ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Segundo anuncio do ECAS2019: Statistical Analysis for Space-Time Data, Lisbon, 15-17 July 2019
15 de xullo de 2019 – 17 de xullo de 2019
Lisboa, Portugal
Descrición: Os Cursos europeos en Estatística Avanzada (ECAS) procuran proporcionar unha formación de posgrao en áreas especiais da estatística, estando dirixidos tanto a investigadores, profesionais, profesores universitarios e a estudantes universitarios. En especial, este curso está organizado pola Sociedade Estatística portuguesa (SPE) e a Sociedade española de Estatística e Investigación Operativa (SEIO). O ECAS2019 terá lugar en Lisboa, Portugal, entre o 15 e o 17 xullo de 2019. É unha oportunidade única para asistir a catro cursos impartidos por expertos de contrastado prestixio en análise de datos espacio temporais. Igualmente, anímase aos participantes a presentaren os seus propios traballos en formato póster.
Ponentes:
- Adrian Baddely (Curtin University, Australia).
- Patrick Marron (Toronto University, Canadá).
- Liliane Bel (AgroParisTech, Francia).
- Haavard Rue (Universidad de Ciencia y Tecnología Rey Abdalá, Arabia Saudí).
Datas importantes:
- Data límite de admisión de resumos: 26 abril de 2019
- Notificación de aceptación: 24 maio 2019
- Inscrición temperá: 31 maio 2019
- Data límite de inscrición: 21 xuño 2019
Máis información: https://ecas2019.math.tecnico.ulisboa.pt/