II Xornada de presentación de Software Libre para uso científico

25 de abril de 2019
Santiago de Compostela, España
Descrición: É un pracer poder convidarte a participar na II Xornada de presentación de Software Libre para uso científico, que terá lugar o próximo 25 de abril de 2019, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas [1] da USC [2]. O obxectivo principal desta actividade é o de compartir coñecementos e experiencias arredor do Software Libre de uso Científico, así como presentar a versión 4.0 de BioStatFLOSS [3].
A xornada está organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) [4], e conta co apoio da AMTEGA [5] e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. 
O acceso é libre, e a inscrición de balde, que pode realizarse na seguinte ligazón: 
http://xornada.melisa.gal/#formulario
Vémonos o 25 de abril na Facultade de Matemáticas para falar de Software
[1] http://www.usc.es/es/centros/matematicas/ 
[2] http://www.usc.es 
[3] https://www.sergas.es/Saude-publica/BioStatFLOSS 
[4] http://www.melisa.gal/ 
[5] http://amtega.xunta.gal/ 

2023  SGAPEIO   globbers joomla templates