Curso: Estatística con software libre nas aulas

O Programa de Formación de Innovación Docente da Universidade de Santiago de Compostela organiza o curso “Estatística con software libre nas aulas” dirixido ao profesorado de Ensino Medio con especialidade en Matemáticas. Esta actividade de formación está recoñecida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 
O curso terá unha duración de 20 horas, das cales 15 horas serán presenciais e 5 non presenciais. As horas presencias repartíanse en cinco sesións que están previstas para os días 7, 14 21 e 28 de febreiro, e 6 de marzo deste ano 2020 de 18 a 21 horas.
Máis información: https://cursorcommander2020.blogspot.com/

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates