Curso virtual: como revisar un artigo orixinal (4ª edición)

Descrición: Desde a Revista Gaceta e a Escuela Andaluza de Salud Pública, temos o agrado de presentarlles a nova Serie de talleres de e-aprendizaxe, dirixidos a mellorar a calidade da publicación científica.
Este curso é a cuarta edición de "Como revisar un artigo orixinal" coordinado por Pere Godoy García e Clara Bermúdez Tamayo.
Introdución: A revisión dun artigo científico é unha etapa crave no proceso de publicación dos artigos e debe contribuír á validez, claridade e utilidade do que se publica. O curso está estruturado en cinco unidades:

  • proceso de revisión por pares.
  • A redacción científica e a estrutura dun artigo.
  • A realización dunha revisión.
  • exercicio práctico dunha revisión.
  • Como responder a editores/ as e revisores/ as.

Dirixido a:
Profesionais do ámbito clínico e da saúde pública interesados en adquirir coñecementos para a revisión de artigos científicos orixinais.
Data: Do 13 de maio ao 15 de xuño de 2019. Con 4 horas de dedicación aproximada por semana. Despois da realización e entrega de diferentes tarefas, obterase a certificación da formación.
Requisitos:

  • Publicar polo menos 2 artigos científicos.
  • Coñecementos de metodoloxía da investigación.

A selección farase por parte do comité editorial da revista GACETA SANITARIA, en función dos requisitos esixidos e priorizando os socios de SESPAS.
Data límite para a inscrición: 2 de maio de 2019
Prezo: 80€
Modalidade: Virtual
Inscrición: https://bit.ly/2Ue7aG1 
Contacto: Juan Antonio Castillo (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates