ÚLTIMAS NOVAS
- Búsqueda de candidatos - Contrato Predoutoral FPI (próxima convocatoria)
- Oferta no Grupo de Investigación en Oncoloxía Traslacional do Hospital Universitario Lucus Augusti (Grupo de Investigación en Oncoloxía Traslacional GIOT-HULA)
- Oferta de emprego CUNEF Universidad
- Novas da SGAPEIO, 23 de febreiro de 2026
- Workshop on Functional, NonParametric and Spatio-Temporal Statistics. In honor of Wenceslao González-Manteiga (FNPSTS 2026)
Acceso socios
Segunda edición da Escola Internacional de Verán de análise bayesiano (VIBASS2)
16 de Xullo de 2018 – 20 de Xullo de 2018
Valencia, España
Descripción: VIBASS2 é unha escola de verán de 5 días que ofrece a oportunidade de introducirse no razoamento bayesiano sen coñecementos previos sobre o tema. Os primeiros dous días (12 horas) comprenderán unha introdución á aprendizaxe bayesiana, con sesións conceptuais e prácticas con paquetes R pola tarde. Os seguintes 2 días centraranse nun tema específico. Esta edición está dedicada á modelización bayesiana con BayesX. Este curso (12 horas) será impartido por Nadja Klein (Universidade de Melbourne, Australia) e Nikolaus Umlauf (Universität Innsbruck, Austria). Finalmente, o último día dedicarase ao II Taller VIBASS. Teremos dúas sesións plenarias con conferenciantes convidados: Paloma Botella (Consellería de Sanidade Universal e Salut Pública, Valencia) e Luigi Spezia (Biomathematics and Statistics Scotland, BioSS). Anímase aos asistentes a presentar pósteres do seu traballo. VIBASS2 está organizado polo grupo de investigación VABAR (Universidade de Valencia) e apoiado pola Universidade de Valencia e Biomathematics and Statistics Scotland, BIOSS.
Taxas de matrícula:
- Estudante 250 €.
- Academia 350 €.
- Industria 500 €.
Inscripción: http://vabar.es/events/vibass2/
Localización: Facultade de Matemáticas, Universitat de València, Burjassot (Valencia), España.
Sitio web:http://vabar.es


