Novas da SGAPEIO, 15 de maio de 2026

 

1.Selección de congresos nacionais e internacionais con convocatoria aberta

 

  •         X Workshop on Computational Data Analysis and Numerical Methods (WCDANM | 2026) (Guimarães, Portugal, 11-13 xuño 2026).

o Información: A X edición do WCDANM celebrarase na Universidade do Minho (Campus de Azurém, Guimarães) e constitúe unha oportunidade para a difusión de investigación en Matemáticas e Estatística, con especial atención á Análise Computacional de Datos e aos Métodos Numéricos, tanto desde unha perspectiva teórica como aplicada. O encontro promove o uso de novas técnicas e ferramentas computacionais, con especial énfase en aplicacións en Medicina, Bioloxía, Biotecnoloxía, Enxeñaría, Industria, Ciencias Ambientais, Finanzas, Seguros, Xestión e Administración. O workshop está aberto a toda a comunidade científica, con ou sen comunicación oral ou póster, e pretende fomentar o debate e novas colaboracións científicas, incluídas as relacionadas con proxectos de Mestrado e Doutoramento.

o Datas importantes:

• Envío abstracts: ata o 10/05/2026

• Notificación de aceptación: 24/05/2026

                 • Rexistro: tarifa reducida ata o 27/05/2026 e prazo final ata o 03/06/2026

o Web: https://w3.math.uminho.pt/WCDANM2026

 

  • 27th International Conference on Computational Statistics (COMPSTAT 2026) (Atenas – Grecia, 25 - 28 agosto 2026).

o Información: O COMPSTAT 2026 ten como obxectivo reunir persoas investigadoras e profesionais para debater os desenvolvementos recentes en estatística computacional, metodoloxía para a análise de datos e aplicacións.

o Datas importantes:

• Envío abstracts para sesións invitadas ou organizadas: ata o 24/04/2026

• Envío abstracts (xeral): ata o 22/05/2026

• Rexistro de autores con presentación: 25/05/2026

• Rexistro: tarifa reducida ata 31/03/2026 e tarifa regular ata o 05/06/2026

o Web: https://www.compstat2026.org/index.php

 

  • Annual conference on the Use of R in Official Statistics (uRos2026) (París - Francia, 18-20 novembro 2026)

o Información: A conferencia anual sobre o uso de R nas estatísticas oficiais organizarase como un evento presencial acollido polo INSEE nas instalacións do Ministerio de Economía, Facenda e Soberanía Industrial e Dixital, no Centro de Conferencias Pierre Mendès, Francia.

o Datas importantes:

• Envío abstracts: ata o 15/06/2026

• Rexistro: ata o 15/09/2026

o Web: https://r-project.ro/conference2026.html

 

  • Workshop on Statistics and Applications (WSA 2026) (Lisboa, Portugal, 4-5 decembro 2026)

o Información: Celebrada con motivo do 70 aniversario de Wenceslao González Manteiga, esta reunión científica internacional está organizada por ISEG Research, en colaboración co Centro de Matemáticas da Universidade do Minho (CMAT), o Centro de Matemáticas da Universidade do Porto (CMUP), o Centro de Matemáticas da Universidade de Coimbra (CMUC) e o Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Matemática (CITMAga). O obradoiro reunirá a destacados investigadores en Estatística e áreas relacionadas para presentar e debater os avances metodolóxicos recentes e as súas aplicacións nunha ampla gama de dominios científicos.

o Datas importantes:

• Envío abstracts: 27/09/2026

o Web: https://wsa2026.iseg.ulisboa.pt/index.php

 

  • International Joint Conference on Computational and Financial Econometrics and Computational and Methodological Statistics (CFE-CMStatistics 2026) (Berlín, Alemaña, 12–14 decembro 2026)

o Información: A 20ª edición da conferencia conxunta CFE-CMStatistics celebrarase na HTW Berlin (Wilhelminenhof campus). Trátase dun evento internacional de referencia en econometría, estatística computacional e metodoloxía estatística, con ampla participación académica e aplicada. Esta edición incluirá sesións especiais conmemorativas con relatorios convidados de investigadores de prestixio. O congreso terá formato híbrido, permitindo participación presencial e virtual, con todas as sesións retransmitidas.

o Datas importantes:

• Envío abstracts (invited): ata o 15/07/2026

• Envío abstracts (contributed): ata o 4/09/2026

o Web: https://www.cmstatistics.org/CFECMStatistics2026

 

  • IMS International Conference on Statistics and Data Science (ICSDS 2026) (Split, Coracia, 15–18 decembro 2026)

o Información: A conferencia internacional ICSDS, organizada pola IMS, ten como obxectivo reunir investigadores en estatística e ciencia de datos de academia, industria e administración pública. O programa inclúe sesións plenarias, comunicacións contribuídas, pósters e sesións convidadas, así como competición de artigos de estudantes e apoio á participación de investigadores novos. Continúa a serie recente de edicións en Florencia (2022), Lisboa (2023), Niza (2024) e Sevilla (2025).

o Datas importantes:

• Envío abstracts: pendente de publicación

o Web: https://sites.google.com/view/ims-icsds2026/

 

2.- Workshop on Functional, NonParametric and Spatio-Temporal Statistics. In honor of Wenceslao González-Manteiga (FNPSTS 2026)

O obxectivo deste encontro é seguir potenciando as sinerxías entre os membros dos diferentes grupos de traballo da SEIO así como render un tributo á excelente traxectoria académica do Prof. Wenceslao González Manteiga.

o Datas importantes: • Envío abstracts: ata o 08/05/2026

• Notificación de aceptación: 22/05/2026

• Rexistro: ata o 05/06/2026

o Lugar: Santiago de Compostela

o Datas: 14-17 xullo 2026

o Máis información: https://sites.google.com/view/fnpsts/

 

3.- Cursos

XIX Summer School do Máster en Estatística e Investigación Operativa UPC-UB

o Descrición: A Facultade de Matemáticas e Estatística da Universitat Politècnica de Catalunya organiza a XIX edición da Summer School do Máster en Estatística e Investigación Operativa UPC-UB, que terá lugar do 22 de xuño ao 10 de xullo de 2026. A escola ofrece 12 cursos intensivos de 15 horas, impartidos en inglés ou castelán, con posibilidade de seguimento presencial ou en liña.

o Datas: 22/06/2026 – 10/07/2026

Organizador: Universitat Politècnica de Catalunya

o Formato: Presencial

o Programa: https://mesioupcub.masters.upc.edu/en/xix-summer-school 2026/courses-p

o Máis información: https://mesioupcub.masters.upc.edu/en/xix-summer-school-2026

 

Microcredencial “De los datos al informe: modelización estadística con R”

o Descrición: Curso intensivo orientado a desenvolver o fluxo completo de traballo en R cun enfoque moderno e práctico, incluíndo programación eficiente, elaboración de informes reproducibles con Quarto, preprocesado de datos con tidyverse e modelización con técnicas actuais como AutoML e tidymodels.

o Contido e calendario: https://bit.ly/3Oll9GV

1. Fundamentos de programación en R

2. Programación en R con IDEs e IA

3. Quarto para a elaboración de informes

4. Preprocesado e xestión de datos con tidyverse

5. Modelización rápida con AutoML e explicabilidade

6. Modelización rápida con tidymodels

 

o Datas: 22–25/06/2026

• Horario: 15:30–19:30

• Duración: 16 horas (2 ECTS)

• Inscrición: ata o 20/05/2026

 

o Organizador: Universidad Carlos III de Madrid

o Formato: En liña

o Outros: 10 becas Santander dispoñibles; prazas limitadas (máx. 20 estudantes)

o Máis información: https://www.uc3m.es/formacion-permanente/Microcredencial-de-los-datos-al-informe

 

9th edition València International Bayesian Analysis Summer School

o Descrición: VIBASS 9 é a novena edición da escola de verán en estatística bayesiana, que se celebrará do 6 ao 9 de xullo de 2026 en Valencia (España).

o Contido: O VIBASS desenvolverase durante 4 días. Os dous primeiros días, inclúen un curso básico de aprendizaxe Bayesiano (12 horas), alternando sesións conceptuais e prácticas con paquetes de R. É recomendable que as persoas participantes leven os seus portátiles para as sesións prácticas. A seguinte parte (12 horas) é dedicada á investigación Bayesiana: supervivencia Bayesiana, datos lonxitudinais e joint models con INLA.

o Lugar: Valencia, School of Engineering ETSE-UV (Universitat de València)

o Formato: Presencial

o Máis información: https://vabar.github.io/events/vibass9/

 

 

4.- Ofertas de traballo

Tres prazas de Profesor Axudante Doutor na Universidade Carlos III

o Descripción: O Departamento de Estatística da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) convoca TRES PRAZAS de Profesor Axudante Doutor na área de Estatística e Investigación Operativa.

o Requisitos principais:

Doutorado en Estatística, Investigación Operativa ou áreas relacionadas antes da data prevista de inicio.

