1.- Número 39 de INFORMEST
Está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, apartado de PUBLICACIÓNS, o número 39 de INFORMEST. Este número ten o seguinte sumario:
- Colaboración: Cartografando a incertidume e facendo predicións en tempos desafiantes.
- Recensión bibliográfica: Betanzos magic town, de Carmen Cotelo e Salvador Naya.
- Actividades da SGAPEIO:
- Introdución a R: software estatístico libre para PEMES.
- Asemblea Xeral da SGAPEIO 2014.
- Novas do IGE: Últimas novidades en publicacións e documentos do IGE.
- Traballos de Estatística no SUG: Teses e traballos fin de Grao e Máster.
- Coñecendo a un socio de SGAPEIO: Andrés E. Cabana González.
- Sabías qué?: A Investigación Operativa na industria da dobraxe.
Máis información: http://goo.gl/NLlnvG
2.- Convenio coa Fundación Barrié
A SGAPEIO e a Fundación Barrié asinaron un novo convenio de colaboración para o ano 2015. O convenio está dispoñible na páxina web da SGAPEIO, no apartado de “A SOCIEDADE”, e con acceso restrinxido a socios.
3.- Xornada sobre Big Data e Estatística
Lembramos que está aberto a prazo de inscrición na Xornada sobre Big Data e Estatística que organizan a SGAPEIO, o grupo de investigación MODES da Universidade da Coruña (UDC) e a Rede de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC. Esta xornada terá lugar o día 19 de xuño de 2015 na Facultade de Informática da UDC.
Data límite de inscrición: 7 de xuño de 2015.
Máis información: http://bigdata.sgapeio.es/
4.- V Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da V Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 15 de abril de 2015.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.
5.- XV Conferencia Española de Biometría
O Departamento de Matemática Aplicada y Estadística e Investigación Operativa de UPV/EHU, a instancias da Sociedad Española de Biometría, organiza a XV Conferencia Española de Biometría, que se celebra conxuntamente co V Encuentro Iberoamericano de Biometría. O evento terá lugar en Bilbao do 22 ao 25 de setembro de 2015.
Datas importantes:
- Apertura da inscrición: 15 de abril de 2015.
- Data límite de envío de comunicacións: 5 de maio de 2015.
- Notificación de aceptación: 15 de xuño de 2015.
- Último día de inscrición reducida: 10 de xullo de 2015.
O Comité Organizador da Conferencia ofrece aos socios e socias da SGAPEIO a posibilidade de desfrutar dunha cota de inscrición reducida.
Máis información: http://www.ehu.eus/es/web/ceb-eib2015/aurkezpena
6.- XXII Congreso da Sociedade Portuguesa de Estatística
A Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e a Universidade do Algarve (Departamento de Matemática da Faculdade de Ciências e Tecnologia e Departamento de Engenharia Civil do Instituto Superior de Engenharia) organizan o XXII Congreso da SPE que terá lugar do 7 ao 10 de outubro de 2015 no Centro de Congressos Ria Formosa de Olhão, no Algarve (Sur de Portugal).
O programa científico do congreso inclúe sesións temáticas organizadas, comunicacións libres (orais e posters) e catro conferencias plenarias.
Datas importantes:
- Data límite de envío de comunicacións: 15 de xuño de 2015.
- Notificación de aceptación: 7 de xullo de 2015.
- Último día de inscrición reducida: 31 de xullo de 2015.
Máis información: http://spe2015.mozello.com/
7.- Master en Análisis de Datos Ómicos
A Universitat de Vic – Universitat Central de Catalunya ofrece un Máster Universitario en Análisis de Datos Ómicos co obxectivo de formar profesionais capaces de realizar análises eficaces e rigorosos de grandes cantidades de datos xenéticos e moleculares nunha ampla gama de aplicacións.
O Máster responde á crecente utilización de técnicas masivas de obtención de datos ómicos, tanto no eido da investigación biomédica como nas industrias farmacéuticas e de biotecnoloxía, e á crecente demanda de profesionais altamente cualificados neste campo.
- Lugar: Barcelona.
- Horario: de 15:00 a 19:30 h, de luns a xoves, e de 15:00 a 17:00 h os venres.
- Idioma: inglés.
- Inscrición: ata o 26 de abril de 2015.
Máis información: http://mon.uvic.cat/master-omics/
8.- Cursos de Estatística Aplicada con R
A Unidade de Bioestatística do Instituto IMDEA Alimentación e a Facultad de Ciencias da Universidad Autónoma de Madrid (UAM) organizan conxuntamente un programa de formación continua en “Estatística Aplicada con R” que se vai impartir en Madrid en 2015 de forma presencial. O programa está composto por 7 módulos que poden ser cursados de forma independente:
1. Introdución a R: 24, 25 de setembro.
2. Métodos de regresión con R: 15, 16 de outubro.
3. Métodos de regresión avanzada para a investigación en Ciencias Naturais con R: 28, 29, 30 de outubro.
4. Estatística aplicada á investigacion biomédica con R: 11, 12, 13 de novembro.
5. Modelos mixtos / Xerárquicos / Multinivel con R: 18, 19, 20 de novembro.
6. Estatística multivariante con R: 26, 27 de novembro.
7. Técnicas Estatísticas de Data Mining con R: 14, 15, 16, 17 de decembro.
Máis información: http://www.alimentacion.imdea.org/unidad-de-formacion
9.- Cursos da Universitat Autònoma de Barcelona
O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza os seguintes cursos para os próximos meses:
- Curso de Modelización Estadística Básica con R mediante RStudio: 14, 16 e 21 de abril de 2015.
- Curso de introdución aos modelos mixtos con R: 8, 9, 10 e 11 de xuño de 2015.
Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es
10.- Oferta de emprego
Randstad España, empresa do sector do xogo en pleno proceso de expansión e situada na zona do Vallés, selecciona un matemático para encargarse do cálculo de combinatorias e probabilidades, programación de aplicacións relacionadas coa Estatística (C++/multiplataforma), análise descritivo de xogos, deseño e/ou desenvolvemento das nosas propias ferramentas para xogos de azar.
Máis información: http://goo.gl/jc6JYJ
11.- Oferta de emprego no ITMATI
O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial busca un investigador/a para o proxecto “Misións críticas de emerxencias con medios aéreos tripulados e non tripulados”.
Perfil do candidato: Licenciado/Graduado/Máster/Doutor en Matemáticas, Estatística, Computación ou Enxeñería.
Presentación de solicitudes: ata o 10 de abril de 2015, ás 14:00 horas.
Máis información: http://goo.gl/CEPLSu


