Congreso Internacional “Uso de R en Estatísticas Oficiais, uRos2022”

Convidase aos profesionais da estatística pública e a toda a comunidade académica a presentar relatorios e a asistir ao International Conference Use of R in Official Statistics uRos2022, que terá lugar en liña do 6 ao 8 de decembro de 2022. A data límite é o próximo 16 de setembro de 2022.

Haberá dous tipos de presentacións "presentacións regulares" con intervalos de tempo de aproximadamente 15 minutos e "presentacións lóstrego" con intervalos de tempo de 5 minutos e un ciclo continuo de diapositivas. Por favor, indique a súa preferencia, pero o comité científico asignará finalmente as presentacións nas dúas categorías.

O obxectivo da conferencia é ofrecer un foro público para que os investigadores do mundo académico e dos institutos de estatística oficial (gobernamental) presenten, intercambien ideas e discutan os avances no software estatístico de última xeración que se utiliza habitualmente na economía e a estatística aplicadas. Espérase que os debates estean, fundamentalmente, enfocados no uso de R na estatística oficial ou pública.

En 2022, comprácenos anunciar que a 10ª edición de uRos, a primeira non europea, será acollida por Statistics Canada, como evento virtual.

Modalidade: virtual.

Máis información: http://r-project.ro/conference2022.html.

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates