Curso de Formación da Universidade de Vigo Data Mining con " R"

Descrición: Está aberta ata o 25 de ABRIL a inscrición no Curso de Formación da Universidade de Vigo Data Mining con " R", de carácter totalmente non presencial, que se impartirá desde a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (Faitic) do 1 ao 31 de maio de 2019. O curso utiliza o programa estatístico " R", totalmente gratuíto e accesible, que ten unha potencia de análise moi superior á de calquera outro programa estatístico, e pretende ensinar a utilizar "R" para o tratamento estatístico avanzado de datos coas principais técnicas de Data Mining (Minería de Datos), especialmente indicados para a investigación científica e técnica; está dirixido fundamentalmente a investigadores, doctorandos, e técnicos de análise de datos en calquera ámbito de actividade. O contido do curso consiste nos métodos de Minería de Datos máis empregados e útiles (CHAID, k-means, svm, Pagerank, AdaBoost, KNN, Naive Bayes, CART, randomForest...). Para cada método explícase o seu principio de funcionamento, o algoritmo, os supostos ou requisitos, e a súa aplicación co programa estatístico R, mediante exemplos adecuados realizados paso a paso xunto coa interpretación correcta dos resultados, e proponse unha tarefa similar que se debe cumprimentar para asegurar o principal obxectivo do curso: que o alumno é capaz de aplicar os distintos métodos aos seus propios datos. Inclúese unha breve introdución ao programa R, para facelo alcanzable aos usuarios da Estatística non expertos. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Faitic. O alumno pode elixir o día e hora de acceso aos materiais docentes, debendo unicamente cumprir cos prazos máximos de envío de informes de prácticas e cuestionarios de avaliación. O criterio de admisión é a orde cronolóxica de solicitude, e o custo da matrícula 125 euros (estudantes e parados 90 euros). Máis información (inscrición, contidos, profesorado, etc.) na web da Universidade de Vigo: https://bubela.uvigo.es/curso/3462 

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates