ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Curso "Estatística avanzada con R para profesionais da saúde"
A Universidade de Vigo, en colaboración coa Fundación Biomédica de Vigo, organiza o curso de formación “Estatística Avanzada con R para Profesionais da Saúde”. O curso é totalmente non presencial para que os médicos e outros titulados do ámbito bio-sanitario (ou estudantes universitarios de últimos cursos) poidan seguilo en horario libre e dende calquera lugar de modo compatible coa súa actividade.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados)
- Período de matrícula: do 7 ao 30 de abril de 2014.
- Período de docencia: do 1 ao 31 de maio de 2014.
O programa estatístico R é gratuito e pódese instalar libremente en calquer ordenador e sistema operativo. Converteuse en poucos anos no programa estatístico de uso xeral máis potente e versátil, con gran diferenza sobre calquera outro programa existente. A comunidade estatística mundial colabora de forma desinteresada co proxecto R (R Project), e miles de investigadores aportan constantemente rutinas e utilidades. Actualmente é fácil atopar paquetes de R e aplicacións avanzadas no ámbito das ciencias da saúde.
O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica, con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que sen dúbida eses coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de tele docencia da Universidade de Vigo.
Está en trámite o recoñecemento como actividade de formación continua -para todas as profesións sanitarias- da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Ese recoñecemento xa foi concedido para o curso básico realizado o ano pasado.
Máis información: Curso