Curso Estatística Avanzada con ‘R’ para Profesionais da Saúde

Está aberta ata o 25 de maio a inscrición no Curso de Formación da Universidade de Vigo “Estatística Avanzada con ‘R’ para Profesionais da Saúde”, totalmente non presencial para que os titulados deste ámbito (ou estudantes universitarios de último curso) poidan seguilo en horario libre e desde calquera lugar de modo compatible coa súa actividade. O curso realizarase desde o 1 de xuño ata o 15 de xullo de 2020. 
O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica: análise de supervivencia, deseños de investigación, meta-análise, regresión de Cox, regresión de Poisson, regresión ordinal, regresión loxística multinomial, con datos e exemplos paso a paso, alcanzables para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que sen dúbida eses coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas e tarefas a través de Faitic, a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo. 
Este curso ten concedido o recoñecemento da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia como actividade de formación continua (5,3 créditos) para todos os profesionais sanitarios titulados (licenciados, diplomados, grao). Ese recoñecemento –concedido para todas as edicións anteriores e en trámite na actual- é válido para todo o sistema nacional da saúde. 
Custo da matrícula 125 euros (parados/estudantes 90 euros). 
Máis información e inscrición en: https://bubela.uvigo.es/curso/4562 

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates