ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
10th International Workshop on Compositional Data Analysis (CoDaWork2024)
O CoDaWork2024 representa a 10ª edición do Workshop internacional sobre Análise Composicional de Datos que terá lugar e n Girona do 3 ao 7 de xuño de 2024. O CoDaWork vira ao redor dos métodos e as súas aplicacións en diversos campos científicos. Pretende ser un foro aberto para a discusión de calquera aspecto metodolóxico e práctico relacionado coa análise, modelización e interpretación de datos composicionais.
Anímase a investigadores especializados, estudantes de posgrao, profesionais e calquera persoa cun interese xeral neste campo a que acheguen as súas ideas, desenvolvementos, problemas, experiencias e resultados. É unha gran oportunidade para establecer contactos e coñecer a outros investigadores e profesionais da nosa comunidade, nun ambiente xenuinamente amigable e informal. Como é tradicional, o primeiro día impartirase un curso de introdución á análise de datos composicionais.
Datas importantes:
- 19 de decembro de 2023: Presentación de resumos.
- 17 de abril de 2024: Data límite de inscrición anticipada.
Máis información: http://compositionaldata.com/codawork2024/.