O Seminario Adam Smith é un seminario de investigación interdisciplinario para a presentación de novos traballos en economía, política e filosofía, neste caso a través do prisma da Teoría de Xogos. As linguas vehiculares serán o inglés ou o alemán. Este seminario está organizado por Manfred J. Holler, do Centro de Resolución de Conflitos de Múnic, en cooperación con Gregor Berz, do Instituto de Deseño de Mecanismos Aplicados (IFAMD), de Múnic e Saarbrucken, ademais de Florian Rupp da Universidade Internacional de Kutaisi e de Eva Wolf, tamén do Centro de Resolución de conflitos de Munich. As charlas impartiranse en liña, normalmente os luns de 17:00 a 18:30, concretamente o 1, 8 e 15 de febreiro, sendo organizadas pola IFAMD. Prégase se poñan en contacto con
Programa confirmado:
1 de febreiro de 2021. Peter Emerson: O voto maioritario como catalizador do populismo: toma de decisións preferente para unha democracia inclusiva. Introdución e presentación a cargo de Shanti Chakravarty (University College of North Wales en Bangor).
Máis información: www.ccr-munich.de
Seminario Adam Smith 2021
- Detalles
- Categoría: Cursos, xornadas e másters

