XII Xornada de Usuarios de R en Galicia

Un ano máis poñemos en marcha a Xornada de Usuarios de R en Galicia, que terá lugar o 16 de outubro na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Se estás a traballar en proxectos que empregan R, e queres presentar a túa experiencia na xornada, envía a túa proposta de relatorio ou obradoiro antes do 21 de setembro de 2025 empregando os modelos dispoñibles no formulario que podes atopar na seguinte ligazón.

Todos os relatorios seleccionados aparecerán no libro de actas da xornada.

A información sobre o programa vaise actualizar na web da xornada a medida que se vaian confirmando. Lembra que podes acceder ás presentacións e vídeos dos relatorios de anos anteriores dende o menú «Programa» e así facerte unha idea dos contidos amosados.

Ao igual que en anos anteriores, contamos co apoio da Facultade de Matemáticas da USC e o patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Anímate e participa, a inscripción é de balde.

Un saúdo,
Comité Organizador da Xornada.

2026  SGAPEIO   globbers joomla templates

Consola de depuración Joomla!

Sesión

Información do perfil

Uso de memoria

Consultas da base de datos