Curso non presencial de DATA  MINING CON  R: Universidade de Vigo

Está aberta ata o 25 de ABRIL a inscrición no Curso de Formación da Universidade de Vigo Data  Mining con " R", de carácter totalmente non presencial, que se impartirá desde a plataforma de  teledocencia da Universidade de Vigo (Faitic) do 1 ao 31 de maio de 2020. Dirixido fundamentalmente a investigadores, doctorandos, e técnicos de análises de datos en calquera ámbito de actividade. O contido do curso consiste nos métodos de Minería de Datos máis empregados e útiles ( CHAID,  K- MEANS,  SVM,  PAGERANK,  ADABOOST,  KNN,  NAIVE  BAYES,  CART,  RANDOMFOREST...). É un curso eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante  secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Faitic. O alumno pode elixir o día e hora de acceso aos materiais docentes, debendo unicamente cumprir cos prazos máximos de envío de informes de prácticas e cuestionarios de avaliación. O criterio de admisión é a orde cronolóxica de solicitude, e o custo da matrícula 125 euros (estudantes e parados 90 euros). 

Máis información (inscrición, contidos, profesorado, etc) na web da Universidade de Vigo:   https://bubela.uvigo.es/curso/4558

 

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates