and Beyond – Meeting and Tutorial on Joint Modelling With Survival, Longitudinal, and Missing Data” will be held from 14th to 15th of April, 2016 at Hasselt University, Campus Diepenbeek, Belgium.

The workshop will consist of tutorials by Dimitris Rizopoulos, Geert Molenberghs, and Geert Verbeke, and invited talks by Carmen Armero, Montse Rue, James Carpenter, Cécile Proust-Lima, and Michael Sweeting. There will also be two poster sessions.

Further information: http://icbusc.com/event/workshop_joint_modelling

 

8.- International Conference on Statistical Analysis of Textual Data

Held every other year since 1990, the JADT brings together 150 to 200 researchers involved in the automatic and statistical processing of textual data. The meeting provides a forum in which participants can present their results, compare existing tools, and exchange with colleagues on their practical and methodological experiences.

Occurring within the framework of the Digital Humanities, from text mining to the textual analysis of big data, the 13th JADT -- JADT 2016 – organized by BCL lab (UMR 7320) will be held in Nice-Lerins island, France from June 7 to 10, 2016.

Statisticians, linguists, computer scientists, discourse analysis specialists, sociologists, historians working on digital archives, and specialists in lexicography and text mining will come together for the meeting on the Mediterranean coast, within the prestigious locales of the University of the Côte d’Azur, the Maison des Seminaires de Nice, and the Lerins Islands off of Cannes.

Important dates:

- November 15 2015: abstract due

- January 1st 2016: full paper due

- February 8 2016: notification of acceptance

- March 7 2016: final version due

- June 7-10 2016: conference (Nice-Lerins Island)

Further information: http://jadt2016.sciencesconf.org/

 

9.- 38th Annual Conference of the International Society for Clinical Biostatistics

The International Society for Clinical Biostatistics (ISCB) announce the 38th Annual Conference of the International Society for Clinical Biostatistics, to be held in Vigo (Spain) on 9-13 July 2017.

The ISCB (http://www.iscb.info/) was founded in 1978 to stimulate research into the principles and methodology used in the design and analysis of clinical research and to increase the relevance of statistical theory to the real world of clinical medicine.

Like previous annual conferences of ISCB, the 2017 conference will provide a scientific forum for international exchange of theory, methods and applications of biostatistics in medical research and practice among clinicians, statisticians and members of other disciplines, such as epidemiologists, clinical chemist and clinical pharmacologists, working or interested in the field of clinical.

 

10.- Premio José Luis Rubio de Francia 2015

, convoca o Premio “José Luis Rubio de Francia” (edición 2015) para novos investigadores/as en Matemáticas. O prazo de presentación das candidaturas estará aberto ata o 31 de decembro de 2015, e poden presentarse no enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Máis información: http://www.rsme.es/content/view/66/73/

Novas da SGAPEIO, 23 de setembro 2015

1.- Referendo para a modificación dos estatutos

Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, no apartado de "Actas e informes" a acta cos resultados do referendo para a modificación dos estatutos da Sociedade. O referendo foi aprobado cun 95% de votos a favor e unha participación do 35%. O reconto de votos foi o seguinte:

A favor: 63

En contra: 0

Abstencións: 3

Total: 66

 

2.- Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan unha Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Esta xornada, que da continuidade á xornada celebrada en novembro de 2014, está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir nunha única edición en Santiago de Compostela.

Esta actividade, que conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe exposición de experiencias, obradoiros, e unha conferencia.

- Lugar: Facultade de Matemáticas, Santiago de Compostela.

- Datas: 14 de novembro de 2015.

- Horario: 9:30 - 14:00 e 15:30 - 19:30.

O programa detallado e o formulario de inscrición están na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es) . O prazo de inscrición remata o 8 de novembro de 2015.

 

3.- Segundo Día Mundial da Estatística: 20 de outubro de 2015

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 20 de outubro de 2015 como o segundo Día Mundial da Estatística co obxectivo de recoñecer a importancia da Estatística Oficial para a toma de mellores decisións e para mellorar a vida das persoas. Ademais, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu celebrar o 20 de outubro como Día Mundial da Estatística cada cinco anos.

Máis información: https://worldstatisticsday.org/

Twitter: #StatsDay15

 

4.- Cursos da Escuela Andaluza de Salud Pública

A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza os seguintes cursos para os próximos meses:

Modelos preditivos: aplicación na toma de decisións na práctica clínica e asistencial:

- Modalidade: semipresencial.

- Datas: 5 a 27 de novembro de 2015; sesións presenciais: 5-6 e 26-27 de novembro de 2015 en Granada.

- Horas totais: 30.

- Prazo de inscrición: 5 de outubro de 2015.

Máis información: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=300302NA15

 

Técnicas de mostraxe aplicadas ao ámbito sanitario:

- Modalidade: semipresencial.

- Datas: 5 de novembro a 18 de decembro de 2015; sesións presenciais: 5-6 de novembro e 17-18 de decembro de 2015 en Granada.

- Horas totais: 40.

- Prazo de inscrición: 5 de outubro de 2015.

Máis información: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=3003030015

 

5.- Convocatoria de dous contratos na UCLM

A Universidad de Castilla La Mancha (UCLM) convoca dous contratos de dous anos no marco do programa de “Promoción de Empleo Joven e Implantación de la Garantía Juvenil en I+D+i del Ministerio de Economía y Competitividad” co perfil de “FORMACIÓN EN ASESORAMENTO ESTATÍSTICO E MATEMÁTICO”. Recibirán formación para traballar nunha asesoría estatística proporcionando soporte a grupos de investigación, empresas e outras institucións que puideran demandar análises estatísticas. Os candidatos deben cumprir os seguintes requisitos:

-          Titulado universitario con preferencia en Estatística e Matemáticas.

-          Estar inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Juvenil.

-          Ser menor de 30 anos no momento de peche da convocatoria.

Máis información: http://matematicas.uclm.es/imaci/becas-contratos/?idevento=266

Novas da SGAPEIO 10 de setembro 2015

1.- Referendo para modificación dos estatutos
Lembramos que aínda está aberto a prazo para votar o referendo de modificación dos estatutos da SGAPEIO. O período de votación remata o 16 de setembro de 2015.
Se aínda non votaches, podes facelo enviando unha mensaxe a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o teu voto (A FAVOR/EN CONTRA/ABSTENCIÓN), o teu nome e apelidos e o teu DNI.

2.- XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
Está aberto ata o 15 de setembro de 2015 o prazo para enviar comunicacións ao XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Máis información: http://xiicongreso.sgapeio.es

3.- II Xornada de Usuarios de R en Galicia
O día 1 de outubro o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) de Santiago de Compostela acollerá a II Xornada de Usuarios de R en Galicia. Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia) incluirá relatorios e obradoiros co fin de promover o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións. Este encontro pretende servir de punto de unión para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións co resto da comunidade.
Dende a organización do evento convidan a compartir ideas sobre esta xornada, presentar unha charla sobre algún tema de interese ou organizar un obradoiro, para iso é preciso contactar con eles a través do formulario de contacto. A inscrición é de balde, e de libre acceso.
O evento dará comezo ás 9.30 horas coa chegada de asistentes e recollida de material para seguir ás 10.00 horas coa sesión de apertura a cargo de Rafael Rodríguez, presidente de MeLiSA, Miguel Ánel Rodríguez, membro do comité organizador (MeLiSA) e Alfonso Blasco, director do CNTG. Logo intervirán (novamente) Rafael Rodríguez (Atréteve con R), Salvador Naya e Javier Tarrío (Aplicacións de R fiabilidade), Marcos Fernández (Uso de R na administración: procesamento de expedientes e automatización de tarefas) ou Isabel Martínez (PREBED, software de avaliación odontolóxica).
Máis información: https://www.r-users.gal/

4.- Curso de Estatística con R para investigadores (V edición)
A Universidade de Vigo organiza a V edición do curso virtual "Estatística con R para investigadores". Este curso inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de análise multivariante máis empregadas na investigación, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios da Estatística non expertos.
O curso é fundamentalmente práctico e impartirase a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Faitic. O criterio de admisión é a orde cronolóxica de solicitude.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € estudantes, parados, e membros da SGAPEIO).
- Período de matrícula: do 1 ao 25 de setembro de 2015.
- Período de docencia: do 1 ao 31 de outubro de 2015.
Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/2530

5.- Curso de Técnicas estatísticas de Data Mining con R
Anunciamos a celebración do curso de “Técnicas Estatísticas de Data Mining con R” que se impartirá no Instituto IMDEA Alimentación en Madrid os días 14, 15, 16 e 17 de decembro de 2015.
Este curso reúne as técnicas preditivas máis importantes e de uso máis frecuente: Regresión Lineal e Loxística, Métodos Penalizados (LASSO, Ridge), Mínimos Cadrados Parciais (PLS), métodos baseados en Árbores (CART), Support Vector Machines (SVM), Redes Neuronais, Random Forest, Bagging, Boosting.
O curso inclúe os aspectos máis importantes para a construción de modelos preditivos: pre procesamento e descrición básica dos datos, optimización dos parámetros involucrados en cada unha das técnicas, avaliación da capacidade preditiva dos modelos mediante técnicas de remostraxe (validación cruzada e bootstrapping), selección de variables que van a formar parte do modelo, comportamento de cada técnica en problemas de alta dimensión, etc.
Este curso forma parte, como Módulo 7, do programa de formación continua en “Estatística Aplicada con R” que se vai impartir en Madrid en 2015 de forma presencial organizado conxuntamente pola Unidade de Bioestatística do Instituto IMDEA Alimentación e a Facultade de Ciencias da Universidad Autónoma de Madrid (UAM).
Máis información: http://www.alimentacion.imdea.org/unidad-de-formacion

6.- Intensive Research Programme on Statistical advances for complex data
El Centro de Investigación Matemática (Centre de Recerca Matemàtica-CRM) organiza un programa de investigación (Intensive Research Programme on Statistical advances for complex data) para os meses de setembro, outubro e novembro que inclúe tres tipos de actividades:
Cursos avanzados:
- Introduction to Python. Impartido por Jaume Baixerias, Universitat Politècnica de Catalunya. Do 8 ao 10 de setembro de 2015
- Data mining and social network analysis. impartido por Bruno Gonçalves, Centre Physique Théorique. Do 16 ao 18 de setembro de 2015.
- Competing risks: Concepts, methods and software. impartido por Ronald Geskus, Academic Medical Center. Do 14 ao 16 de outubro de 2015.
- Flexible Regression and Smoothing. The GAMLSS packages in R. impartido por Mikis Statinopoulos, London Metropolitan University. Do 16 ao 18 de novembro de 2015.
Workshops:
- DoReMi LD-RadStats. Do 26 ao 28 de outubro de 2015.
- Biostatnet workshop on biomedical (big) data. Do 26 ao 27 de novembro de 2015. Weekly Seminar:
- Current Issues in Clinical Trials: A Biostatistician's perspective, a cargo de Urania Dafni, National and Kapodistrian University of Athens. Xoves, 10 de setembro ás 11:15.
- Nearest neighbours for Support vector machines (addressed mainly to MSc students), a cargo de Adolfo J. Quiroz, Universidad de los Andes. Xoves 22 de setembro ás 10:30.
- The two-sample problem for functional data, a cargo de Joaquin Ortega, Centro de investigación en Matemáticas de México. Xoves 24 de setembro ás 10:30.
- Series of 2-3 lectures on statistical methods based on graphs, a cargo de Adolfo J. Quiroz, Universidad de los Andes. Luns 28 de setembro, hora a determinar.
- Permutation tests for functional data, a cargo de Adolfo J. Quiroz, Universidad de los Andes. Xoves 1 de outubro ás 10:30.
Máis información: http://www.crm.cat/en/Activities/Curs_2015-2016/Pages/SACD.aspx

7.- Oferta de emprego no Instituto de Investigación Biomédica
O Instituto de Investigación Biomédica de Ourense-Pontevedra-Vigo busca un titulado/a universitario/a para formación en metodoloxía e estatística en I+D+i.
Requisitos:
1) Estar en posesión dun título universitario: Licenciado,Enxeñeiro, Arquitecto, Graduado, Diplomado ou Enxeñeiro Técnico; con coñecementos de estatística aplicada no campo da Saúde. Valorarse especialmente ter cursado un Máster ou Curso de Especialización neste ámbito.
2) Estar inscritos ou cumprir os requisitos para inscribirse no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Juvenil.
Outros méritos:
Valorarase: ter cursado un Máster ou Curso de Especialización en Estatística, Metodoloxía da Investigación e/ou Saúde Pública; manexo de programas de análise estatístico (SPSS, R, etc.), e bo nivel de inglés.
Presentación de solicitudes: ata o 15 de setembro de 2015.
Máis información:
http://www.fundacionbiomedica.org/resources/downloads/578c33f03f2f92ec194295f521c47442.pdf

8.- Oferta de emprego no Instituto de Investigación Biomédica
A Fundación Pública Andaluza Progreso y Salud precisa, para a súa sede central, a contratación temporal dun técnico/a auxiliar para o Servicio de Análisis y Explotación de Información sobre Actividad Científica no Sistema Sanitario Público de Andalucía.
Funcións principais do posto:
- Apoio na elaboración de informes e estatísticas sobre I+D+I.
- Explotación de bases de datos e sistemas de información.
- Análise estatístico e creación de sistemas de avaliación.
- Auditorías para medir e mellorar a calidade dos datos.
Requisitos mínimos:
- Titulación Universitaria da rama de Estatística ou Matemáticas.
- Cumprir os requirimentos esixidos para inscribirse no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Juvenil.
Presentación de solicitudes: ata o 21 de setembro de 2015, ás 13:00 horas.
Máis información: http://www.juntadeandalucia.es/fundacionprogresoysalud/es/la-fundacion/trabaja-con-nosotros

9.- Oferta de emprego no ICMAT
O Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT, http://www.icmat.es/) busca a unha persoa para un posto de técnico en xestión de proxectos europeos na Oficina ICMAT-Europa do centro.
Valorarase a formación, a experiencia e a motivación dos candidatos, polo que se solicita un CV actualizado, unha carta de motivación e unha carta de recomendación. Requírese un nivel alto de inglés, e valorarase positivamente o coñecemento doutros idiomas. Para participar no proceso selectivo, os interesados deberán estar inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Juvenil.
Presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro de 2015.
Máis información: http://www.icmat.es/es/trabajarICMAT/garant%C3%ADa-juvenil/proyectos-europeos

10.- Oferta de emprego no IMUS
O Instituto de Investigación de Matemáticas da Universidad de Sevilla (IMUS), ofrece un posto de xestor de proxectos no marco do Sistema Nacional de Garantía Juvenil. O contrato será de dous anos de duración. Requisitos:
- Ser graduado ou licenciado en Matemáticas (preferentemente), Enxeñería ou Física. Valoraranse especificamente coñecementos en informática de xestión e informática científica así como en inglés falado e escrito.
- Ser menor de 30 anos no momento de peche da convocatoria.
- Estar inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Juvenil.
Máis información http://www.imus.us.es/es/noticia/848

Páxina 24 de 50

  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28

Copyright © 2026 SGAPEIO. Todos los derechos reservados.