XIX Conferencia Española e VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (CEB-EIB 2023)

Entre os días 27 e 30 de xuño de 2023 terá lugar en Vigo a XIX Conferencia Española de Biometría (CEB). Nesta ocasión, a conferencia celebrarase conxuntamente co VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (EIB) e contará coa participación das rexións Arxentina, Brasileira, Centroamericana e Caribeña, Chilena e Ecuatoriana da International Biometric Society (IBC).

A conferencia está organizada polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo e o grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research), respondendo á petición da Sociedade Española de Bioestadística (SEB). Contamos tamén coa inestimable axuda das compañeiras e compañeiros das rexións Arxentina, Brasileira, Centroamericana e Caribeña, Chilena e Ecuatoriana.

O obxectivo xeral da CEB-EIB 2023 é a difusión dos resultados obtidos no desenvolvemento e aplicación de métodos estatísticos e matemáticos en Bioloxía, Medicina, Psicoloxía, Farmacoloxía, Agricultura e outras ciencias afíns.

Desde o Comité Organizador animan ao envío de traballos. Ademais, as presentacións de estudantes e novos investigadores son especialmente benvidas e os socios da SGAPEIO gozarán dunha inscrición reducida.

DATAS IMPORTANTES

  • Apertura do envío de comunicacións: 1 de decembro de 2022
  • Apertura da inscripción: 9 de xaneiro de 2023
  • Data límite de envío de comunicacións: 4 de marzo de 2023
  • Data límite da inscrición reducida: 14 de abril de 2023
  • Curso previo: 27 de xuño de 2023
  • Conferencia: 28-30 de xuño de 2023

CONFERENCIAS PLENARIAS (CONFIRMADAS)

  • Anabel Forte Deltell (Universitat de València, Presidenta da SEB).
  • Andreas Mayr (Universität Bonn, Alemaña).

CURSO PREVIO

"Introdución aos Modelos de Curación" impartido por María Amalia Jácome e Ricardo Cao (Universidade da Coruña).

MÁIS INFORMACIÓN na web http://cebeib2023.webs.uvigo.es e no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates