Curso ONLINE Introdución ao software estatístico R

Está aberta a inscrición á segunda edición do curso "Introdución ao software estatístico R” que imparte on- line a Asociación Española para a Calidade. O curso desenvolverase do 26 de novembro de 2020 ao 29 de xaneiro de 2021. O curso, de 50 horas, impártese en modalidade on-line, con clases en directo e programa tutorizado polo profesor Emilio López Cano (Emilio L. Cano ). O curso é bonificable a través da FUNDAE, e actualmente a AEC está a apoiar ás empresas ante a difícil situación con descontos de: -20% todos | -35% socios AEC | -50% ERTEs, desempregados e autónomos con baixa actividade.
Co curso Introdución ao software estatístico R, os profesionais:

  • Aprenderán a instalar e configurar unha contorna completa para traballar con R.
  • Entenderán as distintas estruturas de datos, a súa adecuada organización e os tipos de análises que se lles poden aplicar.
  • Serán capaces de importar, exportar, transformar e explotar datos da súa empresa ou sector.
  • Adquirirán a capacidade de extraer información valiosa dos datos a través da análise exploratorio, a regresión e a análise da varianza.
  • Saberán realizar informes reproducibles de análises de datos en diversos formatos.
  • Obterán un certificado de aproveitamento recoñecendo os seus coñecementos no software estatístico R.

Dirixido a:

  • Profesionais da Calidade, Medio Ambiente, Mellora Continua, Experiencia de Cliente que aplican técnicas estatísticas no seu traballo diario.
  • Persoal técnico en contacto constante con datos que necesita valorizar.
  • Usuarios doutros programas estatísticos ou linguaxes de programación que necesiten aprender R.
  • Todas aquelas persoas que queiran coñecer as bases do software estatístico R para análise de datos no mundo da empresa e as actividades profesionais.

Máis información e inscricións: https://www.aec.es/formacion/catalogo-cursos/introduccion-software-r/

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates