ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
VIII Feira Matemática
A Feira Matemática, organizada por AGAPEMA, é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida ós alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Formación Profesional así como ó profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral. O propósito co que se plantexa esta cita é a de crear un espazo educativo no ámbito matemático.
Este ano celébrase a VIII edición da Feira, que terá lugar o sábado 26 de abril de 2014 no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h.
Ademais do tradicional concurso de Fotografía Matemática que se convocou nas edicións anteriores da Feira, na presente edición convócase tamén un concurso de ESOPÍAS e outro de MATMONÓLOGOS, coa colaboración da Fundación Barrié. Toda a información dos tres concursos, así como o envío de materiais e a votación do público, farase a través de Mateblog
Máis información: VIIIFeira