 Traxectoria investigadora prometedora en calquera das áreas de investigación do departamento

 Experiencia docente e/ou habilidades didácticas demostrables

 Excelente dominio do inglés (escrito e oral, xa que se espera que o profesorado imparta cursos en inglés, tanto en grao coma en posgrado).

 As persoas solicitantes que non sexan cidadáns europeos deben ter a documentación válida para poder formalizar o contrato de traballo en España, antes de comenzar.

o Condicións: 

Contrato de 6 anos de duración

 Salario bruto base de 26.000 euros anuais (complementado pola Universidade ata 6500€ anuais, máis plan de incentivos de investigación).

Máis información: 

 https://www.uc3m.es/ss/Satellite/Empleo/es/Detalle/Ficha_C/1371474437122/1371272207002/Profesorado_Ayudante_Doctor_-_CONVOCATORIA_2026_D_DE_TD_1

 

Programa TALENTGAL – MSCA Postdoctoral Fellowships (Galicia, España)

o Descrición: TALENTGAL é un programa posdoutoral MSCA-COFUND promovido pola rede CIGUS e financiado pola Comisión Europea e a Xunta de Galicia. Ofrece 40 contratos posdoutorais para desenvolver proxectos de investigación interdisciplinarios nos centros de excelencia de Galicia, con alto grao de independencia científica e formación en competencias transversais.

o Duración: 30 meses

o Lugar: Galicia (centros CIGUS)

o Datas importantes: Apertura da convocatoria: maio–xullo 2026

o Requisitos principais:

 Doutoramento obtido nos últimos 8 anos Regra de mobilidade MSCA (non residir en España máis de 12 meses nos últimos 36 meses)

 Polo menos 2 publicacións revisadas por pares (unha como primeiro/a autor/a ou correspondente)

o Outros: Inclúe estadías en academia, industria ou sector público, formación avanzada e plan de desenvolvemento profesional individualizado

o Máis información: https://talentgal.cigus.gal/

 

MSCA Postdoctoral Fellowships 2026 (Marie Skłodowska-Curie Actions)

o Descrición: As bolsas posdoutorais MSCA teñen como obxectivo apoiar a carreira investigadora e fomentar a excelencia científica mediante a mobilidade internacional. Permiten a persoas investigadoras posdoutorais desenvolver proxectos propios en universidades, centros de investigación ou empresas, adquirindo novas competencias e experiencia interdisciplinar e intersectorial.

o Tipos de bolsas:

 European Postdoctoral Fellowships (1–2 anos en Europa)

 Global Postdoctoral Fellowships (2–3 anos: fase internacional + retorno a Europa)

 

o Datas importantes: Prazo de solicitude ata o 09/09/2026 (17:00 CEST)

o Requisitos principais:

 Doutoramento obtido no momento da solicitude

 Máximo 8 anos de experiencia investigadora posdoutoral

 Cumprir a regra de mobilidade MSCA

o Financiamento:

 Salario, mobilidade e complementos

 Custes de investigación, formación e networking

o Máis información: https://marie-sklodowska-curie-actions.ec.europa.eu/actions/postdoctoral-fellowships

 

 

 

5.- Convocatorias e premios

Real Academia de Doctores de España - XLV edición Premios á Investigación

o Descrición: A Real Academia de Doctores de España convoca a XLV edición dos seus Premios á Investigación. Estes premios están destinados a aquelas teses, leídas durante o curso 2025-2026 e calificadas con sobresaínte cum laude, que se distingan, sobre todo, pola súa excelencia científica e o seu carácter innovador. Os Premios RADE pretenden impulsar a investigación e, sobre todo, galardonar o traballo que supón a realización dunha tese doutoral.

o Datas importantes: Prazo de solicitude ata o 30/06/2026

o Requisitos principais:

Ter nacionalidade española.

 Ter defendido a tese no periodo do 16 de xullo de 2025 ao 30 de xuño de 2026, ambos inclusive, e ter obtido a calificación de sobresaínte cum laude.

 A tese estará redactada en español. Se estivera escrita noutra lingua, deberase incluir no arquivo PDF do texto da tesis un resumo en español que inclúa os obxectivos, resultados e conclusións da tese doutoral. 

o Máis información: https://www.rade.es/premios.php?year=2026&item=bases

 

 

 


 

2026  SGAPEIO   globbers joomla templates