Descarga do acordo en formato PDF.
ACORDO DE RECIPROCIDADE
ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESORES DE EDUCACIÓN MATEMÁTICA (AGAPEMA)
SOCIEDADE GALEGA PARA A PROMOCIÓN DA ESTATÍSTICA E DA INVESTIGACIÓN DE OPERACIÓNS
(SGAPEIO)
En concordancia cos estatutos en vigor de ámbalas sociedades (artigos 5 de AGAPEMA e 2.2 da SGAPEIO) tras consulta e aprobación dos órganos de goberno respectivos, os presidentes destas sociedades firman o presente acordo de reciprocidade.
1.-A SGAPEIO recoñece a tódolos socios numerarios de AGAPEMA, ao corrente do pago das suas cuotas, o dereito a ser socios de reciprocidade, e fixa a súa cuota anual no 50% da cuota correspondente á dos membros individuais da SGAPEIO.
2.-AGAPEMA recoñece a tódolos socios numerarios individuais da SGAPEIO, ao corrente do pago das suas cuotas, o dereito a ser socios de reciprocidade e fixa a súa cuota anual no 50% da cuota correspondente á dos socios numerarios de AGAPEMA.
3.-O importe da cuota de reciprocidade cobraráo cada sociedade xuntamente co cargo anual a cada socio. Cada sociedade remitirá anualmente á sociedade recíproca o importe correspondente da cuota de reciprocidade.
4.-Esta opción será comunicada anualmente por cada unha das sociedades a todos os seus socios, indicando explícitamente o importe a sufragar tras aplicar as anteriores porcentaxes á cuota anual correspondente.
5.-Ambalas sociedades comprometense a facilitarse os datos necesarios sobre os socios de reciprocidade para non ter problemas co pago das cuotas. Para elo arbitrarase o mecanismo que se considere oportuno.
6.-A AGAPEMA e a SGAPEIO comprometense a :
-Intercambiar as súas publicacións periódicas.
-Cursarse invitacións para actividades relevantes organizadas por cada unha das dúas sociedades.
-Manter contactos periódicos co obxecto de estudiar e resolver os problemas que existen sobre o ensino e a investigación en matemáticas.
-Organizar algún evento puntual conxuntamente
7.-O presente acordo perderá a súa validez por incumplimiento dos obxectivos do mesmo ou por desexo de unha das partes, sempre que sexa refrendado polos seus órganos de goberno e sexa comunicado coa suficiente antelación.
O presente acordo firmase simultáneamente polos Presidentes de ámbalas sociedades na cidade de A Coruña o día 1 de marzo de 2002.

