ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Xornadas do 147 European Study Group with Industry (ESGI)
8 de abril de 2019 – 12 de abril de 2019
Santiago de Compostela, España
Descrición: O 147 ESGI -European Study Group with Industry-, organizado de forma conxunta polo Instituto Tecnológico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Red Española Matemática - Industria (math-in), terá lugar do 8 ao 12 de abril de 2019 en Santiago de Compostela. Os ESGI constitúen un foro para traballar de xeito conxunto, tanto científicos industriais coma investigadores matemáticos, en problemas de especial interese para a industria. O 147 ESGI xuntará a especialistas dos eidos de Matemática Aplicada e Estatística e Investigación de Operacións, teñen como obxectivo o fomento da transferencia Matemática cara a Industria mediante a procura activa de proxectos de investigación e desenvolvemento onde a Matemática teña unha especial relevancia.
Inscrición: A asistencia é de balde, mais é necesario rexistrarse previamente. A data límite de inscrición é o 1 de abril de 2019.
Organizadores: A Acción COST TD1409, Mathematics for Industry Network (MI-NET) e a Red Estratégica de Matemáticas (REM), co-organizan e cofinancian este evento.
Máis información: A web http://www.math-in.net/147esgi/ actualizarase continuamente con toda a información relativa ao evento Desde a SGAPEIO anímase aos socios a participar no evento.