Escola de inverno Barcelona GSE Online Data Science

A próxima edición da Barcelona GSE Data Science Winter School, Fundamentos da ciencia de datos con Python e R, ofrecerase como un curso en liña de 20 horas desenvolvidas en sesións intensivas que se levarán a cabo no mes de febreiro de 2021.
Ofrécese:

  • Unha introdución rápida e resumida á programación e á análise de datos.
  • Métodos fundamentais e modernos de aprendizaxe automática.
  • Ferramentas en Python e R para implementar estes métodos.
  • Unha rede de contactos constituída por participantes de todo o mundo, provenientes dunha grande variedade de campos académicos e profesionais.

Datas da sesión:

  • Xoves 4 de febreiro de 2021.
  • Venres 5 de febreiro de 2021.
  • Xoves 11 de febreiro de 2021.
  • Venres 12 de febreiro de 2021.

Ademais:

  • Dirixido polo Prof. Omiros Papaspiliopoulos e impartido polo Prof. Joan Verdú, ambos os dous do Barcelona GSE Data Science Center.
  • 4 horas de sesións en vivo por día co profesor (con descansos).
  • Cada día conclúe cunha pequena asignación de proxecto.
  • Horas de titoría.
  • Materiais pregrabados para ver con anticipación e unirse ao curso ben preparados para centrarse na implementación e os exercicios.
  • Jupiter Notebooks para compartir contidos e código.
  • Ferramentas adicionais para facilitar as sesións online (Google Classroom, Slack, Jamboards, Kaggle…).

Máis información:
https://www.barcelonagse.eu

2020  SGAPEIO   globbers joomla templates