Curso A New Avenue in Bayesian Modeling using INLA

Título: Un novo camiño na modelización bayesiana utilizando INLA.

Organizador: Centro de Estatística e Aplicações da Universidade de Lisboa (CEAUL).

Data: Xoves 26 - Venres 27 de maio de 2022.

Conferenciantes:  Prof.  Håvard  Rue e Dr. Janet van  Niekerk,  Elias  Krainski e Denis  Rustand (KAUST - Universidade Rei Abdullah de Ciencia e Tecnoloxía).

Lugar de celebración: Facultade de Ciencias, Universidade de Lisboa, Portugal.

O obxectivo principal deste curso é presentar os novos desenvolvementos recentes na aproximación integrada aniñada de Laplace (INLA), método de referencia na inferencia  bayesiana aproximada. Aínda que a metodoloxía  INLA céntrase en modelos que poden expresarse como campos aleatorios  gaussianos latentes (GMRF), na práctica abarca unha gran familia de modelos.  INLA estableceuse como alternativa a outros métodos como  as Cadeas de Markov pola súa rapidez e facilidade de uso a través do paquete  R-INLA (https://www.r-inla.org/). Os relatorios incluirán seccións de presentación dos novos resultados e seccións prácticas incluindo o uso de código R para ilustrar os resultados das aplicacións que se amosarán.

Para obter información máis detallada, ademais do formulario de inscrición, consúltese  https://inlashortcourse.weebly.com/

Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (Beira Pinto).

CEAUL: http://ceaul.org

2022  SGAPEIO   globbers joomla templates