XII Xornada de Usuarios de R en Galicia: Aberto o prazo para o envío de propostas

A XII Xornada de Usuarios de R en Galicia celebrarase o 16 de outubro de 2025 na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. O evento, organizado pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e patrocinado pola AMTEGA (Xunta de Galicia), incluirá relatorios sobre temas de actualidade relacionados coa linguaxe estatística R e as súas aplicacións. O seu obxectivo é promover o coñecemento e o uso de R, así como ofrecer un espazo de encontro, intercambio e colaboración para a comunidade galega usuaria desta linguaxe.

A organización mantén aberto o prazo para o envío de propostas de relatorio e obradoiro ata o próximo 21 de setembro.

Máis información: https://www.r-users.gal

2026  SGAPEIO   globbers joomla templates